Home biónico

O Museo de Ciencias Londres expón ata o 11 de marzo a Rex, o primeiro home biónico. Rex é un prototipo de dous metros, dotado dunha cara con boca, nariz e ollos, e tamén ten pernas e algúns órganos internos, como un corazón que bombea sangue artificial. O seu páncreas e os seus dous pulmóns son aínda pouco máis cunha maqueta, e a súa fisioloxía é tan so unha réplica da humana.

O seu custo está ó redor dos 740.000 euros,e Rex, coa súa tecnolóxia, esta deseñado para mostrar como a tecnolóxia é capaz de reemprazar partes do corpo humano e así axudar  a moitas persoas discapacitadas. Isto abre un debate público: aínda que o obxetivo priomordial da cibernética é axudar a persoas con discapacidades, as mesma técnicas poderían servir tamén para superar certos límites, mellorando as calidades humanas normais, e este asunto provocaría grandes controvesias éticas. Mais contar con pezas de reposto para un corpo danado é algo de gran interese e avance para todos.

Podedes atopar máis información neste video.

Autora: Mariña Durán

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Novas tecnoloxías, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Home biónico

  1. fab-danielsomoza di:

    A cibernética é o estudo interdisciplinario da estrutura dos sistemas reguladores e está estreitamente vinculada á teoría de control e á teoría de sistemas.

  2. faa-cristinaporto di:

    O que se busca neste momento é entender o funcionamento do corpo humano en todos os seus sentidos, co único afán de mellorar a calidade de vida dos seres humanos. O máster da ESPE comenta que na actualidade o 90% dos robots humanoides teñen como propósito ser plataformas de estudo. Ata agora, só a firma Honda promove a ASIMO, un robot humanoide.

  3. Victor di:

    E para o futuro, que utilidade pode ter un señor como este?

    • faa-jessicacalo di:

      Os robos no futuro desenvolverían un gran papel nas nosas vidas xa que nos facilitarían moitos traballos facéndonos a vida moito máis cómoda e sencilla. Pero sin irnos tan lonxe de nós, estas investigacións poderán serevir nun futuro máis próximos para fabricar novas e mellores prótesis para as persoas que o necesiten.

    • faa-raulmartinez di:

      Pois en principio seres biónicos coma este servirían para realizar traballos de persoas discapacitadas. Pero sería un custo moi elevado cederlle estes homes a cada persoa que o necesite. Polo que o uso que tería é para investigar como facer que sexa compatible unha parte biónica cunha parte do corpo real e con isto arreglar directamente as discapacidades das persoas ao implantarlle estas partes artificiais.
      En segundo lugar, e sí menos impotante habería ricos que se puideran permitir o luxo de ter un destos homes biónicos para que lles reducira o traballo doméstico, ainda que é menos custoso e máis eficaz ter a un empleado de carne e oso.

    • fab-carlaseren di:

      Na miña opinión estes homes biónicos de cara ó futuro serían moi útiles para as nosas vidas, xa que, nola facilitarían fancéndonos a vida máis sinxela, axudándonos a realizar tarefas que nos son algo máis complicadas.
      Ademáis de todo isto tamén sería un gran avance tecnolóxico para a nosa sociedade.

    • faa-bertaferreiro di:

      Penso que estes homes bióticos poderían axudar a alongar a vida das persoas e tamén mellorar a súa calidade, xa que con estes robots pódese remplazar partes do corpo humano e axudar os discapacitados.

    • fab-taniacores di:

      Para o futuro, estés robots servirán para acudarnos e facernos a vida máis amena. Podrían axudarnos a controlar e manexar cultivos de formá máis eficiente, axudar ós médicos a supervisar os pacientes, a resolver difíciles problemas ou diseñar novos dispositivos que nos axuden na comunicación ou na ensinanza..

  4. faa-marinaduran di:

    Pode ter diversas utilidades, tanto como usarse como robot de axuda para a xente,que esta e pola que máis se traballa ou para extrarselle partes do corpo e usalas en humanos.
    Tamén poderían facerselle probas antes de facer probas con humanos.

  5. faa-lidiamartinez di:

    Estes “robots” poderíannos facilitar moitas cousas como:
    – Na agicultura, controlar pragas e manexar cultivos de forma máis eficiente.
    – Nas fábricas, realizar montaxes peligrosas
    – Na medicina, axudar aos médicos a facer diagnósticos, supervisar os pacientes, administrar tratamentos e e preparar estudos estadísticos.
    – Poderían axudar aos expertos a resolver difíciles problemas ou a diseñar novos dispositivos.

  6. fab-estelavilanova di:

    Na miña opinión, este tipo de avances tecnolóxicos suporían unha gran axuda no ámbito sanitario, e no mesmo ámbito da tecnoloxía. Paréceme unha boa inversión a longo prazo para os discapacitados e o reemplazamento de órganos, sempre que se faga de maneira coherente.

  7. fab-carlaseren di:

    Desde o meu punto de vista, estas homes biónicos suporían un avance tecnolóxico moi importante, que nos podería axudar en moitos campos como nas fábricas, medicina, …

  8. Victor di:

    A robótica tenta facilitarlle a vida ao ser humano; hai elementos robóticos nas vosas vivendas?

    • faa-jessicacalo di:

      Tanto a lavadora como unha secadora, lavaplatos, etc, podémolos considerar robots xa que con tan só programalas elas fan o traballo por si solas. Non é o meu caso, pero si coñezo xente que ten na casa robots que fan sós de comer ou que varren a casa con só programalos unha vez. Trátase dunha robótica sinxela que hai en calquera casa e que mirando cara o pasado mellorou bastante.

    • faa-dobrinkapenkova di:

      Hoxe en dia etamos rodeados de elementos róboticos nas nosas vivenda.Ahorranos moito tempo e fan tareas por nos . Existen pequenos robots que con tan so programalos poden quitarnos moito a vida como por exemplo unha labadora,secadora ,un robot de limpeza ata ollas que poden cociñar por sí mesmas.

    • faa-sorayaborrageiros di:

      Penso que hoxe en día todos temos aparellos robóticos na casa, afórrase moito traballo e tempo xa que poden facer cousas como lavar a roupa, secala, quentar comida, etc.

    • fab-estelapadin di:

      Claro que os robots axudan que a nosa vida sexa moito máis fácil. Nas nosas casas temos varios robots como o secadora, o microondas, a lavadora…

    • fab-estefaniamuras di:

      Claro que a robótica tenta axudar ao ser humano. En todas as casas hai elemnetos robóticos,como un robot de cociña ,robots de limpieza. Na miña robot de limpieza non hai, pero de cociña si

  9. faa-marinaduran di:

    Á diferencia entre unha maquina é un robot é que o robot é capaz de tomar decisións por si mesmo. Por exemplo, a lavadora que é capaz de baixar ou aumentar a temperatura é un robot.Ou unha plancha que se apaga e cando chega a temperatura máxima se apaga automáticamente.

  10. faa-fabiolaalbornoz di:

    según o que nos expluicaron o ano pasado no taller de excelencia, un robot é cada entidad que posúe un mecanismo, nese caso os microondas, lavadoras e electrodomésticos do fogar serían robots.

  11. faa-albacastro di:

    Por suposto, xa que as lavadoras, secadoras, lavaplatos, robots de cociña, son considerados robots, tamén podemos ver que as cámaras fotográficas integran cada vez mais intelixencia, cos sensores de detección de sorrisos, etc, así que tamén se poden considerar robots.

  12. faa-soniaporto di:

    Por suposto que os robots nos falicitan as cousas. Por exemplo unha lavadora, microondas… se non fora por eles levariannos máis tempo facer as cousas.

  13. fab-ivangomez di:

    A diferenza entre un robot e unha máquina é que un robot é capaz de tomar decisións por si mesmo.Tendo en conta este aspecto,en cada casa temos que atopar algún robot,como por exemplo:unha lavadora,un lavavajillas,un robot de cociña,etc…

  14. faa-ismaelrodriguez di:

    A diferenza entre un robot e unha máquina é que a máquina precisa dos humanos para poder funcionar e exercer a súa función, mentras que o robot esta programado para realizar estas accións pola súa conta sen axuda do ser humano.