A noite do acuario

Os machos dos peixes de acuario procuran rodearse dos exemplares menos vistosos para aumentar as súas posibilidades ante as femias.

Parece unha escena sacada dun bar. O macho atractivo chega acompañado dun grupo de amigos cos que a natureza non foi tan xenerosa, ó menos dende un punto vista estético, co que consegue captar a atención para él só das femias presentes. Sen embargo, a escena non sucede nun bar senón que sucede nun acuario. Os peixiñoss de acuario, prefiren reunirse cos seus colegas menos atractivos para “brillar” ante as súas posibles parellas e ter máis oportunidades de non pasar “a noite” só.

Os investigadores da Universidade de Padua, sinalan que os peixes machos escollen activamente un contexto social que lles é máis favorable para a conquista amorosa. Noutras palabras, “se estás rodeado de amigos feos, semellas máis guapo”, explica a autora principal do artigo, Clelia Gasparini.

O equipo observou un grupo de peixes nun acuario. En cada extremo había unha femia. A solteira número 1 tiña dous machos atractivos con cores brillantes situados a ambos lados. A número 2 estaba acompañada de dous machos máis feos e descoloridos. Cando  novo macho era posto no centro do tanque, prefería achegarse á femia número 2, rodeada de machos feos.

É máis, os investigadores atoparon que o tempo que pasaban os peixes ó redor da solteira número 2 estaba relacionado coa súa falta de atractivo. Canto máis feo era o peixe, resultaba menos probable que se achegaran aos guaperas, que acechaban á primeira femia.

 


 

Autora: Beatriz Rivera

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to A noite do acuario

  1. Victor di:

    Credes que o comportamentos humano, nestes casos, é como o dos peixes?

    • fab-paulodiaz di:

      Sí, moitas veces para resultar máis atractivos, os humanos xuntámonos con amigos máis feos para, por exemplo, saír de esmorga. Poderíase decir que de certa forma incrementan o noso atractivo cara outras personas.

    • faa-jessicacalo di:

      Sí, é certo que moitas persoas, tanto homes como mulleres, adoptan un comportamento como este en concreto. Xúntanse con compañeiros inferiores a eles para destacar, chamar a atención e sacar a relucir o seu atractivo, dende logo, dunha forma algo rastreira. O que resulta moi curioso é que un comportamento como este se de en pequenos peixes de acuario.

    • faa-lidiamartinez di:

      Estou de acordo cos meus compañeiros de que este comportamento tamén o fan algunahs persoas e como dixo Jessica é moi curioso que isto tamén o fagan os peixes, o que quere decir que son máis intelixentes do que parecen.

    • faa-yasminasanchez di:

      Sí, é certo que moitas persoas se xuntan con outras físicamente inferiores para resaltar, pero é moi interesante que os peixes tamén fagan iso, ao parecer os peixes son máis intelixentes do que parecen.

    • faa-bertaferreiro di:

      Eu penso igual que os meus compañeiros. Ás veces mesmo sen darse conta fíxaste nunha persoa que está nun grupo de amigos porque resulta ser máis atractiva co resto dos amigos. Penso que tamén os humanos adoptan o comportamento que teñen os peixes nesta situación.

    • faa-saramarino di:

      Por unha parte si pero por outra non, pois ben pode ser certo que os humanos se xunten con outros compañeiros que consideren menos agraciados,dende un punto de vista estético, para,así, resaltar o seu atractivo, pero non creo que os humanos busquen as súas compañías en relación con esto, pois os amigos non se escollen senón que aparecen espontaneamente nas vidas, sexan guapos ou feos.

    • fab-carlaseren di:

      Na miña opinión os humanos tamén nos comportamos igual cós peixes, porque, por exemplo, cando estamos nun grupo de amigos case como sen querelo, fixámonos na persoa máis atractiva dese grupo, por iso, penso que adoptamos o mesmo comportanto cós peixes nesta situación

  2. fab-danielsomoza di:

    Eu creo que si por que hai xente que sae con xente fisicamente desfavorecida para aparentar máis favorecido ante a xente.

  3. faa-marinaduran di:

    O efecto de contraste fai que resalten máis as diferencias, polo que ambos, a favor ou encontra destes, destacan máis as suas caracteristicas. Se alguen atractivo se xunta con persoas atractivas, non destacará, pero se se rodea de xente menos favorecida resaltará máis. Esto tamén pasa coas demais cualidades, aparentar máis intelixncia etc.

  4. fab-ireavinas di:

    Penso que cada un ten os seus amigos cos que sae, sexan feos ou guapos, pois as persoas non van buscando xente fea para facerse amigos deles e asi lucirse cando estean nun sitio público.

  5. fab-zayravazquez di:

    Eu penso que si que e verdade , hai moita xente que prefire rodearse de xente “fea” para aparentar máis guapos e asi poder lucirse mellor.

  6. faa-marinaduran di:

    Buscando información sobre este artículo atopei que as mismas redes neuronais regulan o compotamento social dos peixes e humanos, e a todos os vertebrados en xeral. A cal provén duns circuitos que se desenrolaron dendo fai más de 450 millóns de anos.A pesar das diferente diversidades que algúns vertebrados experimentaron por diversos motivos, existen comportamentos socias comúns debido a estas redes neuronais.

  7. Raquel Martínez di:

    Eu penso igual ca miña compañeira Sara, pois creo que a xente sae cos amigos que xa ten, tanto cos feos coma cos guapos, pois non nos baseamos no aspecto físico para elixir os nosos amigos. Pero, por outra banda, si pode ser que en algunhas ocasións determinadas poda facerse iso, pero tamén depende moito da maneira de ser de cada persoa, supoño que haberá xente que iso lle de igual. En definitiva, o comportamento non é igual ca o dos peixes, xa que eles o fan por natureza e nos non.

  8. Victor di:

    Coñecedes algún comportamento humano herdado dos animais?

  9. faa-marinaduran di:

    A diferencia entre o comportamento humano é o comportamento animal está marcado pola capacidade de decidir entre o ben e o mal.
    Non obstante, existen moitos comportaomentos que si non son iguais son semexantes. Com a borracheira de monos africano o tomar froita fermentadas ou algúns instintos biolóxicod.

  10. fab-zayravazquez di:

    A diferenza entre o comportamento humano e o comportamento animal está marcado pola capacidade de decidir entre o ben e o mal. O ser humano e a única especie do planeta que pode elexir como portarse , a diferenza dos animais.

  11. fab-beatrizrivera di:

    Non existen moitos comportamentos humanos herdados de animais, xa que os segundos, actúan por instinto. Con respecto ós humanos os animais so comparten connosco as necesidades primarias.