Impacto





O venres 15 de Febreiro  impactou un meteorito en Rusia que ocasionou máis de 1.000 feridos  na rexión de Chelvabink, nos Urais de Rusia. O impacto deste meteorito é o maior producido por un corpo celeste nos últimos 100 anos.

O meteorito medía uns 15 metros no momento no que entrou na atmosfera e tiña una masa dunhas 7.000 toneladas, viaxaba a unha velocidade de 54.000 km/h. A enerxía que desprendeu mediante o impacto foi de centenares de kilotóns. A onda expansiva ocasionou danos en máis de seis cidades, deixando un total duns 1.200 feridos, causados pola rotura dos cristais dos edificios, e provocou tamén o corte das comunicacións telefónicas.

Este acontecemento sucedeu unhas horas antes de que o asteroide 2012 DA14 pasara relativamente preto da Terra. Pero os científicos pensan que estes dous fenómenos non están relacionados.


Autora: Berta Ferreiro Amil

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Investigación espacial, Universo e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to Impacto

  1. faa-soniaporto di:

    Entrou na atmosfera a unha velocidade de 18 quilómetros por segundo e en 32 segundos desintegrouse. O feito de que se desintegrase, como o fixo, dá xa algunha pista sobre a súa composición: non era de ferro/níquel. O que esta claro é que esta rocha non tiña nada que ver co asteroide 2012 DA14 era tres veces máis grande.

  2. fab-danielsomoza di:

    O asteroide 2012 DA14 descuberto pola OAM, a noite do 22 de febreiro de 2012, é de preto de 44 metros de diámetro e é clasificado como un asteroide NEO tipo Apollo vai cruzar a órbita da Terra próximo ó 15 de febreiro de 2013, a unha distancia de só 30,000 km. É unha oportunidade única para a observación e estudo destes obxectos, posto que esta será a maior aproximación á Terra dun obxecto de tamaño considerable, que foi previamente detectados.

  3. faa-margaritabarreiro di:

    Esta claro que se se consigue recuperar os anacos de ese meteorito se podrá avanzar na investigación da composición do núcleo terrestre, xa que a terra se formou polos repetidos impactos de asteroides fai miles de millóns de anos.

  4. Victor di:

    E por que este meteorito nos colleu desprevenidos? Pode pasar o mesmo con outros máis grandes?

    • Raquel Martínez di:

      Segundo a NASA o meteorito non foi detectado porque este pasou pola cara diúrna da Terra e polo seu tamaño, xa que os asteroides pequenos son moi escuros ata que está cerca e é virtualmente imposible velos en óptico, engadiron tamén que os radares que vixían o ceo estaban demasiado lonxe para poder dar unha alerta.

    • faa-jessicacalo di:

      O responsable da detección de meteoritos da NASA explicou que o meteorito apareceu pola cara diurna da Terra polo que non pudo ser detectado con anticipación.
      O responsable destacou que se están facendo esforzos para mellorar a detección de obxectos espaciales máis pequenos.
      Detlef Koschny, responsable do programa de obxectos cercanos á Terra na Axencia Espacial Europea, calculou que unha misión espacial para tratar de alterar o rumbo de colisión dun asteroide coa terra podría costar uns 200 o 300 millóns de euros.

  5. faa-marinaduran di:

    Según declarou o astrónomo Antonio Lazcano, países que se consideran potencias mundiais como Estados Unidos, Gran Bretaña,Francia, Alemaña e ata Rusia, son o suficientemente poderosos para poder detectar un meteoro de 15m e incluso partículas moito máis pequenas, sim embargo, se descoñece o motivo polo cal non se anunciou nada do incidente.
    Os científicos creen que o meteoro entrou na atmosfera da Terra, onde ardeu e terminou desintegrándose en fragmentos.

  6. Raquel Martínez di:

    Este meteorito emitiu unha enerxía de 500 kilotones no momento do impacto. O estalido foi detectado desde Alaska, a 6.500 quilómetros de distancia. Segundo os datos entrou na atmosfera a 18 quilómetros por segundo e desintegrouse en 32 segundos.

  7. faa-lidiamartinez di:

    O motivo de que este meteorita nos collera desprevenidos é que os obxectos que caen na Terra tenden a ser máis pequenos e difíciles de detectar e o único que logrou ser anticipado foi o que impactou en Sudán no 2008. Estímase que este meteorito ruso medía uns 15 metros de largo, imposible de detectar con un telescopio, xa que os obxectos deste tamaño teñen que estar moi cerca da Terra para poder ser vistos.

  8. fab-ivangomez di:

    Segun a NASA,o meteorito pasou pola cara diurna da Terra,por iso non se detectou,tamén lle axudou a non ser detectado o seu tamaño,xa que se calcula que medía quince metros de largo,e a velocidade a que pasou,que se calcula duns vinte quilómetros por hora.

  9. fab-adrianaribeiro di:

    O meteorito que impactou sobre Rusia venres pasado,non se viu con anticipación porque apareceu pola cara diurna da terra, ademais o seu tamaño de 17 metros de diámetro e a velocidade a que pasou foron definitivos para non poder detectalo. Espérase que gracias a unha nova xeración de telescopios, estes obxetos sexan detectados nun futuro.

  10. Victor di:

    E cal é a razón de que un caho de rocha produza unha explosión de tanta enerxía?

    • faa-bertaferreiro di:

      A razón é porque o meteorito entra na atmósfera e adquire unha gran enerxía cinética o que fai que se desplaze a gran velocidade. Cando impacta contra o solo esa enerxía cinética fai que o meteorito se fracture provocando unha explosión de tanta enerxía.

  11. faa-marinaduran di:

    A razón é a enerxía cinética, que é tan grande que a súa disipación brusca no chan provoca a súa fragmentación violenta, como si explosionara.

  12. faa-marinaduran di:

    A enerxía cinética é a que posee un corpo en movemento. Esta forza non existiría se o corpo estivese parado, e aumenta canto máis aumenta a velocidade e o movemento.
    Entón, como o meteorito ven desde moi lonxe a moita velocidade ten moita enerxía cinética. Debido a esta, cando a rocha choca co chan,o impacto é tan forte pola velocidade que levaba o corpo.

  13. fab-estelavilanova di:

    Como ben dixo Mariña, a causa que ocasiona este tremendo impacto enerxético é a propia enerxía do movemento, é dicir, a enerxía cinética. Esta prodece que cando un corpo se atopa en movemento, neste caso o meteorito, no momento no que se tope e colisione con outro, é dicir, a Terra, produza unha gran cantidade de enerxía. Os principais factores que afectan para a obtención deste tipo de enerxía do movemento son o tempo que o corpo esté exposto a dita forza e a masa do mesmo.

  14. fab-carlaseren di:

    Según os informes da NASA, o meteorito pasou pola cara diurna da terra, ademáis iba a moita velocidade e ao tamaño foi imposible detéctalo con anticipación.

  15. faa-lidiamartinez di:

    Esa rocha produciu moita enerxía debido a súa enerxía cinética, é dicir, a enerxía do seu movemento. Esta rocha tiña moita velocidade, polo que ao impactar co chan produciu moita enerxía.