Elefantes en perigo

Os elefantes son animais en perigo de extinción e Isto é unha afirmación que debemos ter en conta. Existen un par de razóns polas cales os elefantes están en perigo de extinción; a caza ilegal e a destrución do seu habita natural. A  maioría dos elefantes son matados ilegalmente solo polos seus colmillos de marfil,os cales  son vendidos por unha cantidade incríble de cartos, o que fai esta actividade moi rentable.

Outro dos grandes problemas é que no seu habitat non encontran a comida suficiente que necesitan para sobrevivir día a día, e como reultado moitos elefante morren de fame.

En moitas áreas do mundo os elefantes están ben tratados e ben coidados, pero noutros lugares  os campesiños queren matalos debido a que lle comen as colleitas e os seus propios alimentos.

Para os cazadores ir en busca de elefantes e cazalos en safaris e unha diversión e poden chegar a pagar unha gran suma de cartos.

As femias dos elefantes tardan hasta 22 meses para ter unha única cría e por culpa dos cazadores nin sequera poden chegar a dar a luz. As femias aparéanse aos 14 anos, aproximadamente, e a moitos mátanos antes de facelo. Os cazadores prefiren os elefantes de 40 ou 50 anos porque son os que teñen os mellores xenes e os que teñen os colmillos máis grandes.

Polo que deberiamos ser  nos os que temos que facer algo polos elefantes.


Autora: Zaira Vázquez Vázquez

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

35 Responses to Elefantes en perigo

  1. Victor di:

    NON VOS ESQUEZADES DO FORO

  2. fab-danielsomoza di:

    Elefantes ou Elephantidae (Elephantidae) son unha familia de mamíferos placentários do Proboscidea orde. Anteriormente clasificada xunto con outros animais de pel de grosor na orde agora non válidos, os paquidermes (Pachydermata). Existen hoxe tres diferentes especies e subespecies. Entre os xéneros extintos desta familia inclúen os mamuts.

  3. Victor di:

    Que medidas habería que tomar para rematar coa caza furtiva de elefantes?

    • faa-jessicacalo di:

      A pesar de todas as medidas que xa están impostas séguense dando casos de caza furtiva. De todos xeitos, creo que esas medidas de seguridade en certos parques se deberían esaxerar máis e en canto a política, non só vale con poñer leis, tamén se debería intentar atacar ó mercado negro que move todos estas ventas ilegais.

    • faa-lidiamartinez di:

      O elefante é un animal moi perseguido polo seu marfil sobre todo. Unha das medidas que se debería tomar sería mediante a vía xudicial, facer duras leis contra estas cazas, aumentar as penas polos seus incumprimentos…
      Tamén outra das medidas podería ser a concienciación da xente ante este tipo de delitos.

    • faa-bertaferreiro di:

      O elefante son uns animais moi apreciados na caza polos seus colmillos. AS organizacións de caza furtiva deberían estar máis perseguidos e como dicía Lidia endurecer as leis contra a caza furtiva. Tamén aumentar a seguridade sobre a xente que entra e sae nos parque naturais.

    • faa-miguelcarballa di:

      Unha das medidas que se poderían tomar e como en Galicia cos cabalos salvaxes telos rexistrados e poñerlles un microchip para localizalos no momento en que se quixese. Se se quixesen os seus preciados colmillos deberíase coller cando estes animais morren e non e difícil localizalos cando morren porque cando chega a súa hora diríxense a un cementerio natural.

  4. fab-ireavinas di:

    Poderíamos rematar coa caza furtiva de elefantes, por exemplo se as autoridades aumentaran os seus esforzos cara o cumprimento da lei e concentralos nas áreas específicas donde ten lugar a caza furtiva, aínda que eso sólo será posible coa suficiente presión da opinión pública que permita un esforzo internacional moito maior para deter isto.

  5. fab-danielsomoza di:

    Podíamos asignar unha patrulla de garda para que se vixilen estes animais e se en caso se descobre o infractor aplicar unha sanción económica

  6. fab-ivangomez di:

    Hoxe en día os elefantes están bastante controlados e os gardas forestais saben onde están,así que habría que vixiar as zonas que frecuentan ou seguilos para defendelos e capturar aos cazadores furtivos,pero iso necesitaría moito esforzo e moitas persoas dispostas a estar seguindo aos elefantes durante días.Penso q ese plan daría resultado,aínda que se necesita moita axuda para levalo a cabo.

  7. fab-estefaniamuras di:

    Unha medida para acabar coa caza de elefantes é que estén vixiados, aínda que sería difícil, porque quen vai a ir a vixiar a dito animal ao lugares donde viven?
    Creo que sería mellor sencionar con multas máis elevadas á xente que caza estos animais.

  8. faa-marinaduran di:

    Para IFAW, así como para outras organizacións non gubernamentais de protección e conservación da fauna,a única resposta para poñer fin a matanza de elefantes en África é acabar coa demanda de marfil,especialmente en Asia, e asegurar que os funcionarios de conservación nos Estados do área conten cos recursos necesarios para facer frente ós cazadores furtivos.

  9. faa-ismaelrodriguez di:

    A caza é unha das grandes causas da desaparición de moitos elefantes,pero outra das razóns é que os campesiños os matan cando destrozan os seus cultivos. A maioría das veces vótaselle a culpa aos elefantes, pero a razón de que baixen a comar aos cultivo é que os humanos quítanlle o seu hábitat, deixando aos elefantes sen comida. Eu creo que unha solución posible para este problema é o control da tala de árbores para que non teñan que destrozar os cultivos para poder sobrevivir.

  10. faa-cristinapadin di:

    Actualmente a caza furtiva de calquer tipo de animal está moi controlada,regulamentada e castigada con grandes sancións. Deberíase concienciar aos cidadans de todo o mundo dos numerosos problemas que estanse a crear con este tipo de actividades ilegais que axudan á extinción de razas e especies. Podemos intentar controlar a caza furtiva de elefantes con distintas medidas, como por exemplo: sancións económicas, maior vixilancia por parte dos estados de goberno…

  11. fab-martinperez di:

    Penso que se podería mellorar o control con estes animais,pero tamén é moi complicado vixilalos xa que non se pode estar detras dun elefante todo o día.Poderíanse poñer castigos máis severos dos que son actualmente(como a pena de carcere)porque o que están a facer estas persoas e extinguir unha raza de animais polo mero feito de poder obter algun beneficio dos seus cornos,e cando estes se extingan que pasará? Eu creo que estas persoas deberían razoar un pouco e deixar o que están a facer non so como os elefantes senon tamén con moitísimas especies máis de animais.

  12. fab-mbelenalfonso di:

    Poderiamos impor mais vixiancia nos lugares transitados por estes animais e asi descubrir os infractores e sancionalos con penas de carcere minimas para empezar e logo aumentalas ou sancions economicas elevadas.

  13. Victor di:

    Que tipo de animais son os elefantes? Con que están emparentados?

    • faa-jessicacalo di:

      Os elefantes son unha familia de mamíferos placentarios que antigamente se clasificaban como paquidermos debido a súa grosa. Un dos seus antepasados extintos é o mamut.
      Os elefantes están emparentados cos damáns, un mamífero placentario que garda certo parecido externo cos roedores.
      Actualmente considéranse os parentes vivos máis próximos aos elefantes e os manatís, a pesar do seu aspecto físico.

      • faa-yasminasanchez di:

        Os elefantes son da familia dos placentarios, na orde dos paquidermos.
        Os animais considerados os parentes máis cercanos dos elefantes son os damáns, aínda que o seu aspecto físico sexa moi diferente.

  14. faa-marinaduran di:

    Os elefantes (Elephantidae) son unha familia de mamíferos placentarios do orden Proboscidea. Antiguamente se clasificaban, xunto con outros animais de pel grosa, no orden, agora inválido, dos paquidermos (Pachydermata). Existen hoxe en día duas especies: Loxodonta (elefantes africanos) e Elephas (elefantes asiáticos), que teñen diversas subespecies. Entre os xéneros extintos desta familia destacan os mamuts.

  15. faa-soniaporto di:

    Os elefantes ou elefántidos(Elephantidae) son unha familia de mamíferos placentarios da orde Proboscidea. Antigamente clasificábanse, xunto con outros animais de pel grosa, na orde, agora inválido, dos paquidermos (Pachydermata)
    Hai diferentes tipos de elefantes. Están os africanos, que viven paradoxalmente en África e os Asiáticos, que viven nos zoos.
    O parente máis próximo do elefante, aínda que pareza mentira, é o “damán”, un animal do tamaño dun coello, de orellas pequenas, patas curtas e que practicamente carece de cola. Os “damanes” viven nas árbores ou en lugares rochosos de varias localidades de África e aliméntanse de follas e froitos.

  16. Raquel Martínez di:

    Os elefantes son mamíferos, e son os mamíferos terrestres máis grandes da actualidade. Hoxe en día hai dúas especies, o asiático ou indio, que vive en India e no sur este de Asia, e o africano, que habita no sur so Sáhara. Ambas especies ocupan hábitats variados, como bosques tropicais, desertos, zonas de sabana, ladeiras de montañas, pantanos…
    Están emparentados cos mamuts, que viviron en tempos nos que os glaciares cubrían gran parte do hemisferio norte. Son moi similares: son grandes, teñen unha longa trompa e colmillos longos aos lados da boca, rabo delgado, viaxan en manada… Pero tamén teñen diferencias, como por exemplo que o mamut tiña pelo, xa que vivía en lugares fríos e os elefantes non teñen pelo, viven en zonas máis quentes.

  17. faa-lidiamartinez di:

    Os elefantes d¡son da familia dos placentarios, da orde dos paquidermos.
    Os damáns son considerados os parientes máis cercanos dos elefantes e dos manatís, a pesar de que o seu aspecto físico sexa moi diferente, parecido a certos roedores como o conexo de Indias.

  18. fab-ivangomez di:

    Os elefantes estan clasificasdos na familia dos placentarios,da orde dos paquidermos.O seu pariente máis cercano é o damán,pero o seu aspecto físico é moi diferente.Un dos seus antepasados,pero xa extinguido,é o mamut.

  19. faa-angelf di:

    O que habería que facer sería aplicar un maior control de armas nas fronteiras, dificultades a hora de adquirir un arma ou alquilala. E por suposto facer vixilancias periódicas sobre os lugar frecuentados polos que pasan os furtivos.

  20. faa-margaritabarreiro di:

    Unha das posibles solucións para que os elefantes deixasen de arrasar os cultivos dos campesiños podría ser facer máis reservas que estivesen vixiadas para á súa vez protexer os elefantes dos cazadores. A caza dos elefantes é un negocio moi lucrativo, co cal se debería estremar a vixiancia.

  21. fab-adrianaribeiro di:

    Os elefantes son uns dos mamíferos mais grandes do mundo, pertencen a familia dos placentarios da orde ploboscidea. Na actualidade existen dúas especies o indio ou asiático e o africano. As dúas especies viven en habitats variados cma desertos, sabanas, bosques tropicales, ríos etc. Estan emparentados con animais primitivos coma os mamuts e mastodontes.

  22. fab-alexandregrandal di:

    Os elefantes son mamíferos herbívoros de gran tamaño encadrados na familia dos placentarios, á que tamén pertencían os xa extintos mamuts . Hoxe en día so quedan dúas especies: O elefante asiático( Elephas ) e o africano ( Loxodonta ).
    O seu parente vivo máis próximo é o damán, un animal paradoxicamente de escaso tamaño.

  23. Victor di:

    E que pasou cos antecesores dos elefantes, os mamuts, que viviron ata hai relativamente pouco e de súpeto extinguíronse; cal foi a causa?

    • faa-jessicacalo di:

      A marioría de mamuts estinguíronse a finais da última glaciación. Aínda non se sabe con difinitiva a causa da súa extinción pero dinse que tuvo que ser debido a un conxunto de factores.
      Dise que pudo ser a causa dun cambio climático o cal provocou un aumento considerable da temperatura, cambios nos ecosistemas e na vexetación. E tamén a caza humana de mamuts pudo contribuír a súa extinción.

    • faa-bertaferreiro di:

      Os mamuts son os antecesores dos elefantes, que se extinguiron hai 3700 anos. Dise que as causas da súa extinción puideron ser o cambio climático, co aumento da temperatura estes animais peludos non foron capaces de soportala,e como consecuancia os primeiros humanos desplazáronse ós territorios onde vivían os mamuts onde antes a temperatura era moi baixa pero agora podíanna soportar polo que outro dos motivos da súa extinción puido ser a caza.

  24. faa-lidiamartinez di:

    Parece que a causa de extinción dos mamuts foi ou a caza indiscriminada ou a súa incapacidade de adapatarse aos cambios climáticos.

  25. faa-albacastro di:

    A causa de que os mamuts se extinguiran non se ten moi claram uns din que foi a casusa da última glaciación que houbo, por culpa desta glaciación, o pasto do que se alimentaban os mamuts tivo un gran declive, xa que polo frío, sequía e baixas concentracións de dióxido de carbono, non favorecían o crecemento da vexetación o que fixo que estes quedasen sen alimento.
    Outros afirman que foi pola presión da poboación humana crecente, outros incluso din que a causa foi por unha gran enfermidade que introduxeron os humanos ou animais que viaxaban con eles e outros din que foi por todas estas causas.

  26. fab-estelavilanova di:

    A maior parte dos mamuts extinguíronse a finais da última glaciación. A explicación de esta extición non é moi clara pero hai unha teoría para explicar toda a extinción da megafauna do Pleistoceno en xeral, que fui producida por unha combinación de varios factores.
    Nesta etapa, debido ás condicións climáticas, os casquetes polares aumentaron e o xeo avanzou cara ó paralelo 40 nalgunhas zonas. O nivel dos mares disminuíu aproximadamente cen metros e, polo tanto, a fauna e a flora desenvolvéronse dacordo co clima, implicando a desaparición dos mamuts.

  27. faa-irenetroncoso di:

    As razóns acerca da extinción dos mamuts non están claras.
    As distintas investigacións revelaron que logo da fría fase na última idade do xeo hai 21.000 anos, houbo un gran declive no pasto dos que se alimentaban os mamuts.

    O mamut laúdo ou da tundra era común en moitos lugares de Europa. Pero retirouse ao norte de Siberia hai 14.000 anos, onde finalmente morreu hai 4.000 anos.