Cara a máxima potencia

Logo de varios meses dende que o pasado 4 de xulio de 2012 se demostrara nun 99% a existencia do Bosón de Higgs (este explica a materia tal e como a coñecemos), o Gran Colisionador de Hadróns (LHC) cesa a súa actividade e tómase dous anos de descanso.

O xoves 14 de febreiro o seus raios deixaron de colisionar, pero os seus 1734 imáns tardaron 5 días en enfriarse e adaptarse á temperatura do túnel no que opera. Durante o ano 2012 o colisionador conseguiu desprazar partículas a unha velocidade de 8 TeV (teraelectronvoltios), o que superou o récord de velocidade do 2011 (7 TeV). Ata o 2014 será sometido a unha completa serie de reparacións que lle permitirán funcionar na súa máxima potencia. As reparación ás que se vai a someter permitiranlle desprazar partículas ata unha velocidade de 13 TeV, nunca antes alcanzada.  Con isto, espérase poder observar outro tipo de fenómenos que confirmen definitivamente a existencia do Bosón de Higgs. As conexións entre os grandes imáns serán actualizadas para, así, ser capaces de soportar as enormes correntes eléctricas e os catro detectores de LHC. Este proceso de mantenemento estímase que culminará en novembro de 2014, cando volverá a poñerse en funcionamento mentras que a súa volta á actividade terá lugar en febreiro ou marzo de 2015.


Autora: Sara Mariño Paz

 

Esta entrada foi publicada en Física de partículas, Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Cara a máxima potencia

  1. Victor di:

    Que tipo de investigacións están a facer os científicos no acelerador de partículas?

    • faa-bertaferreiro di:

      Mediante o acelerados de partículas os científicos pretenden estudiar cousas como a explosión que deu orixe o Universo. E tamén pretenden coñecer con máis profundidade o átomo.

    • faa-jessicacalo di:

      Ivenstigan a partícula que creou o Big Bang e o átomo en profundidade. O estudo de partículas, pode ser nun futuro útil para o desarrollo da medicina, a exploración espacial, a tecnoloxía electrónica, etc.

    • faa-yasminasanchez di:

      No acelerador de partículas os científicos estudan a partícula que deu orixe ó Big Bang e coñecer máis en profundidade ó átomo.
      Este estudo de partículas pode ser útil nun futuro tanto para o desarrollo da mediciña, da exploración espacial, da tecnoloxía electrónica, etc.

    • faa-saramarino di:

      Investigan en prfundidade a partícula que deu orixe ao coñecido Big Bang. Os descubrimentos que poden darse nesta investigación servirán para conseguir grandes avances no futuro en diversos ámbitos(meciciña,tecnoloxía…)

  2. Victor di:

    NOVO FORO ABERTO (10 días a partir de hoxe), PODEDES COMEZAR AS VOSAS INTERVENCIÓNS.

  3. faa-cristinaporto di:

    Os grandes aceleradores de partículas son instrumentos de investigación científica extraordinariamente importantes, sobre todo no que refire á física nuclear. Pero tamén se utilizan outros tipos de aceleradores máis reducidos para outros campos da ciencia, como a medicina e a tecnoloxía. Un feixe de partículas pode penetrar nos átomos do material bombardeado e provocar diversas transformacións. Nos laboratorios de física nuclear intentando sacar conclusións acerca das propiedades e as estruturas dos núcleos atómicos. Os resultados obtidos nos aceleradores de partículas son numerosos. Certos isótopos radioactivos non poden obterse se non é mediante o bombardeo por aceleración de partículas nun branco determinado. Descubríronse varias partículas ata entón descoñecidas, como as antipartículas e os mesóns, a través da colisión a gran velocidade de feixes de electróns e ións. A forma máis sinxela de xerar un acelerador de partículas é usando o propio movemento xerado ao quentar un material. Quéntase un filamento ata a súa incandescencia facendo pasar por el unha corrente eléctrica para lograr isto. Co aumento da temperatura pódese desprender un electrón dun átomo ionizado. Se non existe un campo electromagnético preto que o acelere en dirección contraria este electrón que está cargado negativamente regresaría ao pouco tempo ao átomo ionizado positivamente ao atraerse as cargas opostas. Pero ao colocar preto do filamento unha segunda placa conseguiremos acelerar o electrón. Ao facer un burato nesta placa poderanse extraer electróns

  4. faa-irenetroncoso di:

    Os aceleradores de partículas son instrumentos que utilizan campos electromagnéticos para acelerar as partículas cargadas electricamente ata alcanzar velocidades (e polo tanto enerxías) moi altas, podendo ser próximas á da luz. Ademais estes instrumentos son capaces de conter estas partículas. Un acelerador pode ser un tubo de raios catódicos ordinario, formando parte das televisións domésticas comúns ou os monitores dos ordenadores, ata grandes instrumentos que permiten explorar o mundo do infinitamente pequeno, en busca dos elementos fundamentais da materia por exemplo coñecer con máis profundidade o átomo
    Existen dous tipos básicos de aceleradores: por un lado os lineais e por outro os circulares.

  5. faa-soniaporto di:

    Os aceleradores de partículas son instrumentos que utilizan campos electromagnéticos para acelerar as partículas cargadas electricamente ata alcanzar velocidades moi altas, podendo ser próximas á da luz. Ademais estes instrumentos son capaces de conter estas partículas. Un acelerador pode ser un tubo de raios catódicos ordinarios que permite explorar o mundo do infinitamente pequeno, en busca dos elementos fundamentais da materia.
    Existen dous tipos básicos de aceleradores: por un lado os lineais e por outro os circulares.
    Os aceleradores lineais de altas enerxías utilizan un conxunto de placas ou tubos situados en liña aos que se lles aplica un campo eléctrico alterno. Cando as partículas se aproximan a unha placa aceléranse cara a ela ao aplicar unha polaridade oposta á súa. Xusto cando a traspasan, a través dun burato practicado na placa, a polaridade invértese, de forma que nese momento a placa repele a partícula, acelerándoa polo tanto cara á seguinte placa. Xeralmente non se acelera unha soa partícula, senón un continuo de feixes de partículas, de forma que se aplica a cada placa un potencial alterno coidadosamente controlado de forma que se repita de forma continua o proceso para cada fai.

  6. faa-lidiamartinez di:

    No acelerador de partículas, os científicos queren investigar a partícula que deu orixe ao Big Bang e coñecer máis sobre o átomo.
    Un acelerador de partículas é un dispositivo que utiliza campos electromagnéticos para acelerar partículas cargadas ata altas velocidade, e así colisionalas con outras partículas. Isto permite estudar máis a fondo as partículas que foron colisionadas por medio das que foron xeneradas.

  7. fab-danielsomoza di:

    están a investigar o Bosón de Higgs. O Bosón de Higgs ou partícula de Higgs é unha partícula elemental proposto no modelo estándar da física de partículas. É nomeado en homenaxe a Peter Higgs, que, xunto con outros, propuxo, en 1964, agora chamado mecanismo de Higgs para explicar a orixe da masa das partículas elementais. O bosón de Higgs é o cuanto do campo de Higgs, (a excitación menor posible). Segundo o modelo proposto, non ten rotación de carga, eléctrico ou cor, é moi inestable e axiña se deteriora, a súa vida media é de aproximadamente zeptosegundo. Nalgunhas variantes do modelo estándar pode ser bósons de Higgs múltiples.

  8. Victor di:

    Investigación pura, investigación aplicada; cales son as diferencias? Neste caso de que tipo de investigación se trata?

    NON VOS ESQUEZADES DO FORO

    • faa-lidiamartinez di:

      Os dous tipos de investigacións buscan resolver determinados problemas, pero na investigación aplicada, búscase resolver un problema coñecido, e encontrar respostas a preguntas coñecidas, en outras palabras, busca a resolución práctica dos problemas. Por outro lado a investigación pura ou básica, céntrase en principios fundamentais ou en testar teorías.
      Eu penso que se trata de investigación pura, porque o que se busca e saber máis sobre a partícula que deu orixe ao Big Bang e baséase xa nunha teoría, ademais os proxectos levados a cabo pola investigación pura son conducidos por profesores, polo goberno ou por firmas consultoras.

  9. fab-ireavinas di:

    Na investigación aplicada, o investigador busca resolver un problema coñecido e encontrar respostas a preguntas específicas. Noutras palabras, o énfasis da investigación aplicada é a resolución práctica dos problemas. Por outro lado, a investigación pura céntrase nos principios fundamentais e en testear teorías.Equivocadamente,supoñíase que a investigación pura non tiña aplicacións prácticas, pero a historia da ciencia está repleta de exemplos donde este tipo de investigación conduce a aplicacións no mundo real.

  10. fab-rociorivas di:

    Investigación básica: Tamén chamada investigación fundamental ou investigación pura, suele desenvolverse e ser levada a cabo
    en laboratorios; contribue a ampliación do coñecemento científico, creando novas teorías ou modificando as xa esistentes. Investiga leis e principios

    Investigación aplicada: É a utilización dos coñecentos ná práctica, para aplicalos,ná maioría dos casos, en proveito da sociedade. Un exemplo son os protocolos de investigación clínica.

    Eu penso que é investigación aplicada, por que vai a ser utilizada en proveito da sociedade.

  11. fab-martinamendoza di:

    A investigación pura busca o coñecemento puro por medio da recoleción de datos, de forma que se incrementan datos que profundizan cada vez máis os coñecementos xa existentes na realidade, por iso é importante coñecer os antecedentes para poder xenerar criterios novos mediante investigacións que especifiquen de forma detallada o seu estudo, as conclusións obtidas…

    A investigación aplicada ten como finalidade a busqueda e consolidación do saber, e a aplicación dos coñecementos para o enriquecemento do acervo cultural e científico, así como a produción de tecnoloxía ao servizo do desarrolo integral do país.

  12. fab-carlaseren di:

    A investigación aplicada é a que se apoia na solución de problemas específicos para mellorar a calidade de vida das sociedades.
    A investigación pura é a que busca o coñecemento puro por medio da recopilación de datos, de forma que se incrementan os datos, que estes, van profundizando máis os coñecementos xa existentes na realidade.
    Na miña opinión é investigación aplicada xa que, vai favorecer á sociedade.

  13. fab-ivangomez di:

    A investigación pura é a que recopila datos para a búsqueda do coñecemento.
    A investigaciñon aplicada busca solucións a problemas específicos co fin de facer máis facil a vida das persoas.
    Penso que a investigación destos científicos é unha investigación aplicada,debido a que no futuro vai axudar a desarrollar novas tecnoloxías,mediciñas,etc.

  14. Victor di:

    Coñecedes algunha invención ou aplicación práctica do acelerador de partículas?

  15. faa-lidiamartinez di:

    Unha das aplicacións que tería o LHC sería favorecer o diagnóstico prematuro do cáncer. Xa que este acelerador, terá unha aplicación directa no diseño e nan construcción de novos detectores na medicina, que mellorarán a precisión e a calidade de imaxe.
    Dentro das aplicacións científicas, ten un enorme valor para entender como se xeraron as partículas fundamentais que son a base do universo.