Ancestro

O momento da evolución e radiación dos primeiros mamíferos placentarios, así como o seu antepasado común, é un tema de controversia. Agora, un estudo de varios centros de investigación indica que  os mamíferos placentarios xurdiron despois da extinción masiva que tivo lugar no límite do Cretácico e o Paleóxeno.

Segundo as súas estimacións, as liñaxes dos mamíferos de placenta emerxeron e diversificáronse para encher nichos ecolóxicos que quedaron vacantes tras a extinción dos dinosauros non aviarios e outros grandes réptiles. Estudos anteriores suxerían que as liñaxes de mamíferos placentarios eran moito máis antigas e que a súa diversificación estaba relacionada coa separación dos continentes antes do fin do Cretácico. Este estudo analizou miles de características físicas ao longo dunha ampla variedade de especies mamíferas fósiles e vivas. Ademais, combinou estes resultados con secuencias moleculares, ata crear unha árbore xenealóxica que mostra cando xurdiron estes mamíferos de placenta.

Autora: Irene Troncoso

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución e etiquetada , . Garda o enlace permanente.