Neandertais e Sapiens

Un equipo científico dirixido polo investigador do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva Svante Pääbo, logrou descifrar cerca do 60% do xenoma dos neandertais e comparalo co ADN do ser humano moderno e non é ningún secreto que ambas especies hibridaron nalgún momento da historia evolutiva, pero saber onde é aínda un misterio.

Pero os investigadores aínda seguen reconstruíndo grazas ó rexistros fósiles a historia dos Neandertais en Europa. Ata agora parecía máis ou menos aceptado que os últimos homes de neandertal desapareceron no centro e sur da Península Ibérica fai 30.000 anos. Pero unha nova investigación dirixida por investigadores da Universidad de Oxford (Reino Unido) e recén publicada na revista ‘Proceedings of the National Academy of Sciences’ (PNAS) retrasou esta data de extinción ata hai arredor de 45.000 anos, o que descartaría a súa convivencia cos humanos modernos nestes territorios.

Autor: Daniel Somoza

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución, Orixe humana, Xenoma humano e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

11 Responses to Neandertais e Sapiens

  1. Victor di:

    Como se pode explicar que parte do noso xenoma é neardental?

    • faa-bertaferreiro di:

      Debido a que neandertais e homo sapiens conviviron xuntos e apareáronse por iso parte do nos xeoma coincide co neandertal.

    • fab-carlaseren di:

      Parte do noso xenoma é neandertal debido a que estas dúas especies, os neandertais e os homo sapiens, conviviron xuntos durante moitos anos, de ahí a similitude de xenomas.

    • faa-saramarino di:

      Debido a que ambas especies, neandertais e homo sapiens, conviviron xuntos durante certo tempo e pola causa da sua reprodución o noso xenoma ,en parte, é neandertal.

  2. faa-marinaduran di:

    O xenoma é a totalidade da información xenética que poseeun organismo ou unha especie particular.O xenoma nos sere eucarióticos comprende o ADN contido no núcleo, organizado en cromosomas, e o xenoma mitocondrial.
    Na información que atopei, poñíame que había grandes diferencias entre o noso xenoma e o neandertal, pero que era obvio que eran especies próximas que hibridaron fai evolutivamente pouco,e queiso explica a súa similitude.

  3. fab-danielsomoza di:

    A similitude do noso xenoma co dos Neandertais e consecuencia do parentesco claro e da convivencia entre as dúas especies.

  4. Victor di:

    Queredes dicir coas vosas afirmacións que houbo descendencia entre cruzamentos de sapiens e neardentais? E por que temos tan pouco ADN neardental?

    • fab-lauraaragunde di:

      Para poder comparar os datos dentro dun marco evolutivo, os investigadores utilizaron o xenoma do chimpancé e o de cinco individuos actuais (un sudafricano da étnica san, un yoruba africano, un chino, un francés e outro de Papúa-Nova Guinea).
      Foi así como se comprobou que todos os ‘sapiens’ modernos teñen entre un 1% e un 4% de material xenético procedente dos neandertais, a excepción dos africanos. A explicación máis lóxica é que ambas especies se cruzaron e tiveron descendencia cando os ‘sapiens’ xa saliran de África, fai uns 80.000 anos, pero aínda non se estenderan polo resto do globo. De feito, a Europa non chegaron ata fai 40.000 anos. Alí tamén estaban os neandertais, pero non hai constancia de que volveran a cruzarse.

  5. fab-alexandregrandal di:

    Ao ter unha orixe común cos neandertais o homo sapiens conserva similitudes xenéticas con estes, de todos modos cada especie está preparada para unha descendencia desa mesma especie xa que fisicamente o seu corpo esta adaptado nese sentido para reproducirse cos seus conxéneres. Vendo as diferencias entre sapiens e neardental é bastante improbable o cruzamento de especies, e en caso de darse tendo en conta o reducido número dos posibles casos o hominido resultante tería reducidas posibilidades de triunfar evolutivamente.

  6. faa-saramarino di:

    O xenoma é a totalidade da información xenética que posee un organismo ou unha especie en particular. O xenoma comprende o ADN que contén o núcleo e o xenoma mitocondrial. A similitude entre o noso xenoma e o neandertal podo supoñer que é consecuencia dos anos que estas especies próximas conviviron xuntas, polo qe sempre quedan algúns rastros de similitude a pesar da evolución.

  7. Victor di:

    A nosa especie pode considerarse descendente dos neandertais?, e do “Homo erectus”?