Hipnose e dor


A hipnose é un estado de tipo psicolóxico e fisiolóxico inducido por un hipnotizador. É un tipo de estado, distinto da vixilia normal, que os seres humanos vivos  aceptan suxestións reais que o hipnotizador suxire. Existen moitos tipos de hipnose e unha delas é a  da dor. Numerosos estudos científicos e investigacións demostraron a eficacia da hipnose para reducir ou eliminar a dor e aliviar o sufrimento dos seus pacientes. É un método cada vez máis usado no campo da medicina para o tratamento da dor. Estudos realizados nos últimos anos sobre o uso da hipnose para o alivio da dor, afirman que a hipnose proporciona efectos analxésicos para moitos tipos de dor, confirmando os criterios esixidos na medicina para “un tratamento ben establecido” nesta área.

Desde un punto de vista médico a hipnose  pode ter diferentes utilidades e distintasindicacións médicas. A hipnose tamén  é util para tratamento de fobias de tipo neurosis no que o paciente sinte unha gran angustia ante o pensamento dun determinado estímulo e do cal o paciente é consciente. Neste campo é onde se obteñen mellores resultados da hipnose.


Autor: Dobrinka Penkova Dobreva.

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Hipnose e dor

  1. Victor di:

    Sabedes se ahipnose se está a utilizar para algún tipo de tratamento médico?

    • fab-zayravazquez di:

      A hipnose utilizase como tratamento médico para o tabaquismo,as fobias,a obesidades,a dor,a atención,a ansiedade…

    • faa-lidiamartinez di:

      A hipnose utilízase como tratamento médico para as fobias, tamén para axudar cos problemas de tabaquismo, para a obesidade, para curar a ansiedade, a depresión ou a angustia, e tamén para curar as xaquecas ou o insomnio.

    • faa-jessicacalo di:

      A hipnose utilízase con éxito nos tratamentos de transtornos de ansiedad e do estado de ánimo como a depresión. Tamén en trastornos psicofisiolóxicos como a dor ante unha interevención en odontoloxía ou quirúrxica, tamén en cefaleas, migrañas ou imsomnio que son os exemplos máis frecuentes. A hipnose tamén pode ser beneficiosa ó empleala con adiccións como o tabaquismo, a obesidade, o morderse as unllas, arrancarse o pelo ou simplemente o alcoholismo.

    • faa-yasminasanchez di:

      A hipnose uilízase como tratamento médico para o tabaquismo, todo tipo de fobias, a perda de peso, a dor e a mellora da atención e da memoria.

  2. fab-danielsomoza di:

    A hipnoterapia usase como tratamento médico dende que a psicanálise era un método de cura, consiste en atopar pacientes con traumas psíquicos baixo hipnose inducida.

  3. fab-robertoo di:

    A hipnose está considerada como unha das técnicas máis antigas que se coñecen para provocar cambios na conducta dos seres humanos, xa que pode influir no sistema nervioso central como o sistema nervioso periférico producindo cambios no sentido e na percepción da dor, dependendo da dor qe se estea a sufrir.

  4. faa-cristinapadin di:

    A hipnose pode ser utilizada como un tratamento terapéutico para calquera tipo de fobia,mantense ao paciente nun estado de hipnose durante un par de sesións aproximadamente para tratar de intervir na raíz dos problemas e solucionalos.
    Pode ser útil tamén en tratamentos para a perda de peso, este método foi descuberto nun análisis que se levou a cabo no ano 1996 no cal se combinaba a hipnose con terapia cognitiva-conductual TCC atopouse nas persoas que usaban ambos tratamentos perdían máis peso que as que soamente tomaban TCC.
    Mentrs que alguns estudos sosteñen que a hipnose non mellora a capacidade de recordar, outros estudos tamén aseguran que a hipnose mellora a capacidade de lembrar e incluso de nombrar detalles que conscientemente non se recolleran.

  5. faa-bertaferreiro di:

    Quedei sorprendida pero a hipnose utilízase como tratamento médico en varias enfermidades como a obesidade, tabaquismo, fobias, insomnio, gastroenterites, colon irritable, cefaleas, xaquecas, ansediade, angustia, depresión, dores agudos…

  6. fab-paulodiaz di:

    A hipnose utilízase como tratamento médico para unha gran variedade de enfermidades. Insomnio, depresión, migrañas, fobias, ansiedade…

  7. fab-estefaniamuras di:

    O proncipal uso da hipnose é para tratar o tabaquismo, pero tamén é utilizada para tratar fobias, a obesidade,dores.. E incluso algunhas persoas din que a hisponse axuda a capacidade de recordar, é dicir, a memoria.

  8. faa-irenetroncoso di:

    A hipnose é efectiva no tratamento da dor crónica, nos trastornos do estado de ánimo e nos trastornos de ansiedade, nos trastornos gastrointestinais, nas enfermidades da pel, na recuperación post-cirúrxica, no alivio das náuseas e os vómitos, no parto, e no tratamento da hemofilia. A pesar do seu amplo uso, non pode ser utilizado para todos os problemas psicolóxicos e médicos, nin poden utilizarse con todos os pacientes . A decisión de usar a hipnose como complemento do tratamento levado a cabo só debe facerse en consulta cun psicólogo cualificado que fose adestrado no uso e limitacións da hipnose

  9. fab-ivangomez di:

    A hipnose é un metodo que se está a poñer de moda que ademais resulta factible,hoxe en día utilízase para combater todo tipo de fobias,insomnio e xaquecas,estes son os exemplos máis frecuentes,aunque tamén se utiliza para mellorar a atención e a memoria,para o alcoholismo,tabaquismo e case todo tipo de dores.

  10. Raquel Martínez di:

    A hipnose utilízase para tratar varios problemas, así coma o tabaquismo, distintas fobias, falta de atención, memoria, obseidade, imsomnio, xaquecas, gastroenterites, cefaleas, ansediade, angustia, depresión, dores agudos…

  11. Victor di:

    E como actúan os analxésicos contra a dor?

    • fab-estelapadin di:

      Os analxésicos son fármacos que cambian as características da dor, suprimíndoa ou calmándoa. Según o mecanismo polo que actúan os analxésicos clasificanse en opiáceos, que actúan nos receptores cerebrais para inhibir o impulso da dor, e no opiáceos, entre os que se inclúen o ácido acetilsalicílico, o ibuprofeno e o paracetamol.
      Os analxésicos opiáceos, de dispensación con receta médica, podense usar para aliviar a dor en períodos cortos ou largos, aínda que poden causar adición no tratamento.
      Os non opiáceos usanse en dores leves ou moderadas, e podense obter sen receita na maior parte das ocasions.

    • faa-lidiamartinez di:

      Os analxésicos actúan de diferente maneira e axudan a reducir a dor e a inflamación.
      Os estudios demostran que os analxésicos actúan sobre o sistema nervioso periférico e central, axudando así a lograr a analxesia sistemática. Os analxésicos comezan a funcionar cando chegan ao torrente sanguíneo a través do estómago, entre 30 e 60 minutos.

    • faa-bertaferreiro di:

      Os analxésicos non se dirixe directamente a zona dañada, senón que actúan nas células, terminación nerviosas, no sistema nervioso e no cerebro para que deixes de sentir dor.

      As terminacións nerviosas son moi sensibles a estas substancias químicas, reacionan transmitíndolle a mensaxe de dor a través do sistema nervioso ata o cerebro. Indicandolle o cerebro donde se localiza a dor e canto doe, e a continuación o cerebro responde.

    • fab-carlaseren di:

      Os anaalxésicos son uns medicamentos que calman ou eliminan a dor, tamén reduces ou alivian as dores de cabeza, musculares, artítricos ou moitos outros ataques ou dores. Exiten moitos tipos de analxésicos. Os estudos demostran que os analxésicos actúan sobre o sistema nervioso periférico e central e axudando así a calmar a dor. Polo xeral, comezan a traballar cando chegan ao torrente sanguíneo através do estómago.

    • Raquel Martínez di:

      Os analxésicos son medicamentos que calman ou eliminan a dor, tamén poden reducir o aliviar as dores de cabeza, musculares, artríticos ou moitos outros ataques e dores.
      Estes medicamentos bloquean a produción das prostaglandinas (substancias graxas que se encontran en case todos os tipos de células, hai moitos tipos y teñen múltiples accións no organismo) necesarias para desencadear a sensación de dor, xa que paran a acción das enzimas denominadas cicloosixenasas. Os analxésicos teñen tamén propiedades antiinflamatorias e antipiréticas (controlan a febre).

      En xeral, son substancias de acción rápida, calman a dor media hora despois de tomalos.

      -Duración de acción: hai grandes variacións. Algúns o seu efecto dura 24 horas, outros seis.

  12. fab-rociorivas di:

    A analxesia hipnótica presenta importantes vantaxes en comparación cós analxésicos químicos, debido principalmente a súa baixa peligrosidade xa que non provocan adicción, tolerancia, nin dependencia. Asimismo demostra ser superior a outros tratamentos psicolóxicos como a reducción de stress imaxinaria, polo que se presenta como a mellor candidata para disminuira dolor nó futuro.

  13. faa-irenetroncoso di:

    Os analxésicos son fármacos que cambian as características da dor, suprimíndoo ou calmándoo. Segundo o mecanismo polo que actúan, os analxésicos clasifícanse en opiáceos, que actúan nos receptores cerebrais para inhibir o impulso doloroso que lles chega.
    Os analxésicos opiáceos, de dispensa con receita médica, pódense usar para aliviar a dor en períodos curtos ou longos, aínda que poden xerar adicción ao tratamento.

    Os non opiáceos úsanse en dores leves ou moderados, e pódense obter sen receita na maior parte das ocasións.

  14. faa-jessicacalo di:

    Os analxésicos son fármacos que cambian as características da dor, suprímeno ou cálmano.
    Os medicamentos contra a dor actúan nas células, nas terminacións nerviosas, no sistema nervioso e no cerebro para impedir que sintas dor. Cando as células se lesionan liberan unha substancia chamada prostaglandina. As terminacións nerviosas especias que sinten a dor son moi sensibles a esa sustancia química. Cando se libera prostaglandina, as terminacións nerviosas reaccionan trasmitindo mensaxes de dor a través do sistema nervioso asta o cerebro.
    Cando tomas un analxésico contra a dor, este o que fai é que as células dañadas deixen de liberar esa substancia química.

  15. faa-cristinaporto di:

    Os analxésicos son fármacos que cambian as características da dor, suprimíndoo ou calmándoo.Existen no mercado múltiples posibilidades á hora de adquirir un analxésico. É interesante saber as propiedades e as contraindicacións de todos eles co propósito de facer a elección máis axeitada en cada caso:
    -Ácido acetilsalicílico: Representado, entre outros, pola coñecida aspirina, este fármaco alivia a dor, baixa a febre e é antiinflamatorio. Non obstante pode irritar a mucosa do estómago, polo que se desaconsella a súa utilización nas persoas con gastrite ou úlcera.
    -Paracetamol: É adecuado para a dor de cabeza, a febre e dores como os dentais ou reumáticos, non obstante carece de eficacia nos casos onde hai inflamación.
    -Ibuprofeno: É un bo antiinflamatorio, sobre todo nas enfermidades articulares, de feito ese foi o seu uso inicial. Na actualidade tamén se valoran as súas propiedades analxésicas e antipiréticas.
    -Naproxeno: A súa utilidade céntrase no alivio da dor produto das inflamacións provocadas pola artrite, reuma, menstruación, xaqueca, golpes ou torceduras. Está contraindicado para persoas que padecen úlceras, gastrite ou colite.
    -Benzocaína: É un anestésico local que calma a dor nunha zona determinada. A súa actuación é superficial, aplicable a feridas, lesións bucais ou prurito. Non é eficaz para as dores causadas por unha inflamación.
    -Lidocaína: Trátase dun anestésico que alivia a dor durante períodos curtos de tempo, sendo eficaz en procesos cirúrxicos, e máis combinado con outras substancias que poden prolongar o seu efecto.

  16. fab-beatrizrivera di:

    Os analxésicos son fármacos que cambian as características da dor, suprimíndoo ou calmándoo. Segundo o mecanismo polo que actúan, os analxésicos clasifícanse en opiáceos, que actúan nos receptores cerebrais para inhibir o impulso doloroso que lles chega, e non opiáceos, entre os que se inclúen o ácido acetilsalicílico,o ibuprofeno e o paracetamol.
    Os analxésicos opiáceos, de dispensación con receta médica, pódense empregar para aliviar a dor en periodos curtos ou longos, auaínda que poden xerar adición ó tratamento.
    Os non opiáceos úsanse en dores leves ou moderados, e pódense obter sen receta na maior parte das farmacias.