Un feixe de galaxias

Un equipo de astrónomos, descubriu un grupo de galaxias moi lonxanas, tanto que cando emitiron a luz que ahora chega a  Terra, o Universo tiña só uns 450 millóns de anos, aproximadamente un 3% da súa idade actual (13.700 millons de anos).  Nese grupo hai unha galaxia que pode ser a máis distante encontrada ata agora: é de cando só  transcorreran  uns 380 millóns de anos desde o Big Bang.

Os científicos, non só  descubriron seis novas galaxias lonxanas e  confirmado outra coñecida previamente, senón que puideron  descartar outras identificadas por outros científicos como candidatas a obxectos extremadamente distantes. O  obxectivo das investigacions é  explorar a  historia do  Universo e  determinar con que rapidez aumentou  o  número de galaxias ao  principio. Os  resultados obtidos indican que as galaxias se formaron pouco a pouco e non  repentinamente.

Os científicos observan o cosmos lonxano en infravermello porque, a  expansión do  espacio-tempo fai  que a  luz emitida en ultravioleta ou en luz visible dos obxectos celestes distantes se vexan aquí agora en infravermello. O  fenómeno chámase corrimento o vermello (z), e cando maior sexa o seu  valor máis lonxano estará o obxecto.

Autora: Zaira Vázquez Vázquez

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Un feixe de galaxias

  1. Victor di:

    A pregunta que vou a facer é un pouco complexa, pero alguén podería aclarar porque no Universo, ver máis lonxe significa ver antes no tempo?

    • Raquel Martínez di:

      Porque estás a ver algo que non está ocorrendo nese instante, senón anos antes, neste caso, estas vendo a luz de fai 450 millóns de anos, non a luz que emite na actualidade.

    • fab-paulodiaz di:

      A luz que podemos observar a simple vista tardou millóns de anos en chegar á terra. Por iso, cando utilizamos un telescopio, podemos ver a luz do pasado e sucesos acontecidos fai moito tempo.

    • faa-jessicacalo di:

      Porque canto máis lonxe vexamos máis aintigo é o que vemos, é dicir, hoxe podemos percibir a luz de moitas estrelas e cabe a gran posibilidade de que moitas delas xa estean apagadas pero están tan afastadas que a súa luz aínda nos está chegando.

    • faa-bertaferreiro di:

      Porque a luz que estas recibindo do que estás obserbando, tarda moito tempo en chegar a terra, polo que cando a luz chega asta o telescopio dende onde estas facendo a observación poido pasar moitos anos. Por exemplo se estás observando unha estrela pode ser que esa estrela xa non exista.

  2. faa-lidiamartinez di:

    Os científicos queeren telescopios cada vez máis potentes cos que poder ver máis lexos, isto é porque mirando tan lexos poden ver o pasado.
    No espacio a luz quédase corta (a pesar de ir a moita velocidade) as distancias son tan grandes que a luz sofre un retraso ata chegar aos nosos ollos.
    Cando decimos que unha estrela se encontra a 4 anos luz significa que a luz que provén dela tardou 4 anos en chegar a nós. Por eso se di que vemos o pasado.

  3. fab-danielsomoza di:

    por que a luz desplazase cara a nós e estas a ver cousas que neste momento non están ocorrendo. Por exemplo unha estrela explota e despois de moitos anos vémola luza que desprende.

  4. faa-cristinapadin di:

    A luz que vemos dende a Terra foi emitida fai millóns de anos dende diversos puntos da galaxia, cando usamos un telecopio somos capaces d ever máis lonxe, donde viaxan luces máis recentes.

  5. Victor di:

    En que se basean os astrónomos para asegurar que o Universo ten, aproximadamente, 13.700 millóns de anos?

    • faa-bertaferreiro di:

      Os astrónomos baseanse nun número “máxico” chamado constante de Hubble. Os científicos observaban a velocidade e a distancia a que as galaxias se separan do noso planeta, e a partir dunha serie de contas matemáticas determinaron a constante de Hubble.

    • faa-dobrinkapenkova di:

      Según a ciencia moderna o modelo máis prudente da formación do Universo é o Big Bang. A edade do Universo descrita dos científicos puedese tomar como o tiempo transcurrido desde o último Big Bang hasta o presente.

  6. faa-irenetroncoso di:

    A estimación máis precisa da idade do Universo é de 13700 millones de anos e esto proven dos datos proporcionados o comezo deste século polo satélite WMAP (Sonda Amisotrópica de Microondas Wilkinson).

  7. faa-yasminasanchez di:

    Díse que o Universo ten, aproximadamente, 13.700 millóns de anos, porque é o tempo transcorrido dende o último Big Bang ata agora.

  8. Victor di:

    E alguén sabe o que había antes do universo?

    • faa-jessicacalo di:

      Dise que antes da Teoria do Big Bang, a que dou orixe ó universo e todo o que hoxe atopamos nel, non existía nada. Non hai teorías que proben esta hipótesis nin que corroboren o contrario xa que é unha investigación moi difícil. Tamén se dice que o noso universo forma parte dunha cadea de universos, chamado un multiverso.

    • faa-raulmartinez di:

      Ninguén sabe o que sucedeu nin o que había antes do BigBang porque é unha investigación moi complicada ou incluso imposible, debido á falta de probas e indicios.

    • fab-zayravazquez di:

      Antes da Teoría do Big Bang a simple vista non había basicamente nada

    • faa-lidiamartinez di:

      Díse que antes do universo non había nada porque non había espazo donde algo poidara estar, xa que o espazo e o tempo foron creados no Big Bang.

  9. faa-marinaduran di:

    Os cosmólogos suxieren que o que había antes do big bang era o vacío cuántico, o estado de enerxía de fondo do universo, orixen de todo o que existe.Outros o denominan abismo alimentador de todo ser.Condensación del sería aquel punto que primeir hinchou como un balón e despois explotou dando orixen tal vez, seguna teoría de cordas, a outros eventuais mundos paralelos. Pero o vacío cuántico, a última realidade alcanzada pola microfísica, é ainda unha realidade indeterminada.

  10. fab-alexandregrandal di:

    Segundo a teoría do Big Bang, que é a máis aceptada, antes da suposta explosión, a materia estaba concentrada nunha singularidade non máis grande que unha partícula elemental de altisima densidade.

  11. Victor di:

    Que información nos aporta a cor da luz que emiten as estrelas?

    • faa-jessicacalo di:

      Dependendo do espectro de luz que nos chegue das estrelas, podemos saber a que distancia están de nós, a súa velocidade, temperatura e incluso a súa estrutura.

    • fab-carlaseren di:

      A cor da luz que emiten as estrelas permítenos coñecer datos delas como a súa proximidade a nós, a súa forma ou estructura e a súa velocidade.

  12. faa-cristinaporto di:

    Todo nunha estrela depende da súa masa. Esta vai definir o seu tamaño, a súa temperatura, a súa vida e tamén o seu final e ao longo da súa vida tamén a súa cor. Cando unha estrela é moi nova, a súa temperatura é moi elevada e a súa cor, dentro do espectro de luz visible é entre azul e morado. Unha vez evoluciona e dependendo da súa masa, converterase en amarela ou alaranxada, para rematar a súa vida como estrela cunha cor avermellada. Finalmente, tras a súa “morte”, algunhas estrelas convértense en brancas, en ananas brancas. Canto maior é a masa dunha estrela, mais rápido queima o combustible do seu nucleo e iso acelera a súa evolución e o seu desenlace final.

  13. fab-estelavilanova di:

    Ao mirar detenidamente cara ás estrelas podemos diferenciar nelas unha serie de cores característicos, provocados nalgúns casos por efectos atmosféricos ou pola propia natureza da estrela.

    A cor determínase segundo o consumo de “combustible” que precisan nas súas reaccións nucleares. Debido a isto, as que alcanzan maior temperatura no seu interior, e do mesmo xeito, nas súas capas exteriores, emitindo fotóns máis enerxéticos, os de cor azul. No outro extremo, están as estrelas con fotóns con menor nivel de enerxía, os astros de cor vermello.