USB de ADN

Semella que cada día hai menos diferenzas entre ser vivo e tecnoloxía. O mundo científico sorprendeuse ante a noticia de que o ADN será o futuro dos discos duros dos ordenadores. Isto é o que nos afirman un grupo de investigadores do campo da Bioinformática: “as moléculas de ADN poden almacenar enormes cantidades de información; case 800.000 bytes nunha molécula de ADN”. E neste caso o ser humano o único que fixo foi copiar á natureza que hai millóns de anos creou a molécula do ADN, precisamente para gardar información nela; información sobre como é cada ser vivo que existiu no noso planeta desde a súa orixe.

Nun espazo máis pequeno ca unha taciña de café podería almacenarse máis de 100 millóns de horas de vídeo. O ADN é fácil de almacenar e transportar e semella que se transformará no sistema de almacenamento informático do futuro. O seu código de información é perfecto para a tarefa que os científicos lle queren encomendar.

Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to USB de ADN

  1. fab-estelapadin di:

    O código xenético é o conxunto de normas polas que a información codificada no material xenético (secuencias de ADN ou ARN) se traduce a proteínas (secuencias de aminoácidos) nas células vivas. O código define as correspondencias entre as distintas secuencias de tres nucleótidos, chamadas codóns, e aminoácidos. Un codón corresponde a un aminoácido específico.
    A secuencia do material xenético componse de catro bases nitroxenadas distintas, que teñen unha función equivalente a letras no código xenético: adenina (A), timina (T), guanina (G) e citosina (C) no ADN e adenina (A), uracilo (U), guanina (G) e citosina (C) no ARN.

  2. faa-saramarino di:

    Este descobremento pareceme un verdadeiro avance tecnolóxico, xa que nunca habia pensado en comparar o ADN con unha memoria informática, pero unha vez planteada a cuestión, estes dous elementos son increiblemente parecidos. Os discos duros de ADN proporcionarán vantaxas como poder almacenar grandes cantidades de información de forma segura e durareira, probablemente nunca teña qe enfrontarse a problemas de compatibilidade co dispositivo, e supón un aforro de electricidade xa que non se precida dela. O inconvinte será a gran cantidade de diñeiro que se necesita para que isto saia adiante.

    • Raquel Martínez di:

      Estou totalmente de acordo coa miña compañeira Sara Mariño, este descubrimento pode ser moi importante, xa que se se consegue levalo á práctica, pegariamos un gran salto na tecnoloxía. Pero en cambio, eu non penso que o diñeiro sexa un inconveniente, paga a pena gastalo e creo que un descubrimento desta escala chegará a autofinanciarse. Ademais, isto axudará tamén a inventar moitas cousas novas que actualmente non se poden facer xa que non temos memoria suficiente para que funcionen. Definitivamente, a tecnoloxía sorpréndeme cada vez máis.

  3. Victor di:

    O ADN almacena a información grazas a que utiliza un código (código xenético); en que consiste?

    • faa-jessicacalo di:

      O código xenético trata un conxunto de normas polas cales, a información codificada no material xenético (ADN ou ARN),interprétase en proteínas nas células vivas.

    • faa-lidiamartinez di:

      O código xenético é un conxunto de normas polas que a información codificada en material xenético (secuencias de ADN ou ARN) se traduce en proteínas (secuencias de aminoácidos) nas células vivas.
      Está organizado en tripletes ou codóns. Este código xenético é dexenerado, é decir, un mismo aminoácido pode estar determinado por máis de un triplete.

    • fab-zayravazquez di:

      O código xenético é un conxunto de normas polas que a información codificada no material xenético (secuencias de ADN ou ARN) tradúcese en proteínas (secuencias de aminoácidos) nas células vivas.O código define a relación entre secuencias de tres nucleótidos, chamadas codons, e aminoácidos. Un codón corresponde cun aminoácido específico.O ARN basase en transportar unha mensaxe do ADN a
      molécula correspondente.

  4. faa-irenetroncoso di:

    O código xenético é un conxunto de normas polas que a información codificada no material xenético (secuencias de ADN ou ARN) se traduce en proteínas (secuencias de aminoácidos) nas células vivas. O código define a relación entre secuencias de tres nucleótidos, chamadas codóns, e aminoácidos. Un codón correspóndese cun aminoácido específico. O ARN baséase en transportar unha mensaxe do ADN á molécula correspondente.
    A secuencia do material xenético componse de catro bases nitroxenadas distintas, que teñen unha función equivalente a letras no código xenético: adenina (A), timina (T), guanina (G) e citosina (C) no ADN e adenina (A), uracilo (U), guanina (G) e citosina (C) no ARN.
    Debido a isto, o número de codóns posibles é 64, dos cales 61 codifican aminoácidos. A secuencia de codóns determina a secuencia aminoacídica dunha proteína en concreto, que terá unha estrutura e unha función específicas.

  5. faa-marinaduran di:

    Ó código xenético é un conxunto de normas polas que a información codificada no material xenético (secuencias de ADN o ARN)se traduce en proteinasnas células vivas.Ó código define a relación entre secuencias de tres nucleótidos, chamadas codóns, e aminoácidos.Un codón correspóndese con un aminoácido específico. Ó ARN se basa en transportar unha mensaxe do ADN á molécula correspondente. A secuencia do material xenético se compón de catro bases nitroxenadas distintas, que teñen unha función equivalente a letra no código xenético:adenina (A), timina (T), guanina (G) e citosina (C) no ADN e adenina (A), uracilo (U), guanina (G) e citosina (C) no ARN.

  6. faa-bertaferreiro di:

    O código xenético consiste nun conxunto de secuencias de ADN ou ARN, que se traduce como proteinas que se encontran nas células vivas. O código define a relación entre nucleóticos (chamados codóns) e aminoácidos. Un codón é un aminoácido específico. A función do ARN e transportar unha mensaxe do ADN á molécula correspondente.

  7. faa-albacastro di:

    O código xenético trátase dun conxunto de normas polas cales a información codificada no material xenético traducese en proteínas nas células vivas. O código define a relación entre secuencias de tres nucleótidos, que se chaman codóns e aminoácidos. A secuencia do material xenético está composta por catro bases nitroxenadas: adenina (A), timina (T), guanina (G) e citosina (C), estas atopanse no ADN e adenina (A), uracilo (U), ganina (G) e citosina (C) no ARN.

  8. Victor di:

    E poderia crearse ADN artificialmente?

    • faa-jessicacalo di:

      Si se pode xa que un grupo de biólogos ingleses lograron producir ácidos nucleicos artificiais, que se poden replicar e evolucionar como o ADN.

    • faa-lidiamartinez di:

      Si que se pode crear ADN artificial e algúns científicos xa o fixeron. Por exemplo en maio do ano pasado uns biólogos produciron ácidos nucleicos artificiais que podía replicarse e evolucionar como o ADN. Tamén descubriron que o ADN artificial non é biodegradable polo que podería ter usos médicos e biotecnolóxicos.

  9. faa-bertaferreiro di:

    Si que se pode crear ADN artificialmente. Uns científicos conseguiron crear ADN artificialmente modificando os grupos de azucre orixinal por outros compostos. Deste xeito crearon o AXN (ADN artificial) que ademais de gardar información pode replicar o ADN cun 95% de exactitude. Os científicos cren que o AXN pode funcionar igual que o ADN nun organismo vivo.

  10. fab-estelavilanova di:

    Si se podería, xa que uns grupo de científicos ingleses realizaron este experimento e resultou factible. Este consiste en simular artificialmente as cadenas de ADN modificando os conxuntos de azucres orixinais por outros compostos. Os investigadores nombraron a este ADN artificial como AXN, que non só pode almacear a información, senón que tamén replicala con un 95% de exactitude.

  11. fab-danielsomoza di:

    Si se podería crea ADN artificial,un grupo de biólogos xa levaron a cabo este experimento con resultados moi favorables. Esto consistíu en alterar grupos de azucre orixinal por outros compostos. De este xeito crearon un novo ADN, o AXN, que pode almacear e replicar información