O ‘Curiosity’ mans á obra

O robot explorador ‘Curiosity’ foi lanzado o 26 de novembro de e aterrado en Marte o 6 de agosto de 2012 co obxectivo de determinar se existiu vida algunha vez en Marte, caracterizar o seu clima , determinar a súa xeoloxía e prepararse para a exploración humana. Este robot está a prepararse para perforar nas próximas semanas unha rocha marciana por primeira vez desde que aterrou no Planeta Vermello hai cinco meses, segundo informou hoxe a NASA.

O robot probará o taladrador que leva incorporado para recoller mostras dunha rocha estriada.  Esta perforación na rocha non se fixo nunca ata agora en Marte. O científico indicou que o taladrador, ao perforar a rocha marciana, interactuará cun material que “non podemos controlar” e asegurou que non lles sorprendería si algúns pasos no proceso non van exactamente como o tiñan previsto. Curiosity xa se dirixe a un lugar denominado ‘Yellowknife Bay‘, un terreo situado a 500 metros onde aterrou, cunha composición diferente, xa que se cre que se trata do leito dun río seco que permitirá aos científicos analizar novos materiais. O robot chegará ao punto marcado nos próximos días e espérase que a operación comece en dúas semanas.

Autora: Raquel Martínez Pillado

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.