Adeus o esquecemento

Investigadores do Centro de Investigación Biomédica EuroEspes, crearon a primeira vacina preventiva e terapéutica eficaz contra o Alzheimer, a cal xa obtivo a patente para a súa fabricación en EEUU. Por agora esta vacina só se probou con animais, pero en EEUU estase iniciando os estudos con humanos.

Os investigadores conseguiron que os animais que non desenvolveran esta patoloxía ao longo da súa vida e que se reduzan de forma espectacular os rasgos patolóxicos desta enfermidade. Estes investigadores están esperando a que se aproben os ensaios clínicos que poderían facer que esta vacina sexa unha realidade nun prazo de 6 a 10 anos.

Os investigadores están preparados para comezar en tres ou catro meses estes ensaios, que poderían durar de entre 6 a 8 anos. De momento, cos ensaios preclínicos que se fixeron en ratos, os investigadores consideran que con esta estratexia se podería duplicar a esperanza de vida nos pacientes que sofren Alzheimer.


Autora: Estefanía Muras Serantes

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to Adeus o esquecemento

  1. fab-estelavilanova di:

    A enfermedade do Alzheimer é unha enfermedade neurodexenerativa que se manifesta como deterioro cognitivo, producindo trastornos condutuais. Esta caracterízase principalmente pola perda inmedista da memoria e doutras capacidades mentais, conforme as células nerviosas morren e distintas zonas do cerebro se atrofian. A súa duración media aproximada despois do diagnóstico é de dez anos, aínda que pode variar segundo a severidade da enfermedade no momento do propio diagnóstico.

  2. faa-saramarino di:

    Como ben dixo a miña compañeira, o Alzheimer caracterízase por unha pérdida inmediata da memoria e doutras capacidades mentales,a medida que as neuronas morren e as zonas do cerebro se atrofian. Esta enfermidade é a forma máis común de demencia, aparece con maior frecuencia en persoas mayores de 65 anos de idade e ata o de agora é incurable e terminal,por iso que o descubrimento desta nova vacina supón unhas vistas cara o futuro cheas de esperanza, xa que sería unha verdadeira vantaxe que a vacina saise cara adiante.

  3. Victor di:

    Cales pensades que poden ser as causas de que o alzheimer sexa actualmente unha enfermidade tan común?

    • fab-lauraaragunde di:

      É difícil determinar quen vai a desarrollar a enfermidade de Alzheimer, posto que se trata dunha alteración complexa, de causa descoñecida, na que, ó parecer, interveñen múltiples factores como:
      Idade : soe afectar aos maiores de 60-65 anos, pero tamén se deron casos entre menores de 40. A idade media de diagnóstico situase nos 80, posto que se considera que o mal de Alzheimer é unha enfermidade favorecida pola idade.
      Sexo : as mulleres padéceno con máis frecuencia, probablemente, porque viven máis tempo.
      Herencia familiar : a enfermidade de Alzheimer familiar, unha variante da patoloxía que se transmite xenéticamente, supone o 1% de todos os casos. Non obstante, estímase que un 40% dos pacientes con EA presentan antecedentes familiares.
      Factor xenético : varias mutacións no xene da proteína precursora de amiloide (APP), ou no das presenilinas 1 e 2. Tamén podría asociarse con mutacións no xene da apolipoproteína E (ApoE). Esta proteína está implicada no transporte e eliminación do colesterol. Estas investigacións, a nicastrina activaría a producción do amiloide beta.
      Factores medioambientais : O tabaco mostrouse como un claro factor de riesgo da patoloxía, ó igual que as dietas grasas. Por outra parte, pertencer a unha familia numerosa tamén parece influir no riesgo de Alzheimer.

    • fab-zayravazquez di:

      As causas de que o alzheimer sexa unha enfermidade común son:
      – Alcohol: O exceso de alcohol e unha causa que levar a perda de memoria
      – Tabaco: Fumar reduce a cantidade de osíxeno que chega ao cerebro e, como consecuencia, perxudica o funcionamento da memoria.
      – Drogas: O seu uso continuo provoca cambios nas substancias químicas do cerebro, o que dificulta recordar as cousas.
      – Falta de sono: Si dormes pouco ou te despertas con frecuencia durante a noite, podes sentirte cansado. E esto interfire ao captar información e a recordala despois.
      – Estrés: Si a causa do estrés é un trauma emocional pode dar lugar á perda de memoria.
      – Depresión e ansiedade: Si estás deprimido, é difícil prestar atención, o que afecta a perda de memoria, e si estás tenso ocorre o mesmo.

    • fab-estelapadin di:

      Indentificáronse dúas características da patoloxía como causa do Alzheimer que son: a aparición da denominadas placas seniles, placas amiloides, oo placas neuríticas, e a presenza de ovillos de neurofibrillas.

  4. fab-ivangomez di:

    O alzheimer converteuse en unha enfermidade tan común debido ó uso excesivo das novas tecnoloxías.Agora,unha persoa pasa moitas horas ó día diante dun ordenador,dun teléfono móvil,dunha televisión,etc,e iso perxudícalle moito,porque non exercita o cerebro o suficiente,e co paso do tempo cóstalles recordar datos insignificantes.

    • Victor di:

      Iván; teñen base científica as túas afirmacións ou é unha mera opinión? No caso de ser unha opinión, non me parece adecuada.

      • fab-ivangomez di:

        Podo estar a confundir o Alzheimer co esquecemento das persoas,que están tan distraídas coas novas tecnoloxías que se olvidan constantemente

  5. fab-estefaniamuras di:

    O Alzheimer é unha enfermidade dexenerativa do cerebro, caracterizada por unha perda das facultades cognitivas superiores, manifestándose inicialmente como alteracións da memoria episódica. Estes déficits amnésicos agrávanse coa progresión da doenza, e están posteriormente acompañados por déficits visio- espaciais e de linguaxe.

  6. fab-carlaseren di:

    A enfermidade do Alzheimer é un desorde progresivo, dexenerativo e irreversible do cerebro que causa debilitación e desorientación, polo tanto, perda da memoria progresivamente. Os síntomas máis comúns son dores de cabeza bastante fortes, vértigos, insomnio e irritabilidade.

  7. Victor di:

    O Centro de investigación que descubriu esta posible vacina contra o Alzheimer é galego, concretamente o seu director é de Cambados. Este exemplo servenos para ver como a investigación ten un efecto directo sobre a calidade de vida e, ademais, sobre os beneficios económicos. Este sería un bo momento para xustificar que a investigación é o mellor argumento para sair da crise; que opinades?

    • faa-lidiamartinez di:

      Eu penso que a investigación si nos axudaría algo para sair da crise, pero axudarános máis cando empezemos a saír dela porque nos permitirá avanzar máis rápido. Na miña opinión o que máis move un país actualmente é a economía e non tanto a investigación, pero esta pódenos a axudar a aforrar e a crear novos traballos, como por exemplo a investigación sobre as enerxías renovables permítenos aforrar a longo prazo e a mellorar a nosa calidade de vida, igual que coa investigación de novos fármacos e tratamentos que nos permitirán unha vida mellor, pero posiblemente non sair da crise.

    • faa-fabiolaalbornoz di:

      Posiblemente este feito si sexa unha mostra de que invertir na investigación da resultados positivos, pode que a longo prazo pero os pequenos avances na ciencias son os que favoreceran a saír da crise.

  8. faa-irenetroncoso di:

    A idade é o maior factor de risco coñecido. A herdanza xenética tamén pode influír no risco de desenvolver a enfermidade outros factores que poden influír son: xenéticos, ambientais ou o estilo de vida da persoa.

  9. Victor di:

    ACABA DE ABRIRSE UN NOVO FORO POR UN PERÍODO DE 10 DÍAS. PODEDES INTERVIR CANDO QUEIRADES.
    SE ALGUÉN QUERE UTILIZAR ESTA NOTICIA PARA FACER UN ARTIGO PARA A BUXAINA, QUE MO COMUNIQUE POR CORREO ELECTRÓNICO.

  10. fab-ivangomez di:

    Na miña opinión a investigación aporta moitos beneficios cando descubre algo importante ou realiza unha nova vacina,pero para realizar eses descubrimentos teñen que pasar moito tempo investigando e iso supón uns costes elevados.

  11. fab-beatrizrivera di:

    Eu penso que a investigación si que é unha das principais bases que sostén a sociedade, xa que sen ela, no caso do alzheimer, por exemplo, se non se houbese descuberto a vacina morrería moita máis xente, ademáis á súa vez a investigación é principal no desenvolvemento dun país. Pero á vez penso que máis importante cá investigación en si, é a orientación que esta tome, porque a investigación pode tomar diferentes camiños: a guerra, por exemplo en moitos momentos da historia foi un dos fins desta. Porque non olvidemos que a investigación é un instrumento en mans do home e que é decisión deste o fin ao que debe dirixirse.
    Segundo a miña opinión, esto leva a moitos problemas, determiñar os fins, quen e como establece estes fins…
    Na miña opinión o fin da investigación debe ser o benestar social.

  12. Victor di:

    Que significa I+D+I? Que posto ocupamos no mundo en I+D+I?