Comida ao lixo

A metade da comida que se produce no mundo acaba no lixo ou pudríndose no campo. Máis do 30% dos 4.000 millóns de toneladas de alimentos nunca chegan aos nosos estómagos, segundo  nos conta un informe do Instituto de Inxeñeiros Mecánicos (IME).

“Se aos alimentos malgastados engadimos a auga derrochada nos cultivos e a enerxía desaproveitada no proceso, o custo é incalculable” advirte Tim Fox, responsable de enerxía e medio ambiente de IME. A crise fixonos espertar á inmensidade deste problema”, dicía recientemente Tristram Stuart en “elmudo.es”,  quen é o impulsor da campaña ‘Feeding the 5.000’ e autor de ‘Despilfarro: el escándalo global de la comida’.

As malas prácticas agrícolas, o deficiente almacenamento e os problemas de distribución e transporte son as principais causas nos países en desenvolvemento. Nos países desenvolvidos, sen embargo, gran parte da culpa téñena os supermercados e os puntos de venta, coa súa severa política de caducidade, as súas “ofertas especiais”, que fan comprar máis do necesario e a insistencia na “apariencia” dos productos que obriga a malgastar gran parte das colleitas de froitas e vexetais.


Autora: Irea Viñas

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

35 Responses to Comida ao lixo

  1. Victor di:

    Na voas casa vai comida ao lixo? Cal e´a razón?

    • faa-noar di:

      Na miña casa tirase pouca comida, anque en ocasión a comida pasase ou caduca. Os productos que mais soemos botar ao lixo son os iogures, porque caducan, e algúns productos frescos como as verduras, xa que o levar un tempo no frigorífico poñense malas. Faise unha compra semanal, pero hai días inesperados que polo traballo dos meus pais non comemos na casa, está é unha razón pola que pode pasarse a comida que tiñamos prevista para esa semana.

    • faa-sorayaborrageiros di:

      Na miña casa poucas veces se tira comida, pero aínda que non se queira hai veces que é necesario facelo, por exemplo cando algún alimento caduca ou se pon malo ao estar no frigorífico, pero intentamos que iso non pase. Tamén hai veces nas que non quero comer máis e véxome na obriga de tiralo, cousa que lle pasa tamén a moita xente, aínda que non se debería facer proque é un desperdicio enorme de comida.

    • faa-bertaferreiro di:

      Na miña casa vai moi pouca comida o lixo, porque non se trata de comida que compramos senón que na miña casa hai moitas árbores froiteiras e tamén temos verduras e hortalizas. As árbores froiteiras prodúcen moitas frutas que nos sobran para consumilas e o que facemos e botarlla os animais. Entón o lixo non van. E si vai o lixo son cousas caducadas ou que se encontran en mal estado.

    • faa-dobrinkapenkova di:

      A miña familia consta de 4 personas e sempre se cociña de máis e case nunca repetimos se nos sobra algo do medio día.Pero agora intentamos aproveitar o que sobre e convertilo en outra comida .Ainda asi moitas veces tiramos comida ao lixo.

    • fab-paulodiaz di:

      Eu vivo só coa miña nai, polo que compramos pouca comida. É moi raro que tiremos algo, sempre que vemos que vai caducar, aproveitamos e comémolo. Cando a comida do día sobra, deixamos á miña cadela un plato para evitar tirala ao lixo. Ademáis intentamos non comprar moitos iogures: sempre nos caduca algún.

    • faa-lidiamartinez di:

      Na miña casa non vai moita comida ao lixo pero si algunha a parte da que está caducada ou en mal estado tamén se tira bastante cando sobra, xa que sempre se fai comida de máis e sempre sobra. A pesar diso recoñezo que vai moita comida a basura porque se fan moitos variados, non se comen todos e despois non volvemos a comer esa comida que estaba cociñado senón que facemos outra.

    • faa-raulmartinez di:

      Non recordo que na miña casa se tirara nunca comida ó lixo, porque o que non se come a mediodía comese á noite, se vemos que unha barra de pan non se come vai para o conxelador e se vemos que algún alimento se vai poñer malo ou vai a caducar votámosllo ós animais. Aparte estamos bastante concienciados neste tema na miña casa e sempre se vixila aproveitar toda a comida. Por esa razón non recordo que nunca se tirase comida na miña casa.

    • faa-jessicacalo di:

      Na miña casa tírase pouca comida porque optamos polo método tradicional de botarlla aos animais. Algunha vez temos tirado pero por algun motivo, ou ben porque se perdeu ou porque son alimentos que os animais non comen como por exemplo o pan de molde.

    • faa-yasminasanchez di:

      Na miña casa non se tira moita comida, xa que miña casa se fai o xusto e necesario,por que os tempos non están para tirar, e se sobra meu irmán sempre se leva para a súa casa. E aparte tamén están os animais, e creo que a única comida que se tira é cando está caducada e os animais non a queren comer, polo demais non se tira nada.

    • faa-saramarino di:

      No meu caso, na miña casa intentamos tirar o mínimo de comida posible ao lixo, aínda que alguna sempre acaba sendo tirada como os iogures cando están caducados ou calquera embutido que ó pasar certo tempo no frigorífico ponse malo. Respecto á comida do día a día, non tiramos nada xa que a utilizamos para dar de comer ós animais.

    • Raquel Martínez di:

      Nós, na casa, non soemos tirar a comida ao lixo, algunha de vez en cando, cando caduca, pero normalmente os restos de comida que sobra e algunha que caducara pero que non estea en mal estado lla damos de comer aos nosos animais, evitando así desperdiciala del todo.

    • fab-estelapadin di:

      Na miña casa moitas veces se tirou a comida pero productos como os iogures. Case sempre lle damos a comida ós animais.

  2. faa-fabiolaalbornoz di:

    A verdade é que tiramos pouca comida. tirámola cando non gusta (coa comida xa preparada) ou está caducada, pero cos iogures por uns días de máis que pasen da data de caducidade non ocorre nada. En xeral meus pais son moi estrictos co tema de tirar a comida.

  3. fab-ireavinas di:

    Na miña casa pouca comida vai o lixo, xa que intentamos aproveitar todo o que podemos. Si algo acaba tirado e debido a que caduca ou se pon malo.

  4. fab-estelavilanova di:

    Na miña casa non tiramos demasiada comida, xa que non estamos nela a meirande parte do día e polo tanto non compramos moita, pero si son consciente de que na maioría dos fogares tírase una cantidade de comida moi elevada, xa por excederse á hora de cociñar e por o concepto que moitas nais ou avoas teñen aínda de “mellor que sobre ca que falte”.

  5. faa-marinaduran di:

    Penso que na miña casa tírase pouca comida, xa que empregamos o método “restos”, eso significa que a comida que non rematamos na hora da comida, gárdase en tuppers na neveira, e imos cenando diferentes restos da comida(que se mantén en bó estado a perfección) toda a semana, así non só aforramos en comida, senón que estragamos menos. Tamén esta miña nai pendente de que alimentos estan próximos decaducar, para que os aproveitemos antes de que sexa demasiado tarde. A pesar desto, a veces vemonos na obriga de ter que tirar algún alimento a comida, pero non soe ser o habitual.

  6. fab-martinamendoza di:

    Na miña casa rara vez vai a comida para o lixo, máis ou menos somos conscientes do que soemos comer normalmente para que así non sobre e se é o caso as sobras comeas o noso can.

  7. fab-estefaniamuras di:

    Na miña casa a comida que se suele tirar con iogures, algúns vexetais e froitas, xa que son os primeiros productos que caducan. Pero si sobra algo á hora de comer sempre está a opción de que miña avoa faga croquetas ou ben se garde para a cea.

  8. faa-irenetroncoso di:

    Na miña casa non solemos tirar moita comida xa que somos conscientes da cantidade que normalmente comemos é si sobra algo sempre temos a opción de que o coman os animais xa que temos bastantes e sino sempre podemos comer os restos na cea. Ademáis algúns fines de semana veñen os meus irmáns e rara a vez en quenon se levan tapers con sobras e como no teño a avoa que lle gusta aproveitar todo o que pode.

  9. Victor di:

    Estes días estase a escoitar nos medios de comunicación que, tamén, un dos problemas de que gran parte dos alimentos vaian ao lixo é culpa do sistema establecido de datas de caducidade, consumo preferente, etc. Que fan as superficies comerciales cos alimentos que non se venden ou que están a caducar? Que se debería facer?

    • faa-yasminasanchez di:

      As superficies comerciais tiran bidóns e bidóns de comida, porque está a caducar e a xente non a compra, por iso creo, que cando falten por exemplo dous días ou así para que caduque, os comercios donen esa comida a comedores socias, por exemplo, xa que cando faltan poucos días para que caduque o alimento as persoas xa non o compran, polo tanto van a basura.

    • faa-raulmartinez di:

      Grandes cantidades de alimentos son desbotados polas superficies comerciais porque están preto de caducar. O que deberían facer é ceder estos alimentos a xente que os necesite.
      Continuando con este tema, cando eu xogaba nun equipo de fútbol, certos comercios mandaban os yogures e frutas, que estaban a unha semana de caducar ou de poñerse malos, para ó rematar os partidos no lugar de tiralos ó lixo, e agradecense.

    • faa-bertaferreiro di:

      As superficies comerciais tiran os alimentos que non se venden ou estan caducados o lixo, e de feito hasta hai superficies comerciais que rocían os alimentos con productos químicos para que a xente non os poida coller e consumilos. Desde o punto de vista ético e moral parece unha actitude penosa e cruel. Eu penso que a comida que lle sobra ou acaba de caducar deberían levala a comedores sociais ou darlla a xente que de verdade a necesite.

    • faa-jessicacalo di:

      Os comercios de alimentos como os supermercados non venden o público alimentos caducados polo que cada día tiran ó lixo gran cantidade de comida.
      Eu, personalmente, comprendo que non vendan os alimentos “caducados” porque hai personas que siguen ó pé da letra a fecha de caducidade e que non se arriscan a tomar alimentos pasados porque creen que están en mal estado e poden facerlles dano. Si vendesen eses alimentos e por un casual un deles lle fixera dano a algún cliente, este podería denunciar o supermercado provocándolle grandes problemas e dita superficie comercial.
      Na miña opinión creo que deberían ser máis precisos á hora de establecer unha fecha de caducidade aproximada e concienciar a xente de que os alimentos hai que aprobeitalos ó máximo porque no mundo desperdíciase moita comida cando hai millóns de persoas morrendo de fame.

  10. fab-estelavilanova di:

    O que acontece hoxe en día nas superficies comerciais é un problema orixinado pola mala previsión á hora de facer as compras necesarias de alimentos. Estas institucións o que fan é tirar todos estés productos, incrementando os desperdicios e o mal consumo. Para remedialo dalgún xeito, sería adecuado ser máis precisos más cantidades necesarias de alimentos, ao igual que aportar moitos destes á xente con máis dificultades económicas nestes tempos de crisis.

  11. Chus Aguín di:

    Eu considero que as superficies comercias fan mal, tirando con tanta abundancia de alimentos tal e como nos atopamos neste tempo de crise. Cando, en lugar de facer isto, deberían de ser conscientes dos millóns de habitantes que teñen dificultades para poder alimentarse, e así, poderlle facilitar os alimentos antes de ser tirados debido a data de caducidade ou poñérense en mal estado.

  12. faa-albacastro di:

    As superficies comerciais o que fan é tirar todo ao lixo. Na miña opinión o que podían facer antes de que caduquen por exemplo baixar os prezos para que algunha xente o merque ou se non donalos, xa que hai xente que de verdade o necesita e tiralos ao lixo é un desperdicio.

  13. fab-ivangomez di:

    As superficies comerciais resúltalles moi facil tirar os produtos alimenticios a basura cando están caducados,pero uns días antes,se eses produtos non se venderon pode ser polo seu prezo,poderían baixar o prezo para as persoas que teñen pouco diñeiro,ou senón donalas as ONG máis cercanas a cada comercio para que se aproveiten os alimentos,e en vez de tiralos que alguén os poida disfrutar.

  14. fab-mbelenalfonso di:

    Na maioria das superficies comerciais o que acontece e que cando o alimento esta proximo a uns dias da sua caducidade empezan a poñelo mais a vista,por exemplo,no estante dos iogures poñen primeiro os que caducan moito antes e logo van poñendo por atras os que mais lles queda para caducar. Si ainda con esa maneira de facelo non conseguen librarse deses alimentos o que fan e esperar o ultimo dia de caducidade e logo tiralo,cousa que me parece totalmente fora de lugar xa que asi desperdician moita comida. Na miña opinion o cabo dun tempo sen que a xente compre eses produtos deberian darlla os comedores sociais ou ben donarlla a moitos asilos que seguro precisan dela,isto deberiano facer cando ainda falte tempo para que o alimento caduque pero tamen cando se den conta de que xa ninguen o vai mercar.

  15. fab-carlaseren di:

    Na miña opinión as superfices comerciais non calculan ben a cantidade de productos alimenticios que necesitan, polo tanto, sobralles moitos deles e para eles o máis cómodo é tirar todo ó lixo pero no canto disto, poderían donalos a unha ONG ou a institucións que o necesiten para axudar á xente, todo isto antes de que os productos se estraguen por completo.

  16. Victor di:

    E que solucións proporíades para evitar o despilfarro de alimentos nas superficies comerciais?

  17. fab-alexandregrandal di:

    Para empezar poderiamos ser menos estrictos coas datas do “consumir preferentemente antes de:”. Ademáis a propia empresa debería de crear un servizo para doar a comida que xa non sacan a venta antes de que caduque ou para ofertar os productos que máis se perden e se tiran a fin de evitar este malgasto. E nós mesmos xa que formamos parte desta sociedade podemos mandar peticións para que estos xestos tan sinxelos e baratos se fagan realidade.

  18. Victor di:

    ACABA DE ABRIRSE UN NOVO FORO POR UN PERÍODO DE 10 DÍAS. PODEDES INTERVIR CANDO QUEIRADES.
    SE ALGUÉN QUERE UTILIZAR ESTA NOTICIA PARA FACER UN ARTIGO PARA A BUXAINA, QUE MO COMUNIQUE POR CORREO ELECTRÓNICO.

  19. fab-ivangomez di:

    En primer lugar,axudaría moito que realizasen alimentos que tarden máis tempo en caducar,ou en cambiar as datas de caducidade de algúns alimentos,porque a pesar de que digan que caduca nun día determinado ese alimento pode aguantar ata unha semana máis da data límite en bo estado.En canto ós produtos que non teñen tanta salida comercial como outros e se tiran ó lixo,antes de que iso ocurra a empresa,por exemplo,podría donalos as ONG máis proximas.Ademais,moita xente quéixase deste despilfarro de comida,pero non fai nada,o mínimo que poderíamos facer sería recaudar firmas,ou algo donde a xente se xunte para loitar por unha mesma causa.