Fósil de insecto “lixo”

Os descubridores deste insecto revelaron que se trata da proba máis antiga de camuflaxe do insecto encontrada ata agora. Os detalles do seu estudo publicáronse  en “Proceedings of the National Academy of Sciences” . A especie fósil era descoñecida para os científicos, que a bautizaron como Hallycinochrysa diogenesi“. O seu nome fai referencia o seu aspecto e ao síndrome de Diógenes.  Este insecto conseguiu sobrevivir grazas ao lixo que o camufla,  xa que está composta por tricomas.  Segundo explican, a larva depredadora iba recolectando coa súa mandíbula a maraña de pequenos filamentos que a recobren, co obxectivo de ser confundida co seu entorno e manter alonxados os seus depredadores.

Autora: Irea Viñas

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, selección natural e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to Fósil de insecto “lixo”

  1. Victor di:

    Os insectos son o grupo animal con maior número de especies coñecidas polo que resulta razoable que haxa moitos fósiles de representantes primitivos. Cales foron as razóns do seu gran éxito evolutivo?

    • faa-lidiamartinez di:

      Unha das razóns do éxito evolutivo é o seu pequeno tamaño e tamén as ás, que permitiron aumentar a súa dispersión. Outra razón é a metamorfisis, a existencia dunha larva e un adulto, con diferentes hábitats e alimentación puido favorecer a conquista de novos nichos ecolóxicos. E outra das razón podemos decir que é o sistema nervioso que ten un control moi dedicado sobre os apéndices e os órganos sensoriais de grande sensibilidade.

    • faa-jessicacalo di:

      Os insectos son os animais máis numerosos da superficie terrestre, viven en todo tipo de hábitats (menos en mares, son moi adaptables resistentes, e inventivos. Estas características foron as fundamentais para lograr o seu éxito evolutivo. Un dos factores que estimulou o seu gran éxito foi que foron os primeiros en desarrollar o voo. A presencia das alas e da capacidade de voar disparou as súas posibilidades de supervivencia xa que podían escapar facilmente dos enimigos. Outros melloraron esa evolución e desarrollaron caparazóns que protexían as alas que desplegaban ó iniciar o voo. Outra gran evolución foi o desarrollo de larvarias diferenciadas dos adultos e de pupas. E por último os insectos descubriron que plantas tiñan máis futuro para aferrarse a elas e agrupáronse para formar colonias e axudarse mutuamente na protección e na busca de alimentos.

    • fab-zayravazquez di:

      Unha razón é que o exoesqueleto é impermeable a auga,proveen protección e fai posible a evolución.
      Outra razón é o seu pequeno tamaño, alta especificidade da dieta e outros requerimentos de cada especie. En consecuencia, moitas especies diferentes poden vivir nun único ambiente pequeno sen competir unhas con outras.
      Outro factor do éxito dos insectos é a metamorfosis completa que ocorre na vasta mayoría das súas especies.

  2. faa-dobrinkapenkova di:

    Oa insectos representan cerca do 85% das especies animais. Unha razón do éxito evolutivo dos insectos é o seu pequeno tamaño e alta especificidade da dieta. En consecuencia, moitas especies diferentes poden vivir nun único ambiente pequeno sen ter que competir unhas con outras. Aa pezas bucais variadas e altamente especializadas son un reflexo de esta especificidade na súa dieta. O seu sistema nervioso , co seu delicado control sobre os apéndices e os numerosos órganos sensoriales que se encontran no phylum.Outro fator do éxito dos insectos é a metamorfosis.

  3. faa-bertaferreiro di:

    Ademais de representar o 85% das especies animais, unha das razóns do seu éxito evolutivo é que posuen un exoesqueleto , que é impermeable a auga, provee de proteción. Outra razón é o seu tamaño tan pequeno e a alta espedificidad da súa dieta. Polo que isto permítelle convivir con moitas especies diferentes de insectos nun ámbiente pequeno sen competir polo alimento.

    Ademáis os insectos sufriron 3 grandes explosión evolutivas que deron lugar o desarrollo das ás, a metamorfosis e a vida en sociedade.

  4. faa-soniaporto di:

    Os insectos escondían a suficiente flexibilidade para desenvolver varias invencións. Unha delas foron as ás,os insectos foron os primeiros organismos capaces de voar, o que aumentou espectacularmente as súas posibilidades de supervivencia (puideron dispersarse máis eficazmente e escapar dos seus inimigos). Outra invención é o éxito que teñen os insectos coa metamorfosis e tamén pola súa dieta e o seu sistema nervioso que ten un delicado control sobre os apéndices e o numeroso número de órganos sensoriales que teñen no phylum.

  5. faa-irenetroncoso di:

    Unha razón importante é, sen dúbida, a natureza do exoesqueleto, que é impermeable á auga, prové protección
    Outra razón, que se aplica especialmente aos insectos, é o seu pequeno tamaño, a alta especificidade da dieta e outros requirimentos de cada especie . En consecuencia, moitas especies diferentes poden vivir nun único ambiente pequeno sen competir unhas con outras.
    Outro factor do éxito dos insectos é a metamorfose completa que acontece na maioría das súas especies. Nelas, as adaptacións para a alimentación e o crecemento que se encontran nas larvas , están separadas das adaptacións para a dispersión e a reprodución que se encontran nos adultos.
    Unha razón final do éxito é, indubidablemente, o sistema nervioso dos artrópodos

  6. faa-cristinaporto di:

    A diversidade dos insectos e a especificidade dos seus requirimentos serían en parte a resposta evolutiva á gran diversidade de microambientes que provén as plantas vasculares. Non só existen 235.000 especies de anxiospermas (plantas vasculares, plantas con flores), senón que tamén a estrutura individual de cada planta é tan complexa que ofrece unha variedade de recursos que poden ser explotados por insectos con distintas adaptacións. Este ambiente é moito máis rico que as augas abertas, a costa do mar ou o chan, xa sexa deserto, xa sexa debaixo dunha vexetación escasa. Ademais, practicamente cada zona da planta está a disposición de insectos altamente móbiles, pequenos de tamaño, capaces de perforar e de voar. Os recursos dispoñibles nas plantas vasculares pasaron a ser o laboratorio evolutivo onde se puideron poñer a proba un número moi importante de variantes que conduciron á diversidade de adaptacións que vemos hoxe. Outro factor que contribúe ao bo éxito dos insectos é a metamorfose completa que acontece na vasta maioría das súas especies. Cando son larvas, as adaptacións para alimentarse e crecer son moi distintas ás adaptacións para radiar (dispersarse) e para reproducirse das formas adultas metamorfoseadas. Se non existisen as metamorfoses, un insecto necesitaría adaptacións para satisfacer dous tipos de función diferentes e tería conflitos entre dúas necesidades opostas. Ademais as larvas e os adultos da mesma especie non necesitan competir entre eles polas fontes de enerxía, porque os requirimentos dietéticos e doutra índole ocupan frecuentemente ambientes distintos. Unha razón final de bo éxito é o sistema nervioso do artrópodo, co seu fino control sobre os diversos apéndices e a gran cantidade de órganos sensoriais de extraordinaria sensibilidade que existe no fío. Nos artrópodos e, en particular, nos insectos, a percepción sensorial está chea de novidades evolutivas

  7. Raquel Martínez di:

    Os insectos son os artrópodos máis abundantes na Terra. Unhas das razóns polas que tiveron tanto éxito evolutivo foron o desarroio de ás, o que fixo que aumentara a súa dispersión, e a súa supervivencia; a posibilidade de pregar as ás sobre o abdome; a metamorfose; o exoesqueleto, que lles da protección ante as ameazas externas…

  8. faa-marinaduran di:

    Cunhas 958.000 especies descritas, os insectos son, con diferencia,os artrópodos máis abundantes.Unha razón importante é,sen duda,a natureza do exoesqueleto,que é impermeable a auga, provee protección e fai posible a evolución de moitos apéndices finamente articulados, característicos de este phylum.
    Outra razón é o seu pequeno tamaño, a alta especificaded da dieta e outros requerimentos de cada especie.
    En consecuencia, moitas especies diferentes poden vivir nun único ambiente pequeno sen competir unhas con outras.As pezas bicales variedas e altamente especializadas son un reflexo de esta especifidad na dieta.

  9. Victor di:

    É certo e moitos facedes referencia a elo, de que o exoesqueleto é un dos factores determinantes da evolución dos insectos. Ese exoesqueleto fai que os insectos e outros invertebrados pertenzan ao grupo dos artrópodos (que significa este concepto?). Que ventaxes e inconvenientes ten o caparazón ou exoesqueleto dos artrópodos?

    • Raquel Martínez di:

      Os artrópodos son animais invertebrados que teñen un esqueleto externo, tamén chamado exoesqueleto, e apéndices articulados, algúns exemplos son os insectos, os arácnidos, os crustáceos… Hai moitos tipos de artrópodos, uns están adaptados á vida no aire, outros son acuáticos ou requiren ambientes húmidos etc. Teñen unha anatomía, fisioloxía e comportamento simple pero moi eficaz.
      O exoesqueletos é unha cuberta externa normalmente dura e resistente, dálles aos artrópodos unha protección contra os seus depredadores e máis forza, tamén é impermeable.
      Pero, ao igual que ten as súas vantaxes, tamén ten inconvenientes como: non crece, o que fai que teña que ser descartado e volto a formar varias veces a medida que crece o artrópodo; tamén lles dificulta o movemento e prívalles de flexibilidade.

    • faa-jessicacalo di:

      Os artrópodos son animais invertebrados que teñen o corpo e as patas articuladas, é decir, están formados por pezas que se moven.
      As ventaxas no exoesqueleto céntranse sobretodo na capacidade protectora que este supón para o animal, os músculos atópanse fixados na parte interior do exoesqueleto polo que este ofrécelle protección e agarre.
      Un dos inconvintes é que o animal precisa mudar varias veces de exoesqueleto porque este non crece e precisa formar un novo adaptado ao seu novo tamaño. Esta muda implica un gran gasto metabólico e unha vez emerxido o animal é vulnerable aos depredadores.

    • faa-miguelcarballa di:

      Os antópodos son un grupo de animais que teñen un esquleto externo e apendices articulados. Dento deste grupo atopanse: os insectos, os arannidos, os crustaceos…
      A ventaxa mais importante é que o esqueleto esterno lle aporta protección.
      Inconvinte cando crecen mudan o caparazon e mentras non endurece ten mais riscos de ser comido por outo animal.

    • faa-bertaferreiro di:

      Os artrópodos son uns animais invertebrados que constitúen o 90% do mundo animal. As características dos artrópodos son :
      -Posúen un esqueleta na parte exterior do corpo.
      -Teñen o corpo dividido en varias partes.
      -Teñen patas e apéndices articulados.
      -Posúen unha simetría bilateral, é dicir, ambos lados do corpo son iguais.

      O exoesqueleto servelle como protección dos depredadores e ademáis é impermeable, mentres que por outra banda posúe algunhas desvantaxes como que o exoesqueleto no medra, entón cando o animal medra o exoesqueleto caelle é volveselle a formar. Este proceso coñéceselle co nome de muda, e durante este proceso o animal convírtese vulnerable.

  10. fab-estelavilanova di:

    Este término aplícase a animais invertebrados que posúen un esqueleto externo e apéndices articulados. Neste grupo inclúense, entre outros, insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos.
    As grandes ventaxes deste esqueleto externo son, indudablemente, as ventaxes protectoras e a súa función mecánica, a cal permite a suxección precisa para a eficacia dos seis músculos. Por otra banda, a súa maior desventaxa é posiblemente a limitación á hora do desplazamento e a privación de flexibilidade a estés insectos.

  11. faa-soniaporto di:

    Son os animais invertebrados que teñen un esqueleto externo que está constituido por tres capas: a cutícula, a epiderme, que segrega a cutícula, e a membrana basal. A cutícula está constituída por un polisacárido denominado quitina.
    Os inconvintes do esquelete externo e a capacidade parasitaria ou a transmisión de enfermidades letais.
    A ventaxa que salienta e a maneira que teñen de suxeitar e a súa eficacia para agarrar os seus seis músculos.

  12. faa-cristinaporto di:

    Unhas das principales características dos atrópodos é a presencia de un exoesqueleto quitinoso ou cutícula que cubre externamente o corpo animal. Este esqueleto encontrase dividido en placas separadas cuxa articulación permite o movemento; nas formas máis primitivas cada placa estaba limitada a un segmento, estando conectada as adyacebtes mediante menbranas internas, mentras que nas máis evolucionasdas é frecuente a fusión das placas de varios segmentos para formar rexións corporais ou tagmas como a cabeza, tórax e abdomen.
    -Vantaxes: Cumpre unha función protectora, de respiración e outra mecánica, proporcionando o soporte necesario para a eficacia do aparato muscular. Tamén se chama exoesqueleto á base, frecuentemente mineralizada, que secretan as corais.
    -Desvantaxes: O crecemento dos artrópodos require que se desprendan periodicamente do seu esqueleto externo, fenómeno ao que nos referimos como muda ou ecdisis. Cando chega o momento o animal pasa a un estado de quiescencia (repouso), durante o cal se afrouxa a consistencia das partes internas da cutícula, á vez que a epiderme, que está debaixo, se prepara para a síntese e secreción dos compoñentes da nova cutícula. Por un aumento da presión interna, ou ás veces por outro mecanismo, esgázase a vella cutícula e o animal realiza os esforzos necesarios para desprenderse dela á vez que secreta a nova. Cando sae encóntrase nun estado de debilidade e a súa consistencia é branda. Nun prazo máis ou menos breve a nova cuberta endurécese.

  13. Victor di:

    No artigo din que se trata dunha larva de insecto; que significa isto?

    • faa-noar di:

      Nos insectos con metamorfose completa existen varios estaados de crecemento. Un deles é a larva, que é a fase máis xoven do insecto despois do óvo.

    • faa-bertaferreiro di:

      É o primeiro estado no que se encontran certos animais como os insectos, que despois de salir dos ovos poden vivir o aire libre. A súa forma é moi diferente a que adquiren cando son adultos despois de pasar por varias metamorfoses.

    • faa-jessicacalo di:

      Significa que se trata dun insecto na segunda fase da metamorfosis. Os insectos ó longo da súa vida pasan por diferentes fases antes de converterse en adultos, este proceso denomínase metamorfosis. A fase larva, e a segunda tras a fase do ovo. Trátase dunha metamorfosis simple, onde os insectos que a sufren teñen individuos moi parecidos ó estado adulto, denominados ninfa.

  14. faa-marinaduran di:

    As larvas son as fases xuvenis dos animais con desenrolo indirecto (con metamorfosis) e que teñen unha anatomía, fisioloxía e ecoloxía diferente do adulto.

  15. faa-fabiolaalbornoz di:

    A larva insecto considerase unha etapa da metamorfóse deste pola que pasan antes de convertérse en adultos. As larvas teñen unha anatomía, fisiología diferente á do insecto adulto.

  16. fab-estelavilanova di:

    As larvas constitúen as fases xuvenís dos animais con desenvolvemento indirecto, é dicir, os animais que sofren a metamorfosis, e que teñen unha anatomía e fisioloxía diferentes aos do adulto. Estas larvas incluso posúen unha anatomía interna completamente diferente á dos insectos xa formados totalmente.

  17. fab-martinamendoza di:

    As larvas é unha das fases de desarrolo que experimenta un insecto, dito desarrolo é indirecto con metamordosis.
    As larvas clasifícanse en vertebrados e invertebrados. Constan de 46 tipos diferentes de larvas invertebradas e tan solo dúas vertebradas.

  18. fab-ivangomez di:

    As larvas son a segunda fase da metamorfose dun insecto.Convértense en larvas despois de salir do ovo.