Efecto pracebo

efecto pracebo é a capacidade curativa dun axente terapéutico que non produce ningún efecto farmacolóxico. Trátase, polo tanto, dun fenómeno psico-fisiológico no que os síntomas dun paciente poidan mellorar mediante un tratamento cunha substancia pracebo, é dicir, unha substancia sen efectos directamente relacionados có tratamento de aquelo que estaría causando os síntomas de dito paciente.

A explicación fisiolóxica para este fenómeno sería a estimulación (non por parte da substancia placebo, do contrario no entraría na definición) do núcleo accumbens situado no cerebro que daría como resultado a melloría do cadro sintomático do paciente que afirma estar enfermo.

Hai gran variabilidade na presentación deste efecto e a aparición do mesmo está determinada por factores do individuo, da substancia (incluída a súa forma de administración) e do medio no que se realiza o tratamento. Sen embargo, a cuantificación deste fenómeno é moi útil en determinar a utilidade e seguridade de fármacos e outras substancias ná terapéutica.

Autora: Rocío Rivas

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Efecto pracebo

  1. Victor di:

    Como interpretades a fotografía deste artigo?

    • faa-bertaferreiro di:

      Pois nesta fotografía aparecen dous pratos, o seu contido ven a ser o mesmo pero da a entender que nun hai unhas pastillas e no outro azucar. En relidade nos dous pratos acaba habendo azucre pero está presentado de xeito diferente. Esta fotografía explica perfecamente o efecto pracebo xa que aparentemente se tomamos unha desas pastillas parece que a nosa doenza vai a mellorar pero en realidade é un efecto psicolóxico o que se preoduce no noso corpo.

    • fab-taniacores di:

      Na fotografía deste artigo explican de que están formadas as pastillas que creemos que son para curarnos ás dores.O Efecto Parcebo trata diso, xa que o proceso curativo é mental e non ten ningún efecto farmacéutico.

      • fab-martinperez di:

        Nesta fotografía preséntasenos dúas imaxes diferentes,ningunha depende da outra,pero en ocasións os medicamentos son feitos a base de azucre para aqueles pacente que creen estar enfermos pero que en realidade non o están.

    • faa-raulmartinez di:

      Eu interpreto que na imaxe se busca mostrar que, o que a simple vista parecen fármacos, son en realidade caramelos e sobres de azúcar, facendo referencia ó efecto pracebo.

    • faa-jessicacalo di:

      Na imaxe do artículo o que se presenta é a definición gráfica do que é o efecto pracebo. En ela compáranse os dous puntos de vista do paciente que as vai a tomar: o pranto da esquerda ensinanos o que el cree que vai a tomar, os fármacos que pensa que o curarán das súas doencias, mentras que no prato da dereita móstranos a realidade da situación, o que en realidade o paciente vai a tomar, pensando que son fármacos, son simples caramelos sen efectos farmacolóxicos que o único que lle farán será darlle un doce sabor de boca.

  2. Victor di:

    Pode un medicamento pracebo curar unha enfermidade?

    • faa-lidiamartinez di:

      Non, un medicamento pracebo non pode curar unha enfermidade. Os efectos solo se limitan a aliviar síntomas relativamente superficiais e non realmente a curar unha enfermidade a fondo.

    • faa-jessicacalo di:

      Un medicamento placebo non chegaría nunca a producir sobre o paciente efectos farmacolóxicos debido a que son simples caramelos que só afectan no paciente psicoloxicamente debido a que el si pensa que o curará das súas doencias. Estes medicamentos “falsos” son utilizados unicamente como controis en ensaios clínicos.

    • faa-bertaferreiro di:

      Eu penso que estes medicamento pracebos non poden curar enfermidaes, xa que solo teñen uns efectos psicolóxicos que lle producen a persoa que os toma. Penso que solo chegaría a funcionar en persoas que padecen enfermidades como a hipocondría pero no resto das enfermidaes non.

  3. faa-soniaporto di:

    No, non cura só que os pacientes creen na curación debido a que non saben que non están tomando fármacos.
    A explicación fisiolóxica postulada para este fenómeno sería a estimulación do núcleo accumbens situado no cerebro que daría como resultado a melloría do cadro sintomático do paciente.

  4. faa-cristinaporto di:

    O efecto placebo é o fenómeno polo cal os síntomas dun paciente poden mellorar mediante un tratamento cunha substancia inocua, é dicir, unha substancia sen efectos directamente relacionados co tratamento dos síntomas ou a enfermidade. A explicación fisiolóxica postulada para este fenómeno sería a estimulación dunha zona específica do cerebro que daría como resultado a melloría do cadro sintomático do paciente. É dicir: o propio paciente pode autoinfluenciarse pola sensación de ser tratado ou a esperanza de curación, e como resultado pode encontrarse mellor ou mesmo facilitar a recuperación. Este fenómeno non funciona coa mesma eficacia nin en todos os pacientes nin con todas as enfermidades.

  5. fab-estelavilanova di:

    Estas substancias pracebos non teñen capacidades curativas nos pacientes, simplemente utilízanse como controis en ensaios clínicos para provocar una serie de efectos positivos a certos individuos enfermos, sempre que estes non sepan que están a tomar un medicamento “falso”.

  6. Victor di:

    Considerades que se un paciente vai a un médico e este non detecta ningunha enfermidade, debería darlle algún tipo de medicación ou un pracebo para que se sinta ben atendido?

    • faa-bertaferreiro di:

      Eu penso que no, creo que no único caso no que se deben dar pracebos é se se trata dunha persoa hipocondríaca. Pero as veces algúns médicos no detectan as enfermidades por incompetencia deles, cando en realidade o paciente si pode padecer algún tipo de enfermidade. E no caso de que un médico dé un pracebo debería informar a algún familiar do paciente.

    • faa-dobrinkapenkova di:

      Non creo que un médico debería facer isto xa que me parece que é un engano. Non vexo que sea necesario mentirlle ,o correcto sería explicarlle que non precisa de medicamentos e así calmar a seu paciente.

  7. faa-noar di:

    Nalgunhas ocasións non é necesario, non obstante hai xente á que se lle mete na cabeza que están enfermos, polo que non se sinten tranquilos ata que un médico lles receita unha medicación para a súa “enfermidade”. Nestes casos, si é “bo” recetarllo, xa que cun simple pracebo a persoa queda máis tranquila. Este caso e moi típico da xente maior, que non se fía do que lle din os médicos e afirman que están mal cando realmente non o están, ao recetarlle un pracebo, sen que eles saiban de que se trata, pasaselle a “dor”

  8. faa-fabiolaalbornoz di:

    Non debería ser así, o médico podería recomendarlle gardar reposo, tomar ou deixar algún tipo de alimentos. A maioría suelen dicir que se a persona segue atopandose mal tería que volver ó médico, pero eso xa depende do médico.

  9. fab-estelavilanova di:

    Opino que non debe ser necesaria a aportación de ningún medicamento para comprobar se un doutor atende correctamente a un paciente. Simplemente penso que hai que deixarse aconsellar por profesionais, do mesmo xeito que estes deben intentar realizar ben o seu traballo cara ás persoas.

  10. faa-lidiamartinez di:

    Non, considero que non sería actuar correctamente, a non ser que ese paciente acudise ao médico moi a menudo decindo que ten unha doenza e en realidade non ten nada, así si que se lle debería de dar un pracebo xa que seria como o medicamento para a curación da súa enfermidade psicolóxica.

  11. fab-rociorivas di:

    En algúns casos si porque hai moita xente que simplemente con solo pensar que está tomando un medicamento xa se sinte ben, sin sequera saber o que esta tomando prque todo e sicolóxico, asique se o único que fan é darlle unha sensación de ben estar sicoóxico e non teñen efectos negativos estou de acordo.

  12. faa-yasminasanchez di:

    Creo que se podería facer según o paciente, xa que se é unha persoa maior si se podería facer, porque moitas delas pensan que teñen algoe en realidade non, e ao tomar algún medicamento pensan que se están curando, por iso digo que se debería facer según o caso e a persoa, pero na maioría dos casos non se debería.

  13. fab-ivangomez di:

    Penso que non debería darlle nada,se non atopa ningunha enfermidade nin problema seria un gasto innecesario.Pero iso depende do paciente,porque hai pacientes que necesitan que o médico lles receite algo,o que sexa para estar máis tranquilos.En calquera caso o médico é o que decide o que ten que facer con cada paciente.