Corpo humano: unha granxa bacteriana

Sabemos que as bacterias son eses organismos unicelulares tan pequenos que nos resultan invisiblese, que están por todas partes; pero sabemos todos da súa importante presenza no corpo humano?

Cada ser humano carga con arredor dun 1´5 Kg de bacterias enriba. Solo no embigo hay unhas 50 especies de bacterias distintas. As bacterias habitan no noso corpo e son importantes en moitas funcións vitais. Por exemplo axudan á dixestión de moitos alimentos e manteñen limpo o tubo dixestivo, tamén combaten algunhas bacterias dañinas do exterior.

 

As bacterias do noso intestino son as  máis abundantes do noso corpo pois representan  un 90% aproximadamente.

Ao nacer non temos bacterias no corpo pero por medio da inxesta de alimentos pouco a pouco van poboando o noso intestino. Ademáis da súa protección estas bacterias aportan vitaminas K e B12.

Non so posuimos moitas bacterias que resultan beneficiosas para nos senón que en moitos sentidos posibilitan a nosa vida e de perdelas, probablemente, morreríamos. Son polo tanto unha parte moi importante de nos mesmos e cerran conosco un círculo simbiótico formando un ecosistema.

Autor: Alexandre Grandal Otero

Esta entrada foi publicada en Bioloxía celular, Bodiversidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Corpo humano: unha granxa bacteriana

  1. faa-dobrinkapenkova di:

    Este artigo paréceme moi intereante xa que a maioria de nos ten unha idea incorectas das bacterias. Eta ben saber que non so existen bacterias malas tamén estan as boas sin as cales non poderíamos sobrevivir.
    Unha curiosidade das bacterias é que son os organismos máis antigos que coñecemos.Poden rodearse dunha parede celular especial que as protexe e ficar en estado de vida latente ata que as condicións ambientais volten a ser favorabeis.

  2. faa-fabiolaalbornoz di:

    Como di o artigo as bacterias son moi importantes no corpo humano, e unha delas tamén a máis estudada é a Escherichia coli ou E. Coli a cal vive na Flora intestinal que proporciona Vitamina K e axuda a absorción de nutrientes.

  3. Victor di:

    Hai unha tendencia social a identificar bacteria con enfermidade, pero en ningún caso é así. As poucas bacterias que nos producen enfermidades se coñecen como patóxenas (que significa este termo?).
    As bacetrias que viven no noso corpo considéranse simbiontes; que significa isto?

    • faa-lidiamartinez di:

      – Un simbionte é un organismo que vive no espazo corporal doutro pero sin perxudicalo e decir, que teñen unha relación de axuda mútua.

      – Patóxenas quere dcir que produce unha enfermidade. As bacterias patóxenas son aquelas que causan enfermidades nos seres humanos ou en calquera outro organismo que afecte.

    • faa-jessicacalo di:

      Os simbiontes son organismos de distintas especies que viven en íntima asociación para a obtención de nutrientes, xa sea para un deles ou para ambos os dous.
      Un patóxeno, ou axente biolóxico Patóxeno e un axente que pode producir enfermidades ou danos na bioloxía de un ser.

    • faa-bertaferreiro di:

      As bacterias patóxenas son aquelas que viven a costa de seres vivos, animais ou vexetais causándolles enfermidades. E as bacterias simbiontes viven no noso corpo e préstanse axuda mutua entre as bacteria e o corpo no que están. Por exemplo nos rumiantes estas bacterias actúan dentro da descomposición das fibras vexetais, mentres que as bacterias alimentanse disto.

    • Raquel Martínez di:

      Un patóxeno é aquelo que produce algún tipo de enfermidade ou dano no corpo dun animal, unha persoa ou un vexetal. As bacterias patóxenas son as que producen enfermidades, como por exemplo, a cólera, lepra, sífilis…algunhas poden ser mortais, como a tuberculose.
      Un simbionte é un organismo que participa na relación de simbiose, que consiste en que o simbionte vive no corpo doutro sen perxudicalo.

    • fab-zayravazquez di:

      As bacterias patóxenas son aquelas que producen enfermidades infeciosas nos seres humanos ou outros organismos.
      As bacterias simbiontes son aqueles organismos que dependen doutros vitalmente

  4. faa-marinaduran di:

    As bacterias patóxenas son aquelas que producen enfermidades,é dicir,que provocan dano no hospedero.Xeneralmente, as bacterias patóxenas son específicas,xa que un tipo de bacteria orixina un tipo de enfermidade.
    Ás simbiontes son as que viven en simbiosis(asociación na que os seus membros se benefician uns doutros) con outros organismos, podendo chegar a ser parásitos de estes e causarlle enfermidades.Estas bacterias,comezaron probablemente a sua asociación incrementando a posibilidade de supervivencia dos seus hospedadores, de modo que chegarían a ser imprescindibles para eles.

  5. faa-irenetroncoso di:

    Un patóxeno ou axente biolóxico patóxeno é aquel elemento ou medio capaz de producir algún tipo de enfermidade ou dano no corpo dun animal, un ser humano ou un vexetal,
    Simbiontes ou parasitos. Habitan na superficie ou no interior doutro ser vivo, do que obteñen protección e as condicións ecolóxicas e nutritivas necesarias para o seu desenvolvemento e multiplicación. Aínda que o termo simbionte se considera máis apropiado, pois significa «vida en común» e non prexulga o resultado da asociación, en microbioloxía médica tradicionalmente acostúmanse denominar parasitos nun sentido amplo ou xeral.

  6. Victor di:

    Nunha simbiose os dous organismos participantes obteñen un beneficio da vida en común e a vida para ambos, fora desa relación faise moi difícil. Pode considerarse unha relación de simbiose aquela na que un dos dous organismos non aporta nada á relación?

    • faa-raulmartinez di:

      Eu penso que se pode tratar dunha simbiose, porque este é un tipo de interacción biolóxica obrigatoria na que polo menos benefíciase un dos organismos. Sen embargo pola información que atopei en internet, a definición de siombiose está sendo moi debatida no aspecto de se beneficia a un só organismo ou aos dous, polo que a resposta é complicada.

      Tamén se cabe destacar as interaccións de Comensalismo, que se da cando un dos organismos é beneficiado mentres que o outro non se beneficia nin é perxudicado, e variacións deste como é o inquilinismo, que é cando un dos organismos se benficia habitando dentro do outro, a metabiose, que se da cando un dos organismos se beneficia do outro despois de que morrese, a forese, que se da cando o organismo beneficiado utiliza o outro organismo como transporte, etc…

    • faa-lidiamartinez di:

      Non exactamente, xa que en todo tipo de simbiose os dous organismos aportan algo. O mutualismo, o comensalismo e o parasitismo son tipos de simbioses, no mutualismo, as dúas especies se benefician, no comensalismo, inha beneficiase e a outra é indiferente (pero aínda así as dúas aportan algo) e no parasitismo un organismo benefíciase e o outro sae perxudicado. Polo que se pode decir que en todas as relacións de simbiosis os dous organismos aportan.

    • faa-jessicacalo di:

      Non porque na simbiose os dous aportan algo sobre o outro, xa sexa beneficioso o non. Como ben dixo a miña compañeira Lidia, hai varios tipos de simbiose onde poden obter beneficios os dous, un só ou ser beneficioso para un e maligno para o outro.

  7. faa-marinaduran di:

    Non, se un só organismo é o que se aproveita doutro, sen este segundo saque ningún beneficio,trátase dunha relación de parasitaria.

  8. faa-cristinaporto di:

    Bacterias Patóxenas: en materia de alimentación, as bacterias patóxenas son as que, se se encontran presentes nos alimentos, poden orixinar as intoxicacións e toxiinfecciones alimentarias.

  9. Victor di:

    Que se entende por coliformes? Beneficiosas ou prexudiciais?

    • fab-zayravazquez di:

      Os coliformes son un grupo de especies bacterianas que teñen certas características bioquímicas en común e importancia relevante como indicadores de contaminación da auga e os alimentos.

    • faa-bertaferreiro di:

      AS bacterias coliformes son un grupo de bacterias que abundan no tránsito dos seres humanos e de animais con sangue quente. Estas bacterias reciben o nome de patóxenos oportunistas xa que en principio non son prexudiciais pero poden causar enfermidades en persoas cuxos sistemas inmunolóxicos que están dañados. Estas bacterias poden chegar a causar problemas intestinais, de pulmón, feridas, problemas na sangue e infeccións urinarias.

    • Raquel Martínez di:

      As bacterias coliformes son un grupo de bacterias que abundan no tracto intestinal tanto humano como de outros animais de sangre quente. É utilizado para analizar as augas residuais desinfectadas.
      Este grupo inclúe todas as bacterias que fermentan lactosa con produción de gas, por exemplo as aerobias, bacilos, facultativas, etc.
      Inclúe tamén as bacterias que producen un brillo metálico e escuro de cor verde púrpura ao aplicar a técnica de filtración por membrana, esta técnica é utilizada para identificar as coliformes.

  10. faa-lidiamartinez di:

    Os coliformes son un grupo de especies bacterianas que teñen características bioquímicas en común e son importantes como indicadores de contaminación da auga e dos alimentos. Encóntranse no intestino dos humanos e dalgúns animais e tamén en chans, semillas e vexetais. Maioritariamente, estas son introducidos no medio ambiente a través das feces dos humanos e dos animais, as chamadas coliformes fecais.

  11. faa-jessicacalo di:

    Os coliformes son un grupo de especies bacterianas que teñen características bioquímicas en común e serven como indicadores de contaminación de auga e alimentos.
    Atópanse no tránstio intestinal no seres de sangue quente pero tamén en semillas, solos e vexetais.

  12. faa-irenetroncoso di:

    Bacteria que serve como indicador de contaminantes e patóxenos cando son encontradas nas augas. Estas son encontradas usualmente no tracto intestinal dos seres humanos e outros animais de sangue quente.

  13. Victor di:

    Se as coliformes están no tubo dixestivo por que razón son indicadores de contaminación de augas e alimentos?

    • faa-bertaferreiro di:

      As bacterias coliformes o encontrarse no tubo dixestivo, unha parte delas expúlsase o exterior do noso corpo a través das feces. Polo que indican a contaminación fecal da auga. Cantas máis bacterias coli teña a auga, máis contaminada está e polo tanto menos potable é.

  14. faa-miguelcarballa di:

    Debese a que cando expulsamos as feces fecais algunhas destas bacterias saen o exterir, e o regar os alimentos con augas fecais ou o non depurar a auga que van polas cañerias e contamina a auga e os alimentos.

  15. fab-alexandregrandal di:

    Son un grupo de bacterias nomeadas pola máis común de todas, a Escherichia coli comunmente coñecidas pola súa utilidade como indicadores de contaminación de alimentos e líquidos. Estas bacterias atópanse sobre todo no tubo dixestivo, pero tamén en plantas e sementes.

  16. Victor di:

    Segundo o último parágrafo deste artigo, nos somos un ecosistema; pode considerarse estrictamente que nos somos un ecosistema?

    • faa-bertaferreiro di:

      Referíndose as bacterias que viven no noso corpo penso que si somos un ecosistema para elas. Xa que realizan todas as función vitais dentro do noso organismo. Por exemplo as bacterias intestinais benefíciannos e somos o medio físico onde habitan.

  17. fab-estelavilanova di:

    Eu penso que si que poderiamos dicir que realmente somos un ecosistema, xa que a definición do termo explica que o ecosistema é un sistema natural formado polo conxunto de seres vivos e o medio físico onde estes se relacionan, é dicir, a unidade composta por organismo interdependentes que comparten un mesmo hábitat. Polo tanto, para estas bacterias si supoñemos o seu ecosistema.

  18. fab-alexandregrandal di:

    En relación coas bacterias si que respondemos á definición estricta de ecosistema inda que neste caso os seres humanos somos por unha parte organismoas de ese ecosistema , pois beneficiamonos da presenza de bacterias no noso organismo,e por outra parte somos o medio físico natural no que habitan estes microorganismos.