A Terra xamais durme

NASA mostrou novas imaxes nocturnas da Terra que ofrecen unha visión “sen precedentes” do planeta, nas que se diferenza o seu brillo natural do creado artificialmente polo ser humano nos núcleos urbanos.

As imáxenes foron presentadas durante a reunión otoñal da organización American Geophysical Union (AGU), que se celebra en San Francisco, California.

Para facer esta composición utilizáronse imáxenes captadas polo satélite ambiental con órbita polar Suomi NPP, un proxecto conxunto da NASA e da Administración Nacional de Océanos e Atmósfera de Estados Unidos (NOAA, en inglés).

A imaxen foi posible gracias ao radiómetro de infravermello visible (VIIRS, pola sua sigla inglésa), que permite detectar a luz nunha ampla gama de lonxitudes de onda desde os verdes ao infravermello.

Este instrumento utiliza filtros para observar as sinais lumínicas débiles que serían imperceptibles no espacio tales como as luces das ciudades, as auroras e os incendios forestais.

A visión diurna e nocturna da Terra é fundamental para a ciencia segundo indicou Steve Miller, investigador sobre fenómenos atmosféricos da Universidade Estatal de Colorado para NOAA. “Por todas aquelas razóns polas que necesitamos ver a Terra durante o día, temos tamén que ver a Terra pola noite”, dixo Miller  nun comunicado no que destacou que a diferencia dos humanos “a Terra nunca durme” e a noite “non é en ningún lugar tan escura como pensamos”.

Suomi NPP foi lanzado en octubre de 2011 coa intención de mellorar as predicións meteorolóxicas a curto prazo e incrementar o entendemento do cambio climático. Os seus instrumentos permiten realizar prediccións mais fiables das condicións climáticas, o estado dos océanos e o análisis da biosfera terrestre.


Autora: Carla Serén

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to A Terra xamais durme

  1. faa-margaritabarreiro di:

    Este descobremento é moi interesante e importante xa que coñecer a Terra podería axudarnos incluso a coñecernos máis a nos mesmos. Grazas a esta nova tecnoloxía tamén podremos saber máis sobre o Universo xa que a Terra se creou pola repetida colisión de meteoritos, e estes meteoritos conteñen información sobre o espazo exterior.

  2. faa-noar di:

    Neste tipo de imaxes pódese distinguir os países máis ricos dos pobres, ademais de poder contemplar os núcleos de poboación das cidades importantes con máis contaminación lumínica co resto. A contaminación lumínica perxudicanos á hora de mirar ao ceo, xa que non se conseguen ver as estrelas con total claridade dende a Terra.

  3. Victor di:

    A contaminación lumínica supón que gran parte da enerxía para iluminación nocturna é desperdiciada. Como se pode reducir a contaminación lumínica?

    • fab-martinamendoza di:

      A contaminación lumínica atrae moitos efectos negativos na bidiversidade, Véndose directamente afectadas as especies de flora e fauna nocturnas.

      Pondense disminuir estos danos de diferentes maneiras: Evitando que se emita a luz diretamente ata o ceo, instalando luminarias en paralelo ao horizonte, e apagar as luces ornamentales dos espazos exteriores cando non son necesarias.
      Por outra banda podemos controar as tarifas de consumo do alumbrado, elixindo as máis ventaxosas. Por último, na medida do posible, reducir a potencia instalada, mediante unha inversión recuperable, e que xenerará beneficios, tanto económicos como para o medio ambiente.

    • faa-bertaferreiro di:

      A contaminación lumínica afecta negativamente a biodiversidade da flora e da fauna nocturna. Debemos diminuir a contaaminación lumínica tomando medidas como:

      – Impedir que a luz se emita por enriba do horizonte.
      – Usar lámparas de espectro pouco contaminante e de gran eficiencia enerxética.
      – Iluminar exclusivamente aquelas áreas que o necesiten.
      – Regular o apagado da iluminación ornamental, monumental e publicitaria.
      – Prohibir os cañóns de luz ou láser que envíe a luz hacia o ceo.
      – Reducir o consumo en horas de menor actividade.

  4. faa-marinaduran di:

    É necesario coidar a elección das luminaries e non guiarse polo baixo precios o seu aspecto externo, senon polo rendemento enerxético.
    Para reducir a contaminación lumínica debemos:
    -Evitar a emisión de luz hacia o ceo, xa sea de forma directa ou polo reflezo en superficies próximas.
    -Eliminar completamente as luminarias esféricas tipo globo
    -Nas luminarias viales,prohibir o uso de lámparas de vapor de mercurio.
    -A partir de media noite, usar so lámparas adecuadas e reducir a iluminación ós niveis mínimos recomendados para a seguridade.
    -A iluminación ornamental de edificios públicos,monumentos e carteispublicitarios debe estar dirixida de arriba hacia abaixo.
    -Se recomenda apagar ás 12h da noite.
    -Revisar e mellorar o diseño das farolas ornamentais.
    -Adecuar os niveis de iluminación do alumbrado exterior as normativas exixentes en cada concellos.
    -Prohibir terminantemente os foco e a luz da discoteca e outros recintos festivos que se dirixan directamente o ceo.

    Nesta páxina podese atopar moitos debuxo graficos que explican isto a perfección:
    http://www.astromalaga.es/nuevaIaco/index.php?option=com_content&view=article&id=42&Itemid=56&lang=es

  5. faa-cristinaporto di:

    Convén, en xeral, evitar o criterio de “canta máis luz mellor”, xa que iso non implica nin máis seguridade nin máis visibilidade. A nivel colectivo, as iniciativas dependen da vontade das distintas administracións que teñen competencias na área enerxética: central, autonómica e local. Convén regular a contaminación lumínica dentro do marco xeral dunha lei de protección da atmosfera de ámbito estatal ou autonómico, e tamén incluír políticas de apoio e fomento das enerxías alternativas. Non resulta sinxelo conseguir avances, pero é factible. En Cataluña, a consecuencia das xestións realizadas dende o ano 1995, cando se iniciou a campaña de defensa do ceo escuro, o Parlamento aprobou unha proposición non de lei, na cal o Goberno se obriga a non subvencionar ningún proxecto de iluminación pública que non contemple o uso de lámpadas eficientes e luminarias ben apantalladas, agás en casos concretos onde sexa aconsellable outro tipo de iluminado. Finalmente, se no futuro se dilucida a súa valideza xurídica, será necesario que os Concellos que dispoñan de ordenanzas de Medio inclúan este concepto. E todos, sen excepción, terían que aprobar regulamentos de control sobre as futuras instalacións e deseñar plans de remodelación das actuais baixo o principio de que as actuacións en remodelaxe se amorticen co aforro no consumo. O exemplo de Figueres, onde isto se fixo, é indiscutible: sen aplicar a totalidade das modificacións posibles, conséguese un aforro dun 25% na factura eléctrica, cun investimento que se amortiza en menos de dous anos. Conviría tamén acompañar os cambios dunha campaña de información cidadá, de intención especialmente didáctica e sensibilizadora.

  6. Victor di:

    Gran Canaria é unha illa que se pon como exemplo de cidade con menor contaminación lumínica. Por que tivo tanto interese en reducir a emisión de luz nocturna?

    • faa-jessicacalo di:

      Debido a que está cerca do Ecuador,permitindo observar todo o hemisferio norte e parte do hemisferio sur; que o clima é benigno, coa maioría dos días claros; e que os observatorios encóntranse a 2400 metros sobre o nivel do mar,por encima do chamado mar de nubes, Gran Canaria presente unha calidade de observación astronómica excepcional. Por iso tiveron que establecer leis, para manter os ceos a esa calidade de observación, entre as cales está a lei da contaminación lumínica para regular a iluminación e o exceso de luz nos ceos.

  7. fab-carlaseren di:

    Este descobremento paréceme moi util porque podemos distinguir cales son os países que teñen maior contaminación luminíca. Ao coñecer este dato podemos tomar medidas para reducir a cantidade de luz que se emite nese país ou países.

  8. Victor di:

    Sodes conscientes que eliminar contaminación nocturna significa aforro enerxético?

    • faa-bertaferreiro di:

      Eliminar contaminación lumínica conleva consigo aforro enerxético xa que podese aforrar enerxía poñendo un temporizador lumínico, e dicir controlando a luz, ou usando bombillas de baixo consumo… en definitiva ao eliminar contaminación nocturna o que conseguemos e aforrar enerxía tamén.

    • faa-angelf di:

      A contaminación lumínica nocturna pódese eliminar parcialmente, aplicando unha serie de medidas, como por exemplo: Unha redución o número de farois instaurados nos vías públicos, cambiarlle o tipo de bombillas que estas levan por outras de tecnoloxías de baixo consumo e por último regular o tempo que estas están encendidas xa que non é necesario que están todo a noite alumeándolle a nada. E que non se faga isto é algo que non comprendo cando non só estamos a falar do tremendo aforro enerxético senón que en paralelo vai o enorme aforro económico. Quero pensar que a gran traba para estas medidas é a mentalidade da cidadanía xa que non é capaz de vivir sen luz nas rúas esquecendo como os seus antepasado si o eran.

  9. faa-miguelcarballa di:

    si, podense diferenciar nas fotos que nos paises mais “evolucionados” producese un mallor contaminación nocturna. Se comparamos Africa con Europa ou con Estados Unidos damonos conta de que se produce un contraste moi grande. en realidade non fai falta tanto alumbrado pola noite

  10. faa-miguelcarballa di:

    Si, podense diferenciar nas fotos que nos países máis “evolucionados” prodúcese un maior contaminación nocturna. Se comparamos Africa con Europa ou con Estados Unidos damonos conta de que se produce un contraste moi grande. en realidade non fai falta tanto alumbrado pola noite, coa metade do alumbrado seria suficiente.

  11. faa-irenetroncoso di:

    Si eliminamos a contaminación lumínica temos como resultado que nun plazo de tempo non moi longo conseguiremos aforrar enerxía poñendo nas nosas casas por exemplo bombillas de baixo consumo.
    Tamen está a tarifa nocturna é a mellor forma de aforrar na factura elécrica. Para un optimo aproveitamento da tarifa nocturna sería boa idea dispoñer de aparatos programadores para que electrodomésticos de uso frecuente e con alto consumo enerxético realicen o seu traballo en horario nocturno como poden ser a lavadora ou a secadora