Son sans os cabezazos?

Sabiades que golpear o balón de fútbol coa cabeza pode afectar a saúde?.


Para saber isto empregaron tensores de difusión de imaxe en cerebros de 12 futbolistas de elite comparados con 8 de nadadores xa que nesta última, a exposición de golpes coa cabeza é moi baixa. Esta técnica ofrece información acerca da difusión de moléculas de auga no tecido biolóxico e polo tanto poder dar detalles de como é a súa arquitectura microscópica. Polo tanto esta difusión de moléculas de auga reflicte a coherencia, organización e a densidade das fibras, o que fai que este método sexa altamente sensible aos cambios na arquitectura. Os resultados obtidos destas probas foron  que en comparación co cerebro dos nadadores, os futbolistas tiñas diferenzas na materia branca en varias partes do cerebro responsables da atención da visión e da memoria. Son diferenzas similares ás de persoas con lesións.  A orixe destes cambios non está claro, por iso destacan a importancia de seguires investigando para entender os cambios producidos no cerebro destas persoas.

Autor: Ángel Figueiras

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Son sans os cabezazos?

  1. Victor di:

    Que tipo de proteción presentan os cerebros de mamíferos?

    • fab-carlaseren di:

      Os cerebros dos mamíferos están encerrados no cráneo que é o que protexe. A maior parte constituéo a corteza cerebral, unha capa de texido neuronal plegado que cubre a superficie do prosencéfalo.

    • faa-raulmartinez di:

      O cerebro dos mamíferos está protexido principalmente polo cráneo e as meninges.
      O cráneo está formado por oito ósos que son o frontal, os parietais, os temporais, o occipital, o esfenoides e o etmoides e están unidos por articulacións fixas e unidas por medio de cartílago ou tecido fibroso.
      As meninges son unha serie de membranas que actúan como amortiguante. Estas membranas denomínanse Duramadre, Aracnoides e Piamadre e entre elas encóntrase o líquido cefalorraquídeo.

    • fab-zayravazquez di:

      O cerebro dos mamíferos, especialmente o dos seres humanos, están cableados para reacionar ante o mundo rápidamente para protexer o animal do perigo e para permitirlle evaluar o entorno inmediato fácilmente.

  2. Victor di:

    Hai máis proteción ca o cranio; que outras hai?

    • faa-miguelcarballa di:

      Si, hai otras proteccións.
      -O liquido cefaloraquídeo: amortigua os golpes, se hi un golpe inportante o liquido protexe o cerbro deformando co cal o cerebro non lle pasa nada.
      -Duramadre: protexe o sistema nervioso cerebral é un espazo oco e fibroso que forma unha camara.

    • fab-estelapadin di:

      O nome das capas que protexen ó cerebro e sistema nervioso central, conócese como meninges; esta divídese en 3:

      Duramadre: É a meninge máis externa e forte.

      Aracnoides: Esta é a capa intermedia que está debaixo da duramadre, aquí corre o líquido cefalorraquídeo. Non ten vasos sanguíneos.

      Piamadre: É a capa máis firme, ten abundantes vasos sanguíneos e está adherida a superficie do cerebro e médula espiñal.
      Para aclarar o que é o líquido cefalorraquídeo (LCR), este encargase da protección do encéfalo con unha cantidade de 80 a 100ml. É un líquido cloro, transparente, lixeiramente viscoso e contén proteínas, sales inorgánicas, glucosa…

    • faa-bertaferreiro di:

      O cerebro aparte de estar protexido polo cráneo consta de tres capas de texido conectivo chamado meninxes, estan formados por:
      -A pia madre.
      -A duramadre
      -As aracnoides
      As meninxes protexen os vasos vasos sanguíneos e conteñen líquido cefalorraquídeo.

  3. faa-jessicacalo di:

    O cerebro mamífero está protexido polo cráneo. As capas que protexen o cerebro denomínanse meninges e divídense en 3:
    – Duramadre: é a meninge máis externa e forte.
    – Aracnoides: esta é a capa intermedia que está debaixo da duramadre, aquí corre o líquido cefalorraquídeo e non ten vasos sanguíneos.
    – Piamadre: é a capa máis firme, ten abundantes vasos sanguíneos e está adherida á superficie do cerebro e da médula espinal.

  4. Victor di:

    RECORDADE QUE ESTE SÁBADO DÍA 15 REMATA A ACTIVIDADE NESTE BLOG PARA A 1ª AVALIACIÓN (COMEZA A DA 2ª)

  5. faa-angelf di:

    O cerebro está recuberto por tres capas meníngeas que son a duramadre, a aracnoides y a piamadre ademáis do craneo.
    A duramadre é a capa máis externa e grosa, composta por células similares a os fibroblastos. A aracnoídes é a capa que se sitúa na metade deixando un espacio coa anterior o chamado espazo subdural. Un espazo importantisimo xa que a duramadre conten vasos sanguíneos e a rotura dun deles pode formar unha hemorraxia subdural. E por último temos a piamadre que é a capa que se encontra adherida o texido nervioso. O espazo que forma coa aracnoídes é o espacio subaracnoideo, por donde circula outro medio de protección do texido nervioso o L.C.R.

  6. fab-martinperez di:

    O cerebro esta protexido por varias membranas diferentes chamada meninges,esta está composta por a Duramadre,Aracnoides e a Piamadre.

    *Duramadre:É a parte exterior,está formada por unha parede fibrosa e espesa,esta protexe o sistema nervioso central.

    *Aracnoides:É a parte intermedia,topase debaixo da Duramadre,esta distribue o líquido cefaloraquídeo.

    *Piamadre:É a parte interna,é a que máis preto se topa das estructuras nerviosas,esta cobre as circunvolucións do cerebro.

    Entre elas está o liquido cefalorraquídeo que axuda a amortigüar os golpes levados para que o cerebro non sufra tantos danos.

  7. faa-cristinapadin di:

    O cerebro humano é o centro do sistema nervioso, o responsable dos nosos actos ( razoamento, planificación, autocontrol e pensamento abstracto entre outros )o órgano donde reside a mente e a conciencia,polo tanto é razoable que conste dunha protección segura para evitar calquera tipo de dano, xa que con calquera golpe que producise unha inflamación ou outro tipo de lesión obteríamos unhas consecuencias fatales.
    A principal protección do cerebro dos mamíferos é o cráneo,que é unha caixa ósea que principalmente protexe o encéfalo. O cráneo humano está formado pola articulación de 8 chamados: frontal, parietais, temporais, occipital, esfenoides e etmoides unidas por un cartílago. Estos osos forman unha cavidade aberta e ovoide.
    Tamén consta doutros tipos de proteccións como as meninges, que son unha especie de tres capas:
    – Duramadre:parede máis forte e exterior.
    – Aracnoides: capa intermedia,distribúe o líquido cefaloraquídeo.
    -Piamadre: capa interna, máis preto das estructuras nerviosas e recobre o cerebro.

  8. fab-robertoo di:

    Estimase que o cabecear o balón unhas 1000 veces xa as temprás idades, pode levar a causar danos incurables no noso cerebro. Algúns medicos fixeron un estudo con varios xogadores buscando as posibles lesions que un xogador de fútbol podia chegar a ter a larga, e chegaron a conclusión de que afecta a 5 áreas do lóbulo frontal e a parte traseira inferior. Estas son as zonas responsables da atencion, vision e a memoria.

  9. faa-albacastro di:

    O sistema nervioso central está protexido polas Meninxes, esta ten tres partes:a Duramadre (parte exterior, extendese ata a 2ª ou 3ª vértebra sacra), Aracnoides (atópase por debaixo da duramadre, encargase da distribución do líquido Cefalorraquídeo) e Piamadre (entontrase preto das estruturas nerviosas, cubre as circunvalacións do cerebro). Entres estas partes atópase o líquido Cefalorraquídeo, que axuda a protexer os principais órganos do sistema nervioso central durante os golpes, amortigua.

  10. faa-irenetroncoso di:

    Para protexer o cerebro e o sistema nervioso central temos Meninxes, que están divididas en tres partes:
    -A Duramadre que é a parte exterior
    -Aracnoides esta é a parte intermedia encargase de distribuir o liquido cefalorraquídeo.
    -Piamadre esta parte cubre as circunvalacións do cerebro.

  11. Victor di:

    Nos futbolistas, que órganos ou estructuras corporais serían máis sensibles de sofrir unha lesión?

    • faa-jessicacalo di:

      As zonas máis sensibles e polo tanto, nas que máis frecuentan as lesións en fútbol, son: o muslo, a rodilla, a pantorrilla, o tobillo e o tendón de Aquiles. Son as partes máis gastadas e forzadas á hora de xogar e polo tanto a maioría dos xogadores de fúbol sufren con frecuencia lesións en calquera das zonas anteriormente citadas.

    • faa-cristinaporto di:

      -Lesións nos nocellos: A escordadura de nocello é a lesión que máis frecuentemente, con diferenza, se produce no fútbol.
      -Lesións nos xeonllos: Unha das lesións máis graves que se poden sufrir no fútbol é a esgazadura do ligamento anterior cruzado do xeonllo. Non obstante, tamén outros partes da zona poden resultar afectadas.
      -Lesións nos isquiotibiales: Os isquiotibiales son os músculos situados na parte posterior do muslo. Sofren frecuentes lesións como resultado dos cambios de velocidade e dos movementos bruscos.
      -Lesións na cabeza: O máis importante cando nos encontramos ante unha lesión na cabeza é descartar a presenza dunha conmoción.

    • fab-martinamendoza di:

      No fútbol podense sufrir lesión como esguinces, fraturas e distensións que poden ser moi frecuentes. As lesións máis comúns neste deporte son as que afetan ós texidos brandos, como ligamentos, músculos e tendóns.
      Por fortuna, a maioría destas lesións no fútbol son lesións menores e recuperanse fácilmente, xa sexa con reposo o con axuda dun fisioterapeuta.

    • faa-soniaporto di:

      As lesións máis frecuentes nos futbolistas son as lesións traumáticas agudas xa que son as que afectan aos texidos brandos (tendóns,ligamentos…)
      A segunda forma tamen pode aparecer pero en menor cantidade xa que son máis ben lesións por causa de sobrecarga.

    • fab-carlaseren di:

      As partes do corpo máis sensibles á lesión son os nocellos, as rodillas, os tendóns e o muslo.
      Os esguinces prodúcense no nocello, na parte inferior da perna e rodilla. Despois están as torceduras musculares e as fracturas que se producen nas extremidades baixas. E por último outra lesión moi común é a de rodilla que as partes máis comúns de lesión son o ligamento cruzado e menisco.

  12. faa-marinaduran di:

    Nos futbolistas as partes do corpo que son máis sensibles a lesión son:O tobillo,a rodilla,o muslo,a pantorrilla e o tendón de Aquiles.
    As lesións máis comuns son as que afectas os texidos blandos (tendóns,ligamentos e músculos) e en menor medida fracturas.
    Soen presentarse en forma de esguinces, fracturas e distensións.

  13. faa-soniaporto di:

    Hai dúas grandes categorías xerais de lesións deportivas:
    – A primeira é a das lesións traumáticas agudas que adoitan producirse a raíz dun só golpe que son:
    . Fracturas: gretas ou rotura totais ou parciais de tecido óseo.
    . Mazaduras: contusións provocadas por golpes directos, que poden cursar con inflamación e sangrado no interior dos músculos e outros tecidos corporais.
    . Distensións: estiramentos ou esgazaduras nun músculo ou tendón.
    . Escordaduras: estiramentos ou esgazaduras de ligamentos.
    . Abrasións: raspaduras
    . Laceracións: cortes na pel que adoitan ser abondo profundos como para requirir puntos ou grapas.
    – A segunda categoría de lesións deportivas é a de lesións por sobrecarga ou de tipo crónico. As lesións crónicas adoitan estar provocadas por movementos repetitivos que son.
    . Fracturas por sobrecarga: pequenas gretas na superficie do óso a miúdo provocadas por unha sobrecarga repetitiva
    . Tendinite: inflamación dun tendón provocada polo seu uso repetitivo
    . Epifisitis ou apofisitis: lesións por sobrecarga na cartilaxe de crecemento (é dicir, o lugar a partir do cal o óso pode crecer en lonxitude durante a infancia e adolescencia).