A mentira, estratexia ancestral

Aínda que nos resulte incrible, a mentira forma parte do noso repertorio de estrataxemas dende hai miles de anos, moito antes de chegarmos a ser completamente humanos. Grazas ás investigacións sobre o comportamento animal, podemos saber con certeza que compartimos esta capacidade enganosa con outros primates. Por exemplo, os chimpancés en completa liberdade realizan certas maniobras de distración para roubar comida ou ferramentas a outros compañeiros.

Nun laboratorio, se impides que un destes chimpancés tome uns anacos de comida colocados ó lado dun investigador, cando o científico dirixa a mirada cara ó outro lado, o primate rouba a comida do lado contrario ao que este esté mirando, para así, non ser visto nin descuberto.

Pequenos primates que habitan no centro do continente americano, ao igual que en América do Sur, ás veces cando conseguen unha fonte de alimento emiten falsas chamadas de alarma para indicar a presenza de depredadores. Deste xeito poden quedar con toda a comida exclusivamente para eles. Tamén saben que, se o macho ou individuo dominante  está presente, pode arrebatarlles a comida, polo tanto, prefiren non ensinar o que obtiveron. Neste tipo de situacións é probable que o engano cumplira unha función evolutiva moi útili, evitando a explotación dos máis débiles.

Por outra banda, ao igual que para os humanos, para os primates é moi importante a imaxe que o grupo ten deles. Por iso, do mesmo xeito que nós, estes animais manipulan a idea que todos podemos ter deles. Estudos realizados ao respecto  polo Instituto Max Planck revélannos que aproximadamente a partir  de cinco anos é cando realmente comezamos a preocuparnos polo noso “eu público”, polo que os outros pensan de cada un de nós.

Polo tanto, debemos ser conscientes de que o roubo, a mentira e a manipulación non son asuntos novos na historia da evolución humana e forman parte dos nosos impulsos ancestrais, o que non implica que estean ben considerados e feitos dende o ámbito ético e moral.


Autora: Estela Vilanova Núñez

Esta entrada foi publicada en Evolución, Orixe humana, selección natural e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

13 Responses to A mentira, estratexia ancestral

  1. fab-estelapadin di:

    Os monos capuchinos por exemplo, son expertos na manipulación para poder quedarse con algo que desexan. Estos pequenos primates viven en Centro e América do Sur. Ó conseguir unha fonte de alimento emiten falsas chamadas de alarma que indican a presenza de depredadores, espantando ós seus compañeiros. Logo quédanse con todo usando o engano táctico. Sen embargo, non toda mentira é negativa ou persigue a estafa. Os primates saben que, se hai un individuo dominante que poida roubarlles a comida, é mellor non enseñar o que un ten. Neste caso, escóndena e optan polo disimulo.
    En situacións análogas é probable que o engano cumpla unha función evolutiva moi útil, evitando que se explote ós máis débiles. En conclusión, existen moitos mentirosos entre os humanos, pero tamén é certo que son menos que os honrados. Na evolución da nosa especie prima a sinceridade. De non ser así, non podríamos vivir en sociedades tan numerosas como facemos. A vida social habríase acabado fai moito tempo.

  2. Victor di:

    RECORDADE QUE ESTE SÁBADO DÍA 15 REMATA A ACTIVIDADE NESTE BLOG PARA A 1ª AVALIACIÓN (COMEZA A DA 2ª)

    • fab-martinperez di:

      Os enganos dos primates para poder coller a comida podería verse normal,xa que uns dos principios de todos os animais é non pasar fame,isto podería deberse a lei da supervivencia,sen estes enganos quizás moitos dos animais en xeral poderían incluso chegar a morrer se están débiles ou feridos porque non teñen a mesma facilidade para conseguir alimentos que cando están sans,por suposto isto non xustifica que estean ben considerados como di Estela Vilanova no artigo.

  3. faa-cristinapadin di:

    Este artigo é moi interesante, xa que podemos observar que en outras especies de animais tamén se desenvolve un instinto pola propia supervivencia con un toque de pillería.
    Sabemos que os seres humanos somos a evolución de primates, polo tanto podemos considerar razoable este acto de ”egoísmo” e comprender que a propia supervivencia está presente ata nas máis primitivas especies.

  4. Victor di:

    Que a mentira sexa un comportamento animal, significaría que debemos aceptala como norma na nosa sociedade?

    • fab-carlaseren di:

      Que a mentira sexa un comportamento animal non significa que a debamos aceptar como norma na nosa sociedade, xa que, a nosa, é un sociedade civilizada na que non nos comportamos nin respondemos as mesmas pautas que os animais, sen non que o facemos dunha maneira razoada ao contrario dos animais que o fan por instintos.

  5. faa-marinaduran di:

    Que a mentira sexa un comportamento animal, non significa que debamos aceptala como norma na nosa sociedade, xa que non nos comportamos como unha sociedade animal.Precisamente a sociedade humana diferenciase da animal en que a humana é capaz de razonar, e de impoñer unhas normas é un comportamento. Podemos entender que é parte da narureza, ou comprender que non é cousa so de humanos, e ainda que debemos evitala, non debemos aceptala como norma.

  6. Victor di:

    No texto deste artigo di: “Por outra banda, ao igual que para os humanos, para os primates é moi importante a imaxe que o grupo ten deles”.
    Pode aplicarse a vos a frase anterior?

    • faa-bertaferreiro di:

      Penso que aínda que a mentira sexa un comportamento animala, non debemos aceptala na nosa sociedade. A veces dicir unha mentira parécenos algo inevitable, pero ó ser unha sociedade civilaza debemos intentar non dicir mentiras e ser sinceiros, xa que moralmente dicir mentiras non é aceptado na nosa sociedade.

    • faa-bertaferreiro di:

      Os seres humano cando queremos integrarnos nun grupo, dámoslle moita importancia a imaxen porque intentamos encaixar e estar cómodos e tamén nos importa a imaxe que lle podemos causar os demáis.

  7. fab-estelavilanova di:

    Que a mentira sexa un comportamento completamente normal nos animais non implica que sexa ou que deba ser aceptada pola nosa sociedade. Posiblemente, hoxe en día estamos demasiado acostumados a ela e isto supón un gran problema para nós mesmos.
    Por outro lado, si penso que a imaxe que os demais teñen dun mesmo cáusanos gran interese e importancia. Todo o mundo, dende o meu punto de vista, quere ou pretende ser socialmente aceptado.

  8. faa-lidiamartinez di:

    Esa frase pódese aplicar perfectamente a nós, aos humanos, xa que cando queremos facer novas amistades ou integranos nun grupo, é importante causar unha voa impresión é dicir, é importante a imaxe que damos para poder integranos e os primates igual, copian as costumes e os comportamentos para poder integrarse mellor.

  9. faa-irenetroncoso di:

    Non é extraño que nós tamen comportemonos así xa que vivimos en sociedade non somos tan distintos xa que tamen somos animais e cando nos encontramos nun sitio que non coñecemos ou nunha nova situación sempre queremos integrarnos nun grupo para poder ter novas amistades e intentamos causar boa impresión e os primates fan igual.