Chorar de alegría…

Segundo un estudio as persoas confiamos máis no que transmite o corpo, que nos xestos da cara para valorar se alguén está triste ou alegre.

Un grupo de científicos da Universidade Hebrea de Jerusalén demostra que os humanos identificamos as emocións baseándonos máis na expresión corporal que na facial. Para comprobalo os científicos observaron en imaxes, expresións de tenistas profesionais ó gañar ou perder puntos. Estas imaxes mostraronse a uns voluntarios para poder evaluar a expreisóns dos xogadores. Primeiro os voluntarios viron só a cara, e non atoparon diferenzas entre as expresións dos gañadores e as dos perdedores. Sen embargo, cando viron só o corpo ou o corpo e cara si puideron distinguir as emocións.

Segundo os resultados do estudio, demostrase que “os espectadores observamos unha sensación nas persoas, na que existe unha diferenza entre a verdade artística (reaccións que a xente cre que se producen) e a verdade óptica (reaccións que realmente ocorren). Os científicos propoñen dúas explicacións a este feito. Por unha parte, cren que a musculatura facial no é adecuada para expresar sensacións moi intensas. Por outra parte, consideran que pode existir un solapamento entre as expresións faciais de alegría e de tristeza ó vivir emocións de moita intensidade, o que dificulta a súa captación ó observalas.

Autora: Adriana Ribeiro

Esta entrada foi publicada en Saúde, Xeral e etiquetada , . Garda o enlace permanente.