O mellor amigo do home

As lesións de médula espiñal producen unha discapacidade motora que pode determinar un estado de parálise permanente do individuo. Os accidentes deportivos, de coche ou ben algunhas enfermidades dexenerativas son as causas principais desta alteración crónica da médula espiñal.

Un grupo de investigadores da Universidade de Cambridge acaba de anunciar que 23 cans afectados por dita discapacidade recuperaron a súa mobilidade despois de ser sometidos a un transplante de clélulas da glía envolvente olfativa, extraída da mucosa olfativa dos mesmos animais.

Os cans que recibiron este transplante mostraron melloras tanto no movemento das súas extremidades paralizadas como na coordinación entre as extremidades dianteiras e traseiras, algo que non se veu xamais noutro grupo de animais. Algúns destes cans tamén lograron recuperar as funcións normais do instinto e da vexiga. Os investigadores confían en que dita técnica poda algún día devolver parte da mobilidade a humanos con lesións na médula espiñal.

Autora: Estefanía Muras

Esta entrada foi publicada en Avances médicos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to O mellor amigo do home

  1. Victor di:

    Cando temos unha rotura de fibras musculares, co tempo acaban curando. Se rompemos un óso, rematará por fusionarse. Por que cando seccionamos a médula espiñal, esta non cura?

    • faa-saramarino di:

      A rotura da médila espiñal non se pode curar debido a que esta, está formada por grupos de nervios(tractos nerviosos) que transmiten impulsos entre o cerebro e o corpo. Si a médula espiñal se lesiona, será afectada algunha parte do corpo situada debaixo do punto da ferida. En moitos casos o dano é temporal, pero en outros moitos, acaba en incapacidade definitiva.

    • fab-zayravazquez di:

      A lesión da médula espiñal pode provocar unha pérdida de sensibilidade ou de movilidade.
      A médula espiñal non ten que ser seccionada completamente para sufrir unha pérdida de función.A lesión de médula espiñal con unha mala evolución pode determinar un estado de parálise permanente que dependerá do nivel ao que se produzca a compresión, canta mallor sea a cercanía o cerebro acabará sendo definitiva.

  2. faa-margaritabarreiro di:

    Esta técnica é un gran avance pero pasa o mesmo que se daba o ano pasado co estudio no que as ratas volvían a camiñarque qizáis esta técnica non sexa aplicable a o ser humano.

    • faa-raulmartinez di:

      Pode ser que esta técnica non sexa aplicable ó ser humano pero neste tipo de investigacións e avances, a solución non se producen dun xeito inmediato senón que van paso a paso e este feito supón un gran paso cara a posibilidade de recuperar a movilidade a seres humanos.

  3. faa-saramarino di:

    Esta información da paso a unha esperanza para moitos dos seres humanos. Desgraciadamente, como ben di Margarita, en moitos dos casos non son aplicables ao ser humano. Só podemos desexar que este non sexa un deses casos e que poida darlle esperanzas de curación ós que padecen danos na médula espiñal.

  4. fab-robertoo di:

    A lesión vértebromedular cando e completa require fixación quirúrxica de columna, se a lesión afecta so ó óso, a intervención pode ser exitosa, se está danado o nervio, pode perder a movilidade das catro extremidades, de duas ou de todo o corpo, por iso seria un gran avance na mediciña que se puidera rexenerar o nervio danado da columna vertebral para asi as persoas con eses probemas puidesen recuperar a movilidade perdida.

  5. fab-adrianaribeiro di:

    A rexeneración medular ata agora é un feito frustrante para a ciencia.
    Existen investigacións de rexeneración medular en animais que tiveron resultados favorables, pero aínda non son feitos que se poidan probar en persoas.
    Unha das investigacións máis salientables é a reparación medular en ratas. A estas ratas estraeuselle glía envolvente do vulvo olfatorio para implantala no zona afectada da médula. Esta glía aislou os axones permitindo o seu crecemento, non só na zona do transplante senón por toda a médula.

  6. fab-martinperez di:

    Un golpe leve nun dos nervios da medulares sería reparable,pero cando o golpe produce graves danos o nervio,que vai conectado o cerebro,deixa de funcionar debido a que o cerebro carece de linea para ordenar que actúe.

  7. faa-ismaelrodriguez di:

    Este tipo de acontecementos demostran que nunca se hai que rendir, e con investigacion e esforzo, podese encontrar cura para todo.

    • Victor di:

      Creo, isamel, que aventuras demaisado. Os avances científicos no campo da medicina hai que velos como de solución a determinadas doenzas pero non como solución a persoas concretas.

  8. faa-ismaelrodriguez di:

    A médula espiñal é un largo cordón blanquecino localizado no canal vertebral, encargada de levar impulsos nerviosos aos 31 pares dos nervios raquídeos.
    http://www.educatina.com/video/biologia/el-impulso-nervioso?gclid=COTlhsqc-bMCFerItAod6QcAJw

  9. Victor di:

    Que é a glía e a mucosa olfativa?

    • faa-jessicacalo di:

      As células glía son as células satélite do tecido nervioso, tradicionalmente asociadas con funcións como protección e defensa das neuronas.
      A mucosa olfativa é a porción da mucosa nasal que contén as terminacións nerviosas sensoriais para o olfato.

    • fab-martinamendoza di:

      As glias son células do sistema nervioso que desempeñan, a función de soporte das neuronas; interven ativamente, no procesamento cerebral da información no organismo.
      Estas controan o microambente culular no que respeta á composición iónica, os niveis de neurotransmisores e o suministro de citoquinas e outros fatores de crecemento.
      A proporación de nueronas e de células gliares no cerebro son moi variables.
      A gñia cumpre funcións de nutrición. Estas células segen un desarroio filoxénico e ontoxénico deferentea das neuronas. Teñen unha capacidade mitítica que lle permite encargarse da reparación e rexeneración das lesións do sistema nerviso…
      -Dependendo da súa ubicación as células gliares podense clasificar en dous grupos:

      *A glia central que se encontra no sistema nervioso central (SNC), no cerebro, cerebelo, tronco cerebral e médula espinal.
      *A glia periférica que se encontra no sistema nervioso periférico (SNP), nos ganglios nerviosos, nervios e terminación nerviosas.

    • fab-martinamendoza di:

      As células olfativas son unha proción da mucosa nasal que conten as terminacións nerviosas sensoriais para o olfato, localizado na cúpula de cada cavidade nasal. En difinitiva, as células olfativas son en realidade verdadeiras células nerviosas.

    • faa-sorayaborrageiros di:

      -A glía é un conxunto de células que teñen como función principal dar soporte ás neuronas e controlar o microambiente neuronal, especialmente a comoposición iónica e os niveis de neurotransmisores.
      -A mucosa olfativa é una porción da mucosa nasal. Ten dúas capas: unha intertna (serve de base, é a túnica propia da mucosa) e una externa (constituída polas células olfativas). A súa forma é alongada cun engrasamento na parte media, que contén o núcleo da célula. prolongación da parte oposta é unha fibra nerviosa que xunto ás outras van formando o nervio que chega hata o bulbo olfatorio.

    • fab-taniacores di:

      As células gliales (conocidas tamén genéricamente como glía ou neuroglía) son células do sistema nervioso que desempeñan, de forma principal, a función de soporte das neuronas. Interveñen activamente no procesamento cerebral da información do organismo. Estas células controlan o microambiente celular no que respecta á composición iónica, os niveis da neurotransmisores e o suministro de citoquinas e outros factores de crecemento. A proporción de neuronas e de células gliares no cerebro varía entre as diferentes especies.

      A mucosa olfatoria é unha zona amarilla da mucosa nasal, que está constituída polo epítelio olfatorio que contén o quimiorreceptor, e pola lámina propia.Nos microsmáticos, o epítelio olfatorio ocupa unha pequena superficie (aproximadamente 5 cm cúbicos do receso posterior dorsal de cada fosa nasal. Baixo o epitelio olfatorio subyace unha delgada lámina propia conxuntiva, no cal se encontran as glándulas de Bowman, os axones olfatorios que conforman a fila olfatoria e vasos sanguineos.

    • Chus Aguín di:

      As células glía,tamén coñecidas como celulas gliales, éstas son células que pertencen o sistema nervioso. A súa principal función e a de soporte das neuronas e intervención no procesamento cerebral da información do organismo. Dependendo de onde se atope no sistema nervioso podemos clasificalas en glía central e glía periférica.
      A mucosa olfativa e unha zona amarilla da mucosa nasal que está formada polo epitelio e pola lámina propia. No ser humano,o epitelio atópase no receso posterior dorsal de cada fosa nasal. Na parte inferior deste, encóntrase unha delgada lámina propia conxuntiva, na cal se encontran as glándulas de Bowman, os axones olfatorios e os vasos sanguíneos.

    • fab-estelapadin di:

      As células gliais ou células da glía, tamén chamadas xenericamente neuroglía ou glía, son células non neuronais do tecido nervioso, que manteñen a homeostase de dito tecido, forman a mielina, e proporcionan sostén e protección ás neuronas. No cerebro humano, hai aproximadamente unha célula glial por cada neurona, e na materia gris cerebral chégase a unha proporción de dúas neuronas por cada célula de glía.
      As células de glía desempeñan catro funcións principais: rodean as neuronas sosténdoas no seu sitio, fornecen nutrientes e osíxeno ás neuronas, illan as neuronas das demais, e destrúen os patóxenos e eliminan as neuronas mortas. Durante un século pensouse que non exercían ningunha función na neurotransmisión. Esa idea está agora posta en cuestión, [3] porque se sabe que poden modular a neurotransmisión que fan as neuronas, aínda que non se coñecen aínda os mecanismos exactos.
      Algunhas células gliais funcionan principalmente como sostén físico das neuronas. Outras regulan o medio interno do cerebro, especialmente o fluído que rodea as neuronas e as súas sinapses, e nutren as neuronas. Durante as fases iniciais da embrioxénese as células gliais dirixen a migración das neuronas e producen moléculas que modifican o crecemento dos axóns e as dendritas. Investigacións recentes descubriron que as células gliais do hipocampo e cerebelo participan na transmisión sináptica, regulan a eliminación de neurotransmisores da fenda sináptica, e liberan gliotransmisores como o ATP, que modula a función sináptica.
      Algunhas células gliais tamén poden dividirse por mitose. Polo contrario, as neuronas adultas en xeral non se dividen, aínda que parece que poderían facelo en certos casos.
      Polo seu tamaño e función clasifícanse en células da microglía e da macroglía.
      A mucosa olfativa, que consta de tres tipos característicos de células: as células olfactivas sensoriais, as células de apoio e as células basais, que se dividen aproximadamente unha vez ao mes e substitúen ás células olfactivas moribundas. Os 20 ou 30 millóns de células olfactivas humanas conteñen, no seu extremo anterior, unha pequena cabeza con preto de 20 pequenos filamentos sensoriais (cilios). O moco nasal acuoso transporta as moléculas aromáticas aos cilios coa axuda de proteínas fixativas; os cilios transforman os sinais químicos dos distintos aromas en respostas eléctricas.

  10. faa-bertaferreiro di:

    A glía é o nome común que se lle da a célula glial. A glía son células do sistema nervioso onde a súa principal función e darlle soporte as neuronas e controlar o microambiente neuronal.

  11. faa-bertaferreiro di:

    A mucosa olfativa é onde se enconta o sentido do olfato. Esta mucosa encóntrase o final das fosas nasais. A súa función e tranmitir un estímulo ata o cerebro mediante o nervio olfativo, onde o cerebro interpretará o olor.

  12. fab-estelavilanova di:

    As células gliais o a glía son células do sistema nervioso que teñen como función a do soporte das neuronas. Estas tamñen interveñen activamente no procesamento cerebral da información no organismo. A glía controla fundamentalmente o microambiente celular da composición iónica, os niveis de neurotransmisores e o suministro dalgúns factores do crecemento.
    Por outra banda, a mucosa olfativa é unha zona amarelenta da mucosa nasal que está constituída polo epitelio olfatorio, que ocupa unha pequena superficie. Baixo o epitelio encóntrase unha lámina na que se encontran as glándulas de Bowman, os axones olfatorios e os vasos sanguineos.

  13. fab-beatrizrivera di:

    As células gliliais (conocidas tamén xenéricamente como glía ou neuroglía) son células do sistema nervioso que desempeñan, de forma principal, a función de soporte das neuronas; interveñen activamente, ademáis, no procesamento cerebral da información no organismo.
    As células glialiais controlan, fundamentalmente, o microambiente celular no que respeta á composición iónica, os niveis de neurotransmisores e o suministro de citoquinas e outros factores de crecemento.

    Os obxectos olorosos liberan á atmosfera pequenas moléculas que percibimos ao inspirar. Estas moléculas alcanzan a mucosa olfativa, que consta de tres tipos característicos de células: as células olfativas sensoriais, as células de sostén e as células basais, que se dividen aproximadamente unha vez ao mes e reemplazan ás células olfativas moribundas.

  14. Victor di:

    DOUS AVISOS:
    1º O ÚLTIMO ARTIGO É O ANTERIOR A ESTE QUE POR MOTIVOS TÉCNICOS ESTÁ EDITADO ANTES.
    2º O 15 REMATA O TRABALLO NO BLOG PARA ESTA AVALIACIÓN E COMEZA O DA 2ª