Novas solucións, mesmos problemas

Os vertidos de petróleo supoñen un tema de gran seriedade e importancia na sociedade actual e recentemente déronse casos de grandes catástrofes de vertidos mesmo nas costas galegas e no Golfo de México, e analizando as reaccións dos gobernantes o máis probable é que estes casos se volvan a producir.

Unha gran contribución  á solución deste problema de vertidos nace no MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachussetts) que desenvolve un método para extraer o petróleo da auga. Como estes dous fluídos teñen unha diferenza de densidades, o proceso consiste en añadirlle nanopartículas de ferro ao petróleo e que logo se extraería mediante un imán. Este proceso debe levarse a cabo nun buque especializado na recuperación de hidrocarburos para evitar a contaminación coas nanopartículas.

A principal ventaxe é que o mar queda limpo de novo sen tanto esforzo e desesperación como supuxo ata agora. Pero ademais disto, as nanopartículas poden eliminarse do petróleo capacitándonos para aproveitalo. Sen embargo na miña opinión isto pode ser un método perfecto de limpeza, pero non soluciona a raíz do problema,  que penso que sería establecer uns controis máis estritos do mantemento dos petroleiros.

Autor: Raúl Martínez

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Nanotecnoloxía e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

14 Responses to Novas solucións, mesmos problemas

  1. faa-ismaelrodriguez di:

    Sempre é bo utilizar novos métodos de limpeza sempre e cando non dañe o mar nin aos seres vivos que viven nel, pero como di Raúl, era mellor investigar maneiras para que non pasen esas catástrofes e que xa non se teña que limpar de ningunha maneira.

  2. faa-soniaporto di:

    Unha forma de combatilo é o idea que tuvo Francisco Eslay Macea Barreto, Enxeñeiro de petróleos e xerente e investigador da compañía Petrobiogás de Colombia, estímase que o derramo de cru pode evitarse se ao realizar perforacións, tanto en terra coma no mar, se considerase a posibilidade de realizar un segundo pozo direccional de alivio.
    O xerente de Petrobiogás pensa que deben crear unha campá de contención, construída de formigón e aceiro deseñada coa intención de succionar o cru, non alcanza debido a que as condicións tanto das temperaturas, das presións como do chan e das correntes mariñas son verdadeiramente críticas e, polo tanto, deste modo, van ter moitos problemas e é posible que non se chegue a unha solución inmediata porque seguirá fluíndo petróleo do depósito ata que se diminúa a presión do fondo. En síntese, a solución da campá de BP non daría un resultado exitoso.

  3. Victor di:

    Realmente parécevos factible este sistema? Faríadeslle algunha crítica?

  4. faa-lidiamartinez di:

    Este sistema parece máis ventaxoso, xa que non se necesitaría de tanto tempo para limpar todo o petróleo vertido, mais non o vexo como unha solución de grantía realmente. Como di Raúl ao final do artigo, isto non soluciona o problema de raíz o que deberíamos facer é encontrar sitesmas que eviten estas desgracias antes de que sucedan, é decir, mellorar os petroleiros e os sistemas de control para evitalas xa nun principio sen esperar a que ocorran e si logo se producen actuar rapidamente (estas partículas poderían axudar moito) para evitar que o vertido se extenda e chegue as costas causando moitos máis danos.

  5. faa-soniaporto di:

    Creo que é algo máis ventaxos pero aínda así non creo que resulte moi benificioso a pesar de que sexa unha maneira de recollelo máis rápido. Para que sexa máis ventaxoso creo que os petroleiros tiñan que estar en mellores condicións debido a que levan componentes dañinos para o medio que nos rodea. O mesmo tempo ten que haber máis puntos de control para empezar a evitar catástrofes como a do Prestige.

  6. faa-margaritabarreiro di:

    Esta técnica parece bastante mellor que intentar limpiar as praias a man tal como ocorreu co Prestige. Pero na miña opinion o que se debería facer é que se aumenten os controis sobre os barcos petroleiros e que se establezcan uns parámetros é unhas condicions a nivel internacional , xa que hai barcos que para algúns países estan ben e en condicións que ao chegar a outro país non respeta as condicions de calidade necesarias.

  7. faa-bertaferreiro di:

    Parece unha boa maneira de solucionar o problema unha vez que se produza o vertido. Pero penso que este método sería un pouco custoso, e tampouco non sei se todas esas nanopartículas quedarían no petróleo e non acabrían ido para o fondo do mar. E tamén estou de acordo con Lidia e Raúl en que esto pode axudar pero non é a solución definitiva,o que hai que facer dende o meu punto de vista é endurecer as leis e os controis dos petroleiros para que estes vertidos no mar non se leven a cabo.

  8. Victor di:

    Que tipos de controis se lle fan aos petroleiros? Tamén se controlan as súas rutas?

  9. faa-marinaduran di:

    Ós petroleiros se lle fan os cotrois de:
    Efluentes líquidos: Con plantas de tratamento de augas residuais que separan as augas procedentes dos deslastres dos buques e as augas dos procesos de fabricación.
    Emisiones gaseosas:Sistemas de medición periódica das emisións.
    Residuos sólidos:Obligación de publicar nun rexistro europeo accesible por Internet, os vertidos de cada refiería,para asegurar a transparente información.
    Non atopo nada polo control das rutas, polo que supoño que é inexistente ou non dos controis máis importantes.

  10. fab-estelavilanova di:

    Para neutralizar os efectos contaminantes das refinerías petroleiras, as empresas encargadas deste tipo de instalacións deben ter en conta unha serie de medidas.
    Estas poderían resumirse no control de efluentes líquidos, que consiste na utilización de plantas de tratamento de augas residuais que separan as augas procedentes dos deslastres dos buques mediante tratamentos físicos, químicos e biolóxicos, o que produce que estas augas queden depuradas.
    O control de emisións gasosas, que se realiza primeiro mediante o almacenamento adecuado dos produtos, conforme a súa volatilidad.
    O control dos residuos sólidos, mediante o tratamento adecuado de lodos xerados nas distintas fases dos procesos prodúcese unha inertización para convertir estes residuos en inocuos.
    A lei impón un control da contaminación de tal xeito que as empresas deben establecer os mecanismos necesarios para a prevención do solo, do aire, da auga, etc.

  11. fab-danielsomoza di:

    O control é un proceso por medio do cal modificase algún aspecto dun sistema para que se alcance o desempeño desexado no mesmo. A finalidad do proceso de control é facer que o sistema encamiñese completamente cara os seus obxectivos. O control non é un fin en sí mesmo, é un medio para alcanzar o fin, o sexa mellorar a operación do sistema, polo tanto si controlan as rutas de navegación.

  12. Victor di:

    Existe algún tipo de control por satélite?

    • fab-estelapadin di:

      O servizo de control e medición de movementos en superficie baseado no satélite TerraSAR-X, permite documentar de maneira moi precisa desplazamentos da superficie incluso con resolución sub-centimétrica. O satélite pode visitar a área afectada cada 11 días, o que asegura unha frecuencia ideal para a identificación detallada de calquer movemento.A amplia extensión que abarca o TerraSAR-X e a súa alta resolución proporcionan unha base perfecta para o óptimo diseño de unha estratexia de control dos movementos en superficie que suplementará ás técnias de monitorización terrestres como poden ser DGNSS (Sistema Diferencial de Navegación Global por Satélite),topografía ou niveles de precisión.

  13. faa-marinaduran di:

    Sí, na illas canarias se realiza un control das augas que conta cunha vixilancia vía satélite que permite facer unha reconstrucción, a inversa, dun vertido que localiza cal foi o barco infractor ainda que non se encontre na zona, así como un avión que detecta a contaminación pola noite.
    Esta vixilancia e as duras multas reduciron a contaminación por cobustibles no Porto de La Luz e as suas augas.