As bebidas gasosas envellecen!

 

Nun  estudo  publicado en Dailymail.co.uk que traduce Ecologiablog, asegura que as bebidas gasosas poden envellecernos  antes do previsto.

Os cientificos alertan do perigo, e  o  problema en sí son os fosfatos que abundan nas bebidas gasosas , un  ingredente para avivar o seu  sabor e picor. É sutilmente nocivo, pois  introdúcese  no noso   organismo e o vai  deteriorando máis rapidamente.

Anque os expertos da Universidade  de Harvard experimentaron en ratos, cren que os resultados poden ter os mesmos efectos nos  seres humanos. Algunhas  consecuencias poden ser     que a pel e  os músculos -no experimento-  murchábanse, ademáis dos danos que provocan ó corazón e ós riles. Lamentablemente o fosfato  encóntrase tamén  noutros alimentos como carnes, pasteis e  pan.

A situación é  preocupante porque moitos de nos consumimos gran cantidade  de bebidas gasosas. Sabíades que soamente dúas latas á semana son suficientes para que aumente o riscoo de padecer de ósos fráxiles, cancro pancreático, debilidade muscular ou parálise? A recomendación é clara, levar unha dieta saudable e equilibrada.

Autor: Dobrinka Penkova

Esta entrada foi publicada en Saúde e etiquetada . Garda o enlace permanente.

26 Responses to As bebidas gasosas envellecen!

  1. faa-raulmartinez di:

    Esta é unha información moi importante porque, aínda que eu non consumo moita bebida gasosa, coñezo a moita xente que consume moita.

    No meu parecer, creo que os efectos do fosfato de aumentar os riscos que se mencionan son moi baixos, sempre e cando non se abuse destas bebidas. Pero como con todos os alimentos hai que saber a cantidade axeitada que se debe consumir e considero que as bebidas gasosas deberíanse tomar de xeito especial os domingos ou noutros momentos especiais.

  2. fab-ireavinas di:

    Esta información temola que considerar moi importante, xa que moita xente abusa destas bebidas e a maioría non coñecen o risco que estas provocan. Deberíamos levar una dieta sana e equilibrada para o benestar da nosa saúde e non aproveitarse de cousas como estas.

  3. fab-danielsomoza di:

    As bebidas gaseosas consumense en grandes cantidades en todo o mundo, especialmente en occidente. O seu gran consumo debese principalmente á imensa campaña promocional que as industrias impoñen na sociedade e ó descoñecemento por parte desa sociedade dos efectos adversos que trae o consumo de estas bebidas para o noso organismo.
    As bebidas gasosas teñen grandes cantidades de azúcar refinada (sucrosa e almíbar de maíz de alta fructosa). A fructosa afecta os niveis na sangre de hormonas como a insulina, leptina (hormona que inhibe o apetito) e grelina (hormona que estimula o fame). De acordo a varios estudios, debido ó efecto da fructosa sobre as hormonas, o consumo prolongado de productos con moita enerxía provinte da fructosa, xoga un rol fundamental na ganancia de peso e a obesidad.

  4. Raquel Martínez di:

    Esta información debería estar máis entendida, xa que as bebidas gasosas son consumidas por todo o mundo, e a maioría as consumen en exceso xa que non teñen nin idea dos problemas que poden chegar a dar.
    Temos que coidar a nosa saúde bebendo en ve de produtos gasosos, produtos máis naturais como a auga e os zumes naturais.

  5. Victor di:

    Como se consegue que unha bebida sexa gasosa? Teñen os gases das bebidas, algún efecto beneficioso para a saúde?

    • faa-raulmartinez di:

      Para que unha bebida sexa gasosa, o que fan é añadirlle CO2 a presión dentro duns tanques, que á súa vez se arrefrían para que o líquido experimente unha mellor absorción do gas.

      No tema das ventaxas penso que apenas teñen, porque na súa maioría non conteñen vitaminas nin minerales beneficiosos, e a única ventaxa que lle atopo é que se agradecen un día de moita calor.

    • faa-angelf di:

      O gas das bebidas é un gas carbónico CO2, que se agrega ao liquido en grandes contedores, a baixa temperatura e a unha gran presión, o gas è inxectado por uns tubos transversais que o contedor ten, os cales teñen uns orificios milimétricos polos cales sae o gas. Sabendo que estás inxerindo CO2 pois para nada é benificiosos.

      • fab-martinamendoza di:

        Normalmente, as bebidas gaseosas conteñen agua, azúcar, edulcorantes, ácidos (fosfórico. cítrico, málico, tartárico), cafeína, colorantes, saborizantes, dióxido de carbono, conservantes e sodio.

    • fab-taniacores di:

      O proceso productivo para a bebida gaseosa consta dunha serie de estapas. O proceso inicia coa obtención de auga, que logo de pasar polos procesos de purificación,filtrado en area, son mezclados con azúcar para obter o xarabe simple, o que se lle agregan preservantes, concentrados.. e obtense o xarabe terminado.

      Outra forma de fabricalo é enfriando e mezclando auga con CO2.

  6. faa-cristinapadin di:

    As bebidas gasosas son consumidas habitualmente por milleiros de persoas dende hai varias décadas. A súa demanda aumenta cada vez máis, sobre todo na etapa da adolescencia, e isto pode considerarse un gran problema xa que é unha etapa de crecemento e desenvolvemento humano moi importante na que é necesaria unha boa saúde. Este tipo de información debería ser coñecida por todo o mundo para que a xente sexa consciente dos seus danos e efectos que este tipo de productos nos produce e así poder concienciar á sociedade de que unha dieta saudabre e equilibrada pode evitar grandes problemas de saúde como son os mencionados cancros pancreáticos, debilidade muscular ou parálise e osos fráxiles entre outros.

  7. Victor di:

    RECORDADE QUE O XOVES PECHARASE O FORO E QUE O 15 DE DECEMBRO SERÁ O ÚLTIMO DÍA DE TRABALLO NO BLOG PARA A 1ª AVALIACIÓN.
    A PARTIR DO 16, OS COMENTARIOS E ARTIGOS AVALIARANSE NA 2ª

  8. fab-martinamendoza di:

    Non teñen factoeres beneficiosos para a saúde xa que estas bebidas representan un problema importante para a nosa saúde, non só polo que conteñen, senon tamén polos alimentos que desplaza da dieta. O consumo importante de bebidas gaseosas asociase a unha inxesta máis baixa de numerosas vitaminas, minerais e fibra.
    Son un factor de risco importante para a saúde tamén en xeral, xa que teñen que ver co sobrepeso e a obesidade. A súa vez, aumenta o risco de osteoporosis, problemas dentais, renais e cardíacos entre outras enfermedades.

  9. faa-soniaporto di:

    Para que unha bebida sexa gasosa, o que fan é añadirlle un gas carbónico de CO2 metidos a presión en grandes contenedores que á súa vez se arrefrían para que o líquido experimente unha mellor absorción do gas. O gas é inxectado por uns tubos transvrsais que están no propio contenedor.
    Máis que ventaxas teñen inconvintes porque na súa maioría non conteñen vitaminas nin minerales beneficiosos. Son un factor de risco importante para a saúde tamén en xeral, xa que teñen que ver co sobrepeso e a obesidade. A súa vez, aumenta o risco de osteoporosis, problemas dentais, renais e cardíacos entre outras enfermidades.

  10. Victor di:

    Que función teñen os fosfatos na alimentación?

    • faa-jessicacalo di:

      O fósforo desempeña unha importante función na transmisión de información xenética e garantiza un valor do PH constante e equilibrado no sangue. O noso organismo precisa do fósforo para absorber calcio.

    • faa-lidiamartinez di:

      Os fosfatos son uns nutrientes enseciais para a nosa dieta. O fosfato pódese encontrar nos alimentos ricos en proteínas como o leite e a carne. O noso organismo necesita do fósforo para absorber o calcio.

    • fab-martinamendoza di:

      Unha das funcións máis importantes dos fosfatos é que son imprescindibles para o noso corpa xa que nelas encontranse unha parte do material do ADN e teñen parte da distribución da enerxía.
      O fosfato esta tamén añadido a un número de alimentos (queixos, salsas, xamón) é o abundante fosfato pode causar problemas de saúde (afecións ao rils e a osteoporosis) como tamén o pouco uso de fosfato pode ser tamén dañino para a saúde.

  11. faa-margaritabarreiro di:

    Que se coñezan estes riscos é moi importante porque hai moita xente que non comprende o perigoso que é non levar unha dieta sana,por iso abusan de alimentos e bebidas nocivas.Ademáis unha das bebidas gasosas como é a cocacola é malísima para os nosos riles.

  12. faa-saramarino di:

    Os fosfatos son un nutriente esencial na dieta humana. É o compoñente de numerosas moléculas importantes para o organismo(ATP y DNS. No metabolismo intermediario de todas as células do corpo asume unha tarefa importante en forma de ácido fosfórico. A transformación, utilización e acumulación de enerxía realízase por desgaste e síntese de ATP. Para a transmisión de información xenética, o fosforo desempeña unha función importante en forma de ácido nucleico(ADN). Ademais o fosforo garantiza un valor pH constante do sangue. Funciona tamén de amortiguador regulando o pH. En relación co calcio, asume funcións de apollo do tecido óseo, ahí encóntrase a mayor cantidade de fósforo.

  13. faa-marinaduran di:

    O fósforo é un mineral, pertence os elementos periódicos.Os fosfatos son son sales e ésteres dos ácidos fosfóricos.O fósforo é un mineral indispensable para o organismo humano.
    Aparece en case todos os alimentos, pero sobre todo nos ricos en proteínas como leite,carne, pescado e os ovos.Tamén se empregan na industria alimenticia como adictivos en forma de polifosfatos.Tamén é un compoñete de numerosas moléculas importantes para o organismo.
    A necesidade do organismo de fósforo depende da absorción de calcio, xa que ambos minerais deben manter unha relación de 1:1.

  14. Victor di:

    Teñen algunha función positiva para a saúde as bebidas gasosas?

    • faa-bertaferreiro di:

      As bebidas gaseosas non teñen ningunha función positiva para a saúde xa que non teñen substancias nutritivas, excepto o azucre que poidan ter que se obten a base de ingredientes de orixe artificial.

    • faa-jessicacalo di:

      As bebidas gaseosas non teñen ningunha función positiva, son malas para a nosa saúde. Para empezar teñen un alto contido en azúcar que inxerirnos sin darnos conta. Contén ácido fosfórico que impide a absorción de calcio e unha alta cantidade de cafeína que pode causar intoxicación, insomnio, adicción, nerviosismo, etc.

    • fab-martinamendoza di:

      As bebidas gasosas, representan un risco moi grande para quen as consume, xa que non aportan ningún beneficio nutricional, pois non conteñen vitaminas, minerais, nin proteinas; só sacarosa que é responsable dos danos que exercen sobre a saúde.

    • fab-estelapadin di:

      Para moitos é un verdadeiro placer beber bebidas geaseoas pero, sen embargo, a gran parte descoñece os verdadeiros efectos negativos que este tipo de bebidas ten no organismo.
      As bebidas gaseosas, sobre todo as de cola, son agradables ó paladar; pero son moi adictivas e malas para a nosa saúde. Os médicos recomendan reducir o consumo o máis posible. Estudos recentes demostran unha relación entre o alto consumo de refrescos e a violencia nos xóvenes.
      Unha lata de cola ten aproximadamente dez cucharadiñas de azucre, unha cantidade bastante alta para os nenos. De feito, a Organización Mundial de la Salud (OMS) acusa ás bebidas gaseosas de ser as principais causantes da obesidade infantil.
      Para os adultos, os refrescos incrementan o risco de padecer osteoporosis, isto debido a que poseen ácido fosfórico, el cual impide la correcta absorción do calcio.
      uOtra razón para disminuir o consumo de este tipo de bebidas é que conteñen substancias químicas, gran concentración de azucres e pH ácido, os cales si o consumo é frecuente, causan gastritis uu outras alteracions a nivel dixestivo.
      Ademáis, as bebidas gaseosas non aportan ningún tipo de nutriente: cero valor nutritivo para a dieta dos consumidores.

  15. fab-estelavilanova di:

    Dende un punto de vista positivo, as bebidas gasosas non aportan ningún tipo de beneficio ao noso organismo, xa que non conteñen vitaminas nin minerais bos para a saúde. Polo contrario, inclúen un alto contenido en sodio, o que provoca retención de líquidos o que afecta gravemente aos riles. Isto sumado á súa cantidade excesiva de azucres e ás baixas porcentaxes de coca fai que estas bebidas sexan totalmente desventaxosas para nós.