Burbullas?

 

O telescopio de raios gamma Fermi, detectou unha estrutura na nosa galaxia que xamais se vira anteroiormente; trátase  dunhas burbullas que están cargadas de enerxía que erupcionan o centro da Vía Láctea e proporcionan unha enerxía equivalente a 100.000 explosións de diferentes estrelas.

Estas burbullas poderían terse formado como resultado de saídas de gas nunha explosión ao formarse unha estrela, o que ás veces provoca enormes erupcións gasosas. A  burbulla emite raios gamma que se extenden a 25.000 mil anos luz. A estructura atravesa dende a constelación de Virgo á de Grus é pode ter millóns de anos.

Finkbeiner e o seu equipo descubriron as burbullas cando procesaban os datos enviados polo detector LAT do telescopio, que é o máis sensible aos raios gamma que se lanzou ata agora. Os raios gamma son unha radiación electromagnética de alta enerxía, pero ata agora outros astrónomos non observaran ambas as dúas concentracións debido á néboa que xera esta radiación na galaxia e que lle dá o seu aspecto leitoso.


Autora: Sonia Porto

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Burbullas?

  1. Victor di:

    Como é a Via Láctea?

    • fab-estelapadin di:

      A vía Láctea é unha galaxia espiral na que se encontra o Sistema Solar e a Terra. É unha espiral barrada; cun diámetro duns 100.000 anos luz, estos son aproximadamente 1 trillón de km.
      Calcúlase que ten entre 200 mil millóns e 400 mil millóns de estrelas. A distancia dende o Sol ata o centro da galaxia é de 27.000 anos luz. A vía láctea forma parte dun conxunto dunhas 40 galaxias chamadas Grupo Local e é a segunda máis grande tras a Galaxia de Andrómena.
      A vía láctea divídese en tres partes: o disco, o halo e o bulbo.

    • fab-zayravazquez di:

      A Vía Láctea e a galaxia espiral na que se encontra o Sistema Solar. Según as observacions, posee una masa de 1012 masas solares, con un diámetro medio duns 100.000 anos luz, estos son aproximadamente 1 trillón de km, calculase que conten entre 200 mil millons e 400 mil millons de estrelas. A distancia desde o Sol hasta o centro da galaxia e de alrededor 27.700 anos luz

  2. fab-estefaniamuras di:

    A Vía Láctea é a nosa galaxia, e posúe unha masa de 10 billóns de masas solares. Ten un diámetro de 100.000 anos luz e calcúlase que contén uns 100.00 millóns de estrelas. Debido as curvas de rotación que presenta a nosa galaxia crese que gran parte da súa masa é materia escura. A galaxia divídese en tres partes, halo, disco e bulbo.
    O halo é unha estrutura esferoidal que envolve as galaxia. Nesta zona é onde se atopan a maioría de cúmulos globulares.
    O disco componse de estrelas novas, e é a parte da galaxia que máis gas ten. O máis característico do disco son os brazos espirais.
    En canto o bulbo ou núcleo galáctico sitúase no centro. É a zona da galaxia con maior densidade media de estrelas. Sábese que no noso centro galáctico hai un gran buraco negro.

  3. faa-cristinaporto di:

    O Sistema Solar está nun dos brazos da espiral, a uns 30.000 anos luz do centro e uns 20.000 do extremo. A Via Láctea é unha galaxia grande, en forma de espiral e pode ter uns 100.000 millóns de estrelas, entre elas, o Sol. En total mide uns 100.000 anos luz de diámetro e ten unha masa de máis de dous billóns de veces a do Sol. Cada 225 millóns de anos o Sistema Solar completa un xiro arredor do centro da galaxia. Móvese a uns 270 km. por segundo. Non podemos ver o brillante centro porque se interpoñen materiais opacos, po cósmico e gases fríos, que non deixan pasar a luz. Cre que contén un poderoso burato negro. A Vía Láctea ten forma de lente convicta. O núcleo ten unha zona central de forma elíptica e uns 8.000 anos luz de diámetro. As estrelas do núcleo están máis agrupadas que as dos brazos. Ao seu arredor hai unha nube de hidróxeno, algunhas estrelas e cúmulos estelares.

  4. faa-soniaporto di:

    A Vía Láctea é un agrupamento de estrelas con forma de disco, que inclúe o Sol e ao seu Sistema Solar. Calcúlase que contén entre 20o.000 e 400.000 millóns de estrelas cun diámetro medio de 100.000 anos luz. A distancia dende o Sol ata o centro da galaxia é de 27.700 anos luz.

  5. Victor di:

    E as estrelas que se poden ver pola noite pertencen todas á Via Láctea?
    Cantas estrelas se poden ver pola niote a simple vista?

    • faa-raulmartinez di:

      Eu penso que as que vemos a simple vista dende a terra pertencen todas á Via Láctea porque si non podemos alcanzar a ver todas as da Via Láctea a simple vista non creo que poidamos alcanzar a divisar estrelas doutra galaxia diferente.

      A simple vista, e pola noite, podemos chegar a divisar aproximadamente 4.000 estrelas por cada hemisferio, e solo podemos ver ao mismo tempo arredor de 2.000 xa que o resto quedan ocultas pola neblina atmosférica, sobre todo no horizonte, e pola ténue luz da lúa.

    • faa-jessicacalo di:

      Dado que a Vía Láctea é a nosa galaxia, todas as estrelas observables desde calquer punto da Terra pertenecen a ela. Calcúlase que o número de estrelas observables desde a Terra ronda os 8.000, metade no hemisferio norte e a outra metade no sur. Pola noite pódense observar sobre 2000 estrelas ó mesmo tempo dende os dous hemisferios. As demais ocultaas a neblina atmosférica e a pálida luz do ceo.

  6. faa-bertaferreiro di:

    Todas as estrelas que vemos pola noite pertenecen a Vía Láctea, xa que é a galaxia na que vivimos. A nosa galaxia ten unhas 200.000 millóns de estrelas pero só se poden ver normalmente a simple vista unhas 2500 estrelas.

  7. fab-alexandregrandal di:

    Todas as estrelas que podemos ver no firmamento son da Vía Láctea e inda así non son todas as que hay na nosa galaxia. En todo o ano podemos ver unhas 2600 estrelas inda que non simultaneamente pois dependendo da época do ano hay grupos de estrelas visibles mentres outros permanecen ocultos.

  8. faa-fabiolaalbornoz di:

    As estrelas que vemos a simple vista dende a Terra pertencen a Vía Láctea, as estrelas doutras galaxias non son visibles dende a Terra polo menos ollo humano pero podemos observar como nebulosidades débiles as otras galaxias como a Nube de Magallanes é a Galaxia de Andrómeda.

  9. Victor di:

    Hai estrelas de diferentes cores? Poden diferenciarse a simple vista? E que información nos aporta as cores das estrelas?

    • faa-bertaferreiro di:

      No ceo se non fixamos moito ou utilizamos un telescopio podemos observar estrelas de diferentes cores. A cor indícanos a temperatura e a idade que teñen. Así podemos diferenciar entre as estrelas azuis que son as que maior temperatura teñen e polo tanto as máis xóvenes e as estrelas vermellas son as máis frías e polo tanto as máis antigas xa que consumiron casi todo o seu combustible.

    • faa-yasminasanchez di:

      Cando miramos ó ceo e vemos as estrelas non vemos que as estrelas son de distinta cor, xa que nunca nos fixamos detidamente.
      A diferencia de cor depende da temperatura superficial das estrelas.
      As estrelas con menor temperatura superficial son de cor vermella e alaranxadas, e as estrelas con maior temperatura superficial son de cor branca e por último azul.

    • faa-jessicacalo di:

      As cores das estrelas a simple vista son difíciles de distinguir, pero cun telescopio podemos observar as diferentes cores que estas teñen ó longo da súa vida. Cando as estrelas son novas desprenden un color azul ou morado. Cando evolucionan convertense en amarillo ou naranxa. E cando van a morrer acaban cun vermello forte. Cando “morren” algunhas convértense en blancas, enanas blancas.

  10. faa-lidiamartinez di:

    Si que hai estrelas de diferentes cores. As diferentes cores das estrelas dannos unha idea da temperatura da súa superficie. As vermellas son as máis frías, entorno a uns 1000 e 2000 grados, as laranxas entre 3000 e 4000 grados, as amarelas de 6000 a 7000. Tamén as hai blancas e as azuis son as máis potentes.
    Poden verse a simple vista pero é algo difícil de diferencialas.

  11. faa-soniaporto di:

    Si que hai estrelas de diferentes cores.
    As distintas cores das estrelas dannos unha idea da temperatura da súa superficie, así os vermellos indícannos que son as máis frías estando en torno a uns 1000 a 2000 graos, as de cor laranxa roldan os tres a catro mil graos, amarelas de seis a sete mil. Tamen hai colores brancas e azuis.
    As estrelas pódense ver a simple vista pero é moi difícil de diferencialas.

  12. fab-beatrizrivera di:

    As distintas cores das estrelas dánnos unha idea da idade e da temperatura da súa superficie, así as vermellas indícannos que son as máis frías estando en torno aos 1000 ou incluso 2000 grados, as de cor laranza rondan os tres ou catro mil grados, as amarelas de seis a sete mil e as blancas e azuis intensos, 50.000 K.
    É bastante difícil diferencialas.

  13. Victor di:

    E todas as estrelas que vemos a súa luz pola noite existen realmente?

  14. faa-cristinapadin di:

    A Vía Láctea é a galaxia na que se atopa o noso Sistema Solar. É un conxunto de varias estrelas, nubes de gas, planetas, polvo cósmico, materia oscura, e quizá enerxía oscura, unido gravitatoriamente; unha espiral barrada cun diámetro medio de uns 100.000 anos luz, estos son aproximadamente 1 trillón de km, calcúlase que contén entre 200 mil millóns e 400 mil millóns de estrelas. A distancia dende o Sol ata o centro da galaxia é arredor de 27.700 anos luz.

  15. faa-cristinapadin di:

    Unha estrela é un astro que emite luz propia creada por gas. As estrelas que podemos divisar dende o planeta Terra pertencen á Vía Láctea, a nosa galaxia, e sitúanse aproximadamente a uns 4,23 anos luz (a máis próxima). Estas estrelas poden ser diferenciadas a simple vista, pero para poder observar os seus cores ou localizalas mellor necesitamos aparatos especializados como os telescopios, nos que observamos algunhas das súas características. Por exemplo, a cor indícanos a temperatura e a idade que teñen; as estrelas azuis teñen maior temperatura e son máis xóvenes e as estrelas vermellas son as máis frías e as máis antigas xa que consumiron casi todo o seu combustible. Moitas das estrelas que observamos son simples pegadas de luz que deixaron antes de desaparecer e viaxan todavía ao longo do tempo ata nos, isto sucede debido á longa distancia que hai entre as estrelas e o noso planeta. O motivo da desaparición destas estrelas son debido a que envellecen e a medida que pasa isto se lles acaba o seu combustible, chega un momento no que o combustible se esgota e a estrela colápsase.

  16. Victor di:

    RECORDADE QUE O XOVES PECHARASE O FORO E QUE O 15 DE DECEMBRO SERÁ O ÚLTIMO DÍA DE TRABALLO NO BLOG PARA A 1ª AVALIACIÓN.
    A PARTIR DO 16, OS COMENTARIOS E ARTIGOS AVALIARANSE NA 2ª