O oso panda fala español

Os investigadores do Institut Catalá de Paleontologia (ICP) xunto con o “Museo Nacional de Ciencias Naturales” (MNCN), a “Universidad Complutense de Madrid”(UCM) e a “Universidad de Valencia” afirman que a orixe do panda xigante foi  España hai 11 ou 12 millons de anos, pois os restos fósiles máis antigos do oso panda, que actualmente habita en China, toparonse en Hostalets de Pierola (Barcelona) e en Daroca (Zaragoza).

Nestes ultimos anos publicárose traballos que falaban da aparición de restos fósiles destes animais en Europa pero non se sacaron conclusións da causa do rexistro pobre. Este ultimo traballo, encabezado por Juan Abella (del MNCN), informanos de novos restos  de panda xigante. Kretzoiarctos é o nome desta especie extinta de panda (en honor ao paleontólogo Miklós Kretzoi, quen comezou as primeiras escabacións onde se toparon as primeiras probas da existencia deste panda xigante), cos restos topados, a liñaxe do panda tería orixe na Peninsula  Iberica, extendendose por máis tarde por  Eurasia e,co tempo, a súa presenza reduciuse só a zona de China e o sudeste asiático.

Por agora estes son os restos máis antigos topados desta clase de oso, aínda que isto non quére dicir que non houbera algún antepasado máis que circulara por algunha outra parte do mundo.

 

Autor: Martín Pérez

Esta entrada foi publicada en Evolución, selección natural e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to O oso panda fala español

  1. Victor di:

    Cal pode ser a razón da extinción do oso panda?

    • faa-lidiamartinez di:

      O oso panda puido extinguirse debido a desaparición dun recurso do cal a especie depende como é neste caso o bambú, xa que o oso panda aliméntase casi por completo del e xa non se pode encontrar con facilidade.
      Outro causa da súa extinción puido ser a depredación directa doutros animais, a destrucción do seu hábitat, o cambio climático ou debido a desastres naturais como: terremotos, xeadas, sequías ou erupcións volcánicas.

    • faa-jessicacalo di:

      A principal razón é a desaparición do seu hábitat natural coa tala de miles de hectáreas de bambú, o seu alimento natural; e a dificultade que presentan para aparearse en cautividadade, basicamente por timidez, afirman algúns expertos. Por outra parte, á caza furtiva do oso tamén é un factor determinante na súa desaparición. Actividade que se paga con cadea perpetua en China.

    • fab-taniacores di:

      A principal causa da extinción do oso panda é debido a destrucción da súa habitat natural, tallando miles de hectáreas dos bosque de bambú. Tamén porque estes osos cando teñen crías, soen elexir so un para coidar, e logo do outro deixano abandoado. Isto débese a que non ten suficiente comida para alimentar os dous, entón busca unha forma de que sobreviva algún.

    • fab-martinamendoza di:

      Un dos problemas que se van observando en perxuizo á supervivenza dos osos panda é o referente á desaparición dos bosques de bambú. A pesar de ser capaces de comer de todo, pois son omnívoros, os osos panda alimentanse en moi pouca proporción de animais pequenos; posto que o seu principal fonte de alimento son os talos de bambú, para que os talos de bambú que consumen poidan aportarlles a cantidade de grasas, proteínas e carbohidratos que o seus corpos necesitan, o oso panda debe inxerir unha gran cantidade de eles. Este é o motivo polo cal un oso panda adulto pasase de dez a doce horas alimentándose abundantemente. A redución dos bosques de bambú que forman parte do hábitat natural destes osos e que parte desta habitat estea dividida en pequenos territorios separados unos de outros, esta facendo que moitos destes non teñan o alimento suficiente co que acabaran morrendo e así facendo que este animal entrar na lista cos demais animais en perigo de extición.

  2. fab-ireavinas di:

    A principal causa da extinción do oso panda é debido a destrucción da súa habitat natural, tallando miles de hectáreas dos bosque de bambú. Tamén, en parte, pola dificultade para reproducirse cando están en cautividade. Outra causa tamén moi importante son os cazadores furtivos, que son moitos a pesar dos castigos impostos que existen.

  3. faa-noar di:

    Unha das principais causas de perigo para o oso panda son a dificultade para reproducirse cando se atopan en cautividade pola súa extrema timidez. Non obstante, a principal ameaza para os pandas é a destrución do seu hábitat natural. A súa dieta e moi específica, xa que aliméntanse no 99% de bambú, polo que o seu hábitat tamén é moi específico, os bosques de bambú. Estes bosque foron fragmentándose cada vez mais debido a tala para extración de madeira e creación de campos agrícolas, dando como resultado que as súas poboacións queden reducidas e ailladas entre si. Outra causa importante, aínda que na actualidade non se cre unha ameaza importante debido á diminución deste, son os cazadores furtivos, xa que as súas peles no pasado estaban moi activas no mercado. O castigo por matar pandas pode chegar ata a pena de morte, e a pesar de que na actualidade os pandas carecen de cazadores, moitos deles seguen morrendo ao quedar atrapados en trampas para venados e outros animais silvestres.

  4. faa-soniaporto di:

    Dous dos principais motivos para que este oso estea en vías de extinción son a desaparición do seu hábitat natural coa talla de miles de hectáreas de bosques de bambú, o seu alimento natural; e a extremada dificultade que ten esta especie para reproducirse en cautividade, basicamente pola súa timidez.
    Parte da redución deste oso tamén se debe a cazadores furtivos, que se arriscan a recibir unha condena de cadea perpetua fixada polo Goberno Chinés, porque a súa pel vale o seu.

  5. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO E PERMANECERÁ ASÍ DURANTE 10 DÍAS

  6. Victor di:

    E que tipos de osos existe no planeta? Con quen está máis emparentado o oso panda?

    • fab-martinamendoza di:

      Existen oito especies de osos na terra hoxe en día. Todos son similares nas súas formas básicas, aínda que teñen suficientes deferenzas para que cada un teña a súa propia categoría e nome.
      Temos: O oso pardo, o oso griffli, o oso kodiak, o oso negro americano, o oso negro asiático, o oso labiado, o oso de anteojos, o oso malayo, o oso panda e o oso polar.

      Destes o que esta máis emparentado ao oso panda é o oso negro asiático xa que esta especie vive en Asia como o oso panda e ademáis este é todo negro excepto por unha zona en forma de media lúa branca na rexión do peito, compartindo así as cores do oso panda.

    • Raquel Martínez di:

      Na actualidade hai oito tipos de osos na Terra. Todos son todos moi parecidos pero teñen tamén entre eles algunhas diferencias, tanto físicas como de comportamento. Tipos:

      -Oso pardo, é, xunto co oso polar, o máis grande de todos e é omnívoro. Vive en Europa, Asia e Norte América, nas terras chás e bosques da zona templada do hemisferio norte. Pode alcanzar os 780 kg e medir 3 metros.

      -Oso negro americano, é omnívoro. Só habita en Norteamérica

      -Oso negro asiático, é omnívoro e vive nas cadeas montañosas do Sureste asiático.

      -Oso beizudo, chámaselle tamén oso oso perezoso ou labiado. Vive nos bosques tropicais de India y Sri Lanka. É hervívoro.

      -Oso de anteollos. Habita desde Bolivia e os Andes ata parte de Venezuela e Panamá y o seu habitat está restrinxido ás zonas máis altas e agrestes, onde non existen cultivos.

      -Oso malaio, é o máis pequeno do mundo, un macho en plena madurez pode pesar apenas 45 kg. Ten o pelo corto e negro e, vive no Sureste asiático i é un animal áxil que trepa aos árbores con facilidade.

      -Oso panda. É carnívoro, habita en rexións montañosas como Sichuan e o Tíbet.

      -Oso polar, habita nas costas árticas, o seu hábitat son os bancos de xeo.

  7. faa-soniaporto di:

    O oso negro asiático: é vítima do tráfico internacional de partes de osos no mercado ilegal da medicina tradicional chinesa. Hoxe en día, a súa especie está case extinguida no Xapón e sueste de Rusia.
    O oso frontino: hoxe en día é perseguido por falsas crenzas e son os osos máis ameazados do mundo.
    O oso panda: actualmente quedan menos de 1000 individuos en estado salvaxe.
    O oso polar: Non está ameazado aínda que a súa conservación depende dunha vixilancia extrema e do cumprimento de acordos internacionais.
    O oso pardo: nalgunhas rexións está próximo á extinción, como é o caso de Europa Occidental e o Sur de Asia. En México desapareceu a mediados do século XX. A nivel mundial está fóra de perigo.
    O oso negro americano:ocupan territorios dende Alasca, pasando por toda a Canadá e chegando ata os estados americanos de Florida, Novo México e California.A súa relativa abundancia converteunos en vítimas de batidas de caza e en obxectivo dos cazadores furtivos coa finalidade de extraerlles a vesícula biliar e vendela no mercado asiático onde aínda hoxe hai unha gran demanda por parte da medicina tradicional.
    O oso beizudo: a medicina tradicional chinesa atribuíulle poderes curativos a certas partes do seu corpo, polo que fixo diminuír drasticamente a súa especie.
    O oso malaio: O seu estado actual é descoñecido, pero debido á destrución do seu hábitat, ao tráfico de osiños e aos cazadores furtivos presuponse que se trata doutra especie ameazada.

  8. Victor di:

    Considérase unha rareza que un osos sexa vexetariano?

    • fab-estelapadin di:

      É un pouco raro xa que son carnívoros pero sufriron unha readaptación drástica para poder sobrevivir só con follas de bambú. Pese a iso, o seu sistema dixestivo segue sendo carnívoro polo que só poden dixerir un 17% da materia que inxire, moito menos ca os herbívoros normais e, sobre todo, ca os rumiantes, que chegan a digerir el 80%.

    • faa-jessicacalo di:

      Que o oso panda sexa vexetariano considerase raro porque formando parte dunha familia de carnívoros é particular que a súa fonte natural de alimento sexa o bambú. Deben comer unha gran cantidade de bambú ó día para conseguir os nutrintes suficientes xa que o seu estómago non está adaptado para absorber fibra. Aínda que tamén inclúe na súa dieta insectos, pequenos roedores e crías de cervo musk.

  9. fab-ivangomez di:

    Se existise algún oso vexetariano sería seguramente unha rareza,pero ata certo punto,porque os animais alimentase en base ó que teñen no seu entorno,e se este suposto oso estivera rodeado unicamente de vexetación non tería máis remedio que comer o que ten o alcance da súa man,co cal non sería moi raro.

  10. faa-bertaferreiro di:

    Os osos vexetarianos considéranse unha rareza xa que a maioría son carnívoros e aliméntanse xeneralmente de animais salvaxes, peixes e frutos frescos. O oso e anteollos é considerado o único oso vexetariano no mundo aínda que ocasionalmente come algúns pequenos roedores, coellos, insectos e ovos.

  11. fab-alexandregrandal di:

    Poderíase dicir que si xa que a meirnde parte dos osos són carnívoros pero o entorno de vida dunha especie é determinante na súa evolución de xeito que cun escaso acceso á carne primou a adaptacíon vexetariana desta especie no medio principalmente vexetal no que se atopaba.

  12. faa-fabiolaalbornoz di:

    Puede que si sea una rareza, pero ya estamos familiarizados con este hecho desde hace mucho tiempo. La mayoría de los osos son omnívoros pero a excepción la dieta del oso Panda se compone en un 90% de bambú.

  13. Victor di:

    Os osos son animais que pertencen aos carnívoros, aínda así, algúns como o panda teñen alimentación exclusivamente vexetarian, para o cal experimentaron unha serie de adaptación relacionadas co seu aparello dixestivo. Cales son as diferencias máis salientables entreo aparello dixestivo dun carnívoro e dun vexetariano?

    • faa-yasminasanchez di:

      Aínda que o oso panda teña unha alimentación exclusivamente vexetariá, o seu aparello dixestivo segue a ser como o dun carnívoro, aínda que está moi ben adaptado á dieta vexetariá. O intestino, que é a principal porción de dixestión e absorción do tubo dexestivo, é máis garnde con respecto ó corpo, polo que, contra máis tempo manteña os alimentos no tubo dexestivo, para el será moito mellor absorbelos e dixerilos.
      Aunque el su sistema digestivo es como el de un carnívoro está bien adaptado a un régimen vegetariano. El intestino, que es la principal porción de digestión y absorción del tubo digestivo, es grande con respecto al cuerpo, con lo que, cuanto más tiempo tenga los alimentos por el tubo digestivo, puede absorberlos y digerirlos mejor.

    • faa-jessicacalo di:

      O aparello dixestivo dos animais vexetarianos é máis longo que o dos carnívoros porque estes aliméntanse de materiais que non poden dixerir directamente. O aparello dixestivo dos carnívoros pola contra é máis curto debido a que dixieren o alimento con maior eficacia.

  14. fab-beatrizrivera di:

    A diferenza principal é a lonxitude do cego, o dos hervíboros é máis longo ca o dos carnívoros, ademáis o aparello dixestivo dos hervíboros está diseñado só para procesar herbas, a maioría ten catro estómagos e a dieta é estrictamente vexetal. En cambio o aparello dixestivo dos carnívoros básase nun estómago que produce ácidos para disolver os tecidos musculares e ata os óseos, moi parecido ó dos seres humanos.