Cara ao bosque tecnolóxico

Dous estudantes de Diseño Industrial da Universidade Jaume I de Castellón, deseñaron e instalaron, no campus, dúas  árbores solares, é dicir, dúas estructuras en forma de árbore con placas solares que utilizan a enerxía para cargar móbiles, tabletas ou portátiles.

As estructuras brancas da árbore teñen uns compoñentes eléctricos que fan que sexan autosuficientes enerxéticamente. Funcionan como farolas pola noite e como dispersor de enerxía durante o día. Cando cae a noite estas árbores iluminan as instalacións do campus como o resto das farolas normais, pero co aforro enerxético que supón non depender da rede eléctrica, xa que utilizan a enerxía cargada a través das placas solares. As súas bombillas son de tipo LED,  que iluminan máis e son de luz branca, en vez de alaranxada. Teñen unha autonomía de carga de 6 horas e unha capacidade de iluminación pola noite de 4 horas aproximadamente.

Estas estructuras xa foron instaladas nas inmediacións do edifico tecnolóxico da Universidade e espérase que o prototipo poida ser comercializado. As árbores poderíanse instalar como mobiliario urbano nas cidades para que todos os habitantes disfruten das súas vantaxes. Este proxecto foi cofinanciado polo “Ministerio de Ciencia e Innovación dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnolóxica 2008-11”.

Autora: Sara Mariño

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Novas tecnoloxías, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Cara ao bosque tecnolóxico

  1. Victor di:

    Comezade por facer unha valoración deste proposta.

    • fab-ireavinas di:

      Penso que esta sería unha boa medida que nos podría proporcionar enerxía dunha maneira ecolóxica e podríamos aforrar moito. Por outra parte penso que non será a principal fonte de enerxía xa que, por exemplo, si durante o día non fixera sol pola noite xa non rendería, ten algúns inconvintes.

  2. faa-bertaferreiro di:

    Paréceme unha proposta moi boa. Onde todo son vataxes. Por unha parte son unha forma de decoración e ademáis proporciónanos enerxía de unha maneira ecolóxica onde non se produce ningún tipo de contaminación. Por outra banda, penso que estes árbores poderíanse colocar en moitos lugares e así funcionar como farolas e aforrar cartos. Aínda así estes ”árbores” non se deben substituir polos árbores normais.Xa que nos proporcionan osíxeno e eliminan dióxido de carbono do ambiente.

  3. faa-marinaduran di:

    Estas innovación das “árbores solares” pode ser un gran avance ecolóxico é un producir gran aforro. É certo que son rentables, sobre todo polo día, xa que á poderiamos sacarlle moito rendemento, sempre e cando teñamos sol, senón, xa teríamos un inconvinte. Pola noite, alumbran máis e sen gastos nin necesidade doutra fonte de enerxía, non obstante, esto só sería durante catro horas. Penso que sería moi veneficioso para a evolución da ecoloxía e para disminuir outros métodos de enerxía máis perxudiciais ou que supoñan maior gasto, pero terían que ser un complemento destas,xa que, aínda que aportarían moito, dudo que esten preparadas para ser unha das principais fonte de enerxía.

  4. Victor di:

    Existe algunha relación estre este artigo e o anterior?

    • faa-lidiamartinez di:

      A relación que hai entre este artigo e o anterior (sobre o Prestige) é que os dous nos falan de dúas fontes de enerxía. No artigo anterior fálase do petróleo, que é un combustible fósil polo cal é unha fonte de enerxía non renovable e neste artigo fálanos do aproveitamento da enerxía do sol, o que se coñece como enerxía solar, que é un tipo de fonte renovable.

    • fab-martinamendoza di:

      Este artigo si que ten que ver co artigo anterior, xa que o petroleo e estas placas solares usanse para obter fontes de enerxía.
      Ainda que o petroleo é un combustible moi contaminate que pode chegar a facer grandes catastrofes como xa vimos co prestige, mentres que a enerxía que se optén a través destas placas é totalmente limpa, sen nigún tipo de contaminación.

    • Chus Aguín di:

      Eu considero que a relación que pode haber entre o artigo anterior e éste e que ambas nos aportan enerxía. Un apórtanos enerxía dunha maneira máis contaminante e perxudicial, mentres que a invención destas árbores solares, polo que podemos saber sobre elas, non afectan ó medio ambiente e non contaminan.
      Creo que estas árbores solares son un gran avance ecolóxico e para a humanidade.

  5. faa-miguelcarballa di:

    Esta proposta é unha boa idea xa que aprobeitariamos a luz solar para crear luz pola noite pero ten alguns inconvintes, xa que so aguanta 4 horas encendidas e non son suficientes xa que nas cidades polas noites hai moitoo movemento, o que averia que conseguir e que conseguiran acumular mais enerxia para mais horas de luz. Así seria moito mais rentable.

    Si que ten algo que ver co artigo anterior xa que o petroleo tamen é unha fonte de enerxía.

  6. faa-fabiolaalbornoz di:

    É certo que a simple vista parecen todo vantaxes, aínda así debería estudiarse máis esta posibilidade de enerxía antes de convertela nunha das principais xa que dudo moito que colocalas en calquera lugar sexa iguak de rentable. A pesar diso parece ser un dos mellores e máis estéticos exemplos de enerxía renovable ata os momentos.

    • Chus Aguín di:

      Estou totalmente de acordo coa miña compañeira Fabiola, en que estas árbores solares pódennos aportar moitos beneficios pero sería recomendable estar totalmente seguros diso por mór de si nos pode producir hacia nós algún inconvinte.

  7. faa-bertaferreiro di:

    Si hai certa relación entre este artigo e o anterior. De certa xeito os dous tratan sobre formas de obter enerxía. Unha obtense mediante un proceso bastante custoso, complicado e moi contaminante como no caso do petróleo e outra e unha alternativa ecolóxica para producir enerxía. Penso que co tempo esta alternativa da que se fala neste artigo terán a autonomía suficiente para poder remplazar as formas de obter enerxía que son prexudiaciais para o noso planeta. Polo momento compre ir substituindo pouco a pouco as fontes de enerxía contaminantes por enerxías limpas e seguir investigando.

  8. fab-martinamendoza di:

    Opino que esta proposta é moi boa, xa que ademáis de opter enerxía de forma limpa sen ningún tipo de contaminación, é unha boa forma de decorar as cidades, aparte de que proporcionaria un importante ahorro económico substituindoas por farolas. Que teña forma de arbore é tamén unha moi boa idea, xa que ao mesmo tempo que fai estas función tamén nos transmite a importancia que teñen as arbores, xa que grazas a elas poden eliminar do ambiente o CO2 (dióxido de Carbono).

  9. Victor di:

    E como están relacionado este artigo, o anterior e o cambio climático?

    • Chus Aguín di:

      Eu creo que a relación entre estos artigos é que de algún modo son beneciables para o cambio climático. As principais causas de emisión de CO2 provéñen da combustión dos derivados do petróleo. Ésta acomulación de CO2 na atmósfera favorece o cambio climántico pero tamén o acelera, xa que, os océanos van disminuíndo a súa capacidade de absorción de CO2. En cambio, estas árbores son autosuficientes enerxéticamente, transforman a luz solar en electricidade dunha maneira simple e efectiva polo que creo que non afecta o cambio climántico.

    • faa-jessicacalo di:

      Opino que a relación destes dous últimos artigos co cambio climático é o simple feito de que son dúas fontes de enerxía. No caso da anterior, o petróleo, trátase dunha fonte de enerxía non renovable, polo tanto que se acabará esgotando tarde ou cedo. A parte, non é unha enerxía limpa, é contaminante debido a que cando se queima expulsa gases dañinos para o medio ambiente. Pola contra, as placas solares utilizan a luz do sol como enerxía, é inesgotable e totalmente limpa, polo tanto, non dana o medio ambiente.

  10. fab-estelavilanova di:

    A influencia que tivo a catástrofe do Prestige foi evidentemente perxudicial, o que implicou que o cambio climático agravárase no seu día, ao igual que o segue facendo nestes momentos debido á acción humana, á mala acción humana, e a outra serie de circunstancias. Sen embargo, neste artigo proponse totalmente o contrario. Unha nova forma de reducir combustibles e emisións, de ser mellores e máis respectuosos no ámbito ecolóxico. Por outra banda, penso que hoxe en día o tema do cambio climático non se toma demasiado en serio, xa que é un problema co que vivimos día a día, e que posiblemente xa nos resulte cotián. Deríanse patentar moito máis proxectos como estes e aparcar un pouco os combustibles fósiles.

  11. fab-alexandregrandal di:

    Penso que estos sistemas de obtención de enerxía teñen un certo impacto no medio en maior ou menor medida. No caso do fuel e outros combustibles fósiles semellantes o impacto é moito maior xa que o seu uso conleva un aumento bastante notable da emisión de gases á atmósfera, eso sin ter en conta que en calquera momento suceden catástrofes como a do Prestige.
    Por outra banda están estas fontes de enerxía renovable con menor impacto medioambienta pero das que hay que ter en conta que hoxe en día non poderían substituir aos combustibles fósiles ou ás centrales nucleares para proporcionarnos enerxía xa que a súa capacidade é moito máis limitada.

  12. Victor di:

    Que tipos de paneles solares existen?

    • faa-lidiamartinez di:

      1.Según a súa forma temos:
      – Paneles con sistemas de concentración: que concentran a luz sobre os diferentes paneles fotovoltaicos
      – Paneles de formato baldosa ou tella: son pequenos e están pensados para ser combinados en gran número de forma que cubran grandes superficies.
      – Paneles solares bifaciales: son paneles especiais basados en transformar en electricidade a radiación solar.
      2.Según a función dos materiais temos:
      – Silicio puro monocristalino
      – Silicio amorfo: son usados en pequenos dispositivos electrónicos e en pequenos portátiles.
      – Silicio puro policristalino
      – Arseniuro de Galio
      – Teluro de cadmio.
      – Diseleniuro de cobre en indio.
      – Tándem.

    • faa-cristinaporto di:

      Son basicamente tres tipos:
      -Os paneis solares termodinámicos son a solución máis popular ultimamente, debido á súa maior eficiencia, mellor prezo e maior versatilidade. Son máis eficientes debido a que son capaces de captar enerxía de calquera estado meteorolóxico, a chuvia, o vento, a lúa, etc. Son máis versátiles polo peso dos paneis, moito máis lixeiros que as demais alternativas. Ademais destas vantaxes, tanto os equipos coma a súa instalación teñen un custo menor.
      -Os paneis solares térmicos son os que funcionan de forma máis simple. Consiste en que os rallos do sol quentan os paneis, que conteñen un líquido caloportador que circula cara ao interior da vivenda. Estes son recomendables para zonas que teñan recepción directa do sol a altas temperaturas, preferiblemente en zonas rurais, onde hai espazo abondo, xa que necesitan un tamaño maior debido á menor eficiencia deste tipo de panel.
      -Os paneis soares fotovoltáicos foron unha revolución cando se inventaron. A súa implantación nos primeiros edificios fixo que se enxergase por primeira vez a posibilidade de xerar suficiente enerxía in situ como para abastecer as necesidades do propio edificio. Esta tipo de sistema consiste en que a enerxía da radiación solar se transmite aos electróns dos materiais semicondutores dos paneis, que conseguen así separarse do núcleo e trasladarse, creando unha corrente eléctrica.

  13. faa-soniaporto di:

    Temos dous tipos de paneles solares dependendo da forma e máis do material.
    Según a súa forma:
    – Paneis con sistemas de concentración: Mediante a unha serie de superficies
    reflectantes. concentra a luz sobre os diferentes paneis fotovoltaicos.
    – Paneis de formato baldosa ou tella: Paneis de pequeno tamaño, pensados para ser combinados nun gran número e en grandes superficies.
    – Paneis solares bifaciales: Paneis especias que estan baseados para ser capaces de transformar en electricidade a radiación solar que pode ser en calquer das dúas caras.
    Según a seu material:
    – Silicio puro monocristalino: Unha barra de silicio en unha soa peza.
    – Silicio amorfo: Tamén estan feitos de silicio, pero non siguen unha estructura cristalina. Estos paneles son mais ben empleados para pequenos dispositivos electrónicos.
    – Silicio puro policristalino: As materias son semellantes as do silicio puro monocristalino ainda que o proceso de cristalizaciónn e diferente.
    – Arseniuro de Galio: Un dos materiais máis eficientes.
    – Teluro de cadmio.
    – Diseleniuro de cobre en indio.
    – Tándem.

  14. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO E PERMANECERÁ ASÍ DURANTE 10 DÍAS

  15. fab-estelavilanova di:

    Existen tres tipos diferentes paneis solares. Estes son os térmodinámicos, os térmicos e os fotovoltáicos.
    Os paneis solares termodinámicos son os máis utilizados pola poboación debido á súa maior eficiencia e o seu custo asequible. Este incremento na eficiencia débese á capacidade de captar enerxía solar de calquer estado meteorolóxico. Os seus paneis son menos pesados ca os das outras alternativas. Por outra banda, os paneis térmicos son os que teñen un funcionamento máis simple. As radiacións solares quentan os paneis e mediante un líquido a calor circula cara ó interior da vivenda. Neste caso, estes paneis precisan dun maior espacio debido ao seu tamaño.
    Finalmente, os paneis fotovoltáicos foron no seu día unha tremenda revolución. A súa implantación nos primeiros edificios supuxo que se introducise por primeira vez a posibilidade de xerar suficiente enerxía mediante estes mecanismos para abastecer as necesidades da mesma construción. Nestes paneis a enerxía das radiacións transmítese aos electróns dos materiais semicondutores dos mesmos, que conseguen separarse do núcleo e transladarse, creando unha corriente eléctrica.

  16. Victor di:

    E que son os Leds? Que ventaxes supoñen?

    • faa-lidiamartinez di:

      Os Leds son compoñentes eléctricos semiconductores que son capaces de transmitir luz ao ser atravesador por unha corrente pequena. Producen moitas variedades de cores e teñen un tempo de encendido moi curto. Na actualidade os Leds pódense incorporar en casi todas as tecnoloxías de iluminación, en edificios, casas, restaurantes, estadios, casinos, dicotecas, concertos etc. Taén son moi utilizados en dispositivos de señalización, en paneis informativos e móbiles.

    • fab-martinamendoza di:

      Os leds son uns diodos semiconductores que emiten luz e usanse como indicadores en moitos dispositivos.

      Ventaxes:

      -Teñen unha larga vida, é dicir, tardan en fundirse moitisimo máis tarde ca unha bombilla tradicional.
      -Teñen un baixo custe de mantenemento.
      -Teñen unha alta eficacia.
      -Posuen un encendido instantaneo.
      -Teñen unha emisión directa de luz e cor sen necesidade de filtros.
      -Teñen un maior control sobre regulación.
      -Non irradian infrarroxos nin ultravioletas.
      -E,Soportan ben as baixas temperaturas.

  17. Chus Aguín di:

    Os Leds son un compoñente eléctrico do ano 1962, que permite unha semicondución que emite luz. Usánse como indicadores en moitos dispositivos, pero maioritariamente na iluminación. Algunhas das súas vantaxes son: a redución do consumo enerxético; unha larga duración, o que conleva a unha redución de custos de mantemento; o traballo cunha baixa tensión e corriente fainos máis seguros e confiables; á baixa potencia non xeran calor; poder ser adaptados a certos grados de vibración ou impactos, debido o seu estado sólido; o tempo de resposta en ON/OFF-OFF/ON é instantáneo (aproximadamente dous segundos); pódeselle axustar a intensidade de brillo; son ideais para os dispositivos de iluminación multicor; permiten a elaboración de dispositivos de iluminación sencillos e fáciles de instalar; e por último, os Leds son excelentes para ser implantados en sistemas microcontrolados.
    Hoxe en día, incorpóranse nun porcentaxe mayor do 90% de todas as tecnoloxías e iluminacións actuáis como en casas, edificios, restaurantes,teatros, plazas comerciales, casinos, carreteras, discotecas… Todas estas aplicacións dánse debido a seu diseño compacto.

  18. fab-ivangomez di:

    Os Leds son un compoñente eléctrico que permiten a semicondución que a luz emite,teñen moitas vantaxes:
    -redución do consumo enerxético.
    -Teñen un período de larga duración.
    -Pódese axustar a intensidade de brillo.
    -Son moi eficientes.
    -Aguantan as baixas temperaturas.
    -Non necesitan filtros para emitir a luz.

    Hoxe en día os Leds encóntranse en calquera lugar,dende a iluminación dunha habitación á iluminación dun edificio.