Negro recordo

O 13 de novembro do ano 2002 (hai agora 10 anos) un petroleiro monocasco chamado “Prestige”, cando  se atopaba a 28 millas do Cabo Fisterra, emitía unha sinal de alarma. Naquel momento, pouco significaba para os galegos e galegas  que uns días máis tarde encontrarían o litoral cuberto polo primeiro baño de “chapapote”; primeiro aviso do que nos agardaba.

O maior desastre ecolóxico da costa galega cebouse inicialmente coas aves mariñas para posteriormente destruir moitos dos ecosistemas litorais que tardaría anos en recuperarse. Como parte do balance de destrución quedáronnos 2.600 Km de costa afectados polo fuel e un custo económico de 4.000 €. Atrás queda unha lamentable xestión política que deixou a moita xente indefensa ante a catástrofe. Tamén hai que recordar que neses momentos saíu o mellor da xente, e non se esquecerá o papel de voluntarios e mariñeiros na loita contra a marea negra.


Esta entrada foi publicada en Recursos naturais, Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Negro recordo

  1. fab-estelavilanova di:

    O Prestige foi un buque petroleiro monocasco de Liberia que operaba baixo a bandeira das Bahamas e o seu afundimento provocou un dos maiores desastres ecolóxicos da historia do noso país.
    Ese 13 de novembro do ano 2002, este barco veuse inmerso nun forte temporal e sufreu unha vía de auga. O 19 de novembro, intentando afastalo da costa, parteuse en dous ás 8 da mañán. O petroleiro que nese momento estaba a uns 250 km da nosa costa provocou esta tremenda catástrofe.
    A parte afectada non só era a nivel ecolóxico senón tamén a nivel industrial pesqueiro.
    Desde este desastre, os petroleiros similares ao Prestige foron afastados das costas española e francesa. A comisaria europea de transporte tamén conseguíu a prohibición dos petroleiros monocasco en toda a Unión Europea.

  2. Victor di:

    Considerades que o accidente do Prestige pode ser unha razón máis para estar en contra dos combustibles fósiles como fonte de enerxía?

    • faa-raulmartinez di:

      Considero que si. Que este accidente pode ser unha razón para estar en contra dos combustibles fósiles.
      O problema é que na actualidade os combustibles fósiles fan funcionar a case da totalidade dos vehículos de transporte e polo tanto non se pode prescindir de eles, por moi contaminantes que sexan, e eu penso que a solución é esperar a que a tecnoloxía moderna avance e desenvolva vehiculos que funcionen perfectamente con enerxía renovable e coas mesmas ventaxas que cos combustibles fósiles.

    • faa-yasminasanchez di:

      Por unha parte, non creo que por culpa dunha neglixencia haxa que deixar de usar combustibles fósiles, xa que estes son utilizados pola maioría dos vehiculos, e polo tanto agora mesmo non se pode prescindir deles.
      Pero por outra banda, penso que si, porque xa se viron os efectos desastrosos que teñen na fauna e no medio ambiente.

    • faa-saramarino di:

      Non, non creo que esa sexa unha razón de peso para estar en contra dos combustibles fósiles, xa que este tráxico accidente provocouse por mor da rotura do barco, non por culpa do petróleo directamente. Si que é verdade que estes combustibles son nocivos para o medio ambiente pero, hoxe por hoxe, estan demasiado implicados nas nosas vidas como para prescindir deles.

  3. faa-marinaduran di:

    O desastre do Prestige se produciu cando un buque petroleiro monocasco afundiuse frente a costa da Morte(Galicia), o 13 de Novembro do 2002, mentras iba cargado con 77.000 tonelada de petróleo.A marea negra provocada polo vertido resultante causou unha das catástrofes medioambientais máis grandes da historia da navegación, tanto pola cantidade de contaminantes liberados como pola extensión da área afectada,(dende o norte de Portugal ata as Landas de Francia). O episodio tivo unha especial incidencia en Galicia, onde causou ademáis dunha crisis política e unha importante controversia na opinión pública. O derrame de petróleo do Prestge foi considerado o tercer accidente máis costoso da historia, detrás da desintengración de Columbia e o accidente nuclear de Chernobyl.

  4. fab-danielsomoza di:

    Eu creo que non deberia ser unha razón para prescindir destes combustibles, xa que tódolos anos estanse a encontrar novos xacementos. Ademáis o afundimento, no foi por culpa do petróleo precisamente, si é certo que foi un accidente de dimensión enormes cando este combustible se verteu no mar en matou moita fauna marina, pero non provocou o accidente o petróleo neste caso, se non o buque o romperse.

  5. Victor di:

    Que tipos de barcos petroleiros existen?
    Pasan moitos por diante da costa galega?

    • faa-lidiamartinez di:

      – Clean Ballast Tank (CBT): son aqueles que usan tanques de carga, son moi propensos a contaminar e estánse extinguindo.
      – Segregate Ballast Tank (SBT): os tanques de lastre están separados dos tanques de carga e son menos propensos a contaminar.
      – Double Hull Tank (DHT): Constrúense para evitar as contaminacións en caso de colisións e minimizan os riscos de contaminación.
      – Ecologic Tank (ET): é un petroleiro de dobre casco.
      Cada ano pasan frente a Finisterra entre 40.000 e 60.000 buques mercantes (uns 120 ao día) destes, o 13% levan productos peligrosos e contaminantes como petróleo.Pasan centos de petroleiros cada ano polas costas galegas.

    • faa-saramarino di:

      Un petroleiro é un buque cisterna destinado ó transporte de diversas clases de combustibles líquidos. Existen diferentes tipos de petroleiros segundo a súa capacidade de transporte:
      -Costeiros: polo xeral son usados en trayectos costeiros cortos e cautivos.
      -Multipropósito: operan en tráficas diversos. Transportan petróleo crudo ou derivado.
      -Handysize tanker: encóntranse en áreas de operacións do Caribe, costa este dos Estados Unidos, portos do mar mediterráneo e no norte de Europa.
      -Panamax: posee unha capacidade que oscila entre 350000 y 500000 barilles de petróleo.
      -Aframax: ten unha capacidade de entre 500000 a 800000 barriles de petróleo. Soen transportar petróleo crudo habitualmente entre o Caribe, mediterráneo e o golfo pérsico.
      -Suezmax: transportan entre 900000 a 1200000 barriles de petróleo crudo.
      -V.L.C.C.(very large crude carrier): transportan un promedio de dous millóns de barriles. Polas súas dimensión son buques que, polo xeral, operan en terminales de mar a dentro.
      -U.L.C.C( ultra large crude carrier): aproximadamente teñen unha capacidade de 3 milloós de barriles.
      -Petroleiro de Bunkering: carga aprox. entre 1000 e 5000 DWT
      -Petrolero de Handymax: carga aprox. 45000 DWT.

      Si, pasan moitos por diante da costa galega ao longo do ano.

    • Raquel Martínez di:

      Hai varios tipos de barcos petroleiros, algún deles son os seguintes:

      -Suezmax: transita polo Canle de Suez, cunha capacidade de entre 125.000 e 200.000 toneladas.

      -Panamax: poden transitar polo Canle de Panamá, cunha capacidade de entre 50.000 y 79.000 toneladas.

      -Aframax: cunha capacidade de entre 80.000 y 125.000 toneladas

      -ULCC (Ultra Large Crude Carrier): cunha capacidade de máis de 500.000 toneladas.

      -VLCC (Very Large Crude Carrier): cunha capacidade de máis de 300.000 toneladas.

      -Lanzaderas: repiten continuamente o traxecto de ida e volta, desde pozo á refinería en terra onde descarga o crú para seu tratamento. Ten unha capacidade de 50.000 a 200.000 toneladas.

      -Costeiros: poden levar ata 16.500 toneladas usados en traxectos curtos.

      -Multipropósito: cunha capacidade desde 16.500 a 25.000 toneladas.

      -Handy Size Tanker: cunha capacidade de 25.000 a 45.000 toneladas, operan no Caribe, na costa Este dos Estados Unidos, Mediterráneo e Norte de Europa.

      Si, nun ano poden pasar entre 40.000 e 60.000 barcos petroleiros por Galicia, aproximadamente 120 ao día.

    • faa-yasminasanchez di:

      Hai moitos tipos de buques petroleiros:
      – Costeiros (coastal tanker): polo xeral son usados en traxectos costeiros curtos.
      – Multipropósito (General Purpose tanker): operan por diversos sitios.
      – HandySize tanker: operan no caribe, nas costas dos Estados Unidos, nos portos do mar mediterráneo e no norte de Europa.
      – Panamax.
      – Aframax: opera habitualmente polo caribe, polo mediterráneo e polo golfo pérsico.
      – Suezmax.
      – VLCC (very large crude carrier): opera polo xeral en terminais de mar adentro.
      – ULCC ( ultra large crude carrier)
      – Petroleiro de Bunkering.
      – Petroleiro de Handymaz.
      Cada ano pasan por Fisterra arredor de 45.ooo
      buques, dos cales, 15.000 deles con mercadorías perigosas.

  6. faa-marinaduran di:

    Un petroleiro é un buque cisterna de construcción especial,destinado ó transporte das diversas clases de combustibles líquidos, tales como crudo o productos derivados do petróleo.
    Os tipos principais son Costeros,que se soen empregar para traxectos curtos,o Multipropósito,o HandySize tanker,o Panamax,o Aframax,o Suezmax,o V.L.C.C ( very large crude carrier), o U.L.C.C( ultra large crude carrier),o Petroleiro de Bunkering e o
    Petroleiro de Handyma.
    Centenares de petroleiros pasan polas costas galegas cada ano.

  7. faa-soniaporto di:

    Eu penso que esta razón vale para non consumir combustible fósil, pero ten inconvintes: porque o combustible fósil pode utilizarse para producir calar.Tamén se pode usar para obter electricidade nas centrais térmicas e tamén a moitos vehículos. Pero co paso do tempo supoño que se deixara de usar combustible fósil e haiga outras formas de producir enerxía.

  8. faa-soniaporto di:

    Un petroleiro é un buque cisterna destinado ó transporte de diversas clases de combustibles líquidos e dependendo da súa capacidade de transporte hai varios tipos:
    -Costeiros:son usados en traxectos cortos e cautivos.
    -Multipropósito: transportan petróleo en crudo.
    -Handysize tanker: encóntranse en áreas de operacións do Caribe,nos Estados Unidos e nos portos do mar mediterraneo.
    -Panamax: ten unha capacidade entre 350.000 y 500.000 barilles de petróleo.
    -Aframax: ten unha capacidade de entre 500.000 a 800.000 barriles de petróleo. Soen transportalo entre o Caribe, mediterráneo e o golfo pérsico.
    -Suezmax: transportan entre 900.000 a 12.00.000 barriles de petróleo.
    -V.L.C.C.(very large crude carrier): transportan un promedio de dous millóns de barriles. Polas súas dimensión operan en terminales de mar adentro.
    -U.L.C.C( ultra large crude carrier): aproximadamente teñen unha capacidade de 3 milloós de barriles.
    -Petroleiro de Bunkering: oscila entre unha carga de 1.000 e 5.000 DWT.
    -Petrolero de Handymax: oscila entre unha carga de 45000 DWT.

    Si que pasan moitos petroleiros durante o ano pola costa galega.

  9. Victor di:

    Galiza ten unha historia negra en canto a accidentes de petroleiros. Suponse que estes antecedentes deberon ser suficientes para que teñamos mecanismos eficaces na loita e prevención contra este tipo de catástrofes; é isto certo?

    • faa-noar di:

      Este tipo de catástrofes non se ven todolos días, polo que nunca pensas que vaian a ocorrer nas costas próximas a ti. É certo que con este tipo de cousas deberíamos aprender a defendernos e a prevelas pero son cousas moi dificiles de parar, xa que nun acidente de este tipo, e dificilísimo conseguir que o fuel se pare e non chegue ás costas ou conseguir que non saía á superficie.

  10. faa-fabiolaalbornoz di:

    O ano pasado a Universidade Carlos III de Madrid (UC3M)fixo un estudo para analizar a capacidade da sociedade española para facer fronte a unha catástrofe coma a do Prestige e concluíu que en España todavía non se tomaron medidas técnicas nin xurídicas para prever estes riscos en comparación cos demáis países europeos.

  11. faa-bertaferreiro di:

    Pois aínda que parezca increible despois de sufrir varios accidentes de petroleiros, non temos mecanismos de prevención para estas catástrofes. Algúns expertos propoñen unha serie de medidas como:

    – Prohibir o tráfico de buques e petroleiros con mercancías perigosas a menos de 200 millas da costa.

    -Homologar as inspección dos petroleiros e avaluar as capacidades dos tripulantes.

    -Contar co material necesario como barreiras de contención e embarcacións especializadas para recoller o crudo e así poder actuar rapidamente se se producise un accidente.

  12. Victor di:

    Cando se fala da catástrofe do Prestige faise referencia a vertidos de fuel; é o mesmo o fuel ca o petróleo?

    • fab-carlaseren di:

      Non son o mesmo. O fuel é o resultado da refinación e destilación do petróleo, mentres que o petróleo é de orixen fósil froito da transformación de materia orgánica procedente de zooplancton e algas.

  13. fab-danielsomoza di:

    El petróleo é a materia da que sacamos o fuel asi como tamén moitos outros produtos como:
    -Gases: metano, etano e gases licuados do petróleo (propano e butano)
    -Nafta, ligroína o éter de petróleo
    -Gasolina
    -Queroseno
    -Gasóleo (lixeiro e pesado)
    -Fuelóleo
    -Aceites lubricantes
    -Asfalto
    -Alquitrán

  14. faa-marinaduran di:

    O petróleo é unha mezcla homoxéneoa de compostos orgánicos, principalmente hidrocarburos insolubles en auga.En cambio o fuel é unha fracción do petróleo que se obtén como residuo na destilación fraccionada.

  15. faa-bertaferreiro di:

    O petróleo e o fuel non son o mesmo. O petróleo é unha substancia oleosa de color oscuro composto por hidróxeno e carbono. O petróleo pode estar en estado líquido e chámase crudo, e en estado gaseoso, gas natural. Mentres que o fuel obtense a partir da refinación e destilación do petróleo.

  16. fab-estelavilanova di:

    Non é exactamente o mesmo. O fuel é unha fracción do petróleo que se obtén como residuo da destilación fraccionada do mesmo. É un dos combustible máis pesado dos destilados a presión atmosférica. Úsase como combustible para plantas de enerxía eléctrica, caldeiras ou fornos.
    Por outra banda, o fuel tamén se trata nalgúns procesos, a menor presión, para poder obter as fraccións máis pesadas do petróleo, como os aceites lubricantes e o asfalto, por exemplo.

  17. fab-alexandregrandal di:

    Non, o petróleo e a substancia base formada por hidróxeno e carbono, e a partir deste producto inicial podemos obter mediante o refinamento ou procesos semellante outras moitas materias como o fuel, un combustible para plantas eléctricas ou fornos; pero tamen outros moitos derivados como o asfalto (moi semellante en obtención ao fuel)ou calquera aceite lubricante.

  18. Victor di:

    Mareas negras non ocorren todos os días, pero o que si é moi común, son as limpezas de sentinas (“sentinazos”); en que consisten?, que perigo supoñen?, como se pode loitar contra eles?

    • faa-noar di:

      Os sentinazos son os vertidos ao mar de augas sucios que fan os buques e algúns pesqueiros. O CAMGAL (Plano territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galiza) non avalía a perigosidade, nin a localización, nin a frecuencia dos sentinazos, ou descargas ilegais pola limpeza dos tanques dos barcos. O documento só recolle a súa definición, malia a que esta é a principal fonte de contaminación difusa e continua do litoral por hidrocarburos.

  19. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO E PERMANECERÁ ASÍ DURANTE 10 DÍAS