Cartílago de tiburón

O Cartílago de tiburón (tamén chamado Aleta) foron usadas no Oriente durante séculos, xa que son unha fonte de proteínas, mucopolisacáridos, calcio e fósforo. O seu uso era meramente doméstico para cociñar sopas. Estas sopas son moi caras pero os Chinos sérvena nas celebracións, como banquetes e vodas, como símbolo de saúde e prestixio.

Actualmente descubriuse que o cartílago de tiburón é algo máis ca un ingrediente, é un potente antiinflamarorio e analxésico e tamén é un potente inhibidor tumoral. Polo que é moi recomendable o uso en todo tipo de dietas xa que non presenta ningunha reacción adversa. Ademais axuda en enfermidades como a psoriasis e a retinopatía, polos seus efectos rexeneradores. Moitos considérano unha gran fonte de proteínas e serve para que as articulacións se fortalezan e suframos menos lesións, pero ante todo, considérase un alimento que prevén do cáncro, debido o seu alto contido en sustancias protectoras das células.

Pero aínda  que sexa o seu uso moi beneficioso para a nosa saúde, as formas de conseguilo non son as apropiadas. A Aleta ten que ser cortada mentres o animal segue vivo e os pescadores tíranos logo o mar deixando así que morran desangrados. Este proceso é unha inxustiza, por iso puxeron a principios deste ano, a lei na que prohiben coller o cartílago de tiburón, pero por desgraza, seguen facéndoo.


Autora: Tania Cores González

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Cartílago de tiburón

  1. Victor di:

    Como se podería actuar a diferentes niveis (internacional, nacional, individual…) para rematar con esta carnicería?

    • faa-jessicacalo di:

      Penso que a nivel internacional poderíase poñer fin a isto mediante leis que vedasen esta cacería sempre que a nivel nacional se estuvese pendende de que ditas leis se leven a cabo e se cumpran. Individualmente o que deberíamos facer é rexeitar todo tipo de alimentos que leven cartílago de tiburón, por moito que sea beneficioso para a nosa saúda temos que pensar tamén nos animais e en que esta non é forma de tratalos.

    • fab-carlaseren di:

      Contra a xente que actúa deste xeito penso que se debería impoñer unha pena de cárcere. Porque esta xente o que fai é moi dañino. Otra cousa que tamén se podería facer á parte de pena de cárcere, é poñer unha sanción dunha cuantiosa cantidade de cartos a ver se con algunha destas accions a xente toma cociencia e deixa de facer isto.

    • fab-martinamendoza di:

      Os tiburóns mortos polo ser humano é de 6.000.000 o ano aproximadamente, destes calculase que sobre a metade foron capturados pola súa aleta, vertendo o resto do seu corpo no mar. Estas acións inhumans deberian conlevar unha forte sanción tanto a niveis internacionais como nacionais (Cárcere, fortes multas..)co fin de acabar con esta masacre que ningún tipo de ser vivo merece.

    • fab-ireavinas di:

      Ao meu xuízo,deberíase de impoñer un castigo a estas persoas, que non ven o dano que executan, cunha inxente suma de diñeiro ou coa ameaza de cárecere, a ver si deste xeito deixan de maltratar os animais así.

    • faa-yasminasanchez di:

      Eu penso que deben ser castigados, tanto con diñeiro ou con cárcere, xa que isto que fan está totalmente prohibido, porque non só lle cortan a aleta ó tiburón, senón que o fan mentres que están vivos, e aínda por enriba despois os tiran ó mar, e deixan que morran.
      Pero estes países fan a vista gorda, porque isto axuda a súa economía, ao seren os cátilagos de tiburón moi consumido.

    • faa-saramarino di:

      Penso que se debería de levar a cabo unha sanción forte, que faga pensar ás persoas se queren correr estes riscos, xa que de seguir con esta masacre pódense desencadear diversos problemas. A xente debería de facerse consciente, xa por si soa, de que esta non é maneira de tratar a un animal por moitas ventaxas que nos poida proporcinar.

  2. faa-marinaduran di:

    De maneira nacional, con leis moi estrictas sobre o seu prohibimento e con castigos severos,non unha pequena multa.Pero de maneira internacional,xa que non en todos os países hay tiburóns,poderíase actuar evitando o seu comercio, e de forma individual non mercandoo. Se ninguén o merca ninguén o querrá vender. Penso que esto podería reducir o problema,máis non eliminalo,xa que, moitas veces( como se aprecia no caso das drogas), por moito que o prohíban a sua venta e consumo, continua o seu mercado.

  3. fab-martinperez di:

    Penso que en diferentes niveis deberían ter todos a mesma pena(pena de cárcere),xa que o trato que teñen estas “persoas”con estes animais é inhumano,se inda se aproveitase o animal enteiro aínda tería algún sentido,pero tiralos vivos a auga mentres se desangra a min paréceme un homicidio.

  4. faa-bertaferreiro di:

    Penso que unha das medidas a tomar dentro das nosas posibilidades e que as persoas se mentalicen desta carnicería e se non hai demanda deste producto esta situación poderíase remediarse uo. E por outra banda deberían endurecer as leis da pesca de tiburóns e aumentar a vixilancia nos portos pesqueiro por exemplo.

  5. Victor di:

    De considerar aos tiburóns como especies pesqueiras (aproveitando todo o animal)sería igualmente axeitado o aproveitamento das aletas?

    • fab-martinamendoza di:

      Dende o meu punto de vista, opino que seguiria sendo unha autentica masacre, o feito de que se chegara a utilizar o resto do tiburon non fai que esta inxustiza sexa menor, na miña opinión segue sendo igual de inhumano xa que o sufrimento deste animal vai ser exactamente o mesmo e aínda que esa aleta traiga consigo uns certos beneficios para as persoas deberiamos renunciar a elas e así poñer dunha vez fin a esta aberración.

    • faa-yasminasanchez di:

      Penso que si aproveitaran todo o animal sería moito mellor xa que, como di Martín, o facemos con todos os peixes, e non cortarlle a aleta e despois tiralo ó mar, desangrándose e deixando que morran.
      Pero sigo dicindo que aunque o cartílago de tiburón sexa moi bo para a nosa saúde, é unha crueldade cortarllo mentres están vivos.

    • faa-jessicacalo di:

      Estou completamente de acordo con Martín. Todo o que signifique matar un animal para o noso beneficio é un asasinato, e algunhas formas de facelo son completamente inxustas e fan sufrir ó animal. Pero así é o ciclo da vida, nós tamén temos que alimantarnos de algo aínda que non nos guste a idea de que o animal sufra. Neste caso, si o tiburón é pescado dun xeito legal, cumprindo todas as normativas e sobretodo respetando as vedas, si se aprobeita todo o animal pareceme algo máis propio e aceptable.

  6. fab-estelavilanova di:

    Seguiría sendo unha aberración en calquera dos casos. Como ben di Tania no artigo, por moi beneficioso que sexa o seu consumo, a súa obtención é totalmente inxusta e inapropiada. Non se debe facer sufrir a un animal baixo ningunha causa ainda que comprendo que sexa tan tentador para o mercado.

  7. fab-martinperez di:

    Se se aproveitára todo o animal eu xa o vería mais normal,acaso non facémos o mesmo que o resto do pescado do que nos alimentamos?por esa regla de tres,por cada peixe morto habería unha gran inxustiza.

  8. Raquel Martínez di:

    Eu opino que seguiría sendo unha masacre pero non sería tan inxusto xa que non os devolverían ao mar vivos e sen aletas, o cal é moi cruel. Tendo en conta que facemos o mesmo cos demais animais, mentres non sexa un abuso, non sería tan malo.

  9. Victor di:

    Existe algún tipo de lexislación que protexa ás especies de tiburóns contra este tipo de pesca?

  10. faa-fabiolaalbornoz di:

    Este método é negativo en case todos los aspectos. O tiburón constitúe un importante pilar da cadea alimenticia mariña, e á vez da vida terrestre, xa que o 70% do osíxeno ven dos oceanos. Se eliminamos a este depredador produciríase unha alteración na cadea alimenticia e non poderíamos predecir o que podería ocorrer despois.
    Se fose necesaria a pesca do tiburón, esta non debería facerse a gran escala, senón podería ser unha opción minoritaria, aproveitando todo o animal.

  11. fab-alexandregrandal di:

    Existen normas para a protección do tiburon, países como Estados Unidos teñen en vigor leis que impiden a caza ou desembarco de tiburóns nas súas augas ou costas e de feito a Unión Europea en colaboración con E.E.U.U. ten unha lei de comercio, a CITES (Convención de Comercio Internacional de Especies Ameazadas)coa que regulan a caza de este tipo de especies.