Anos de traballo ao lixo

O gran furacán Sandy tamén afectou á ciencia debido aos seus apagóns e inundacións. Varios laboratorios da cidade de Nova York víronse gravemente afectados, nalgúns perderon miles de roedores e algúns experimentos foron afectados de tal xeito que se retrocederán varios anos.

O centro Smilow da Universidade de Nova York foi un dos máis afectados. Atópase ao leste de Manhattan e os apagóns que Sandy provocou na noite do luns detruíron centos de probas biolóxicas que se conservaban en frigoríficos e conxeladores que non puideron contar cun xerador de corrente alternativo.

Ademais, os roedores estaban situados nos sotos do centro e isto provoucou, mediante as inundacións, a morte de mais de 7.500 ratos nos laboratorios a pesar dos esforzos dos traballadores por tratar de salvar as gaiolas onde se atopaban os animais.

Moitos outros centros do país ofrecéronse para compartir os seus ratos de laboratorio cos investigadores afectados, aínda que nalgúns casos será imposible reemprazar aos animais de estudio que xa sufrían modificacións xenéticas ou características únicas. O director desta institución, Gordon Fishell, dedicado á neurociencia, recalcou que algúns deses exemplares eran froito de 10 anos de traballo e que tardarán moito tempo en reemprazalos.

Autora: Noa Rivas Martínez

<!–[if gte mso 9]> Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4 <![endif]–> 
Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Cambio Climático, Catastrofes naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Anos de traballo ao lixo

  1. Victor di:

    Furacáns; que son? como se orixinan?, onde?

    • fab-carlaseren di:

      Os furacáns son tormentas que se orixinan nos océanos. Para que se formen deben de darse tres factores indeispensables que son que a temperatura da auga sexa superior a 28ºC para que se produzca a súa evaporación e condensación en capas superiores; que a evaporación xenere un centro de baixa presión e que os ventos alisios aporten aire frío nas capas altas da atmósfera.

    • faa-lidiamartinez di:

      Os furacáns son como motores xigantes que usan aire cálido e húmido como combustible. Fórmanse só sobre océanos de auga templada, cerca do Ecuador. O aire cálido elévase causando unha área de menor presión de aire cerca do océano. Cando o aire se eleva, enfríase e forma nubes. Todas estas nubes e aire, xiran e crecen alimentándose pola calor do océano e ao xirar cada vez máis rápido fórmase un ollo no medio.
      As tormentas que se forman ao sur do ecuador xiran noo sentido das agullas do reloxo e as que se forman no norte do ecuador xiran en sentido contrario. Isto débese a que a Terra xira sobre o seu eixe.
      Cando os furacáns tocan terra debilítanse pero causan moito dano pola chuvia e o vento antes de desaparecer por completo.
      Fórmanse sobre o Océano Atlántico e sobre o Pacífico oriental.

    • faa-yasminasanchez di:

      O furacán é un tipo de ciclón tropical, xeralmente corresponde a un centro de baixa presión atmosférica e de temperatura máis alta da que hai inmediatamente arredor, ten unha circulación pechada arredor dun punto central, coñecido como “o ollo do furacán”.
      O furacán orixínase cando os raios do sol quentan a auga do océano, o aire húmedo quéntase, expándese e comeza a elevarse,e así sucesivamente.
      Os furacáns fórmanse en diferentes meses do ano e en diferentes lugares, pero polo xeral orixínanse na época máis calurosa, xa que precisan que a temperatura do mar este a máis de 80F, e tamén precisan moito océano para cobrar forza e nutrirse.

    • faa-inesfeijoo di:

      Un furacán é un fenómeno meteorolóxico que consistente nun tipo de sistema de baixa presión que se forma xeralmente nas rexións tropicais. Aínda que estes meteoros poidan ser altamente destrutivos para o ser humano e o seu entorno, son unha parte importante do sistema de circulación atmosférico, levando a calor da rexión ecuatorial a latitudes máis altas.

    • fab-taniacores di:

      Os furacáns son tormentas tropicais moi fortes, que xeneran ventos de más de 100 km/h. Soense orixinar no mar e son unha parte importante do sistema de circulación atmosférica que move o calor desde as rexións cercanas o Ecuador ata outras latitudes.
      Cando a temperatura da auga é maior a 28º, xenera unha rápida evaporación e a sua vez quenta o aire. O aire o quentarse sube e o subir fai que a presión atmosférica baixe, creando así un centro de baixa presión que si ten unha anchura intermedia o aire que sube ten unha gran proyección vertical e deixa sentadas as bases para crear unha tormenta. Nas zonas do lado a temperatura do aire é máis fría e a presión máis alta, polo que o aire é atraído polo centro de baixa presión e comeza a ascender. Así comezase a formar o huracán.

      .

  2. faa-cristinaporto di:

    O furacán é o máis severo dos fenómenos meteorolóxicos coñecidos como ciclóns tropicais. Estes son sistemas de baixa presión con actividade chuviosa e eléctrica cuxos ventos rotan antihorariamente no hemisferio Norte. Un ciclón tropical con ventos menores ou iguais a 62 km/h é chamado depresión tropical. Cando os ventos alcanzan velocidades de 63 a 117 km/h chámase tormenta tropical e, ao exceder os 118 km/h, a tormenta tropical convértese en furacán.
    Os furacáns fórmanse en moitas rexións oceánicas do mundo. Así como existe a Cuenca do Atlántico existen outras 6 concas ou áreas nas que se forman ciclóns tropicales. Sin embargo o nome que reciben estes fenómenos atmosféricos depende da rexión do mundo en que se formen. Ao Furacán chámaselle Ciclón se se forma na Baía de Bengala e no océano Índico norte; Tifón, se se forma no oeste do océano Índico (Xapón, Corea, China…); Willy-Willy en Australia; Baguío en Filipinas.Todos son nomes equivalentes referidos ao mesmo tipo de sistema atmosférico.

  3. Victor di:

    Existe relación entre os furacáns atlánticos e o cambio climático?

    • faa-inesfeijoo di:

      Dende o punto de vista científico, hai conexión entre os fenómenos climáticos locais, como furacáns e fenómenos climáticos globais, como o cambio climático. Kevin Trenberth, dou a coñecer que os efectos do furacán Sandy foron máis intensos debido ao cambio climático, xa que se elevou a temperatura do mar 2º polo que houbo un 10 por ciento máis de auga evaporada probocando un aumento do 20 por cen das chuvias.

    • fab-martinamendoza di:

      Os furacáns son o mecanismo da terra para repartir o exceso de calor dos trópicos a zonas máis frías. Para que se produzan debense dar varias circunstancias. A principal é a existencia de augas moi cálidas na superficie do océano. Polo tanto si que ten que ver co cambio climático xa que có calentamiento global estes fenómenos son moito máis frecuentes e con unha gran intensidade.

  4. faa-marinaduran di:

    A cantidade de furacáns que se forman hoxe en día no océano Atlántico é máis do doble que os que había fai 100 anos, según señala un novo estudo estadístico sobre os furacáns.
    Os responsable desto parecen ser o aumento da temperatura do océano e a variación do vento, que son efectos do cambio climático.

    En cambio, atopei outra información diferente desta, que consistía en que, polos mesmos efectos do cambio climático, habería menos furacáns, pero máis destructivos.

  5. fab-martinamendoza di:

    O furacán é o máis severo dos fenómenos meteolóxicos coñecidos como ciclóns tropicais. Estes son sistemas de baixa presión con actividade chuviosa e eléctrica nos que os ventos rotan no hemisferio norte.

  6. Victor di:

    Hai algunha diferenci entre unha borrasca, unha tormenta e un furacán?

    • fab-martinamendoza di:

      Tanto a borrasca, como a tormenta e o furacán son fenómenos atmosféricos que causan o mal tempo, pero cada unha delas actuan de forma diferente; as borrascas asocianse normalmente con ventos fortes e elevacións atmosféricas traendo ceos nubosos que miminizan as temperaturas, por outro lado unha tormenta orixinase cando hai varias masas de aire a diferentes temperaturas así provocando os relampagos, chuvia… e por último un furacán son sistemas de baixa presión con actividade chuviosa e eléctrica pero con moitísima máis intensidade ca tormenta.

    • faa-lidiamartinez di:

      Os tres son fenómenos atmosféricos que producen o mal tempo.
      Un furacán é unha tormenta xiratoria de orixen tropical.
      Unha tormenta é un fenómeno que se caracteriza pola coexistencia de dúas masas de aire de diferentes temperaturas que están próximas. Caracterízase polas chuvias, tronos, ventos, relámpagos e granizos.
      E unha borrasca é unha zona de baixa presión atmosférica que se caracteriza por ventos fortes e chuvias abundantes.

    • faa-yasminasanchez di:

      Os tres son fenómenos atmosféricos, pero teñen características diferentes:
      – A borrasca é unha zoa de baixa presión atmosférica e normalmente asociáse con ventos fortes e ceos cubertos, que fan que as temperaturas baixen.
      – O tornado é un fenómeno meteorolóxico que consiste nun embudo de aire que rota de forma violenta, o seu extremo inferior toca o chan e o superior unha nube cumulonimbus. Provocan fortes ventos, chuvias, granizos, tronos e relámpagos.
      – O furacán é unha violenta tormenta tropical con ventos en espiral arredor dun núcleo, chamado ollo.

  7. faa-marinaduran di:

    Unha borrasca é unha rexión onde a presión atmosférica é máis baixa ca do aire circundante,mentres que unha tormenta é un fenómeno caracterizado pola coexistencia próxima de dous ou máis masas de aire de diferentes temperaturas. Por outra parte, un furacán é un sistema de tormentas caracterizado pola circulación cerrada ao redor dun centro de baixa presión e que produce fortes ventos e abundante choiva.

  8. fab-estelavilanova di:

    Unha borrasca definiríase como unha alteración atmosférica caracterizada por vento e chuvia producida polas baixas presións. A diferencia de esta, unha tormenta sería un fenómeno caracterizado pola coexistencia de dúas ou máis masas de aire con diferentes temperaturas. Polo tanto, desemboca nunha inestabilidade asociada ás chuvias, ventos, lóstregos, tronos e pode que ocasionalmente, se se dan as condicións meteorolóxicas, granizos. Finalmente, un furacán é unha tormenta tropical con fortes ventos que circulan ao redor dunha área de baixa presión. Cando a velocidade dos ventos chega aos 110 km/h, esta tormenta clasifícase oficialmente como furacán.

  9. faa-bertaferreiro di:

    Unha borrasca é unha tempestade forte que se orixina especialmente no mar, diferénciase dunha tormenta no que tamén é unha perturbación violenta da atmosfera, con vento, chuvia, pera esta provoca tronos e lóstregos. Mentres que un furacán é unha tempestade forte que se caracteriza por un vento moi violento.

  10. fab-adrianaribeiro di:

    BORRASCA
    Son as preturbacións atmosféricas máis importantes en latitudes medias. Formanse pola interacción de masas de aire frío (polar) con aire quente (tropical), que se van desarollando ó largo do frente polar. Dito frente atópase nunha zona de baixas presións con ventos circulando en distintas direccións, provocando que isteis ventos non se mezclen e formen una borrasca ondulatoria.
    TORNADO
    Denominase unha borrasca de menor tamaño (100-500 m. de diametro), e de grande intensidade podendo alcanzar os 400 km/h. Formase debaixo dos cumulonimbos. Este fenómeno atmosférico deixa ver “a chimenea”, un cono cilíndrico que vai dendo a nube ata o chan.
    HURACANS
    Son o centro dunha borrasca circular caracterizada pola baixa presión atmosférica no seu interior

  11. Victor di:

    Seguro que entre a maioría da sociedade pasará desapercibido o feito que se trata neste artigo relacionado coa desfeita en investigación como consecuencia da destrución de animais de laboratorio. Facede unha valoración deste feito.

    • faa-jessicacalo di:

      A pesar de que esta desfeita que fixo o furacán Sandy nos centros de investigación é realmente importante e considerable, non só para a ciencia senon para todos nos que dun xeito ou outro tamén nos implica; vexo, á igual que as miñas compañeiras, totalmente comprensible que a sociedade non centrase a súa antención en esta noticia ou que nin se chegase a enterar dela. O porqué e lóxico xa que os cidadáns están máis pendentes das desfeitas que houbo en grandes empresas que afectaron a todo o mundo (como o caso da caída dalgúns servidores de páxinas e videoxogos por internet), das desfeitas en constuccións importantes e vivendas, do impacato económico que supondrá reparar tales danos e das mortes que deixou dito furacán.

  12. faa-bertaferreiro di:

    Nestes momentos da situación económica actual, de certo modo penso que é comprensible que a maioría da sociedade non se entere desta noticia que perxudica a investigación porque nas súas vidas diarias teñen outras preocupacións que lle afectan directamente.

  13. faa-lidiamartinez di:

    Eu non me enterara desta noticia ata que lin este artigo, na televisión escoitei que o furacán Sandy deixara sen luz a moitas familias, e causara moitas desfeitas pero non sabía que tivera estas consecuencias nesas investigacións.
    Como Berta, opino que a crise económica, que nos perxudica a todos, causanos maior preocupación xa que nos afecta directamente no presente.
    Xunto co desastre de Sandy estabas as eleccións norteamericanas as cales tamén se lle deu moita importancia nese momento e non se centraban noutros asuntos.

  14. fab-estelavilanova di:

    Paréceme que o asunto que se trata neste artigo é realmente serio e que nos medios de comunicación non se lle deu importancia no seu día. Moitas veces os telexornais ou os periódicos céntranse exclusivamente nas consecuencias que estes fenómenos teñen sobre as cidades e as casas da poboación, pero non se meten afondo nestas cuestións que ao fin e ao cabo aféctannos a todos xa que dependemos tanto da evolución científica.