Ametropías e inconvenientes

O LASIK é unha das técnicas máis utilizadas para a corrección das ametropías esferocilíndricas: a miopía, o astigmatismo e a hipermetropía. Consiste no moldeado da superficie da córnea mediante ablación facendo uso do láser excimer. A técnica foi posible grazas ao oftalmólogo español José Barraquer, quen no ano 1960 foi capaz de cortar a córnea en pequenas capas e alterar a súa forma utilizando un procedimiento chamado Queratomileusis.

Antes da operación, a córnea do paciente examínase para determinar o seu grosor e contorno. Usando un láser de baixa potencia, crease un mapa topográfico da córnea. Con esta información, calcúlase a cantidade e localización do tecido corneal a eliminar no proceso. A operación realizase co paciente desperto; dura aproximadamente dez minutos por ollo e resulta indolora. Poucas horas despois, pode verse con claridade sen gafas. Tras unhas semanas de tratamento mediante gotas para combater a sequidade ocular e a irritación, o indivíduo posuirá unha visión notablemente mellor, sen risco a volver a sofrir ningún tipo de ametropía. So é recomendable para as persoas con menos de dez dioptrías e coa córnea suficientemente gruesa. Outro método alternativo é o implante de lente intraocular.

As lentes intraoculares de cámara posterior son unhas lentes elásticas e deformables que se implantan de forma permanente entre o iris e o cristalino do ollo a través dunha sinxela operación. Ao ser deformables, poden introducirse pregadas mediante unha inxección para logo despregala dentro. Non obstante, a lente pode interferir na circulación do humor acuoso que hay entre o iris e o cristalino, provocando hipertensión ocular e incluso xerar glaucoma. Aínda que se toman moitas precaucións neste método, non é recomendable practicalo en persoas coa tensión ocular alta.

 


Autor: Paulo Díaz

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde. Garda o enlace permanente.

29 Responses to Ametropías e inconvenientes

  1. Victor di:

    Que sigifica ametropía?

    • faa-noar di:

      A ametropía e calquer defecto ocular que dea lugar a un enfoque inadecuado sobre a retina, causando unha diminución na agudeza visual. Este tipo de anomalías soen ser conxénitas, aínda que na minoría dos casos poden ser adquiridos co tempo, por diversos motivos. Cando estes defectos visuais son conxénitos denomínaselles ametropías. As principais son: a miopía, a hipermetropía e o astigmatismo. En todos os casos anteriores corríxense co uso de gafas correctoras.

    • fab-martinamendoza di:

      Ametropía é un defecto da refración ocular que impide que as imaxes se formen debidamente na retina, esta a súa vez produce hipermétropia(defecto da visión polo cal percibense confusamente os obxetos proximos por formarse a imaxe máis ala da retina), miopía(defeto da visión causado pola incapacidade de enfocar obxetos afastados)o astigmatismo(defecto visual por anomalías nas curvaturas de refración do ollo, principalmente na córnea e, en maior grao, no cristalino, de forma cos raios luminosos non se poidan enfocar claramente nun punto da retina).

    • Raquel Martínez di:

      A ametropía é unha anomalía ou defecto ocular que impide o dificulta que as imaxes se enfoquen correctamente sobre a retina, o que causa unha diminución da agudeza visual.
      Tipos de ametropía:

      -Miopía: unha persoa con miopía ten dificultades para enfocar ben os obxectos lexanos.

      -Hipermetropía: Unha persoa con hipermetropía ten problemas para ver ben a distancias cortas, pero poden ver mellor as distancias largas. Moita xente pode adquirir hipermetropía co paso dos anos e coa vellez.

      -Astigmatismo: impide o enfoque de obxectos cercanos e estes vense distorsionados. Unha persoa con miopía ou hipermetropía pode ter tamén astigmatismo.

    • faa-yasminasanchez di:

      A ametropía é a incapacidade do ollo para formar a imaxen dun obxecto na retina por unha desproporción entre a lonxitude do ollo e da potencia do seu sistema de lentes. A consecuencia é que por cada punto do obxecto visualizado fórmase na retina unha imaxen circular borrosa no lugar dun punto nítido. Distínguense dous tipos de ametropías:
      – As esféricas: se a curvatura de tódala superficie do dioptrio é uniforme, pode ser miopía ou hipermetropía.
      -As non esféricas: se non conserva dita curvatura, é astigmatismo

    • fab-taniacores di:

      Unha ametropía é calquera defecto ocular que ocasione un enfoque inadecuado sobre a retina, ocasionando unha diminución visual.
      As principais ametropías son a miopía, a hipermetropía e o astigmatismo. En todas elas o método de corrección é o uso de lentes correctoras.

  2. faa-soniaporto di:

    Coñécese como ametropía calquera defecto ocular que ocasione un enfoque inadecuado da imaxe sobre a retina, causando polo tanto unha diminución da agudeza visual. Os defectos de visión que proveñen de problemas de refracción do ollo adoitan ser defectos conxénitos, aínda que na minoría dos casos poden ser adquiridos co tempo, por diversas razóns. Cando os defectos de refracción son conxénitos, denomínaselles ametropías.
    As principais ametropías son a miopía, a hipermetropía e o astigmatismo, en todas elas o déficit de agudeza visual se corrixe co uso de lentes correctoras.
    Tipos de ametropías:
    Ametropías axiais: o defecto está na lonxitude axial do globo ocular, ou distancia entre a córnea e a retina. Son as máis frecuentes.
    Ametropías refractivas: o defecto está no índice de refracción do cristalino, como acontece nos defectos de refracción adquiridos que debense a varias causas unha delas e enfermidades no ollo.

  3. faa-raulmartinez di:

    A ametropía é calquera irregularidade no globo ocular que provoca o desenfoque da imaxe na retina produciondo unha disfunción visual.
    E como exemplo cabe destacar a miopía, que é debida ao excesivo desviamento dos rayos de luz ao atravesar o cristalino e polo tanto envía unha imaxe deficiente ao cerebro.
    Outras ametropías importantes son a hipermetropía, o astigmatismo ou a presbicia.

  4. Victor di:

    Máis cousas: tensión ocular e glaucoma; que son?, teñen algunha relación?

    • fab-carlaseren di:

      Tensión ocular e glaocuma é o mesmo. É unha enfermidade dos ollos que non da síntomas nas primeiras fases da enfermidade; máis a diante aparecen defectos no campo visual e perda progresiva no campo da visión. Consiste nun aumento da tensión ocular que provoca a perda progresiva das fibras nervosas da retina e cambios no aspecto do nervio óptico.

    • faa-lidiamartinez di:

      O glaucoma é unha enfermidade progresiva do nervio óptico, que a veces se asocia con tensión ocular. Pero esto non é sempre así, o glaucoma é o dano no nervio, non a tensión ocular elevada. O glaucoma rouba visión de maneira gradual. Na maioría dos tipos de glaucoma, o sistema de drenaxe do ollo tápase polo que o fluido intraocular non pode drenar, acumúlase e causa un aumento da presión no interior do ollo danando o nervio óptico, o que leva á pérdida de visión.
      Podemos decir que o glaucoma é o aumento da presión intraocular que ten relación coa tensión ocular.

    • faa-yasminasanchez di:

      O glaucoma é unha enfermidade dos ollos que se caracteriza pola pola pérdida progresiva das fibras nerviosas da retina e cambios no aspecto no nervio óptico. Un dos principais factores que inflúen na aparición de glaucoma é a presión intraocular allta.
      A tensión ocular é o nome coloquial que recibe a presión intraocular, esta é a presión que exercen os líquidos oculares contra a parede do ollo, a cal é necesaria para que este órgano se manteña estirado en forma de esfera.
      Polo tanto teñen relación, xa que é a “tensión ocular” a causa mías habitual da aparición de glaucoma.

    • fab-martinamendoza di:

      A glaucoma e a tensión ocularsi teñen algunha relación xa que a glaucoma é unha enfermidade ocular caranterizada frecuentemente por hipertensión ocular e afetación do nervio óptico.
      É unha das principais causas de ceguera en persoas maiores de entre 40 e 50 anos.

  5. Victor di:

    E realmente para que serve un ollo? Son todos os ollos iguais?

    • fab-martinamendoza di:

      En xeral, os ollos funcionan como unhas cámaras fotográficas sinxelas. A lente do cristalino forma na retina unha imaxe invertida dos obxetos que enfoca e a retina correspondese coa película sensible á luz.
      Non todos os ollos son iguais, un dos motivos de que non o son é que co aumento da idade de cada persoa, as lentes vanse endurecendo pouco a pouco e a visión cercana disminue facendo que nos últimos anos de vida das persoa perdan a capacidade de captar imaxes a pequenas distancias(polo tanto un neno de 6 anos non ve igual cunha persoa de 67 anos, por exemplo), tampoco considero que son iguais porque non todos os ollos ven coas mesma claridade. Como tamén unha diferencia que podemos observar a simple vista, a cor, non todos os ollos son da mesma cor.

  6. faa-marinaduran di:

    O ollo é un organo que detecta a luz e a base do sentido da vista. A súa función consiste básicamente en transformas a enerxía lumínica en señais eléctricas que son enviadas o cerebro a través do nervio óptico.
    Non, todos os ollos son diferentes, tanto na cor, que é uha cuestión de xenética, igual co tamaño, como na córnea, a retina, etc.
    Eso implica tamén que cada persoa teña diferentes problemas visuais e enfermedades do ollo.
    Victor, equivoqueime e o anterior comentario envieino en castelán, este é o válido.

  7. Victor di:

    Funciona igual un ollo dunha vieira, ou o dunha mosca ca o noso?

    • fab-martinamendoza di:

      Non, non funcionan igual. Os ollos dos humanos detectan a luz transformando a enerxía lumínica en sinais eléctricas que se envian posteriormente ó cerebro. En cambio os numerosos ollos das vieiras están formados de dúas retinas que son moi sensibles ó aumento ou diminución da intensidade de luz. E como non, os ollos das morcas tampouco funcionan igual cós ollos dun humano xa que están formados por unhas 2000 unidades individuais ademais de non ter parpados.

  8. fab-estelavilanova di:

    Os ollos que posúen as vieiras, que poden chegar a ser ata cen ollos reflectores, están constituídos por dúas retinas sensibles ao aumento e diminuición da intensidade da luz. Cada un dos seus ollos percibe só un punto do cadro xeral da visión mentres que a totalidade da imaxe se suma no seu cerebro.
    As moscas, por exemplo, teñen ollos compostos por unha gran cantidade de lentes individuais nas que detectan a intensidade da luz. Estas non teñen pálpebras, así que mantéñenos limpos gracias ao frotamento das súas patas neles. Por outra banda, os seres humanos posuímos visión binocular, é dicir, podemos ver en tres dimensións e este está formado por varios organismos como as pálpebras, globos oculares, aparato lagrimal e os músculos oculares externos.

  9. Victor di:

    Considerades que a vista é o órgano do sentido máis importante para o ser humano?

    • faa-jessicacalo di:

      Á miña opinión si o é. A vista é o sentido que máis seguridade nos aporta ó longo da nosa vida. Gracias a él percibimos todo canto nos rodea, non só os lugares, as situacións ou as cousas senon tamén os sentimentos. A vista permítenos movernos con toda facilidade polo mundo exterior, distinguindo os sitios bos dos malos, onde hai perigo e onde non. Permítenos recoñecer as cousas moito máis rápido que calquer outro sentido e caracterizalas con todo detalle ó momento.
      Hoxe en día vivimos nunha sociedade onde sen vista podémonos adaptar igual o noso entorno, pero nunca teremos a mesma seguridade á hora de desplazarnos por el.

    • fab-carlaseren di:

      Desde o meu punto de vista é un dos sentidos máis importantes, porque permítenos poder facer as cousas por nós mesmos sen estar pendentes de que alguén nos axude, por exemplo a ler unha etiqueta cando estamos nun supermercado, xa que un invidente non o podería facer porque non está escrito en braile. Por iso para min, é o máis importante xa que nos permite facer moitas actividades de forma autosuficiente.

  10. faa-lidiamartinez di:

    Penso que si, que a vista é o sentido máis importante. A vista permítenos dispoñer dunha vida cotidiana autónoma. Poder ver danos confianza e autoseguridade. Este sentido permítenos realizar unha gran cantidade de actividades, traballar, facer deporte,conducir, cuxa actividade non poderíamos realizar sin non dispuxéramos deste sentido.
    A nosa sociedade está feita para utilizar o sentido da vista e tamén o oído, por iso para nos son os máis importantes, ver a televisión, Internet, escoitar a radio, leer, escribir.
    Mais en outras culturas, por exemplo, tribus que viven na selva ou no deserto seríalles primordial os sentidos do olfacto e do tacto, para reconocer olores, sentir a humidade, ou o oido para distinguir os sons.

  11. faa-yasminasanchez di:

    Eu penso que sí, que a vista é o órgano máis importante do ser humano.
    Xa que nos permite facer moitísimas cousas como traballar, practicar deportes, poder pasear tranquilamente sen ter que prescindir da uxuda de nada nin de ninguén, conducir e ler, entre outras moitas cousas.
    Pero hoxe en día as persoas cegas tamén poden facer estas cousas grazas ós bastóns, os cans lazarillos, o sistema braille e sobre todo as axudas de organizacións para cegos.

  12. fab-estelavilanova di:

    Na miña opinión non creo que sexa o máis importante. Penso que no seu conxunto, a suma de todos os nosos sentidos, fai que podamos ser seres humanos completos e que non necesariamente a vista sexa máis importante que o olfacto ou o oído, por exemplo. Por outra banda, paréceme que o feito de non poder ver é o que tería no ser humano maior impresión e repercusión, xa que hoxe en día, a nosa sociedade está moi implicada en toda a información que nos chega mediante a vista.

  13. Victor di:

    Existen seres vivos cunha visión mellor ca nosa?

    • faa-yasminasanchez di:

      Si que existen seres vivos cunha visión mellor ca nosa.
      – No ámbito diurno: a visión da aves rapaces por exemplo, porque ademais de ter fóvea central, coa que teñen resolución de imaxen, teñen a parte unha segunda, para a visió periférica, cousa que o ser humano non é capaz de facer, xa que só ten unha fóvea en cada ollo. E iso que os ollos das aves son máis pequenos que os nosos.
      – No ámbito nocturno: aquí é onde en máis desventaxa estamos, xa que o ollo humano é un ollo diurno. Os ollos nocturnos ao teren que recoller o máximo de luz posible, son máis grandes con relación ó tamaño do seu cráneo, por exemplo os lemures, os búhos, as lechuzas…

  14. fab-martinamendoza di:

    Na miña opinión penso que si, que a vista é o sentido máis importante que posuimos, xa que a través da vista permitenos saber con claridade a maioria do que acontece ó noso arredor. Aínda que hoxe en día hai millóns de adaptacións para os cegos, fai que esas persoas estén máis privadas de facer moitas actividades que persoas que non o estén ou que carezan doutros sentidos poden ter.

  15. faa-marinaduran di:

    Si existen seres vivos cunha visióm mellor ca nosa, por exemplo, as grandes aves de presa ou rapaces poseen a mellor agudez visual coñecida. Varias veces superor a humana, aínda cos seus ollos sexan máis pequenos cos nosos.E iso se falamos só de visión diurna, no caso de visión nocturna os lemures ou os búhos son os de máis amplia visión.