As dez pragas bíblicas

A biblia conta como en tempos dos faraóns, un home ,Moisés , quixo liberar ao seu pobo da tiranía dun gobernante exipcio; e para demostrarlle  que era a vontade dun deus, anunciou que dez pragas golpearían Exipto. Pero que hai de realidade nesto?

Recentemente algunhas universidades alemanas demostraron que realmente existiron unha serie de desastres naturais que provocaron a destrucción da cidade exipcia de Pi-Ramses, na que hipoteticamente sucede o episodio bíblico. Segundo a investigación, un brazo do delta do Nilo encenagouse, o que provocou unha cadea de desastres medioambientais: plagas de algas vermellas que trouxeron a morte dos peixes e o aumento da poboación de ras e insectos, o que derivou en enfermidades e pandemias. Outras plagas, as que trouxeron tormentas de granizo ou cubriron o ceo de escuridade foron o resultado dunha colosal explosión do volcán thera na illa de Santorini . A forza da natureza asolou unha cidade con impactantes desgrazas que ata os nosos días non se souberon explicar.

Quen sabe se outras catástrofes como o diluvio non foron tamén reais e teremos que enfrontarnos a elas algunha vez.


Nos seguintes vídeos podedes encontrar máis información sobre as catástrofes bíblicas.

National Geographic plagas 1

National Geographic plagas 2

Autor: Alexandre Grandal

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.