Outra “Terra” no Universo?

Un  prestixioso  equipo  da  Universidade  de Ginebra   acaba  de  descubrir  un  planeta  de masa  semellante  á  Terra,  orbitando arredor  dunha  estrela  no  sistema  Alpha  Centauri  B,  que  ademáis  é  o  máis  próximo  á  Terra.  É,  polo  tanto,  o  exoplaneta máis  cercano  a   nós  descuberto  ata  agora,  a  só  4,3  anos  luz  de  distancia.

Para  conseguir  este  descobremento,  os  investigadores  utilizaron  o  instrumento  HARPS instalado  no  Observatorio  de  La  Silla,  en  Chile,  un  dos  observatorios  que  conforman  o  European  Southern  Observatory  (ESO),  proyecto  no  que  participa  España  desde  hai  uns  anos.

Alpha  Centauri  B  é  un  pouco  máis  pequena  e  máis  fría  ca  o  Sol.  O  planeta  que  encontraron  dando  voltas  ó  seu  redor,  Xavier  Dumusque  e  os  seus  compañeiros,  tarda  3,2  días  en  cumprir  unha  órbita  terrestre;  0,04 UA  (é  dicir,  uns  150  millóns  de  kilómetros).  O  que  é  o  mesmo,  o  planeta  está  moito  máis  cerca  de  Alpha  Centauri  B  que  Mercurio  do  Sol,  demasiado  quente  para   ser  habitable.

Ademais  este  sistema  estrelar  triple,  composto  por  dúas  estrelas  semellantes  ao  Sol  orbitando  unha  cerca  da  outra,  é  un  dos  máis  brillantes  nos  ceos  austrais.

Alpha  Centauri  B  convértese  en  obxectivo  prioritario  de  investigación  porque,  moitos  dos  planetas  descubertos  forman  parte  de  sistemas  múltiples,  é  dicir,  dun  astro  con  varios  corpos  en  órbita  ao  redor,  como  o  Sistema  Solar,  polo  que  pode  que  tamén  neste  caso  haxa  varios  planetas  alí,  e  quizáis  algún  en  zona  habitable,  á  distancia  óptima.

Autora:Yasmina Sánchez

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , . Garda o enlace permanente.