Un chorro mortal

O peixe arqueriro (Toxotes Jaculatrix) é unha especie exótica de auga doce moi pouco común. Ten un método de caza inusual e espectacular para conseguir os insectos que constituen o seu alimento.

O peixe arqueiro utiliza un potente chorro de auga para atacar as súas presas. Dende hai uns 250 anos pensábase que a orixe da efectividade do chorro proviña dos seus órganos internos. Agora, un equipo de investigadores da Universidade de Milán, con Alberto Vailati como líder deste estudo, descubriu que non utilizan os seus órganos internos, se non que usan mecanismos externos, ademáis de aproveitar as propias características das augas.

O peixe presiona a lingua contra a auga na súa boca, modulándoa e aumentando a súa velocidade para escupila cunha forza semellante á dun cañón propulsor. Seguidamente pecha as súas branquias para forzar a saida do chorro que pode chegar ata os dous metros de lonxitude. Este novo descubrimento resolve o gran enigma do chorro do peixe arqueiro e dalle fin ós 250 anos de incertidumbre.


Autora: Martina Mendoza Trigo

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, selección natural e etiquetada . Garda o enlace permanente.