Unha vaca leiteira que non é unha vaca calquera

Un grupo de científicos de Nova Zelanda modificaron xenéticamene a vaca Daisy para conseguir que dea leite hipoalérxico.

Os problemas máis comúns no consumo do leite son a intolerancia á lactosa e a alerxía a unha da súas proteínas. Este proxecto centráse na segunda cuestión,  na disminución da proteína beta-lactoglobulina no leite que produce a vaca. Esta proteína encóntrase no leite vacún pero non no leite materna.

Ademáis, o leite de Daisy contén unha maior cantidade de caseína (outra proteína que estan presentes no leite do gando) o que a fai que sexa máis nutritivo co producido por unha vaca común.

O proceso levado a cabo é a interferencia de ARN, que reduce a actividade de centos de xenes pero sen chegar a eliminalos completamente. Como resultado disto, cando analizaron o leite de Daisy, este non mostrou niveis detectables da proteína beta-lactoglobulina. Os expertos suxiren que se pode empregar para controlar outras características do  gando.

No seguinte video dase máis información sobre as vantaxes do leite de Daisy, e a importancia da exportación dos productos ecolóxicos en Nova Zelanda.

Autora: Mariña Durán Rubí

Esta entrada foi publicada en Alimentos transxénicos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Unha vaca leiteira que non é unha vaca calquera

  1. Victor di:

    Dúas cousas:
    Recordade que esta semana non estou e, polo tanto, quizais non poida actualizar o traballo no blog.
    Neste artigo hai un enlace a un vídeo. Se o vídeo fora de youtube, tería que introducirse o vídeo no artigo (este non é o caso).
    E xa para rematar: porque é tan alimenticio o leite?

    • faa-fabiolaalbornoz di:

      O leite considerase un alimento comepleto en etapas de crecemento (infancia /adolescencia), polo seu aporte de calcio e vitaminas necesarios pasa os ósos. Pero fora destes períodos de crecemento existen varios estudos que concluen que o exceso de leite non axuda as enfemidades como a osteoporosis. Incluso á lactosa mal dixerida xenera problemas nos organismos.
      Crése que dicir que o leite é un alimento moi san pode ser un mito cultural (cando se trata de adultos.

    • faa-soniaporto di:

      O leite e un alimento moi alimenticio xa que conten 9 mutrientes esenciales como o calcio e máis as vitaminas que son eseniales para os procesos do metabolismo e do crecemento.
      O leite considérase un alimento completo que está dividido en etapas de crecemento:(infancia- adolescencia) polo seu aporte de calcio e vitaminas necesarias para os ósos.
      O consumo da leite en nenos evita o risco de dasarroiar diabetes e sufrir cardiopatías.
      O exceso de leite pode traer enfermmidades como a osteoporosis e incluso a lactosa mal dixirida xenera problemas no organismo.

    • faa-jessicacalo di:

      Porque o leite é a fonte de calcio máis destacada e a parte contén varios nutrientes importantes para nos: ten un 87% de auga; proteínas que conteñen todos os aminoácidos esenciais; hidratos de carbono que se reducen practicamente á lactosa, que a parte de realizar unha función enerxética axuda á absorción de calcio; e importantes vitaminas do grupo grupo B (B2, B3, B6 y B12) e vitamina A.

  2. faa-lidiamartinez di:

    O leite é moi alimenticio porque ten moito calcio, proteínas e vitaminas esenciales para os procesos metabólicos e de crecemento.
    Tamén o consumo de leite en nenos evita o risco de desarroiar diabetes e de sufrir cardiopatías de maiores.

  3. faa-yasminasanchez di:

    O leite é un alimento moi completo porque é fonte de 9 nutrintes esenciais entre os que están proteínas de alta calidade como o calcio, mineral fundamental na formación e mantemento da masa ósea ó largo da vida, o fósforo, o magnesio, o potasio e varias vitaminas por exemplo a vitamina B12, razón pola cal é un alimento básico nunha dieta equilibrada.

  4. faa-cristinaporto di:

    O valor nutricional do leite é maior que o valor individual dos nutrientes que a compoñen debido ao seu balance nutricional único. A cantidade de auga no leite reflicte ese balance. En todos os animais, a auga é o nutriente pero a maioría pode consumir cantidades moderadas de leite sen padecer malestares. Non todos os produtos lácteos posúen proporcións similares de lactosa. A fermentación de lactosa durante o procesado baixa a súa concentración en moitos produtos, especialmente nos iogures e queixos. Ademais, leite pretratado con lactasa, que minimiza os problemas asociados coa intolerancia á lactosa, encóntrase dispoñible no mercado.
    Os bloques que constrúen a todas as proteínas son os aminoácidos. A concentración de proteína no leite varía de 30-40 gramos por litro. A porcentaxe varía coa raza da vaca e en relación coa cantidade de graxa no leite. Existe unha estreita relación entre a cantidade de graxa e a cantidade de proteína no leite. Canto maior é a cantidade de graxa, maior é a cantidade de proteína.

  5. fab-estelavilanova di:

    O leite ten un balance nutricional único. Para todos os animais, a auga é un dos nutrientes máis importantes e o requerido en maior cantidade e o leite suministra case un 90% de auga na súa composición. É un produto nutritivo realmente complexo que posúe unhas cen substancias, que se encontran xa sea en solución, suspensión ou emulsión na auga. A súa principal proteína é a caseína, pusúe unha inmensa cantidade de vitaminas, ao igual que hidratos de carbono ou graxas que nos aportan moita enerxía e é característica pola súa concentración de lactosa e sales minerais. Trátase dunha bebida cunha enorme cantidade de micronutrientes que nos axudan, na súa maioría, a repoñernos tras un esforzo, así que é idóneo, por exemplo, bebelo despois dun entrenamiento deportivo.

  6. faa-bertaferreiro di:

    O leite é un alimento nutricional moi completo porque contén un equlibrio de proteínas, sales, grasas e carbohidratos conseguindo así unha boa nutrición.
    O seu consumo é moi recomendable en recién nacidos. Posue moito calcio, proteinas e vitaminas. O calcio é un compoñente esencial dos ósos, as vitaminas B2, B6 y B12 son moi importantes nos procesos metabólicos é de crecemento.

  7. Victor di:

    Que función teñen as proteinas do leite? E os azucres?

    • faa-lidiamartinez di:

      A caseina é a proteina máis abundante no leite de vaca, constituíndo o 80% total das súas proteínas.
      A beta-lactoglobulina non se encontra no leite humano, pero si de vaca e cando o leite se ferve, esta proteína forma parte da capa de nata que aparece na superficie fervida.
      A alfa-lactoalbúmina tamén aparece nesa capa de nata e favorece a unión da glucosa coa galactosa para a síntese da lactosa.
      A lactoferrina é unha proteína de cor vermella debido ao ferro á que está unida. Ten unha importante dunción defensiva antibacteriana, xa que altera a parede dos microorganismos causando a súa morte. Tamén protexe a glándula mamaria.
      A lactoperoxidasa forma substancias con gran poder antimicrobiano.
      Por outra parte os azúcares suministran enerxía ao corpo, especialmente ao cerebro e ao sistema nervioso.

    • faa-yasminasanchez di:

      As caseínas están presentes en toda a leite animal, incluyendo a leite humana, e na leite de vaca forman casi o 80% do total das proteínas.
      Na beta-altoglobulina se o leite é quentado sobre 60ºC, iníciase un proceso de desnaturalización, onde os compoñentes sulfurados son gradualmente leberados. Estes compoñentes sulfurados son en parte responsables dos sabores do leite tratado con calor.
      A alfa-lactoalbumina está presente no leite de tódolos mamíferos.
      As inmunoglobulinas teñen un papel importante na proteción do animal recén nacido, ou humano, contra bacterias e enfermidades.
      A lactoferrina desempeña un papel na resposta de ferro por mucosa intestinal do lactante recén nacido. Pero tamén ten unha actividade antibacterial, antiviral, funsicida, antiflamatoria, antioxidante e immunomoduladora.
      A lactoperoxidasa é un sistema de defensa natural contra bacterias.
      E os azucres aportan enerxía ó corpo, sobre todo ó cerebro e ó sistema nervioso.

  8. Victor di:

    ESTÁ ABERTO O PRIMEIRO FORO DO CURSO (permanecerá aberto 10 días)

  9. fab-estelavilanova di:

    O leite de vaca pode cubrir a necesidade de aminoácidos do noso organismo. Por outra banda, tamén é moi importante destacar que a súa cantidade de proteínas é de unha excelente calidade e que debido ao seu valor biolóxico e nutricional ten unha grande importancia no crecemento dos nenos.

  10. faa-bertaferreiro di:

    A función das proteinas na leite son capaces de cubrir as necesiades de aminoácidos no ser humano e teñen gran dixestividade e valor biolóxico, ademáis teñen moita importancia no crecemento dos nenos. E a función dos azucres é que actúan principalmente como fonte de enerxía.

  11. Victor di:

    ESTÁ ABERTO (desde o luns) O PRIMEIRO FORO DO CURSO (permanecerá aberto 10 días)

    A cantidade de azucres, graxas e proteinas que necesita un neno/a na súa dieta debe ser o mesmo ca o que necesita un adulto/a?

    • faa-yasminasanchez di:

      Non, os nenos necesitan unha maior cantidade de proteínas, azucres e graxas por que están en pleno desenvolvemento do seu corpo e tamén porque destas proteínas o 80% van ó cerebro, a diferencia dos adultos que só precisan o 20 %.
      Por iso é tan importante que os meniños teñan unha boa alimentación na súa etapa de crecemento.

  12. faa-cristinapadin di:

    Un neno necesita maior cantidade de azucres, graxas e proteínas entre outros nutrientes xa que está nunha importante etapa de crecemento e o seu corpo está en pleno desenvolvemento. O seu cerebro precisa aproximadamente un 80% de estas substancias adquiridas mediante o leite e demais alimentos.

  13. Victor di:

    As vacas aliméntanse tan só de herba que está composta nunha gran maioría de celulosa; é a celulosa un azucre?

    • faa-lidiamartinez di:

      A celulosa é un polisacarido que está formada pola unión de varias moléculas de β-glucopiranosa. A celulosa é rixida e insoluble en auga.
      A celulosa podese decir que é un azucre, xa que é un polisacarido, o que quere decir que está formado pola unión de azucres adicionais.

    • faa-yasminasanchez di:

      A celulosa é un homopolisacárido composto só por moléculas de β-glucopiranosa. É ríxida e insoluble en auga.
      Entón poderíase dicir que a celulosa é un azucre xa que, está composta por azucres adicionais.

  14. faa-cristinapadin di:

    Dependendo dende o punto de vista en que se mire, a celulosa podería ser en parte perfectamente un azucre xa que é un composto exclusivamente de moléculas β-glucosa. Ao hidrolizarse totalmente obtense glucosa, e o azucre está composto de glucosa.

  15. fab-estelapadin di:

    A celulosa é un polímero natural, unha larga cadea feita por moléculas más pequenas. Os eslabóns da cadea de celulosa é un azucre: ß-D-glucosa.
    A celulosa é un polisacárido producido pola unión de azucres adiccionais na mesma forma.
    A celulosa encontrase en grandes cantidades na maioría das plantas e é potencialmente unha fonte de alimentación. Lamentablemente os seres humanos carecen das encimas necesarias para romper os lazos entre os azucres da celulosa. De feito, os grans de celulosa agrégase a alguns alimentos para reducir o valor calórico.

  16. fab-beatrizrivera di:

    O leite contén: auga, glúcidos como a lactosa; lípidos,materia grasa, prótidos ,caseína, prótidos solubles como globulinas e albúminas; ademáis de vitaminas A, B1,B2 e C;tamén contén sales minerais, calcio, etc. É dicir, o leite é un alimento perfectamente preparado para completar a nutrición dun ser humano.

    A pesar disto, lin un artigo que me deixou un pouco inqueda, xa que fala do proceso de industrialización do leite que consumimos. Nel dise que o leite é un dos alimentos máis contaminados do mercado, xa que contén numerosos residuos de pesticidas, antibióticos,fármacos, etc. Ademáis de dioxinas que son unhas das substancias máis perigosas segundo a ciencia, xa que son canceríxenas. Tamén conta que o leite industrial é un dos alimentos máis hormonados, xa que as vacas das que provén son preñadas continuamente con inseminación artificial e a recollida do leite faise a finais do embarazo, xusto no momento no que o leite contén o maior número de hormonas.Estas hormonas poden producir distintos tipos de cancro. Tamén di que os procesos de homoxenización e pasteurización do leite diminúen os nutrientes deste.

    Non sei se este artigo é fiable ou non, doubos a referencia por si queredes comentalo: http://www.muscleblog.es/2012/04/la-verdad-sobre-la-leche-lacteos-industrializacion-y-salud/

  17. faa-marinaduran di:

    A celulosa é un polisacarido de reserva que está formado pola unión de varias moléculas de β-glucopiranosa.Se considera un azúcre pola súa estructura,que é moi similar a estructura dos almidons, so que na celulosa as moléculas de glucosa son milliares, e estan unidos por nexos moito más resistentes.