Roedores que rexeneran os seus tecidos…?

Todos sabemos que se unha salamandra perde algunha das súas extremidades é capaz de facer que volva a crecer outra idéntica que a reemplace. Agora, científicos da Universidade de Florida encontraron un mamífero que tamén é capaz de rexenerar completamente algúns dos seus tecidos dañados.

Trátase do rato espiñoso, un roedor africano que podería converterse no novo modelo para as investigacións en medicina rexenerativa.

A investigación revela que o roedor é capaz de rexenerar as súas orellas do mesmo modo que fai a salamandra coas súas extremidades cando estas son amputadas polo mordisco dun depredador. Tamén pode rexenerar o pelo, as glándulas sudoríparas, o cartílago… e sen deixar cicatriz. O estudio mostra que estes ratos teñen un “centro de rexeneración” conocido como blastema, parecido ao das salamnadras, formado por células indiferenciadas a partir das cales se repara o dano.

Tamén se puido comprobar que cando se dana ata un 60% da pel e do pelo do lombo destes roedores, estes tecidos volven a crecer sen formar cicatriz. Utilizan esta capacidade para liberarse dos inimigos, deixándolles entre as garras parte da súa pelaxe, que é menos resistente ca  dos ratos comúns.

Autora: Lidia Martínez

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to Roedores que rexeneran os seus tecidos…?

  1. Victor di:

    Que é iso das células indiferenciadas?

    • faa-lidiamartinez di:

      Son células sin función propia, porque aínda non se convertiron en células dun tecido específico. Estas células están repartidas por todo o corpo e son capaces de tranformarse en calquera outro tipo de célula.

    • faa-jessicacalo di:

      Son células que poden dividirse indifinidamente producindo células novas. Estas aínda non se transformaron en células concretas para reproducirse ou producir tecidos maduros e son capaces de transformarse en calquer outro tipo de célula.

    • fab-carlaseren di:

      Chamase célula indiferenciada a unha célula que aínda non ten definida unha función biolóxica no embrión ou no futuro organismo. As funcións que as células poden realizar son determinadas durante o proceso de diferenciación, ou sexa, unha célula indiferenciada é a que aínda non se diferenciou en un específico tipo de célula, logo ela ten gran potencialidade para orixinar calquera tipo celular.

    • faa-sorayaborrageiros di:

      Chámase célula indiferenciada a unha célula que aínda non ten definida unha función biolóxica no organismo. As funcións que as células poden realizar son determinadas durante o proceso de diferenciación, é dicir,é aquela que aínda non se diferencia.

    • faa-saramarino di:

      As funcións que as células poden realizar, son determinadas durante o proceso de diferenciación, ou sexa, unha célula indiferenciada é aquela que aínda non se diferenciou en un tipo específico de célula e, polo tanto, non ten definida unha función biolóxica no embrión ou no futuro organismo.

  2. fab-alexandregrandal di:

    Son aquelas células que inda non teñen unha función biolóxica definida dentro do futuro organismo.

    • Victor di:

      Aclara mellor esta definición, Alexandre.

      • fab-alexandregrandal di:

        As células dos novos organismos pasa un proceso chamado diferenciación celular mediante o cal as novas células sufren modificacións xenéticas para adaptarse a un tipo de tecido determinado e poder cumplir funcións características de este.
        Aquelas células “xerais” que inda non pasaron este proceso son chamadas células indiferenciadas.

  3. fab-estefaniamuras di:

    É unha célula enbrionaria que ainda non expresou signos sobre as suas características definitivas na madurez.

  4. faa-soniaporto di:

    Chamamoslle célula indiferenciada a unha célula que aínda non se definiu unha función biolóxica no embrión ou no que no futuro será un organismo. As funcións que as células poden levar a cabo determínase durante o proceso de diferenciación, é dicir, unha célula non diferenciada que aínda non se diferenciou nun tipo celular específicon no que pode dar lugar a outro tipo de célula.

  5. faa-saramarino di:

    Como todos sabemos, a rexeneración é un proceso natural que ocorre en algúns seres vivos, polo que cando se perde algún órgano, as células nais se acumulan na zona amputada ou lastimada formando unha estructura chamada blastema, a partir da cal se rexenera o órgano antigo. Hay diversos animais que posúen esta característica, como son, o gusano plano, os peixes, as rás, as salamandras e, dende estudos recentes, o ratón espinoso, como ben se explica neste artigo. Estes ratóns, viven nos grandes desertos de África donde teñen que protexerse de certos depredadores, e precisamente por esta razón desarrollaron a habilidade da rexeneración, tanto da sua cola, como doutras partes do seu corpo e da sua pel. Posúen unha pel extremadamente fina e moi poboada de folículos pilosos,polo que, poden desprenderse dela. Tamén posúen un alto factor de curación, bástanlle 3 días para que as feridas se cubran de nova pel. A diferencia dos mamíferos, os ratóns espiñosos non cubren as súas feridad con coláxeno 1, senón que , con coláxeno 3 que crea un tecido novo normal. A este proceso os científicos chámanlle re-epitelización.

  6. faa-bertaferreiro di:

    As céluas indiferenciadas son células sen funcións propia, porque aínda non forman parte dun tecido espécifico. as propiedades que posuen as células indiferenciadas son: producen copias de si mesmas de maneira indefinida, producen novas células que poden transformarse en tecidos, e por último poden colonizar ou reparar órganos ou tecidos substituindo as células enfermas por células sans. Un exemplo de células indiferenciadas son as células nai.

  7. fab-estelavilanova di:

    En citoloxía, denomínase célula indiferenciada a unha célula que todavía non se definiu nunha función biolóxica determinada. Trátase, en definitiva, de células capaces de transformarse en calquiera outro tipo de célula mediante un proceso ao que se lle coñece como diferenciación. Polo tanto, unha célula indiferenciada que ainda non sufriu dito proceso podería convertirse en calquer tipo de célula.

  8. faa-marinaduran di:

    Unha célula indiferenciada é unha célula embrionaria que aínda non expresou signos sobre as súas características definitivas na madurez,polo que non se transformou nunha célula completa, como, por exemplo, unha neurona.Non teñen función propia, poden tranformarse en calquer outro tipo de célula e estan repartidas por todo o corpo. A partir dunha célula indiferenciada,formase un individuo completo con millóns de células diferenciadas (que son células que xa estan especializadas e forman parte dunha estructura).

  9. Victor di:

    E cales son os seres vivos que teñen unha maior capacidade de rexeneración?

    • faa-irenetroncoso di:

      Existe un tipo de gusano plano conocido vulgarmente como planaria. Que si lo cortas en cachitos, al cabo de unas semanas nace una nueva planaria de cada cacho.

    • faa-bertaferreiro di:

      os seres vivos que posuen unha maior capacidade de reconstruir por si mesmos unha parte dañada ou perdida do seu corpo xa sexan extremidades ou órganos son vertebrados como os reptis. En especial a salamandra os tritóns e urodelos. Despois tamén estan as estrelas de mar,rexeneran as extremidades perdidas e a partir dunha estremidade tamén se forma outra estrela de mar, esta tamén é unha forma de reproducción. Finalménte os pólipos como as lombrigas e algúns gusanos poden partirse en anacos sin perder a vida. E a partir de cada anaco fórmase nun novo individuo por rexeneración.

    • Raquel Martínez di:

      A habilidade para substituír as células e rexións do corpo perdidas, encontrase en algún grado en todos os grupos de animais. A capacidade rexenerativa varía nos diversos organismos. En xeral, os animais con maior capacidade de rexeneración son as estrelas de mar, os lagartos, as planarias, as hidras, os crustáceos, as salamandras, tritóns, corvos e golfiños.

  10. fab-martinperez di:

    A rexeneración de tecidos sole ocorrer nos animales inferiores a os mamíferos e as aves,os que teñen mais capacidade de rexeneración son os anfivios,alguns artrópodos,e moitos pólipos pódense cortar en seccións sen que morran,e cada sección pode convertirse nun novo ser vivo.

  11. faa-bertaferreiro di:

    Por outra banda os animais que teñen unha menor capacidade de rexeneración son os maíferos e as aves. Xa que solo son capaces de substituir pelos ou plumas, e son capaces de cicatrizar lesión cutáneas e a soldadura de fragmentos óseos.

  12. faa-marinaduran di:

    A rexeneración é a reactivación do desenrolo para restructurar texidos faltantes.
    Pode darse a nivel celular, de texido, de órgano,estructura e incluso de corpo enteiro pero na maioria dos organismo non se da ou é altamente limitada.
    Nos mamíferos e aves esa facultade e moi reducida, pois se limita a substitución dos pelos ou as plumas, a renovación da capa córneada pel (como ocurre despois dunha forte insolación)ea cicatrización das feridas. En cambio, nos animais inferiores, a rexeneración ten moita máis importancia, sendo tanto máis profunda canto más sencillo sexa o animal.
    Os reptiles poden rexenerar algunhas partes do seu corpo como os arcos mandibulares e maxilares nos cocodrilos e lagartixas(as que tamén rexeneran toda a cola),ou o caparazón nas tartarugas.Outro exemplo son as estrelas de mar, que rexeneran os seus brazos perdidos.Tamén é importante destacar a rexeneración das plantas, como no caso de que se lle corte o tronco a unha arbore, se as raices non foron totalmente destruidas, a arbore pode rexenerarse por completo.

  13. faa-lidiamartinez di:

    Nos mamíferos e nas aves a capacidade de rexeneración é casi inexistente, limítase a substitución de pelos ou de plumas ou a cicatrización de feridas.
    Os lagartos rexeneran a súa cola. Os anfibios poden rexenerar os dedos das patas. Algúns artrópodos rexeneran as patas, as antenas e os ollos. As estrellas de mar poden rexenerar os seus brazos ou de un só brazo rexenerar todo o corpo. E as lombrices de terra e os gusanos poden partirse en trozos sen perder a vida e cada fragmento pode convertirse nun individuo novo completo.

  14. faa-saramarino di:

    Os procesos de reconstrución son en xeral máis amplios en invertebrados que en vertebrados. As esponxas poseen unha capacidade extraordinaria para reconstruir o organismo despois de seren sometidas a unha auténtica trituración e poden orixinar novas esponxas. Entre os celentéreos é famosa a hidra de auga doce xa que se cortas unha hidra en pequenos trozos, basta un fragmento para que poida ser reconstruido o organismo completo. Tamén compre mencionar as planarias, gusanos planos ou platelmintos, capaces de rexenerar o animal completo con só unha fracción deles mesmos. Nos equinodermos é conocida a rexeneración das estrelas de mar e dos ofiuros. Éstes poden rexenerar varios animais completos a partir de trozos deles mesmos, sempre que cada porción posúa unha parte do disco central. Os artrópodos están máis cerca dos vertebrados segundo a sua capacidade rexenerativa, unicamente é posible a reconstitución de membros ou apéndices perdidos. Entre os vertebrados a mayor capacidade de rexeneración téñena os anfibios e algunhas especies de peixes que poden reconstituir aletas, certas partes das branquias e escamas perdidas. Os reptis unicamente rexeneran a cola ou algún membro, como ocorre en certas lagartijas e nas salamandras. O grado mínimo de rexeneración aparece nas aves e mamíferos, que unicamente poden reconstruir, total ou parcialmente, tecidos e estructuras especializadas , como as plumas das aves, o pelo ou as uñas dos mamíferos.

  15. fab-estelavilanova di:

    O proceso de rexeneración, no caso de extremidades faltantes, pódese observar en animais como salamandras, cangrexos, estrelas de mar, que fan medrar facilmente os seus brazos e incluso poden rexenerar o corpo completo a partir dun só brazo nalgúns casos. Os polbos tamén teñen este poder de rexeneración cando perden algún dos seus tentáculos en combate ou se eles mesmos comen as súas extremidades se están moi famentos.

    De maneira que os animais aumentan a súa complexidade, estes van perdendo a facultade de rexeneración, ainda que animais tan complexos como anfibios ou réptiles conservan este fenómeno nun grado notable. Moitos lagartos rexeneran as súas colas e os anfibios poden rexenerar moitas partes dos seus corpos.

    Por outro lado, hai organismos como as aves e os nemátodos que son practicamente incapaces de calqueira tipo de rexeneración.

  16. faa-yasminasanchez di:

    A rexeneración pode darse a nivel celular, de texido, de órgano, de estructura e incluso de corpo enteiro. A capacidade de rexenerar a lo menos algunha estructura é común en tódolos phyla animais. O proceso de rexeneración de extremidades faltantes observouse en múltiples organismos, sobre todo, nas salamandras, nas lagartixas, nos cangrexos e nas estrelas de mar, e a rexeneración de individuos enteiros a partir de pequenos fragmentos observouse en planarias e varios cnidarios.

  17. Victor di:

    O premio Nóvel de Medicina deste ano ten unha certa relación con este artigo; podíades dicir en que están relacionados?

    • faa-lidiamartinez di:

      O premio Nóvel de Medicina deste ano foi para o británico John Gurdon e para a xaponesa Shynia Yamanaka por descubrir a forma de transformar células en calquera tipo de tecidos, o que ten que ver coas células indiferenciadas das que se falou neste artigo.

    • fab-estelapadin di:

      O premio Nobel de mediciña foi para o científico británico John B. Gurdon e o xaponés Shinya Yamanaka polas súas investigacións pioneiras en clonación e células nai.
      “Os seus descubrimentos revolucionaron a nosa comprensión de como se desarrollan as células e os organismos”, destaca a Asamblea Nobel no comunicado no que anuncia a concesión do premio.
      Estes avances “crearon novas oportunidades para investigar enfermidades e desarrollar métodos para diagnósticos e terapias”.
      Gurdon, da Universidade de Cambridge (Reino Unido), sentou as bases da súa clonación en experimentos con rás en 1962. As súas investigacións foron claves para a clonación da ovella Dolly e, posteriormente, dos mamíferos de outras especies.
      Yamanka, da Universidade de Kioto, sentou as bases das investigacións actuais con células nai ó demostrar no 2006 como se poden obter as chamadas células nai pluripotentes a partir de células adultas.
      Según a acta do premio, Gurdon e Yamanka reciben o Nobel “polo descubrimento de que as células maduras pódense reprogramar para converterse en pluripotentes”.

  18. Victor di:

    ESTÁ ABERTO O PRIMEIRO FORO DO CURSO (permanecerá aberto 10 días)