Un planeta de diamantes

Os científicos da Universidade de Yale (EEUU) descubriron un planeta rochoso composto por grafito e diamantes, dúas veces máis grande ca Terra e cunha masa oito veces maior.

Este planeta recibe o nome de ‘55 Cancri e’, sendo  un dos cinco planetas que orbitan ao redor dunha estrela parecida ao Sol, que se encontra na constelación de Cancro, situado a 40 anos luz da Terra. O planeta orbita tan rápido que un ano dura 18 días, comparando cos 365 días da Terra.

O exoplaneta ‘ 55 Cancri e’ posúe unha temperatura extremadamente alta, uns 3.900 ºC, polo que non é posible habitalo, e pénsase que está composto por unha superficie de grafito, despois unha grosa capa de diamantes, outra capa de minerais de silicio e un núcleo fundido de ferro.

Este planeta foi descuberto o ano pasado, pero os científicos pensaban que a súa composición química sería semellante á da auga pero despois de realizar novas investigacións descubriron que o planeta non ten auga e que está composto principalmente de carbono como o grafito ou o diamante.

Este descubrimento significa que os planetas rochosos non son parecido a Terra nos compoñentes químicos que os forman.


Autora: Berta Ferreiro Amil

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Un planeta de diamantes

  1. fab-taniacores di:

    O “55 Cancri e” é un planeta extrasolar que posee unha masa similar a de Neptuno e unha orbita a estrela, ubicada aproximadamente a 41 anos luz da Terra, na constelación de Cáncer. Este planeta é o máis cercano a estrela dentro do seu sistema planetario do cal se ten conocemento e require menos de 3 días para completar a súa órbita.
    Foi descuberto o día 30 de Agosto do 2004 mediante un estudo da velocidade radial. O 8 de Maio do 2012 anunciouse de que o planeta converteuse no primeiro planeta extrasolar terrestre culla luz foi detectada por instrumentos feitos polo home, logo, o 4 de Outubro anunciouse que era o primeiro planeta de diamante que rotaba en torno a unha estrela similar ó Sol.

  2. Victor di:

    CAndo se fala de diamante, rapidamente se asocia a riqueza; pero para que serven os diamantes?

    • fab-estelapadin di:

      O Diamante formouse a grandes profundidades (altas presións e temperaturas) e aparece na superficie, ligado siempre a fenómenos volcánicos, no interior dunha rocha básica chamada kimberlita. Pódese encontrar tamén en areas a causa da meteorización da rocha.
      O Diamante utilízase como adorno en xoiería, para taladros subterráneos para a extracción de petróleo, para cortar vidrio…

    • fab-alexandregrandal di:

      Os diamantes de maior calidade son reservados para a venta, mentres que os máis pequenos e de menor tamaño (que son a maioría) son principalmente moi utilizados na industria para cortar algúns materiales gracias a súa extrema dureza ou tamén para pulir. O seu uso de forma industrial non require moito tamaño xa que basicamente usase o diamante en po para recubrir o borde das serras, as puntas dos taladros ou simplemente simplemente para disparar este po a presión para pulir algunhas superficies.

  3. faa-lidiamartinez di:

    Os diamantes a parte de servir para facer xoias ten unha grande implicación industrial, xa que se utiliza en ferramentas de corte e pulido, debido a súa alta cunductividade térmica e dureza, xa que é o material natural máis duro conocido ata o momento. Por exemplo, as perforadoras que utilizan os buscadores de petróleo teñen a punta de diamante.
    Tamén é posible o uso do diamante como semicunductor apto para construir microchips.
    E o polvo do diamante é utilizado como abrasivo (substancia que se utiliza para pulir, raspar, desgastar ou dar forma a outros materiais)

  4. fab-adrianaribeiro di:

    Este planeta é un gran descubrimento para a ciencia.
    O 55 Cancri é unha Superterra de 8 masas terrestres, co dobre de radio ca Terra, crese que podería ser un mundo rochoso de silicatos e ferro cuberto por unha capa de océano de auga suprecrítica. Este océano sería o 10% da masa planetaria e estaría rodeado por unha atmosfera (vapor de auga), cunha temperatura moi alta.
    O diamante ademais de ser unha pedra fermosa en xoias, úsase para a perforación en canterías, corte de vidro… É un mineral moi apreciado polas súas inmensas utilidades e a súa escaseza. Tamén se usa na industria pola súa durez, serve para corte e pulido.

  5. fab-mbelenalfonso di:

    Os diamantes serven para varias cousas,entre elas a de cortar os cristais cun leve fio de diamante,asi como as rochas. Tamen serve para compoñer un tear para coser.

  6. fab-estelavilanova di:

    O diamante utilízase como pedra preciosa, en cantería para dentar coroas das perforadoras, para a preparación de carburos, cortar vidros, como engadido aos aceiros, etc. Posiblemente sexa o mineral máis apreciado polo home debido á súa escaseza e ás súas propiedades. Na industria, ao ser unha substancia moi dura, sempre se utiliza como elemento de corte e pulido. É imprescindible nas obras públicas e na minaría para perforar todo tipo de rocha.

  7. fab-martinperez di:

    Os diamantes que se utilizan na industria son aqueles cuxos teñen algún tipo de defecto como deformes,pouca coloración ou teñen algunha burbulla no seu interior.
    Na industrisa utilízanse dous tipos de diamante;O ballas e o carbonado.O carbonado presenta puntos blancos luminosos,e o ballas é semiesférico
    Xeralmente o diamante utilizase para cortar ou perforar as pedras e tamén para pulir ferramentas.

  8. faa-cristinaporto di:

    O diamante é un carbón cristalino natural que se caracteriza por ser o mineral máis duro coñecido. Cando esta pedra preciosa é máis ben transparente e non presenta fallos na súa estrutura é moi valiosa debido a súa escacez relativa e o aprecio subxectivo que facemos desta pedra como sociedade. É utilizado nas xoyerías como adorno de aneis, pulseiras, etc. Tamén se pode utilizar para ferramentas para a extracción de petróleo.

  9. fab-estefaniamuras di:

    A industria do diamante pode ser separada en dúas categorías: una relacionada cos diamantes de grado xema, e outra para os diamantes de grao industrial .
    Os diamantes de grao xema son os que se venden, e dicir, os que pulen e preparan para ser xoias. En canto os diamantes industriais teñen un gran número de usos, a maioría dos cales pertencen os campos da manufactura e a minería. Unha das razóns do seu valor é o feito de que non só son os diamantes máis brillantes e as máis valiosas pedras que o home coñeceu, se non que tamén son as mais duras que o home encontrou. Un dos primeiros uso dos diamantes na industria encontrábase nun po abrasivo, que se usaba para cortar e pulir. O diamante negro tamén é moi utilizado para a perforación. Outros usos dos diamantes na industria inclúen o corte de vidro e a porcelana.

  10. faa-soniaporto di:

    Os diamantes empezaron sendo utilizados como talismáns, ao infundir forza coraxe, dotes de mando, valor, audacia, intelixencia, etc. Os guerreiros levábano na crenza que os faría invencibles. Mesmo se utilizaban como medicamento, cada tipo se prescribía para unha enfermidade diferente, se este non curaba dicíase que era falso.
    En 1905 foi descuberto na Mina Premier o diamante bruto máis grande da historia con 3.106 quilates.
    O diamante natural en estado bruto extráese das minas e a súa obtención é moi custosa, de cada dez toneladas de mineral (material extraido), só se extrae un quilate de diamante. As zonas de estracción de diamantes están controladas por forzas rebeldes para financiar as compras de armas e outras actividades ilegales.
    Os diamanntes actualmente son para facer xoias ou cortar outros minerais.

  11. Victor di:

    Que tipos de moléculas de carbono poden aparecer na natureza?

    • Raquel Martínez di:

      O carbono pode aparecer na natureza en varias formas:
      -Grafito: é o material do cal está feita a parte interior dos lápis de madeira. O grafito ten exactamente os mesmos átomos do diamante, pero por estar dispostos en diferente forma, a súa textura, forza e color son diferentes.

      -Diamante: os átomos de carbono están dispostos nunha variante da estrutura cristalina cúbica centrada na cara denominada rede de diamante.

      -Nanotubos: A súa estrutura pode considerarse procedente dunha lámina de grafito enroladas sobre si mesma.

      -Carbinos.

  12. faa-lidiamartinez di:

    Dependendo das condicións da formación o carbono pode encontrarse na naturaleza de distintas formas, carbono amorfo e cristalino en forma de grafito ou diamante, fuleróns, que é a terceira forma máis estable do carbón, nanotubos, que son estruturas tubulares con moita forza tensil e teoricamente nun futuro permitirán construir un ascensor espacial e os carbinos.

  13. fab-estelavilanova di:

    Dependendo das condicións de formación, o carbono pode encontrarse na natureza de distintas maneiras: carbono amorfo, carbono cristalino, en forma de grafito, material do cal está feita a parte interior dos lapis de madeira , en forma de diamante, os fuleróns, nanotubos e os carbinos. O 22 de marzo do 2004 anunciouse o descubrimento dunha sexta forma alotrópica: as nanoespumas.

  14. faa-miguelcarballa di:

    a parte de que seria case imposible chegar a ese planeta e explotalo, o prezo do diamante descenderia pola abundancia que habria deste mineral, ainda que seria moi util para as empresas petroleiras, de discos para cortar a pedra,…

  15. faa-fabiolaalbornoz di:

    É curioso como se pode pasar da teoría dun planeta de auga a un de diamante, esto debese a que nos primeiros estudos da NASA esta non puido captar a luz procedente do exoplaneta. Unha vez captada a luz, puidose medir o radio do planeta, e xunto co dato da súa masa puidose facer unha simulación da súa composición por ordenador combinando elementos e compostos. Grazas a esto chegaron a conclusión de que o planeta posuía máis carborno que auga.

  16. Victor di:

    De todos xeitos, a pesar de que o diamante é un compostos extraordinariamente atractivo, cando se investigan planetas, o primeiro que se busca é a presenza de auga; por que?

    • faa-bertaferreiro di:

      A presenza de auga indica que pode haber vida. Asique búscase auga porque queremos saber se pode haber vida similar a nosa noutos planetas do Universo.

  17. faa-lidiamartinez di:

    Porque a auga é esencial para a supervivencia de todas as formas conocidas de vida.
    As propiedades da auga son esenciales para moitos procesos metabólicos que realizan os seres vivos.
    A auga tamén é un composto esencial para a fotosíntese e a respiración.

  18. fab-estelavilanova di:

    Isto prodúcese para ter coñecemento de se hai nese novo planeta presenza de vida. Se isto ocorrese, poderíase plantexar se en dito planeta houbo ou podería haber seres ou materia viva.

  19. fab-danielsomoza di:

    Por que pode haber vida extraterrestre se houbera auga ou ben pola posible migracion a outros planetas.