A quen lle amarga un doce?

Sabíades que o ser humano leva nada máis e nada menos que 3.100 anos consumindo chocolate? Así é, un pequeno vicio que acompañou aos nosos devanceiros durante séculos. Pero, quen ía dicir que a consumición deste agradable doce melloraría a nosa memoria? Unha investigación a mans dos biólogos Ken Lukowiak e Lee Fruson na Universidade de Calgary, demostrou que a epicatequina, un flavonoide do chocolate negro, mellora o rendimento cognitivo do caracol de auga.

O caracol de auga respira a través da pel, pero cando os niveis de osíxeno son baixos, eleva o seu orificio respiratorio (pneumostoma) sobre a superficie para abastecerse. Cando o pneumostoma se golpea contra algo, estes cérrano rapidamente ao igual que os caracois de terra cando golpean as extremidades onde se atopan os ollos.

A investigación consistía en un simple entrenamento onde os biólogos adestraban aos caracois para que recordasen, que cando eran introducidos en augas desoxigenadas, debían manter o pneumostoma pechado. Cando os caracois intentaban abrilo golpeábanlle suavemente o orificio para que o volvesen a pechar. Pero resulta, que media hora de entrenamente só servía para que os caracois recordase o entrenamento unha media de 3 horas. Isto cambiou cando introduciron a epicatequina na auga. Os caracois recordaban o entrenamento un día despois que debían cerrar o orificio cando recibían a correspondente señal. Tamén se comprobou que estes eran capaces de recordar o entrenamento asta 3 días despois.

Segundo os investigadores, a epicatequina, actúa directamente sobre as neuronas do caracol xa que este non dispón de ningún órgano que lle permita recordar. Con isto concluíron que o chocolate negro ten efectos produtivos no noso cerebro e que con tan só media barriña de dito chocolate pode chegar a mellorar as notas en calquera estudante.

 

Autora: Jessica Calo

Esta entrada foi publicada en Avances médicos e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to A quen lle amarga un doce?

  1. faa-bertaferreiro di:

    O chocolate foi criticado por dentistas, nurtricionistas, e cardiólogos como froito prohibido durante décadas. Pero hoxe en día numerosos estudios demostran que moitos compoñentes do chocolate teñen efectos beneficiosos para á saúde. Por exemplo, o chocolate posúe algún compoñentes que melloran o estado de ánimo nas persoas segregando unhas substancias química no organismo que produce pracer no cerebro. Outra propiedade é que funciona como un antidepresivo xa que o consumilo elevase a cantidade de insulina no corpo.

    O chocolate conten unhas 600 sustancias químicas, algunhas posúen propiedades curativas. Pensase que algunhas poden combater o cancro e as enfermidades cardiovasculares, tamén poden protexer o sistema inmunolóxico, todo isto polo contido de flavonoide, sustancia que tamén contén o viño. Ademais contén, fósforo, magnesio, ferro, potasio, calcio, vitamina E, tiamina, riboflavina, cafeína, teobromina, taninos e antioxidantes naturais.

    Polo que o chocolate é considerado un alimento moi completo e recoméndase consumilo moderadamente.

  2. fab-paulodiaz di:

    É común asociar o consumo de choclate a sitacións relacionadas con os estados de ánimo. A miudo, escenas de angustia, estrés ou preocupación veñen acompañadas de grandes ingestas de chocolate.

    O consumo de chocolate induce á producción no cerebro de triptofáno. Está hormona é responsable directa de que o individuo disfrute de sensacións de tranquilidade, sedación e felicidade.

    Ademáis, científicos estadounidenses chegaron a conclusión de que o chocolate tomado en cantidades superiores ás que hay nunha tableta provoca unha sensación placentera e de bienestar, activando os mesmos receptores cerebrales que a marihuana.

  3. faa-lidiamartinez di:

    Tamén se di que unha soa peza de chocolate pode proporcionar a enerxía suficiente para que unha muller camiñe 45 metros. Xa que contén o 10% da cantidade de ferro diaria recomendada.
    Algúns investigadores descubriron que a masa do cacao ten un gran poder antioxidante, máis que calquera outra froita para convatir os efectos da idade, o que axuda a previr o envellecemento.
    Podemos asefurar que a sensación de placer comendo chocolate é certa. Xa que a sensación de estar enamorado dase porque o cerebro produce feniletilamina, e o chocolate contén esta mesma substancia, mais en exceso podería alterar o sistema nervioso.
    E como unha última curiosidade o chocolate podería ser mortal para os cans. Xa que contén un ingrediente chamado teobromina, que pode ser tóxico para o sistema nervioso central e os músculos do corazón dalgúns cans.

  4. fab-danielsomoza di:

    O epicatechin (substancia que conten o chocolate) pode axudar a mellorar a memoria espacial, especialmente cando tamén se realiza exercicio. Anque polo dagora non saben con exactitude como o epicatechin traballa na memoria, descubriron signos de aumento dos vasos sanguíneos no cerebro que poden ser os causantes dun aumento no fluxo sanguíneo cerebral que sea o verdadeiro causante do aumento da memoria, e da mellor utilización da mesma.

  5. faa-raulmartinez di:

    O chocolate é un alimento, por unha parte moi beneficioso, porque aporta moita enerxía, ten propiedades antioxidantes e incuso actúa como un antidepresivo.
    Pero polo lado negativo está o tema da obesidade, debido a que o chocolate causa adición a algunhas persoas. Tamén complica os problemas de estreñimento, xa que o chocolate é rico en taninos que favorece este problema. En terceiro lugar están os problemas de figado porque o chocolate é un alimento moi rico en graxas polo que é máis difícil de dixerir e non convén que xente con estos problemas o coma. Tamén é un problema para os diabéticos polas grandes cantidades de azúcar que contén. E por ultimo hai que decir que é un problema para a xente que padece de migrañas debido a que fai aumentar a frecuencia coa que se dan e incluso aumenta gravemente o dolor que produce. Esto seino por propia experiencia.

  6. faa-jessicacalo di:

    Outras curiosidades sobre o chocolate son que axuda a combatir o evellecemento nas persoas e incluso nos prevén de cánceres. Tamén se teme o seu consumo polo motivo do sobrepeso ou a aparición de acné, pero todo iso resulta ser un mito. Ahora si, non se debe esaxerar no seu consumo.

  7. Victor di:

    E cambiando de tema, para que serve un aparato respiratorio? Que diferencias hai entre pulmóns e branquias?

    • faa-jessicacalo di:

      O aparello respiratorio serve para abastecer ós seres vivos de osíxeno, o cal é o nutriente gaseoso vital para as células do corpo. A través del tamén expulsamos residuos en forma de dióxido de carbono.
      Os pulmóns son os órganos pertencentes ó aparello respiratorio dos mamíferos, aves, anfibios e reptís. A través deles prodúcese o intercambio de gases ó sangue e do sangue ó exterior. Estos son cavidades esponxosas ou ocas (nos anfibios) e conteñen pequenas cavidades con paredes finas para facilitar o intercambio.
      As branquias están presentes no aparello respiratorio dos animais invertebrados acuáticos e nos peixes e están especialmente capacitadas para absorber o osíxeno da auga. Son cavidades nas cales se realiza o intercambio directo coas células epidérmicas.

    • Raquel Martínez di:

      O aparello respiratorio realiza dúas funcións fundamentais para a vida: o transporte de osíxeno do exterior ata a sangue e o transporte de dióxido de carbono dende a sangue ata o exterior.
      A diferenza entre os pulmóns e as branquias son as seguintes:
      -As branquias son órganos externos mentres que os pulmóns non.
      -Estas serven para separar o osíxeno da auga.
      -As branquias forman parte do sistema respiratorio dos peixes e demais invertebrados acuáticos e os pulmóns por réptiles, aves, mamíferos e anfibios.

    • fab-taniacores di:

      O Aparato respiratorio é o encargado de captar oxigeno e eliminar o dióxido de carbono, procedente do metabolismo celular.
      Os bronquios son fosas nasais, utilizados para encher os pulmóns de aire.

    • fab-zayravazquez di:

      O aparello respiratorio é o conxunto de órganos que interveñen na respiración dos organismos aeoróbicos.
      Branquias: son os órganos respiratorios de numerosos animais acuáticos.
      Os animais acuaticos dotados de branquias captan o osíxeno que se encontra disolto na auga, que é o que precisan para a respiración celular.
      Pulmóns:son os órganos respiratorios das aves, dos mamíferos, etc.A función dos pulmóns é realizar o intercambio gasoso co sangue.

  8. fab-paulodiaz di:

    Bránquias: En los invertebrados acuáticos y en los peces, la presencia de un exoesqueleto o de una epidermis gruesa impide la respiración a través de las mismas. Surgen en ellos órganos respiratorios llamados branquias externas o internas, provistas de un delgado epitelio que permite el intercambio gaseoso mediante ósmosis. Las branquias están íntimamente relacionadas con el aparato circulatorio que llega hasta ellas desde el cuerpo transportando CO2 y vuelve al cuerpo desde ellas cargado de O2. El intercambio gaseoso se llama hematosis. Respiran de esta manera algunos anélidos, los crustáceos, los moluscos, equinodermos, peces y los anfibios en estado larval.

    Pulmones: Los pulmones son órganos huecos (en los anfibios) o esponjosos (en reptiles, aves y mamíferos) a los cuales llega el aire a través de órganos conductores: faringe, laringe, tráquea y bronquios. Dentro de los pulmones existen cavidades llamadas sacos alveolares, que presentan paredes muy delgadas y permeables. A través de esas paredes se produce el paso del O2 desde el pulmón a la sangre y el pasaje de CO2 desde la sangre hacia el pulmón para su eliminación, mediante el proceso de hematosis o intercambio gaseoso a nivel pulmonar.

  9. fab-estelavilanova di:

    O aparello respiratorio encárgase de captar osíxeno e eliminar o dióxido de carbono procedente do metabolismo celular. Normalmente este aparello inclúe tubos, coma os bronquios, as fosas nasais, utilizados para encher del aire os pulmóns, onde se prodce o intercambio gasoso.
    O diafragma é o encargado de contraerse na inhalación de aire para que a cavidade torácica se amplíe ou polo contrario, pode relaxarse retomando a súa forma orixinal para que o aire sexa expulsado polos pulmóns.
    Nos humanos e noutros mamíferos o sistema respiratorio consiste en veas respiratorias, pulmóns e músculos respiratorios.
    Por outra banda, as diferencias entre pulmóns e branquias son, por unha parte, que as branquias son os órganos respiratorios de numerosos animais acuáticos que captan o osíxeno que se encontra disolto na agua, osíxeno que pasa aos fluídos internos e por outra, as branquias son órganos externos, ao contrario que os pulmóns, porque para o movimiento intensivo que realizan estes animais na auga non sería doado ter órganos en forma de cavidad complexa.

  10. fab-alexandregrandal di:

    O aparello respiratorio é necesario para realizar o intercambio de gases. No caso dos pulmóns o intercambio é realizado no interior do corpo e son outros órganos os que levan o aire ata os pulmóns; pola contra as branquias están en parte no exterior do corpo e non precisan doutros órganos para recoller o aire xa que o intercambio é realizado a través das propias branquias, que son o suficientemente finas para que o sangue que por elas circula recolla O2 e deixe CO2.

  11. Victor di:

    Hai seres vivos que tamén respiran pola pel; que características comparten, como aparellos respiratorios, a pel, as branquias e os pulmóns?

    • Raquel Martínez di:

      A respiración cutánea é propia dos anélidos, anfibios e de certos equinodermos.
      Estes seres vivos teñen un sistema orgánico chamado tegumento corporal (recubre ao animal por completo exterior e interiormente)a súa función é a de separar, protexer e informar ao animal do medio que o rodea; en ocasións actúa tamén como exoesqueleto. Está formado pola pel e as faneras.
      Realizan o intercambio gasoso a través da epidermis (capa externa da pel). Os animais que respiran pola pel viven nun medio acuático ou en lugares moi húmidos, xa que solo en estes ambientes é eficaz.

  12. faa-lidiamartinez di:

    O aparello respiratorio encárgase do intercambio de gases, é decir, do intercambio de osíxeno e dióxido de carbono do animal co seu medio.En humanos e outros mamíferos o sistema respiratorio consiste en vías respiratorias, pulmóns e músculos respiratorios que interveñen no movemento do aire entre o interior e exterior do corpo.
    – Os pulmóns son utilizados no sistema respiratorio dos anfibios, reptiles, aves e mamíferos.
    – As branquias son utilizadas nos invertebrados acuáticos e nos peixes.

    • faa-lidiamartinez di:

      – A respiración a través da pel, respiración cutánea, é a que realizan os animais que viven en ambientes húmidos ou acuáticos. Moi próximos a pel hai uns vasos sanguíneos que captan o osíxeno e eliminan o dióxido de carbono. Esta respiración require unha pel fine e impermeable aos gases que debe estar sempre humedecida.
      – Na respiración branquial, característica dos animais acuáticos, os peixes filtran o osíxeno da auga para utilizalo no seu metabolismo. Nas branquias, o sangue circula en sentido contraio ao da auga o que permite a máxima extracción de osíxeno.
      – Na respiración pulmonar, propia dos humanos, dende as fosas nasales ou da boca, o aire pasa pola farinxe e pola larinxe ata chegar a tráquea, onde se produce a fase de inspiración. Logo atravesa os bronquios e pasa polos alvéolos pulmonares, rodeados por vasos sanguíneos donde se leva a cabo o intercambio de gases. Entra osíxeno na sangue e sae dioxido de carbono que realiza o percorrido contrario e sae ao exterior, o que coñecemos como fase de espiración.

  13. faa-soniaporto di:

    O aparello respiratorio é necesario para o intercambio de osíxeno e dióxido de carbono. O sistema respiratorio tamén se encarga de sacar fóra do corpo o dióxido de carbono ou CO2, que é un gas de refugallo do metabolismo celular.
    A diferenza entre branquias e pulmóns.
    As branquias: é un órgano respiratorio de moitos animais acuáticos, formado por membranas delgadas polas que se desliza a auga favorecendo o intercambio de osíxeno.
    Os pulmóns: é un órgano respiratorio dos seres humanos,formado por un tecido. Fai chegar o osíxeno do aire ao interior do organismo para que poida ser transportado a todas as células do corpo mediante o sistema sanguíneo.
    As características que comparten son que todas teñen o intercambio de gases e decir que collen ósixeno e expulsan dioxido de carbono. Os animais que respiran a través da pel (respiración cutánea) son animais pequenos e coa pel pouco grosa como os caracois, lombrices…e algúns vertebrados como as ras e os sapos.

  14. fab-estelavilanova di:

    A respiración a través da pel, é decir, a respiración cutánea é propia dos anélidos, anfibios e de certos equinodermos.
    Neste tipo de respiración é preciso distinguir o tegumento corporal, que configura a estrutura respiratoria, e a pel, a través da cual se realiza el intercambio gaseoso, que debe ser moi fina e húmeda.
    O intercambio gaseoso nestes animais realízase na epidermis, sempre que a cutícula externa esté o suficientemente húmeda.
    Os animales que respiran pola pel viven no medio acuàtico ou en lugares moi hùmedos. Posúen este tipo de respiraciòn as lombrigas de tierra, medusas e anèmonas e os sapos e as ras.

    Os anfibios, cando se encontran en estado larvario, respiran no interior da agua a través de branquias. Logo sofren a súa metamorfosis para entrar na idade adulta e perden esas branquias, desenvolvendo uns pulmóns para poder respirar na terra.

    A respiración cutánea xunto coa branquial, traqueal e pulmonar, é un dos catro tipos de respiración que poden presentar os animais.

  15. Victor di:

    Que tipo de compostos son os flavonoides? En que alimentos aparecen?

    • faa-lidiamartinez di:

      Os flavonoides son estruturas químicas naturales dos vexetais (pigmentos naturais). Encóntranse en frutas, verduras, hortalizas, semillas, flores, na cerveza, no viño, no chocolate, no té e na soja.
      Hai moitos tipos de flavonoides que producen moitos beneficios. Por exemplo hai un tipo de flavonoides responsables da cor das cereixas, do limón, das laranxas, das uvas…
      Tamñen os flavonoides teñen unha gran acción antioxidante e actúan contra enfermidades metabólicas como cardiopatías.
      Presentan accións antivirais e antiinflamatorias e estimulan o sistema inmunolóxico.
      En difinitiva, ter un dieta rica en flavonoides permítenos ter unha mellor calidade de vida.

  16. fab-ivangomez di:

    Os pulmóns serven para respirar aire puro fora da auga na superficie,que é o que utiliza o ser humano e os seres terrestres.Mentres que as branquias serven para respirar debaixo da auga,que é o que utilizan os peixes para sobrevivir aí abaixo

  17. faa-cristinaporto di:

    O aparato respiratorio é un conxunto de órganos diferentes. As nosas délulas consumen oíxeno para obter a enerxía de alimentos que comemo e rpoducen dióxido de carbono que hai que sacar ao exterior. O aparato respiratoorio permítenos coller osíxeno do aire e expulsar o dióxido de cárbono. A este fénomeno chmámoslle respiración.
    -Branquias: Nos invertebrados acuáticos e nos peixes, a presenza dun exoesqueleto ou dunha epiderme grosa impide a respiración a través destas. Xorden neles órganos respiratorios chamados branquias externas ou internas. As branquias están intimamente relacionadas co aparato circulatorio que chega ata elas dende o corpo transportando CO2 e volve ao corpo dende elas cargado de O2. O intercambio gasoso chámase hematose. Respiran deste xeito algúns anélidos, os crustáceos, os moluscos, equinodermos, peixes e os anfibios en estado larval.
    – Pulmóns: É un tipo de respiración que se realiza a través dos pulmóns. Os pulmóns son órganos ocos (nos anfibios) ou esponxosos (en réptiles, aves e mamíferos) aos cales chega o aire a través de órganos condutores: farinxe, larinxe, traquea e bronquios. Dentro dos pulmóns existen cavidades chamadas sacos alveolares, que presentan paredes moi delgadas e permeables. A través desas paredes prodúcese o paso do O2 dende o pulmón ao sangue e a pasaxe de CO2 dende o sangue cara ao pulmón para a súa eliminación, mediante o proceso de hematose ou intercambio gasoso a nivel pulmonar.
    – Traqueas: Nos invertebrados terrestres como insectos, arácnidos e miriápodos, a respiración é traqueal. As traqueas son delgados tubos conectados co exterior, ramificados numerosas veces e con terminacións moi delgadas que se sitúan directamente entre as células. Deste modo e sen intervención do aparato circulatorio, o intercambio prodúcese directamente dende as traqueas ata as células e viceversa.

  18. fab-estelavilanova di:

    Os flavonoides ou bioflavonoides son pigmentos vexetais non nitroxenados. A súa función no mundo vexetal é a de atraer aos polinizadores cara ás flores. Polo de agora, descubríronse máis de 600 flavonoides, todos eles cun papel moi importante na alimentación humana, xa que presentan bastantes propiedades medicinais, entre elas, propiedades antioxidantes, cardiotónicas, antitrombóticas, poden producir a diminuición do colesterol, aumentar a fraxilidade capilar, protexen o fígado e o estómago, etc.
    Na froita, estes pigmentos encóntranse na maioría na súa pel, polo que é recomendable comelos sen pelar.