En caída libre…

Un novo record nos agarda. Tirarse en paracaídas desde unha altitude de máis de 36 Km. Se o tempo acompaña, iso é o que ocorrirá o próximo 8 de outubro. O ” deportista extremo” Felix Baumgarnert terá o privilexio de marcar un novo record mundial de altutide ao tirarse en paracaídas desde a estratosfera. Será un salto supersónico que acadará as velocidades dun avión comercial.

O lugar elixido para realizar esta fazaña será o Novo Mexico (USA) e a altitude para o salto acadarase cunha cápsula especial fabricada para a ocasión. Previamente foi exposta a condicións extremas moi semellantes ás que deberá soportar ás portas do espazo.

Entre os obxectivos marcados por este proxecto, está o de mellorar a seguridade nas viaxes espaciais que permitan establecer procementos de escape dunha nave a gran altitude. Ademais, con este salto tentarase batir varios records como os de maior velocidade en caída libre, o de maior altitude, o de voo en globo tripulado a maior altura e a caída libre máis longa.


Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to En caída libre…

  1. Victor di:

    Ola; este é o primeiro artigo do curso 2012-2013. Podedes comezar a facer os vosos comentarios que, inicialmente, poderían tratar de aclarar cales serían as maiores dificuiltades para facer con éxito este salto.

    • fab-mbelenalfonso di:

      Eu penso que o maior inconveniente seria que por calquera fallo na mecanica da <> a persoa que vai no seu interior sufrira un dano pequeno o incluso chegase a morrer ou quedar para o resto da vida con alguna discapacidade.

  2. faa-cristinaporto di:

    Será un logro bastante importante non solo para el senon que tamén para os investigadores xa que poderán saber as condición extrenas que un ser humano pode aguantar ainda que sabemos que esto pode traer un risco de morte. Penso que será unha información bastante boa para os investigadores.

    • Victor di:

      Ben, pero que problemas ten chegar aí arriba e despois saltar?

      • faa-raulmartinez di:

        Eu penso que o principal problema é que o saltador acadaría máis de 3000km/h e non creo que un humano resista esa velocidade. Para iso ten que ter un traxe especial e moi estudado xa que cun pequeno error costaríalle a vida. Seguro que é unha experiencia emocionante pero eu personalmente non me arriesgaría

  3. fab-danielsomoza di:

    Ten o inconvinte de que o saltador austríaco podería perder o coñecemento rapidamente se houbese unha pequena fuga no seu traxe.

  4. fab-estelavilanova di:

    Como principal inconveniente está, como non, a gran altura desde a que descende a cápsula e o deportista. Por otra banda, as baixas temperaturas que se rexistran na estratosfera, insoportables para o ser humano sen unha equipaxe adecuada. Non obstante, opino que este experimento ten máis vantaxes ca inconvenientes, e que na súa maior parte, podería supoñer unha inmensa axuda ao mundo espacial para fortalecer estructuras.

  5. fab-martinperez di:

    Ben,eu penso que un dos maiores inconvintes e poder subir tan alto a “capsula” sen que se desprenda do globo que a leva cara arriba sin ter nada que a propulse,tamén debe de estar moi ben selado o traxe por o que di Daniel.

  6. fab-paulodiaz di:

    Este proxecto ten moitos inconvenientes, pero a súa realización axudarará a mellorar a seguridade nos viaxes espaciales. O deportista deberá ir ben preparado, pois, na estratosfera hai temperaturas moi baixas. Tamén é preocupante a altísima velocidade que alcanzará na caída libre.

  7. fab-estelapadin di:

    Se Felix Baumgarner lograse un novo récord ó tirarse en paracaídas desde 36 km sería algo moi importante para o mundo da ciencia, pero iso ten varios inconvenientes.
    Podría supoñer a morte do deportista se falla algo do pensado, igual non soporta a velocidade, presión ou temperaturas na que o deportista cae, o ritmo cardíaco baixará no momento do salto… Pero para iso xa tendrá que ir ben preparado xa que a NASA diseñou especialmente un traxe espacial que lle axude a soportar as temperaturas, velocidade e presións que poida alcanzar ó lanzarse.
    Ademáis dos inconvenientes tamén ten vantaxes como mellorar os viaxes espaciais e é algo moi importante para os investigadores.

  8. fab-lauraaragunde di:

    Outro dos inconvenientes pode darse por causas exógenas, como fallos de cálculo á hora de aterrizar; xa que a súa velocidade será mais veloz dado que se lanza de moita altura, ou fallos técnicos (esta última non soe aparecer xa que os equipos de paracaidismos son comprobados e revisados varias veces antes de ser utilizados)
    Pero xa se deu un caso no que houvo un pequeno problema, Joseph Kittinger,un capitán da forza aérea, bateu o récord de altura en paracaidismo (31 mil metros) fai 50 anos pero o sello de presión no guante dereitoo fallou, e a súa man duplicou o seu tamaño, sin mencionar que esto xeneroulle unha dor considerable debido á exposición ó vacío.
    A altura da que planea arroxarse Baumgartner pode matalo sen inconvenientes, polo que serán necesarias precaucións especiais.

  9. Victor di:

    O experto saltador leva unha especie de traxe de astronauta; que características teñen estes traxes (contra que nos protexen)?
    Que diferencias hai entre o lugar do salto e o que se consideraría o espazo exterior?

    • fab-danielsomoza di:

      O traxe espacial está cerrado herméticamente e un dispositivo de respiracion que nos protexe contra o calor o frío a radiación e a nula presión do espazo.

    • faa-soniaporto di:

      Componse de diferentes pezas que se compactan e poden chegar a ser intercambiables con outros traxes.
      Perneras;pantalones brancos que protexen dos raios solares. Luvas; permítenlle suxeitar ferramentas e fai que as súas mans estean a unha temperatura axeitada. O madeiro: unha camisa con aneis que unen os bonecos e o colo, unha mochila onde levan a radio e botellas de aire para poder respirar. O casco é a peza máis importante que protexe os seus ollos, dálle unha visibilidade máis ampla observando os satélites e os seus arredores e por último os tubos de evacuación o cal fai que o astronauta realice as súas necesidades sen correr algún tipo de risco xa que a viaxe pode tardar un par de horas, cada peza é vital para a protección do home na súa viaxe.
      O traxe ten incorporado micrófonos e altofalantes facilitando que estean atentos a calquera cambio, tamén estes mecanismos permite que o astronauta que está no espazo teña unha comunicación cos que están na terra.

      A troposfera é a capa inferior (máis próxima á superficie terrestre) da atmosfera da Terra. A medida que sobe, diminúe a temperatura na troposfera. Na troposfera suceden os fenómenos que compoñen o que chamamos tempo.
      A estratosfera é a segunda capa da atmosfera da Terra. A medida que sobe, a temperatura na estratosfera aumenta.
      O ozono provoca que a temperatura suba xa que absorbe a luz perigosa do sol e a converte en calor. A estratosfera está por enriba da troposfera.

    • faa-raulmartinez di:

      pois este traxe ten que ter moitísimas características como a protección contra as baixas temperaturas da estratosfera e contra as altas temperaturas que acadaría coa velocidade. tamén ten que ter un paracaídas moi avanzado xa que un paracaídas normal non resistiría ao abrirse a esa velocidade. Ademáis necesita protección contra as altas velocidades e tamén é de mota importancia algo que o protexa ao transpasar a barreira do sonido(Isto é un problema moi grave tamén xa que nunca foi transpasada por un humano e non se sabe con certeza os efectos que pode ter)

  10. fab-estelavilanova di:

    Estes traxes protexen das distintas condicións exteriores (calor, frío, radiación electromagnética ultravioleta, ausencia de presión atmosférica, etc). Os traxes están elaborados en distintos texidos, que poden formar capas múltiples. A capa máis exterior está realizada dun material reflectante de cor branca, gracias a iso, moita da radiación electromagnética maligna producida polo Sol pode ser reflectida, como a ultravioleta. Tamén aísla térmicamente, co que poden manter constante a súa temperatura interna.
    Noutra das capas localízase un polímero que lles otorga unha protección contra o lume, que debido ás enormes velocidades alcanzadas podería producir cortes ou perforacións, coa consecuencia dunha pérdida de presión.

  11. fab-ivangomez di:

    Estou de acordo cos meus compañeiros,é unha fazaña moi perigosa onde pon a súa vida en risco.
    Pero se todo vai segun o previsto,Felix non ten por que preocuparse,xa que conta con moitos avances.
    Un deles é o traxe que vai a levar no momento do salto,é un traxe diseñado para aguantar unhas temeraturas moi baixas e tamen moi altas,feito de materias especiais que poidan responder ante calquera imprevisto.
    Despois esta o lugar do salto,36 km e moita altura,ata agora ninguen saltou dende tan arriba,xa que o record esta en 31 km.
    A diferenza entre o lugar do salto e o expacio exterior é que dende onde vai saltar aínda hai gravidade,mentres que no espazo exterior non hai gravidade.

  12. Victor di:

    E o globo; que características debe cumprir para chegar a esas altitudes?

  13. fab-carlaseren di:

    Unha das características é que este globo debe ser inflado con helio durante 8 horas polo que as condicións meteorolóxicas deben ser idóneas. Unha vez esté inflado, o globo será tan alto coma un edificio de 55 plantas. Este globo é o maior xamais fabricado para voos tripulados, está composto de tiras de polietileno de altas prestacións. Se o extendésemos sobre o chan ocuparía 161.000 m2. Cando chegue o punto exacto do salto o globo medirá 102 metros de altura e tendrá un diámetro de 129 metros.

  14. faa-inesfeijoo di:

    Hoxe, a alta fiabilidade dos equipos e os altos niveis de control nos que se realizan os saltos fan que sexa unha practica moi segura, si hai algún problema pode ser debido a que non respetásemos as normas básicas de seguridade.

  15. fab-martinamendoza di:

    Para poder realizar esta caída é necesario seguir uns requisitos imprescindibles, necesitase un mecanismo para a separación da carga útil, paracaídas para a recuperación do instrumental, un sistema de comunicación para transmitir e recibir comandos, tanto para o globo como para os instrumentos de a bordo, unha telemetría de altura, presión, temperatura e posición do conxunto, un reflector pasivo do radar, un mecanismo de elxeccion de lastre, unha fonte de alimentación e se é necesario uns paneis solares.

    En ocasións, utilizase unha góndola, que é unha estructura contenedora, mantense nela a carga útil, esto poderiamolo destinar a protexer os delicados instrumentos, ben no momento do aterrizaxe ou ben incorporando mecanismos de apuntamento moi precisos.

    A pesar de esto non existe un único tipo de globo que poda cubrir todos as necesidades, pero os científicos teñen a súa disposición bastantes posibilidades para realizar esta caída.

  16. fab-mbelenalfonso di:

    O traxe espacial está cerrado herméticamente,polo tanto protexenos de todos os fenomenos atmosfericos do espazo. O globo debe estar feito dos materiais necesarios para que soporte calquera complicacion leve ou mais forte ou calquer fenomeno inesperado,para iso moita xente traballa durante moito tempo creandoo para que todo salga ben.

    • fab-martinamendoza di:

      Respecto ao que di a compañeira MªBelén, é certo que o traxe espacial está cerrado herméticamente, pero iso non é suficiente.
      O traxe necesita unha presión interna estable, así tanto como unha movilidades opuesta á presión do traxe, osixeno respirable, unha regulación da temperatura…
      Calqueira traxe esta elaborado con varios texidos, para poder disipar a maior cantidade de calor posible, tamén é necesario unha capa exterior que é dun material reflectante. Seria imprescindible utilizar unha capa chamada Kevlar que serve para protexer os texidos interiores de desgarres e de pequenos lixos espaciais.
      Na parte interior utilizase algodón, este axuda a proporcionar un tacto agradable, ademáis de agardar a calor e absorver sudoracions da persoa que o ultilice.

  17. fab-ivangomez di:

    O globo esta feito de tiras de polietileno que resisten as temperaturas o que vai estar exposto e a presion a que vai estar sometido e ten que ter o helio suficiente para chegar a altura prevista xa que se fallan os calculos o mellor non ppodria chegar ata o punto de salto.

  18. fab-lauraaragunde di:

    O globo que usará Baumgartner na súa última ascensión será igual de alto que un rascaceos e so podrá despegar se o vento non supera os 6,5 kilómetros por hora, para evitar dañar a materia plástica da que está feito porque o globo é máis delgado cunha bolsa de plástico.
    É o máis grande xamais realizado para un vuelo tripulado, foi construído apartir de tiras de polietileno de alto rendemento. A altura do globo será duns 334 pes (102 metros) cun diámetro de 424 pes (129metros) e cun peso de 1.682 kilos en vacío.
    O globo encherase de helio, un gas non inflamable máis lixeiro que o aire, subministrado por dous camións. Un tercer camión equipado cun equipo especialmente diseñado para esto, sosterá o globo mentras se hincha; este proceso lévase a cabo nun intervalo de entre 45 e 60 minutos.
    O globo de esta misión, 10 veces maior que o que usou Joe Kittinger en 1960 tendrá unha apariencia larga e delgada no despegue e irá ganando volumen a medida que vaya ascendendo.

  19. Victor di:

    E ata que altitude se poderían realizar saltos como este?

  20. fab-martinamendoza di:

    A altitude máxima recollida ata a data de hoxe é de 31.330m, polo floridiano Joseph Kittinger en 1960. Con isto quero dicir que a altitude máxima probada que se pode acadar é esta.
    Ainda que esperemos que o próximo oito de outubro, Felix Baumgarnert poida superar esta marca.

  21. faa-bertaferreiro di:

    Estou de acordo coas miñas compañeiras,Chus e Martina. Por ahora a altitude a que se poden realizar saltos de caída libre está nos 31.300m que realizou Josseph Kittinger, un oficial e aviador da Forza Áerea dos Estados Unidos.Con este salto realizado en 1960, Josseph conseguiu os récords de maior ascenso en globo, salto en paracaídas de maior altitud, caída libre máis larga e a maior velocidad que alcanzou un home na atmosfera.
    Pero se o vindeiro 8 de octubro o salto en caída libre que pretence facer Felix Baumgarnert desde unha altitude de 36.500m lévase a cabo con éxito conseguirá un novo récord e consideraríase esta como a maior altitude a que podería saltar un home.

  22. fab-martinperez di:

    Eu pénso que o salto de Joseph Kittinger en 1960 si se pode superar,nos 60 non había nin a cuarta parte da tecnoloxía,e moitos materiáis actuais aínda non eran utilizados,ou ben creados,co cal a miña impresión é que si se poden superar eses 31.300m que realizou Joseph Kittinger,tamén é verdade que canta máis altura máis perigo,esperemos que se poda superar gracias ó salto de Felix Baumgarnert.