Visita de Venus

Venus pasará diante do Sol podendo ser visto dende a Terra o próximo 5 de xuño do 2012. Este momento producirá unha silueta que ninguén con vida volva a ver outra vez.

Os tránsitos de Venus veñen en pares separados por máis de cen anos, o que os fan moi raros. Este en concreto, o segundo dun par que comprende de 2004 a 2012,  non se repetirá ata o ano 2117. Por sorte, tal momento poderá ser visto sen problema algún. Observadores dos cinco continentes e incluída a Antártida estarán en posición para velo.

O fenómeno de case 7 horas comeza as 22:09 (UTC) o día 5 do próximo mes. Este horario favorece ós observadores do Océano Pacífico, xa que o Sol estará en todo o alto durante a travesía. Nos EE.UU. o atardecer será o seu mellor momento.

O recorrido de Venus chamou a atención no século XVIII, cando o tamaño do sistema solar era aínda un misterio para a ciencia. A distancia relativa era coñecida pero as súa distancia absoluta aínda non. No 2004 modernos telescopios capturaron a vista sen precedentes da atmosfera de Venus iluminada polo lume solar, pero este ano será aínda superior, debido a mellora das cámaras e telescopios solares.

Autora: Carmen Rodríguez Eirea

Esta entrada foi publicada en Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Visita de Venus

  1. Victor di:

    Este é o último artigo de alumnos/as que se publicará durante este curso. Tentade rematar os que teñades en borradores.

  2. fab-alekseinogueira di:

    Este acontecemento axudará a estudar mellor a estructura de Venus e os cinetíficos poderán mirar con exactitute a súa estructura grazas a que contan con telescopios cunha visión máis avanzada ca nunca.

  3. faa-iagopaz di:

    Este suceso ocorre de forma regular, en ciclos de catro, nos que os tránsitos separanse por 105´5, 8, 121´5 e 8 anos. Os tránsitos previos a o que se producira o 5 de xuño foron en 1874, 1882 e 2004. Algún astrónomos da era moderna empregaron estes momentos para intentar calcular a distancia entre a Terra é o Sol, inda que as súas aproximacións non se corresponden coas estimacións aceptadas actualmente.

  4. fab-aldaragarcia di:

    Venus é o segundo planeta do sistema selar e o más cercano á Terra aparte de Marte. Os tránsitos de Venus teñen lugar cando o planeta cruza directamente entre a Terra e o Sol, que é un fenómeno astronómica relativamente raro. A primeira vez foi en 1639. E a partir dos seguintes tránsitos observados puidose confirmar que Venus tiña atmósfera ou a distancia exacta entre Venus e a Terra e entre a Terra e o Sol. Os tránsitos só poden ocorrer en xuño ou decembro. Este tránsito deuse en 2004.

  5. faa-iagogonzalez di:

    Eu opino, que un acontecemento deste nivel, debe ser apreciado por todo o mundo,dado que humanidade actual, só tera esta oportunidade de contemplar esta marabilla do sistema solar, que non se volverá a producir ata dentro de máis de un século, o que fai máis especial o espectáculo.

  6. fab-isaacabal di:

    Venus é a primeira “estrela”( é un planeta, pero que reflexa os raios do Sol) que brila no ceo pola noito e por iso é un planeta que sempre foi obxeto de observación e agora que se pode de investigación.

  7. faa-mariamartinez di:

    Como se indica ao principio do artigo, os tránsitos de Venus son algo excepcional, xa que cando ten lugar un, ao cabo de 8 anos menos dous días, ten lugar outro pero despois hai que agardar 105 anos e medio ata que se observen outro par de tránsitos separados 8 anos.
    O primeiro tránsito documentado observado foi o de 1639, o último, o de 2004, o do martes será o séptimo, e o próximo ocorrerá no 2117.

  8. fab-antiachantada di:

    O tránsito de Venus é seguramete uns dos máis destacados. O próximo 5 xuño o segundo planeta do sistema solar pasará entre o Sol e a Terra e unha escura silueta verase reflexada na superficie terrestre. Co acontecemento diste fenómeno os científicos contan cunha oportunidade única para profundizar varias cuestións, como o tránsito dos exoplanetas ante os astros que orbitan ou tamén poder probar algunhas novas tecnoloxías especificamente desenvolvidas para analizar a composición e estrutura atmosférica de estes planetas ademais de que lles permitirá investigar as capas intermedias da complexa atmosfera de Venus, importante para entender a propia climatoloxía terrestre.

  9. faa-adrianfeijoo di:

    É un acontecemento que ocorre cada moito tempo.Suceden dous tránsitos seguidos en oito anos menos dous días,pero logo hai que esperar 105 anos para ver outros dous tránsitos.
    Estes acontecementos permiten calibrar os diferentes instrumentos para buscar planetas extrasolares con atmosferas,para aprender a cualificar outros sistemas solares na nosa búsqueda de vida no universo.

  10. faa-emilioabal di:

    O mal tempo en moitos dos lugares de observación,a dificultad de determinar con precisión a localización xeográfica do lugar en que a observación se realizaba e el efecto de la gota negra fixo que os resultados obtidos non estiveran acordes coas expectativas.

  11. fab-martinfranco di:

    Según Gregorio Portilla, profesor do Observatorio Astronómico da Universidade Nacional de Colombia, “observar dende a Terra o tránsito de Venus frente o disco do Sol é un suceso inusual, que só se produce cando os tres astros están alineados”.
    Gregorio agrega que a última vez que se presentou este fenómeno foi o 8 de xuño de 2004 e que, despois deste 5 de xuño no que se repetirá a alineación, só se podrá volver a ver o 11 de decembro de 2117. Sobre o fenómeno, Portilla informa que, se o ceo non está cuberto por nubes será factible ver no Occidente un punto negro groso facendo contacto ca circunferencia do Sol e, posteriormente, atravesando o astro. Nese momento, Venus estará a uns 42 millons de kilómetros da Terra, que representa estar 109 veces máis lexos que a Lua. Mentres, expertos advirten que o fenómeno causará variacions nos raios solares, os cales poden causar graves afectacions nos ollos, a observación directa del fenómeno.
    Algunhas recomendacions de expertos son:

    -Non observar o Sol utilizando un instrumento óptico (binoculares o telescopios) que carezca dos debidos filtros solares.
    -Se se tene un telescopio pero se carece de filtro, proxectar a imaxe do Sol nunha pantalla cerca do instrumento.
    -Ter en conta que os negativos de películas e as radiografías non ofrecen a debida protección para a observación.

  12. fab-laurarodriguez di:

    O tránsito de Venus é un raro fenómeno astronómico que consiste no paso do planeta Venus por diante do Sol. Prodúcese cando o Sol, Venus e a Terra se alinean, pasando Venus entre a Terra

    Se produce cuando el Sol, Venus y la Tierra se encuentran alineados y el planeta pasa por uno de sus nodos, lo cual sólo puede ocurrir en los meses de junio y diciembre.El tránsito de Venus es un suceso muy poco frecuente. Tienen lugar cuatro tránsitos en un período de 243 años, con un intervalo entre uno y el siguiente de 105,5; 8; 121,5 y 8 años. Se suelen considerar los “pares” de tránsitos que se producen en un intervalo de 8 años.

  13. fab-laurarodriguez di:

    O tránsito de Venus é un raro fenómeno astronómico que consiste no paso do planeta Venus por diante do Sol. Prodúcese cando se alinean o Sol, Venus e a Terra, pasando o planeta Venus entre a Terra e o Sol. Este fenómeno só pode ocorrer nos meses de xunio e decembro. O tránsito de Venus é un suceso moi pouco frecuente, só teñen lugar catro tráansitos en 243 anos.

  14. faa-victorinosouto di:

    Este acontecemento será, case seguro, o único que acordaremos na nosa vida. Isto axudara a que os científicos estuden con maior precisión a estrotura de Venus e así poder coñecer con máis exactitude o planeta veciño.

  15. faa-margabarreiro di:

    Sen dúbida esta é unha oportunidade única que todos deberíamos aproveitar,xa que venus é un planeta moi interesante,que é de tipo rochoso e terrestre(por iso chamano tamén o planeta irmán da Terra).Un día en Venus é como 243 días terrestres.Venus ten un movemento destróxiro,é dicir,xira no sentido das agullas do reloxo.

    Como ben di Aleksei grazas as novas tecnoloxias esta oportunidade de ver a Venus pode ser moi inportante para descubrir moitas máis cousas do noso planeta veciño.

  16. fab-isaacabal di:

    *O planeta Venus alcanza o seu brillo máximo, pouco antes do nacer do sol e logo despois de escurecer. Esta é a razón que a miúdo chamado “Estrela da Mañá” ou “noite Star”.
    *Unha vez que está composto principalmente de rochas de silicato, Venus foi clasificado como un planeta terrestre.
    *Venus é ás veces chamado de “irmá do planeta Terra”, principalmente debido ao feito de que os dous son semellantes en tamaño, composición, densidade e volume.
    *Venus é o sexto maior planeta do sistema solar.
    *De todos os planetas rochosos, Venus se caracteriza por ter a atmosfera máis densa, que consiste principalmente de dióxido de carbono.

  17. fab-isaacabal di:

    *A presión atmosférica sobre a superficie de Venus é 92 veces maior que a da terra. Para facernos unha idea, é como a presión do mar de mil metros de profundidade.
    *Considérase que a superficie de Venus é relativamente novo, preto de 500 millóns de anos.
    *A distancia de Venus ó Sol é 108208930 quilómetros.
    *Un día en Venus é igual a 243 días da Terra, mentres que o seu ano é igual a 224.7 días na Terra. Isto significa que un día en Venus é máis longo que o seu ano.
    *A velocidade orbital de Venus é de 35 km / seg e pola excentricidade da súa órbita é 0,007.
    *O planeta Venus ten ningún satélite natural.
    *Como a terra, o interior de Venus estará composto por un núcleo de ferro fundido e manto rocoso.
    *A rotación de Venus é oposta á da Terra, de xeito que o Sol nace no oeste.
    *Venus é o máis quente e máis brillante de todos os planetas do sistema solar.

  18. fab-isaacabal di:

    *Venus é o único planeta do sistema solar que xira na dirección dos ponteiros do reloxo. Todos os outros planetas ata a Terra xira sentido anti-horario.
    *Venus ten volcáns máis do que calquera outro planeta do Sistema Solar. Mentres non sabemos máis se son activos ou non.
    *O raio ecuatorial de Venus é 6.051.8 km, mentres que a súa circunferencia ecuatorial é 38,025 km.
    *O volume de Venus é 928.400.000.000 km3, mentres que a súa masa é 1020 kg x 4.868.5 e unha densidade de 5,24 g / cm.

  19. faa-angelfigueiras di:

    Con isto os investigadores poderán saber con exactitude os rasgos exteriores do planeta Venus, como pode ser o seu tamaño. Grazas os impresionantes aparellos de visión que hai na actualidade, poderase observar moi de preto tendo en conta a distancia a superficie do planeta.

  20. fab-raquelblanco di:

    É unha boa noticia, xa que hoxe en día contamos con moi bos telescopios que nos axudan a observar con exactitude. Aínda que en 2117 tendrán tecnoloxías moito máis avanzadas que agora. Penso que é algo extraodinario xa que ata dentro de máis de cen anos non se volverá a repetir.

  21. faa-monicagonzalez di:

    Na miña opinión,é unha boa idea o que vai acontecer, pois nestas alturas da vida, temos moi bos telescopios que nos axudarán a obeservar con exactitude e poder estudar mellor Venus.

  22. faa-iagogonzalez di:

    Sábese tamén, que este tránsito será o primeiro da historia no que haxa un satélite en órbita arrededor do noso planeta “xemelo”, a sonda Venus Express da Axencia Espacial Europea (ESA). A ESA retransmitirá o tránsito en directo dende a illa ártica de Spitsbergen, no archipiélago de Svalbard, Noruega, baixo o “sol de medianoite”.

  23. faa-xosemartinez di:

    Este é un acontecemento moi pouco frecuente, aínda que o último ocorreu no 2004, o próximo está previsto para 2117. Tamén é un acto que ó longo da historia axudou ó desenvolvemento da astronomía dende o século XVIII, e incluso na actualidade axuda ó estudo de Venus.

  24. faa-nereapaz di:

    Venus é o segundo planeta máis próximo ó Sol, e é o terceiro máis pequeno en canto ó tamaño. Case sempre está situado aproximadamente na mesma dirección do Sol, e é un dos únicos corpos celestes que poden verse durante ó día a simple vista.
    Este acontecemento que ocorrerá o próximo día 5 de xuño é unha oportunide única ao acontecer cada máis de cen anos. Por outra banda, grazas aos datos que nos achega este tránsitode venus, pódese obter a distancia da Terra ao sol.

  25. fab-alekseinogueira di:

    Nós tamén poderemos ver esta proxección dende a unha menos dez da mañán ata as tres e media da mañán o mércores seis de xuño.
    Venus non é un gran planeta e por iso cando se vexa proxecato sobre o Sol, este non estará escurecido de todo por mor de Venus, se non que Venus non ocupará nin un tercio do sol, o planeta verase como un grano do xiganta amarelo.