Atún radiactivo

Os atúns vermellos pescados en EEUU conteñen partículas radioactivas procedentes da central de Fukushima. Así o revela un estudo que analizou os isótopos radioactivos dos atúns pescados en novembro de 2011 e outros pescados tres anos antes, no 2008.

O resultado concluíu que os niveis de cesio-134 e cesio-137 dos exemplares do pasado ano son dez veces maiores ca os do 2008. Ao coñecer o patrón de migración do peixe, os científicos souberon que procedían das costas de Xapón. Aínda así, queren tranquilizar á poboación aclarando que o seu consumo non supón ningún risco, xa  que o nivel de radioactividade total está por debaixo do permitido, que actualmente oscila entre os 2.000 e os 4.000 bequerelios por Kg (dependendo das normativas nacionais).

Pese a que o contido de partículas radioactivas dependen de factores como a estratexia de alimentación e o momento de migración, os autores do estudo propoñen estudar o nivel de radioactividade noutras especies, como as tartarugas,  os tiburóns e as aves mariñas.


Autora: Paula Alba

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Residuos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to Atún radiactivo

  1. Victor di:

    O PRÓXIMO DOMINGO (3 XUÑO) ÁS 24:00 HORAS REMATA O PRAZO PARA TRABALLAR NESTE BLOG.
    EVIDENTEMENTE, ALGÚNS DOS VOSOS ARTIGOS NON SERÁN PUBLICADOS PERO SI TIDOS EN CONTA NA AVALIACIÓN, SEMPRE E CANDO ESTEAN REMATADOS CON ANTERIORIDADE Á DATA SINALADA.

  2. faa-iriagondar di:

    Cando a radiación se libera con gas, como aconteceu nos reactores xaponeses, as partículas son transportadas polos ventos dominantes e algunhas depositaranse na terra. A chuvia tamén traerá á terra parte das partículas suspendidas no aire.
    Sábese que os principais elementos que foron liberados dos reactores da central de Fukushima son os isótopos de iodo (iodo 131), de cesio (cesio 137) e de estroncio (estroncio 90).
    O cesio é perigoso porque é de longa duración e viaxa doadamente a través da cadea alimentaria, sen deixar de emitir partículas durante séculos unha vez que se libera. O seu efecto no medio pode ser de longo alcance. Incorpórase nos ósos e co tempo pode producirse osteoporose. Mentres que o iodo 131 é de moita máis curta duración.A súa potencia radiactiva redúcese á metade cada oito días e é perigoso porque se concentra na glándula tiroide e pode provocar cancro.

  3. Os humanos podemos estar expostos ao cesio por respiración ou ao inxerilo con alimentos e bebidas. No aire os niveis de cesio son baixos.
    A cantidade de cesio en comidas e auga depende da emisión de cesio radiactivo de plantas de enerxía nuclear.
    As persoas que tarballan na industria da enerxía nuclear poden estar expostas a altos niveis de cesio, pero son tomadas moitas medidas de seguridade para previlo.
    Cando hai contacto con cesio radiactivo a persona pode experimentar dano celular a causa da radiación emitida polas partículas do cesio. Isto pode traer como consecuencia efectos como náuseas, vómitos, diarreas, e hemorraxias. Se a exposición é longa a persoa pode incluso perder o coñecemento, entrar en coma ou incluso morrer. Os efectos dependen da resistencia de cada persoa, o tempo de exposición e a concentración á que estea sometida.

  4. fab-mariaarojo di:

    O atún vermello é o atún por excelencia. Pode chegar a medir máis de 3 metros e alcanzar os 500kg. O seu hábitat é o Océano Atlántico e os mares dos arredores, coma o Mar Mediterráneo. É tamén un pescado moi codiciado na área de Xapón, utilizado para facer sushi e sashimi. Pero non todo é bo. Datos recentes afirman co stock do atún vermello se encontra nun 57% da súa poboación orixinal, mentras que os grupos ecoloxistas afirman co stock ha diminuido nun 80%.

  5. fab-isaacabal di:

    Non é precisamente unha boa noticia para os consumidores de atún.
    Que os atúns conteñan radioactividade pode ser moi grave, xa que é moi probable que á conteñan outro tipo de animais, que finalmente repercute na nosa alimentación. Ademais todos estes animais poden sufrir mutación xenéticas por mor desta radioactividade.

  6. faa-juancsineiro di:

    É impactante que chegue a afectar a EE.UU. a radioactividade de Fukushima, así como unha mala noticia porque comer este peixe pode ser malo para a nosa saúde.

  7. fab-martinfranco di:

    Científicos de Stanford detectaron leves concentracions de material radiactivo procedente da catástrofe de Fukushima en atúns capturados nas costas de Estados Unidos. Os atúns vermellos ou de aleta azul obtidos de forma posterior ao desastre mostraban maiores cargas de cesio que os anteriores. A carga de cesio medida non constitue ningún risco para o ser humano. Aínda que coméramos unha boa ración de pescado contaminado. Este é o primer rexistro que se ten deste tipo de contaminación desde que en marzo do 2011 a central enerxética virase na necesidade de liberar grandes cantidades de radioactividade no océano. Este incidente serve para ver a verdadeira magnitude do accidente cuxas consecuencias parecen non ter límites. Os atúns viaxaron máis de 10.000 kilómetros levando o contaminante dun punto a outro da orbe.

  8. faa-xosemartinez di:

    Dentro do debate sobre o futuro da enerxía nuclear fálase sobre todo das consecuencias que pode ter calquera catástrofe nuclear, e sen dúbida, esta é unha de elas.
    É certo que non é algo realmente perigoso para as persoas que coman o atún pescado nestas zonas, pero que conteñan partículas radiactivas procedentes de Fukushima é unha moi mala noticia. Posto que nun accidente grave a radioactividade afecta a todo o que se encontra cercano á zona cero e, ás veces, convértese en inservible durante moitísimos anos.

  9. faa-mariacmaquieira di:

    Está claro que esta non é unha boa noticia dende diferentes puntos de vista xa que a especie nese lugar podería correr perigo, por outra banda esta noticia esperta a preocupación pública xa que este atún estaba destinado a venda para o consumo e agora as vendas poderíanse ver afectadas co cal sería un grave problema para a industria adicada o comercio de atún.

  10. faa-nereapaz di:

    Os exemplares de atún nos que se localizaron estas cantidades de cesio son anteriores ó accidente na central de Fukushima, polo que soamente levan expostos a esta radioación dous anos aproximadamente. Algúns espertos, pensan que en exemplares que naceron baixo estas condicións de radioactividade, poderían conter maior cantidade de cesio, así como outras alteracións.
    Aínda que a radiación que conteñen non é perxudicial para o ser humano nesta especie, é posible que noutras especies se presente en maior grao, non sendo un risco para o home senón tamén para a propia supervivencia da especie.

  11. faa-antoniomrodino di:

    De acordo cos investigadores, o atún é unha especie migratoria: adoita desovar nas costas próximas a Xapón durante o verán, logo do cal migra cara ás costas de América, principalmente California; despois, a finais da primavera, nada cara a Xapón de novo para reproducirse.
    Isto de ser certo é moi preocupante, xa que as sustancias radiactivas, as cales inxeren en Xapón, poden chegar a ser moi negativas para a nosa saúde, sen esquecer que o atún é un peixe moi abundante na nosa dieta.

  12. fab-sandraromero di:

    Demomento, a radioactividade que presentan estes atúns está por debaixo do permitido. Pero cómpre saber que en comparación aos exemplares do 2008, os do ano pasado presentan unha radioactividade dez veces maior por mor da catástrofe de Fukushima. Isto demostra que as consecuencias da fuga de radioactividade se foron estendendo ata límites casi insospeitados.

  13. fab-paulaalba di:

    Na zona afectada xa fai tempo que se detectou contaminación en certos alimentos, como nas hortalizas, prohibíndose a súa venta. As partículas radioactivas foron dispersadas polos patróns climáticos ata o interior de Xapón, a Corea do Sur, China e aos Estados Unidos, como demostra a radioactividade dos atúns. As sustancias radioactivas vertidas á terra, ao aire e á auga seguiranse a estender no futuro,chegando a xerar riscos na saúde dos seres vivos, sexan animais, plantas ou seres humanos.

  14. fab-raquelblanco di:

    O atún vermello é un peixe migratorio que o longo da súa vida habita en diferentes zonas do Pacífico Norte. Estes maduran nas augas niponas do oeste do Pacífico e a maioría migran hacia California.
    Outras especies tamén poderían ter ións no seu corpo pero non é alarmante. De todas maneiras penso que é algo preocupante porque si foran cifras maiores poderían perxudicar a algúnhas persoas.

  15. faa-mariamartinez di:

    Poucos días despois do accidente de Fukushima detectouse iodo radiactivo na auga corrente de Tokio. Ademais rexistráronse nives altos de radiactividade no leite e en espinacas producidas nas proximidades da central.
    Dúas semanas despois, os niveis de iodo radiactivo das augas mariñas próximas á central, eran 1850 veces maiores que o permitido legalmente.
    O accidente nuclear tamén provocou que chegasen partículas radiactivas a California, España e outros países de Europa, aínda que este feito nunca supuxo un perigo para a saúde.

  16. faa-iriagondar di:

    Unha comida de peixe de 200 gramos supoñería 0,064 microsieverts de cesio 134 e 137. Só a xeito de comparación, un europeo medio está exposto a diario a unha dose de 2.300 microsieverts só pola radiactividade natural.

  17. fab-antiachantada di:

    A fuga radioactiva provocada tras o accidente da central nuclear de Fukushima afectou no seu momento a diversas especies mariñas os efectos parecían xa localizados nas áreas máis cercanas mais recentemente localizáronse, tal como ti o artigo, bancos de atún vermello, na costa oeste norteamericana. Isto provocou unha alarma entre as autoridades alimentarias, xa que o atún vermello forma parte do último eslavón da cadea trófica pola súa posición de gran depredador e pola popularización do seu consumo.

  18. fab-alekseinogueira di:

    Esto non é nin o principio do que se está a descubrir do desastre natural, o mar non ten barreiras e a central nuclear está xusto ao lado do mar, se por terra os humanos teñen que estar alexados a unyha chea de quilómetros por mar os efectos aínda son maiores e peores, toda especie mariña que entre no perímetro de contaminación verase afectada pola contaminaciíon radiactiva o cal é perxudicial para a conservación dunha especie autóctona mariña e para nós porque por culpa da globalización podemos comer peixe de todas as zonas do mundo.

  19. fab-aldaragarcia di:

    Xa se tiña o coñecemento de que os atúns pasaban polas costas xaponesas e así entraban en radiación. Pero a alarma deuse cando estes atúns radioactivos chegaron ás costas de California, aínda que os niveis de radiacción que conteñen non perxudique á saude humana, os expertos ante esta alarma suxiren analizar todas as especies migratorias que se consuman.

  20. fab-alvarolopez di:

    A localización de especímenes de atún vermello contaminados con radioactividade é a primeira que se rexistra para unha especie capaz de percorrer largas distancias durante a súa migración(neste caso entre 15.000 e 20.000 km, que son os que separan as costas de EEUU e Xapón).

  21. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, penso que se a radioactividade, chegou a estados unidos a través dos atúns, ben puido ou pode chegar algún dia a o resto do mundo a través de outro tipo de animais migratorios, o que pode producir un gran impacto global, aínda que a radioactividade sexa mínima.

  22. faa-luismdoval di:

    Acorde cos estudos realizados a contaminación detectada nos exemplares informa de que sucedeu no mesmo lugar do sinistro, xa que se descartou que fora arrastrada polas correntes oceánicas até as costas norteamericanas.

    O incidente serve para destacar a verdadeira magnitude do accidente cuxas consecuencias parecen non ter límites. Os atúns viaxaron máis de 10.000 kilómetros levando o contaminante dun punto a outro.

  23. faa-fernandogarcia di:

    Isto é certamente proba dos riscos dos residuos nucleares que se xeran nas plantas, e tras unha catástrofe como a de Fukushima é posible que se dispersasen algúns incluso contaminando as augas próximas, e así chegouse a esta situación.
    Por iso a enerxía nuclear debería deterse, polo menos a curto prazo, porque que produtos tan cotizados como o atún vermello conteñan certos niveis de radiación pode resultar pernicioso para a nosa saúde aínda si está dentro de “niveis permitidos”.

  24. fab-antiachantada di:

    Os niveis de cesio radioactivo nesta especia, según un artigo multiplican por 10 os niveis de radioactividade rexistrados en outras especies da costa americana. Pese a iso, as autoridades alimentarias de ambos países, tanto EEUU como Xapón, entenden que de momento estas contaminacións non supoñen ningún perigo para a saúde.

  25. faa-adrianfeijoo di:

    Isto non é unha boa noticia,xa que vai a producir unha opinión completamente diferente dos consumidores de atún vermello.Xa que se conteñen partículas radioactivas non lles vai facer ningunha graza consumir este peixe.A pesar de que os científicos digan que o nivel de radioactividade ao consumir o atún está por baixo do permitido,a xente non o vai consumir tan frecuentemente ou ao mellor nin a consumir.

  26. faa-victorinosouto di:

    Aínda que os cientificos nos aseguran que o atún non ten ningún risco para a saude, o certo e que a mallor parte dos consumidores teñen certo temor a o acontecido. Isto supón un gran problema xa que se os atúns están contaminados o máis seguro e que outras especies de animais acuáticos tamén o estén.

  27. fab-laurarodriguez di:

    O atún vermello é un peixe que habita en todo o Atlántico norte, no mar Mediterráneo e no mar Negro. Prefire augas de temperaturas ó redor dos 20 °C pero soporta sen problema ningún oscilacións entre os 5 e os 30 °C. Nestas augas pasa pola costa de Xapón onde adquire esa radioactividade polas centrais nucleares de Fukushima. Penso que ésta noticia é importante, porque móstranos que o poder dunha central nuclear, pode afectar a animais que logo darán problemas nun país que está bastante lonxe. Neste caso non foi moi grave, pero se se houberan sobrepasado as cifras de peixes afectados, poderíase haber chegado a un problema aínda máis preocupante.

  28. faa-luciasantos di:

    Cando se produciu o desastre de Fukushima, todos nós eramos conscientes das posibles consecuencias que traería. Agora que somos informados, dáselle moita máis importancia, sobre todo, porque este estudo se realizou en atúns, especie animal que nós consumimos. Aínda que o porcentaxe de radioactividade esté por debaixo do permitido e poidamos comelo sen risco algún, tamén será necesario continuar as investigacións, posto que pode causar danos nas especies ou incluso mutacións.

  29. faa-luciasantos di:

    Neste artigo só se fala dos atúns, mais moitas especies que tamén migran por esa zona, como por exemplo, as tartarugas, deberían ser estudadas. Así como nos preocupa que os alimentos que inxerimos procedentes de Xapón esté contaminados con residuos radioactivos procedentes da central, non deberíamos esquecer, tampouco, que aínda que non nos afecte directamente e non sexamos conscientes en primeira persoa, a maior parte da poboación próxima á central nuclear de Fukushima veuse afectada; e, aínda así, os seus verdadeiros efectos e consecuencias non se coñecerán ata pasados uns anos, como no caso de Chernóbil, que ata pasados 16 anos, non se coñeceron os efectos sobre a poboación, aumentanto o risco de cancro ou malformacións durante o embarazo.

  30. faa-margabarreiro di:

    Este descubrimento é moi impactante,porque o igual que as radiacións afectaron aos atúns tamén pode afectar a moitas outras especies,por iso é moi importante que se investique a propagación destas radiacions noutras especies para evitar que se consuman peixes cun nivel de radiación perigoso para o ser humano.

  31. fab-isaacabal di:

    En 2011, despois do tsunami que derrubou os reactores nucleares en Fukushima, o grupo de investigación realizou un estudo con mostras dalgúns atún vermello, que se atoparon gran cantidade de dúas sustancias radioactivas (Ceisum-134 e cesio-137) en relación aos anos anteriores.

  32. fab-isaacabal di:

    Meses despois, outra investigación descartou o feito de que a radiación fora transportada polas correntes oceánicas a través da atmosfera, concluíu que o accidente na planta Fukushima causou o aumento da radioactividade.

    O atún vermello ou atún, é un dos peixes máis grandes e máis rápidos no océano, pode metabolizar e expelir substancias radioactivas, como crecen e nadar dun lugar a outro, pero non pode expulsalo-los completamente.

  33. faa-monicagonzalez di:

    A fuga radioactiva provocada tras o accidente da central nuclear de Fukushima afectou no seu momento a diversas especies mariñas,como di o artigo, os bancos de atún vermello, na costa oeste norteamericana. Con isto provocou unha alarma entre as autoridades alimentarias cando estes atúns chegaron ás costas de California,pois este atún vermello forma parte do último eslavón da cadea trófica.

  34. faa-xosemartinez di:

    Ademais destes niveis anómalos atopados en exemplares de atún, hai que darse conta de que a radioactividade liberada en Fukushima afecta á auga que foi filtrada ó océano Pacífico e que pode tardar nalgúns casos ata 25.000 anos en desaparecer.

  35. faa-nereapaz di:

    O cesio que conteñen estes exemplares de atún é moi tóxico en cantidades ínfimas e ten unha vida biolóxica de entre 50 días. Cando entra en contanto co organismo, ten un comportamento similar ó do potasio, propagándose por todo o corpe afectando en maior medida aos tecidos óseos e musculares.

  36. fab-alekseinogueira di:

    A recuperación deste lugar tardará unha inmensidade de anos , fundido así a súa economía, biodiversidade e facendo del un cemiterio che de cadávaeres vexetais e animais, xa van bastante anos do de Chérnobil e aínda non se pode vivir nesa zona, por eso é no saber que as cousas sempre teñen o seu lado escuro.