2012: ano do morcego

Este é o ano do morcego: o único mamífero capaz de voar. Segundo datos do PNUMA o  morcego é o animal máis perseguido do mundo. Polo que neste ano no que se promove o seu estudo e protección, aquí deixo algunhas curiosas características deste singular animal.

Os morcegos non son cegos, a pesares do que pensa a gran maioría. Os ollos dos morcegos son pequenos e están pouco desenvolvidos, pero poden ver.  Usan a súa visión cando percorren longas distancias nas que non lles resulta práctico guiarse polos seus ultrasóns. Estes ultrasóns son inaudibles para o ser humano e os morcegos úsanos para orientárense cando voan e para cazaren.

No mundo hai máis de mil clases diferentes de morcegos: dende os que pesan pouco máis de 1 g, como o abellón de Filipinas; ata algúns que chegan a pesar máis de 1 Kg, como é o caso do raposo voador de coroa dourada. Os ósos das mans están cubertos cunha membrana que chega ata as patas. Por isto reciben o nome de quirópteros.

O vampiro común é a única especie dos morcegos que se alimenta de sangue. Os seus dentes están deseñados para faceren cortes rápidos e nítidos e a súa saliva contén anticoagulantes grazas ós cales o sangue brota con máis facilidade. Outras especies de morcegos, principalmente nas zonas urbanas, poden chegar a comer nunha soa noite 14.000 Kg de insectos.

Este mamífero é moi importante para a conservación da biodiversidade xa que nos seus voos trasladan diferentes tipos de sementes que favorecen a extensión de bosques nas zonas tropicais e a polinización.

Despois disto quédanos claro que o morcego non é so un mamífero moi especial, tamén un importante factor na conservación do medio natural.

Feliz ano do morcego!

Autora: Fuensanta Buceta

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, selección natural e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

38 Responses to 2012: ano do morcego

  1. fab-martinfranco di:

    Os morcegos son os únicos mamíferos voadores. As súas ás son amplias expansións de pel, sustentada polas súas patas anteriores, alargadas como variñas de paraugas, e unida ao corpo ao longo dos costados e a superficie externa das patas posteriores. As ás facilitan a pérdida de calor e humidade por parte do animal, o que ten importantes implicacions na súa bioloxía. A identificación das distintas especies é complexa, e en casi todolos casos é necesario capturalo animal e estudar pequenos detalles anatómicos da dentición, orellas, nariz e órganos sexuais. En cualquera caso, hai que ter en conta que casi todalas especies están ameazadas e protexidas pola ley, e é ilegal capturalos sen permiso expreso da Consellería de Medio Ambiente. Tamén esta prohibido molestalos nos seus refuxios, polo que si encontramos casualmente algunha colonia, debemos abandonala inmediatamente. Tratase de animais moi delicados e unha das principais ameazas que padecen son, precisamente, as molestias nos seus refuxios.

  2. fab-cristinabarreiro di:

    A pesar da súa capacidade para voar, sabemos que os morcegos son mamíferos porque son de sangue quente e amamantan as súas crías. Tamén teñen a pel cuberta de pelos e a manteñen limpa laméndoa todos os días.
    As mans dos morcegos teñen dedos con osos moi largos cubertas por unha pel gruesa que lles sirven como alas, chamada potagio.
    A diferenza de moitas aves, os morcegos poden voar a velocidades moi lentas e facer mellores maniobras.

  3. faa-adrianfeijoo di:

    Os morcegos para orientarse empregan un método denominado ecolocalización , método similar ao do radar,que consiste en que o morcego emite ultrasóns pola súa boca ou nariz,e rebotan nos obxectos e son devoltos ao animal proporcionándolle así información sobre as distancias,os tamaños

  4. faa-adrianfeijoo di:

    Para evitar a defecación pásanse o día nas covas,gretas ou paredes rochosas.Ao caer a noite saen para cazar.
    As ás do morcego facilitan a perda de humidade e calor para o animal.Isto fai que gasten mais enerxía que outros mamíferos para manter a temperatura do seu corpo.Os morcegos teñen a capacidade de manter a súa temperatura corporal e igualala coa temperatura ambiente.Así conseguen transformar a enerxía aforrada en graxa.Desta forma mantéñense durante o inverno, época na que sobre todo os morcegos que se alimentan de insectos non cazan.

  5. fab-laurarodriguez di:

    Os morcegos son un orde de mamíferos placentarios (infraclase de mamíferos, os cales as crías son mantidas durante un longo tempo no útero materno, onde se alimentan da placenta da nai)cuxas patas dianteiras se desenvolveron ata converterse nunha especie de alas.
    Hai arredor de mil cen especies, representando así un 20% de todas as especies de mamíferos. Existen morcegos en todos os continentes, excepto na Antártida.

  6. fab-raquelblanco di:

    Un estudo realizado aos morcegos vampiros de Sudamérica chegou a conclusión de que o seu comportamento é curioso, porque actúan dunha maneira similar aos mamíferos terrestres de catro patas, é dicir, móvense sobre o chan camiñando. Pero outros morcegos de outras especies non se aguantan enriba do chan.
    O que máis chama a atención é que ademáis de camiñar tamén pode correr, emplean as súas ás dianteiras para coller máis impulso e así correr a máis velocidade.

  7. fab-isaacabal di:

    O morcego é un animal moi peculiar: é o único mamifero coa capacidade de manterse no aire( non é capaz de despegar dende o chan, por iso durmen boca abaixo dende un lugar alto, como o teito ou unha ponla), e é un dos animais que foron obxecto de investigación a hora de inventar o RADAR, servindo de gran axuda, xunto a outro animais como a tartaruga.

  8. fab-carmenrodriguez di:

    Os morcegos poseen unha asombrosa facultade de percepción vinculada ó seu sistema de ubicación por resonancia (o eco), é dicir, oriéntanse emitindo sonidos de orientación de alta frecuencia e recibindo os ecos. Así é como detectan os obxetos que hay ó seu redor, ata a máis mínimo ser ou obxeto. Este animal produce un sonido coa súa larinxe (esencialmente igual cá humana, pero máis grande en relación ó tamaño do morcego) e modifícaos con extrañas formacións na súa boca e nariz. Cando o eco volve, chega ós seus oídos e transforma o sonido en vibracións hacia os ósos do oído interno, informando ó cerebro sobre o eco recibido.

  9. faa-luismdoval di:

    Existen unhas 1075 especies descubertas ata o momento a nivel mundial e ao contrario do que se pensa só 3 se alimentan de sangue. Habitan en Centroamérica e parte de Sudamérica e encontran a súa presa con uns termo receptores ubicados nas fosas nasais. Os morcegos poden compartir o seu alimento entre si sen importar que sexan de diferentes poboacións pois deben alimentarse polo menos cada 76 horas, estas accións son só comparables coas dos humanos. Posen, a maoría, unha gran visión ainda que non son capaces de definir as cores na escuridade.

  10. faa-iriagondar di:

    Entre as diferentes especies de mamíferos unha das máis interesantes son os morcegos, sobre todo polas diferentes habilidades que forman parte da súa natureza:
    – Os morcegos representan o 20 por cento das especies de mamíferos con 1,100 especies.
    – Ao ser os únicos mamíferos coa capacidade de voar, expandíronse a todos os continentes a excepción da Antártida.
    – Na etapa de hibernación os morcegos deixan de respirar por períodos de ata 48 minutos, reducindo os latexos do seu corazón.
    – Os morcegos teñen a capacidade de enviar e recibir ultrasóns de ata 50 kHz.
    – O papel dos morcegos é importante xa que dispersan e polinizan sementes dunha diversidade de plantas.
    – Só a especie de morcego vampiro aliméntanse de sangue polo que o 70% de especies se alimenta de insectos e o resto son fruxívoras.

  11. fab-alvarolopez di:

    Entre algunhas das súas curiosidades atópase que as súas extremidades presentan os mismos tipos de ósos ca os humanos, ca única diferencia de que os da mán son proporcionalmente máis longos e están cubertos por unha membrana que se extende ata as patas, chamada “patagio”. De feito, reciben o nome de quirópteros, que significa “ás enas máns”.

  12. fab-isaacabal di:

    En todo o mundo, preto de 900 especies de morcegos, os únicos mamíferos voadores. Todos se alimentan de insectos, froitas ou peixe (bastón de pesca, Noctilio leporinus) con excepción de tres que se alimentan de sangue (vampiros) e son estes que poden andar no chan e ir cara arriba.
    O vampiros, na miña opinión son os máis interesantes, xa que teñen que inxerir dez vez o seu peso, de sangue o día.

  13. faa-xosemartinez di:

    Que o ano 2012 estea dedicado ós morcegos, faise para que nos deamos conta da súa importancia, tanto nas cadeas tróficas como para controlar pragas de insectos e así beneficiar á agricultura. Ademais, tamén se quere concienciar que moitas das especies de morcegos están en perigo de extinción en varios países, e a súa perda sería irreparable para o medio no que viven.

  14. faa-nereapaz di:

    O morcego é un animal moi importante para o desenvolvemento dos ecosistemas.Por mor do fungo da nariz branca, enfermidade que afecta en maior medida ós morcegos de EEUU, estanse a reducir considerablemente as poboacións de morcegos, situación non só prexudicial para o medio no que se desenvolven, senón que tamén ten efectos negativos para o home en canto a economía. Algunhas especies de morcegos son insectívoros, polo que coa súa alimentación regulan as poboacións de insectos. Ao verse reducidos os morcegos, hai un maior número de insectos, o cal afecta ós cultivos. Para evitar as perdas dos cultivos, tiveron que aplicar un maior número de pesticidas o cal conleva un gran coste económico.

  15. faa-manuelbusto di:

    Os morcegos ocupan todos os hábitats, agás as rexións polares, os océanos ou as montañas de gran altitude. A maior parte deles son insectívoros, pero teñen unha amplísima variedade de dietas; algúns especialízanse en alimentos moi concretos, e outros son omnívoros. Case todos os morcegos comen de noite e descansan de día, en lugares moi variados, dependendo do tipo de especie, como covas, edificacións, buratos, gretas ou ó aire libre

  16. faa-manuelbusto di:

    As poboacións de morcegos están a descender con rapidez en todo o mundo, e varias especies xa se extinguiron recentemente. Setenta e sete especies de morcegos figuran como especie case ameazada, noventa e nove como vulnerables, e cincuenta e tres atópanse en perigo de extinción.
    Como se di no artigo estes animais desenvolven un importante papel na conservación e rexeneración de bosques, na dispersión de sementes, ou no control das pragas de algúns insectos, polo que, aínda que non o pareza, xoga un importante papel no medio natural.

  17. faa-luismdoval di:

    Os morcegos son importantísimos nos ecosistemas que habitan, os cales son moi variados. Lográronse distribuír en toda a tierra a excepción dos polos, as montañas máis altas e algunhas islas remotas.

    Destacan ante os investigadores como uns dos mellores e máis eficaces controis biolóxicos de especies de insectos nocivos para os nosos cultivos, chegando a consumir toneladas deles, dándolles un rango de alimentación e acción tan amplo que moitos non entenden.

    Son ademáis tan necesarios para algunhas prantas porque no momento de excretar as sementes están listas para ser recibidas polo solo e así comenzar o seu ciclo de crecemento.

    O excremento dos morcegos que he recollida por certos países como Philipinas, Indonesia entre outros, e distribuida a outros sitios co fin de que se utilice como abono.

  18. faa-antoniomrodino di:

    Os morcegos (Chiroptera) son os únicos mamíferos voadores. As súas ás son amplas expansións de pel (pataxio), sustentadas polas súas patas anteriores, alargadas como varillas de paraugas, e unidas ao corpo ao longo dos costados e a superficie externa das patas posteriores. As ás facilitan a perda de calor e humidade por parte do animal, o que ten importantes implicacións na súa bioloxía.

  19. faa-luciasantos di:

    Os morcegos son os únicos mamíferos voadores, e a especie animal con máis variedades. Só en Galicia, contamos con 24 ramas de morcego diferentes, con distinta localización, alimentación e características. Cada ano, descóbrense novas variedades ou datos sobre estes interesantes e estendidos animais.

  20. faa-antoniomrodino di:

    Case todas as especies están ameazadas e protexidas pola lei, e é ilegal capturalos sen permiso expreso da Consellería de Medio Ambiente. Tamén está prohibido molestalos nos seus refuxios, polo que se atopamos casualmente algunha colonia, habemos de abandoar o lugar inmediatamente. Trátase de animais moi delicados e unha das principais ameazas que padecen son, precisamente, as molestias nos seus refuxios.

  21. fab-antiachantada di:

    Os morcegos son os únicos mamíferos voadores, teñen amplas ás e cortas patas, o que lles impide pousarse no chan en ningún momento. Para evitar a desecación, os depredadores e a competencia das aves pasa no día en cova e minas, así como en grietas de edificio ou en ocos das árbores que abandonan ao anoitecer para cazar. A escuridade obrígalles a utilizar un método de orientación similar ao radar, a ecolocalización, que consiste en que o animal emite ultrasóns pola nariz e estes rebotan en obxectos e grazas aos cambios que o animal detecta non seus gritos e o que oe obtén unha imaxe do seu entorno.

  22. faa-iagogonzalez di:

    Os morcegos, da orden Chiroptera, son os únicos mamíferos capaces de voar.
    Esta especie ten unha amplia variedade de comportamentos. Entre eles destacamos as formas de cazar e os lugares para facelo, sempre buscando evitar a competencia. Ainos que cazan insectos en árbores e arbustos e os que cazan a ceo aberto, por exemplo.

  23. fab-martinfranco di:

    Este evento internacional pretende dar a coñecer a importancia da conservación destos mamíferos voadores. Existen unhas 1200 especies presentes en casi todolos ecosistemas do planeta. Os morcegos, aínda descoñecidos e maltratados en moitos lugares do mundo, desempeñan un rol fundamental para mantela saúde dos nosos ecosistemas. Os morcegos tamén teñen valor económico e sanitario, pois capturan enormes cantidades de insectos (tamén os que son plagas agrícolas), permiten reducir o uso de insecticidas nos campos de cultivo e depredan sobre insectos transmisores de enfermidades. Tan só informando e educando á xente de que deben evitar manipular os morcegos para non contaxiarse de ningunha enfermidad, conseguiuse reducir un pánico inxustificado aos morcegos. Así, actualmente os morcegos representan un valor turístico añadido nalgunos lugares como en Austin (EE.UU.) onde a observación destos animais aporta xa uns 12 millóns de dólares ao ano.

  24. fab-sandraromero di:

    O morcego é unha especie protexida, pero aínda así é a máis perseguida do mundo. Ademais, os morcegos son moi beneficiosos pola gran cantidade de insectos que cazan ao seu voo e lle serven de alimento.

  25. fab-alekseinogueira di:

    Estou dacordo co que di Sandra, os morcegos fan un bó traballo comendo a todos eses insectos. Aquí en Galiza estase levando a cabo un proxecto sobre o morcego para determinar as especies que existen de morcegos en Galicia, como se comportan, de que se alimentan etc. Este proxecto chámase AMG. En 2007 estaban recollidas 18 especies de morcegos na nosa autonomía, na actualidade xa se descubriron 24 especies.

  26. Debido aos seus hábitos nocturnos, considéramse uns bichos malvados, e son temidos por moitos seres humanos en todas as partes do mundo; pero en realidade só tres especies se alimentan de sangue. As tres únicas especies hematófagas son: o vampiro común, o vampiro de patas peludas, e o vampiro de ás brancas. Viven en centro e Sudamérica e, máis que chupar sangue, lámbena.

  27. faa-mariamartinez di:

    O que se pretende coa declaración do Ano do Morcego é promover a conservación, investigación e educación sobre este peculiar mamífero.
    Hai aproximadamente 1100 morcegos diferentes. O seu peso varía entre os 1,5 g. e os 1,2 kg e teñen o mesmo tipo de ósos que nós, pero os das mans son proporcionalmente máis longos.
    Os ultrasons que emiten para orientarse, inaudibles para o ser humano, teñen “acentos” diferentes dependendo da especie. Ademais voan coa mesma axilidade aínda que se alimenten de néctar e froitas fermentadas, o que proba a súa tolerancia ao alcol.
    Nos desprazamentos levan con eles sementes, polo que contribúen á polinización.
    Por último, un dato curioso é que poden chegar a comer 14000 kg de insectos nunha soa noite.

  28. faa-victorinosouto di:

    Unha cousa curiosa a cal estaba equibocado sobre os morcegos era a vista , xa que pensaba que non podian ver e polo que nos enseña o post e falso. Moitas noites de verán os morcegos saen a cazar de noite e no meu pobo eu desprázome asta o lugar para velos e son moi curiosos xa que fan moito ruido cas ás e mesmo voan moi cerca de min mesmo da a sensacion que envisten con un pero nunca envisten.

  29. faa-margabarreiro di:

    os morcegos fan unha gran labor o esparcir sementes, estes morcegos acúan ó igual que algunha especie de paxáro que no verán enterra sementes para logo comelas no inverno,e as sementes que non chegan a comer prenden e axudan a reforestación dos bosques.Por outro lado cando comen insectos axudan a que non haia un esceso.

    O vampiro común alimentase da sangue de mamíferos de gran tamaño como vacas ou cabalos ainda que en ocasións vense alimentandose de sangue de galiña.Tamén pode atacar o humano, nestes casos hai que ter moito coidado xa que este morcégo pode ter a rabia e pode contaxiar a persoa da que se alimenta.

  30. faa-manuelbusto di:

    Os morcegos contan cun sistema de orientación e detección de obxectos moi peculiar. O morcego emite pola boca ou polo nariz unha serie de chillidos de frecuencias moi altas, na súa maior parte inaudibles para os humanos; as ondas de sonido estrélanse cos obxectos próximos e rebotan cara o animal… posteriormente as orellas do morcego captan as distorsións, que lle revelan a forma, tamaño e localización dos obxectos situados ao seu arredor. Deste xeito, un morcego é capaz de orientarse e detectar o seu alimento, aínda que se atope completamente a escuras.

  31. fab-isaacabal di:

    Morcegos sempre virar á esquerda ao saír dunha cova.
    Hai unha especie que se alimentan de ras, esta especie pode identificar sapos velenosos, escoitando a procreación lllamadas maculinas de ras.
    Cando un morcego bebé orfo outros adultos adoptalo-lo.
    En México existe unha especie en que as nais identifican as súas crías nunha cova onde un metro cadrado fan a agrupados morcegos 4000 bebés.
    Outra especie en África pode escoitar un besouro camiñando pola area a unha distancia de dous metros.

  32. fab-isaacabal di:

    Ademais dos mitos e lendas, hai só tres especies hematófagas (sangue inxerido) de morcegos. A maioría deles se alimentan de insectos. Hai tamén moitos que comen froitas, pole, peixes, ras, etc.

  33. fab-isaacabal di:

    Moitas mulleres migran ao sur dos Estados Unidos durante o verán para dar a luz as súas crías e pasan o inverno na rexión central e sur do México, onde se acasalam. Estados onde a especie coñecida como “guano” é abundante: Tamaulipas, Novo León, Coahuila e San Luís Potosí. Tamén podes atopar moitas especies de este mamífero en áreas naturais protexidas.

  34. fab-isaacabal di:

    Morcegos son nocturnos, aínda que algunhas especies tamén pode estar activa durante o día. Durante o permanezen día en covas, grutas, fendas de rochas, edificios abandonados, hórreos, buracos de árbores ou suspendidas entre as ramas. As tendas fabricante de morcego cos dentes curtos finas follas de palmeira de grandes dimensións ou de plátano no bordo do nervio, a folla é dobrada como un tellado e se esconde debaixo, ben protexido do sol e da choiva.

  35. fab-isaacabal di:

    A maioría destes animais viven en grupos de 12 ou 50 ou cen animais, pero ás veces forman colonias de morcegos. Xuntos para a calor e colgado cabeza abaixo, esperando a chegada do solpor. As femias dalgunhas especies forman grupos separados de machos. Algúns, como o morcego martelo, megaquiróptero viven nos bosques tropicais de varios países africanos poden vivir sos ou en grupos moi pequenos.

  36. fab-isaacabal di:

    A á ou patagium é unha membrana de pel anexado polos ósos longos dos brazos e dedos (excepto o polgar) que implica o corpo e acadar as pernas, moitas veces, tamén incluíndo a cola. Para voar á noite, e como a maioría non ten boa visión, morcegos ultrasóns utilizado. Os berros que emiten cando viaxan ricochetear obstáculos. Coas súas orellas grandes pode incorporarse o eco e evitalos, tamén atopar alimentos. Pero non todos están orientados de xeito. A maioría Megachiroptera é guiado pola visión e olfacto.

  37. faa-monicagonzalez di:

    Os morcegos son unha especie protexida, aínda que tamén unha das máis perseguidas do mundo.
    Os morcegos,as súas ás son unha membrana de pel anexado polos ósos longos dos brazos e dedos (excepto o polgar) que implica o corpo e acadar as pernas, moitas veces, tamén incluíndo a cola. Para voar á noite, como a maioría non teñen boa visión,os morcegos guíanse mediante ultrasóns. Coas súas orellas grandes poden incorporarse o eco e evitalos, tamén atopar alimentos. Pero non todos están orientados de xeito, algúns orientanse mediante a visión e o olfacto.

  38. faa-iagogonzalez di:

    A saliva destos animais, teñen uns axentes anticoagulantes, o que a fai especial.Un anticoagulante é unha sustancia endóxena ou exógena que interfiere ou inhibe a coagulación da sangue, creando un estado prohemorráxico.