Marea Branca

Isabel Coixet , directora de cine, acaba de facer un documental, “Marea Branca”, como homenaxe ás miles de persoas que viñeron salvar as costas galegas pola catástrofe do Prestige, que no outono de 2002, máis de 70.000 toneladas de fuel arrasaron a costa galega.  Unhas 300.000 persoas acudiron ás praias para limpar o fuel, ante a falta de reacción das autoridades.

Coixet recorreu toda Galicia entrevistando a pescadores, veciños e voluntarios. Algúns deles aparecen retratados en “Marea Branca”, como por exemplo Nacho Castro, pescador da cofradía de Muxía.  É obra de Coronita Save the Beach, un programa que a marca de cerveza Coronita puxo en marcha en 2008 en Europa para informar sobre o estado das praias europeas e sobre a necesidade de coidalas.

 

 Autora: Raquel Blanco González

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, cine e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Marea Branca

  1. Victor di:

    O PRÓXIMO DOMINGO (3 XUÑO) ÁS 24:00 HORAS REMATA O PRAZO PARA TRABALLAR NESTE BLOG.
    EVIDENTEMENTE, ALGÚNS DOS VOSOS ARTIGOS NON SERÁN PUBLICADOS PERO SI TIDOS EN CONTA NA AVALIACIÓN, SEMPRE E CANDO ESTEAN REMATADOS CON ANTERIORIDADE Á DATA SINALADA.

  2. faa-adrianfeijoo di:

    Paréceme unha gran obra por porte de esta muller,xa que moita xente pensa que o fuel chegou e da mesma forma desapareceu.Pero en verdade miles de persoas (pescadores,veciños,voluntarios..)sacrificáronse durante moito tempo para rematar por limpar toda a zona afectada.E son 70.000 toneladas de fuel que coa colaboración de todos e un gran esforzo foron capaces de retirar da costa galega.E esta é unha boa forma de recoñecerlle todo o traballo que realizaron.

  3. fab-martinfranco di:

    Estou encantado con todo o traballo de toda Europa nas costas galegas, traballando todos unidos sen importar nada máis que deixalo todo limpo e libre de chapapote. Admiro o seu traballo.
    Este documental “Marea Blanca” rinde homenaxe a todas esas persoas que se trasladaron de todalas partes de Europa para limpalas praias galegas, rinde homenaxe aos 300.000 voluntarios que limparon as costas galegas trala catástrofe do Prestige.
    Nesta cinta, de 30 minutos de duración, recuperanse os testimonios de quenes participaron na limpeza das praias e, as súas motivacions personais para recoller coas súas propias mans os vertidos tóxicos que chegaron ao litoral galego e tamén contanse as historias que surxiron aqueles días.

  4. fab-antiachantada di:

    O Prestige foi un buque petroleiro de Liberia, que operaba baixo o mandato das Bahamas; o 19 de novembro, debido a un temporal, sufriu unha vía de auga e afundiuse fronte as costas de Galicia, a máis ou menos 250km de Finisterre producindo un vertido de fuel que provocou und os maiores desastres ecolóxicos da historia don noso país.

  5. fab-fuensantabuceta di:

    O aufundimento do Prestige e o vertido de petróleo foron unha grande catástrofe medioambiental para Galicia. Pero tamén tivo un grande impacto na economía de Galicia, principalmente na da xente que se adicaba ao mar. O goberno destinou máis de dous centos millóns de euros aos cidadáns de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco afectados polo prestige. Dentro de todo este desastre, houbo unha boa noticia: xente de tódalas partes achegouse ás costas afectadas para axudar a limpar o fuel que chegara ás praias. Miles de persoas estiveron durante semanas limpando as prais. Un bonito xesto para a natureza nun momento no que o coidado do medio ambiente estaba (e está) en decadencia.

  6. faa-rubengonzalez di:

    A verdade e que a catástrofe do Prestige será recordado por todos os galegos sempre. Unha catástrofe que puido ser moito peor do que foi se non fora polas, ben sinaladas, 300.000 persoas que axudaron a limpar as praias galegas. Na miña opinión non está nada mal o programa “Coronita Save the Beach”, aínda que pra min non deixa de ser unha maneira de facerlle publicidade a marca de cervexas, e incluso diría que lle importan ben pouco as praias a dita empresa.

  7. fab-laurarodriguez di:

    O buque petroleiro Prestige, que viña dende Liberia, operando baixo baixo a bandeira das bahamas, afundiu o 19 de novembro de 2002 fronte as costas galegas, provocando un dos maiores desastres ecolóxicos do país ata entón. O navío estaba transitando con 77.000 Tn de fuel a 52 km de Fisterra, cando se veu inmerso nun temporal e acabou sufrindo unha vía de auga. Tras intentar alonxalo da costa, o barco patiuse en dous e afundiuse, provocando así as primeiras manchas negras na costa.

  8. faa-adrianfeijoo di:

    Na actualidade tomáronse varias medidas para evitar tales catástrofes.Unha delas é que os barcos que se constrúan para este tipo de actividades teñen a obrigación de construírse cun dobre casco.Xa que no caso dos barcos antigos o fuel só está separado do mar por unha chapa que ven sendo o casco.Mentres que se son dous cascos en caso de que suceda algo o fuel queda protexido polo segundo casco.

  9. faa-angelfigueiras di:

    Pareceme estupendo a realización de este documental en honrra as miles de persoas que fixeron posible a limpeza da nosa preciosa costa. Espero que este documental teña máis cabida na televisión que os programas que eu persoalmente califico de “asquerosos”.

  10. fab-lauragonzalez di:

    “Marea branca” estréase cando se cumpren dez anos da traxedia do Prestige, que provocou un desastre medioambiental nas costas de Galicia. Coa súa película, a cineasta Isabel Coixet rende homenaxe aos case 300.000 voluntarios que limparon estas costas. O filme recolle testemuños das persoas que colaboraron na limpeza das praias e mostra historias que xurdiron aqueles días. Así, a película narra a historia de Soledad Méndez, unha muller que chegou a Galicia desde Estremadura e, tras o seu traballo como voluntaria, decidiu quedarse a vivir alí, onde naceu a súa filla Alegría Fisterra, froito da relación con outro voluntario. Hai en “Marea branca” relatos de vida de pescadores, de outras parellas que se formaron nese tempo.

  11. faa-juancsineiro di:

    É moi interesante ver que hai tanta xente que se movilizou para poder salvar as costas galegas tras unha tan gran catastrofe. E tamén que haia persoas interesadas polo que pasou aquí e que fagan unha pelicula para amosalo e que intenten que non se volva repetir.

  12. fab-alvarolopez di:

    O Prestige foi un buque petroleiro monocasco de Liberia que o 19 de novembro de 2002 se afundiu fronte das costas de Galicia causando que un vertido de fueloil se vertese e este provocou un dos maiores desastres ecolóxicos da historia.

  13. faa-xosemartinez di:

    Nunca está de máis que se recorden este tipo de sucesos, xa que o afundimento do Prestige foi o maior desastre ecolóxico ocorrido en costas españolas. E sen todos eses voluntarios que colaboraron en limpar todos os restos de chapapote que chegaban á costa, as consecuencias do vertido haberían sido infinitamente peores do que terminaron sendo.
    Con estes sucesos temos que aprender a previlos e concenciar á xente na protección da natureza en xeral, e que estes acontecementos deixen de ser habituais.

  14. fab-aldaragarcia di:

    Está ben que alguén se acorde deste incidente que no seu momento estivo en boca de todo o mundo, pero que agora é un tema esqucido. O buque rompera e estivo varios días trasladándose polas costas galegas para alonxalo destas, rematou por afundirse alí a 250 km da mesma. A catástrofe que o seu afundimento trouxo consigo foi unha das máis grande da historia da navegación, e a Xunta de Galicia e Goberno de España apenas mandaron reforzos para poder manter limpas as costas, foron os mariñeiros, mariscadoras e cidadáns quenes afrontaron o desastre. E agora parte deses mariñeiros que estiveron en contacto directo co fuel, están sometidos a un estudo para ver os efectos que este causa sobre os humanos.

  15. faa-victorinosouto di:

    Pareceme unha boa idea que se faga unha homenaxe as miles de persoas as cales sacrificaron as suas vacación ou fin de semana para así axudar a sacar o fuel. Grazas a estas persoas ben foran mariñeiros, veciños ou voluntarios fixeron posible que hoxe estén a costa e as praias limpas para o disfrute de todos.

  16. fab-carmenrodriguez di:

    Foi un momento importante e tamén foi unha idea estupenda a de rememorar tales momentos onde se atribúe un homenaxe a tanta xente que adicou o seu tempo e esforzo a unha causa tan complexa e importate como son as nosas praias e o coidado do noso océano. Grazas a elas hoxe é posible disfrutar de praias limpas e ter a tranquilidade de que calquera tipo de animal, ben sexan gaivotas o demáis, non corren perigo. O máis importante e adiantarse e tomar medidas que eviten catástrofes coma a do Prestige, a cal supuxo un gran impacto negativo medioambiental a Galiza ó igual que ecónomico, recaíndo sobre todo en persoas que traballaban día a día no mar, mariñeiros e demáis.

  17. fab-sandraromero di:

    No outubro de 2002, ninguén se imaxinaba que o petroleiro “Prestige” se atopaba en apuros, cargado con case 80 mil toneladas de fuel, a escasas millas da costa galega.
    Unha directiva da Comisión Europea estabrece que todos os buques de risco deben someterse a unha inspección anual reforzada. Segundo esta Comisión, o “Prestige” non se revisou dende 1999.

  18. fab-isaacabal di:

    A catastrofe do Prestige foi nefasto para as costas galegas, cuxos efectos negativos inda persisten hoxe en día.
    Estou moi agradecido a toda a esa xente que colaborou na limpeza do chapapote esparcito tras o afundimento do devandito barco, é bastante avergonzado ó saber que este desastre foi porque falla o sistema, e que se permitira naquel momento que ese barco partise.

  19. O desastre do Prestige foi o maior desastre ecolóxico da nosa historia. Ao incalculable desastre ecolóxico que causou, hai que engadirlle as enormes perdas económicas para o sector do mar, un dos máis importantes de Galicia.
    Tamén foi un episiodo ”bochornoso” para Galicia, tendo en conta as palabras dos dirixentes da época, é máis adiante das resolucións xudiciais do caso, máis que cuestionables.

  20. fab-robertootero di:

    Pareceme unha idea xenial que tal cantidade de xente de movilice con tal obxectivo de limpar as costas galegas despois da gran desgraza como foi para os galegos e a costa galega como prestige. E tamen me parece xenial que homenaxeen as persoas que participaron na limpeza desa gran catástrofe

  21. faa-nereapaz di:

    Este documental representa o esforzo realizado por moitos voluntarios para limpiar as praias galegas e acabar así coa catástrofe do Prestige. Por outra banda, tamén dará a coñecer a xente de fóra de Galicia o alcance dos danos e da traxedia que se viviu nesa época e como aínda hoxe seguimos a sufrir as súas consecuencias, xa que repercutiu de forma moi forte na fauna e na flora galegas.
    Tamén servirá para animar á poboación para realizar actividades de voluntariado para defender un ben común.

  22. faa-luciasantos di:

    Sen dúbida, o afundimento do Prestige no 2002 provocou unha das maiores catástrofes naturais da historia galega. Moitas zonas da nosa costa víronse afectadas polas chegadas do fuel, e numerosaas especies da flora e fauna perderon moitos individuos. Ademais, as persoas que viven do mar, víronse, tamén, altamente perxudicadas, e foron moitos os voluntarios que chegaron ás nosas praias dende todos os puntos do mundo, para axudar coa recuperación. Por isto, paréceme unha idea xenial que se faga un documental sobre o sucedido e sobre os seus efectos, para non esquecer, dez anos despois, ese “NUNCA MÁIS”.

  23. faa-antoniomrodino di:

    Unha boa idea a desta muller de facer un documental sobre a experincia vivida en Galicia polo vertemento do fuel. Aquí vaise a reflexar o traballo desas 300 mil persoas ( que é ben merido de homenaxear) pola súa gran labor de axudar a acabar co chapapote, xa que aínda a estas alturas pode haber xente que pense que este se esvaíu das nosas costas polo paso do tempo, isto é,como ben sabemos, totalmente incerto.

  24. faa-manuelbusto di:

    Paréceme xusto que se recompense, dalgunha maneira, o esforzo e o traballo destes voluntarios que se ofreceron a limpar as praias por culpa daquel desastre que foi o afundimento do Prestige.
    O desastre do Prestige produciuse cando un buque petroleiro resultou accidentado o 13 de novembro de 2002, mentres transitaba cargado con 77.000 toneladas de petróleo, fronte á costa da Morte.

  25. faa-iagogonzalez di:

    Na miña opinión, o feito de que tanta xente acudise en masa para axudar a limpar as nosas costas, foi un feito indescriptible, xa que a cooperación e a integración da xente no progreso foi enorme, ademáis de facer relacións entre elas. Por outro lado, éstas persoas, arriscaron a súa saude ao integrarse no proxecto, saindo algunhas afectadas.

  26. fab-antiachantada di:

    Esta marea negra deu lugar a unha gran catástrofe ecolóxica. Moitas especies de aves, invertebrados, peixes e mamíferos que se viron afectados; o plancton da zona, que é a base da cadea trófica quedou totalmente aniquilado e toda a vida mariña da zona afectada desapareceu a corto prazo por culpa do vertido. Os recursos mariños teñen unha gran capacidade de rexeneración, que comezarían 3 ou 4 anos despois da catástrofe mais os efectos da marea seguirán influído nas costas ata 15 ou 20 anos máis tarde.