Córrense riscos

O SIDA é unha consecuencia a últim do VIH.  Este virus ataca directamente ás defensas do organismo, debilitando o sistema inmunitario ata convertelo en vulnerable a un gran número de infeccións. A enfermidade pode tradar máis de 10 anos en desenvolverse aínda que se pode transmitir o virus durante este período. Durante ese tempo débese tamén recibir un tratamento, que consegue  que a enfermidade evoucione  máis lentamente ou que, incluso, non se desenvolva.

Os síntomas da SIDA  detéctanse ó contraer enfermidades que unha persoa sá non debería padecer. Estas enfermidades chámanse infección oportunistas. Nas persoas con SIDA, o VIH danou moito o sistema inmunitario, polo que son susceptibles a ditas infeccións oportunistas. Ó principio, é posible que a infección co VIH non produza ningún síntoma. Non obstante, algunhas persoas si experimentan síntomas pseudogripais con febre, erupción cutánea, dor de garganta e inflamación dos ganglios linfáticos, xeralmente de 2 a 4 semanas despois de contraer o virus.  Algunhas persoas con infección por VIH permanecen por anos sen síntomas ata que desenvolvan a SIDA.

En infectados,  encontrouse o VIH na saliva, lágrimas, tecido do sistema nervioso, líquido encefalo raquideo, sangue, semen, fluxo vaxinal e leite materno. Non obstante, demostrouse que só o sangue, o semen, os fluxos vaxinais e o leite materno lle transmiten a infección a outras persoas.

Autor: Isaac E. Abal

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to Córrense riscos

  1. Victor di:

    O PRÓXIMO DOMINGO (3 XUÑO) ÁS 24:00 HORAS REMATA O PRAZO PARA TRABALLAR NESTE BLOG.
    EVIDENTEMENTE, ALGÚNS DOS VOSOS ARTIGOS NON SERÁN PUBLICADOS PERO SI TIDOS EN CONTA NA AVALIACIÓN, SEMPRE E CANDO ESTEAN REMATADOS CON ANTERIORIDADE Á DATA SINALADA.

  2. fab-alvarolopez di:

    Como ben di o noso compañeiro Isaac no post, a única causa da transmisión é o intercambio de fluidos corporales, en particular o sangue e as secrecións xenitais. Polo tanto o VIH non se pode transmitir pola respiración, saliva, dándose a man, bicar na meixela, masturbarse mutuamente con outra persoa ou compartir utensilios como tenedores ou coitelos. En cambio é teóricamente posible que o virus se transmita entre persoas a través do bico boca a boca, se ambas persoas teñen feridas na boca, pero ese caso non foi documentado polo de agora, ademais de ser cosiderado improbable xa que a saliva contén concentracións máis baixas ca por exemplo o semen e ten propiedades antivirales(medicamento usado para o tratamento de infeccións producidas por un virus)que fan que se destrúa o VIH.

  3. fab-raquelblanco di:

    Existen numerosos fármacos dirixidos a evitar tanto a infección, como a progresión do ciclo vital do virus. Dichos fármacos clasíficanse según a prteína que van dirixido. En xeral, e dada a alta tasa de resistencias, está indicado o uso combinado de fármacos de diferentes grupos, o que se ven chamar TARGA ( Terapia AntirRetroviral de Gran Actividad).

  4. faa-iagopaz di:

    O gran problema da enfermidade como ben sinala o artigo, é o feito de que os seus síntomas tardan moito tempo en aparecer, polo que unha persoa pode contaxiarlla a moitas outras sen sabelo. Por outra parte o uso de protección diuminue casi completamente o risco de enfermar, polo que este virus está máis presente nos paises subdesenvolvidos.

  5. fab-mariajblanco di:

    Este tipo de enfermidades non teñen unha cura descuberta polo momento, seguen as investigacións para atopar lagunha menciña ou metodo para que o SIDA non teña unha alta mortalidade e se poidan reducir os seus efectos, mentres tanto a poboación debería tomar precaucións como a utilización do perservativo e tamen facer un analise de sangue cada certo tempo para asegurarse de non estar infectado por tal infección.

    • faa-iagogonzalez di:

      Actualmente, un diagnóstico de SIDA non necesariamente equivale a unha sentencia de morte. Moitas persoas aínda poden sair beneficiadas ao comenzar unha terapia antirretrovírica, mesmo unha vez que haxan desenrolado unha enfermidade característica do SIDA. Tamén se desenrrolaron mellores tratamentos e medidas preventivas para as infeccions oportunistas a fin de mellorar a calidade e o tempo de vida das persoas infectadas.

  6. faa-iriagondar di:

    A SIDA é unha das enfermidades máis graves e mortais da historia da humanidade.O SIDA é provocado polo virus de inmunodeficiencia humana (VIH). O VIH destrúe unha clase de células de defensa do corpo chamadas “linfocitos cooperadores CD4”. Estes linfocitos forman parte do sistema inmunolóxico do organismo, o sistema de defensa que combate as enfermidades infecciosas. Pero a medida que o VIH destrúe estes linfocitos, as persoas infectadas co virus comezan a contraer infeccións graves que normalmente non se contaxiarían,é dicir, vólvense inmunodeficientes.

  7. fab-isaacabal di:

    O SIDA, Sindrome de Inmuno Deficiencia Adquirida, é unha das últimas fases do VIH, A xente que é portadora do VIH, nunca será sidático, só contáxia o virus, é xente ás que contaxía podenselle derivar a enfermidade en SIDA.
    Esta enfermidade, por si mesma, non é perigosa, é dicir, non se morre de ela, se non de calqueira outra enfermidade que se collerá e que o noso sistema inmunitario no poderá combatir.

  8. faa-antoniomrodino di:

    Dise que alguén padece de sida cando o seu organismo, debido á inmunodeficiencia provocada polo VIH, non é capaz de ofrecer unha resposta inmune adecuada contra as infeccións.
    O uso constante de preservativos, é dicir usar preservativo en todas as relacións sexuais con penetración vaxinal, reduce nun 80% a incidencia de VIH.A efectividade do preservativo implica unha redución proporcional da enfermidade.

  9. faa-juancsineiro di:

    A consecuencia principal do SIDA é que se debilita o noso sistema inmunitario, debido a que cando entra un organismo extrano no noso corpo, os globulos vermellos encarganse de eliminalo, pero todo iso é coordinado polos Linfocitos CD4, que son os que se eliminan cando se contrae esta enfermidade.

  10. fab-lauragonzalez di:

    O SIDA é provocado polo virus do VIH. O VIH é un virus que ataca gradualmente as células do sistema inmunolóxico. Como o virus do VIH dana en forma progresiva estas células, o corpo vólvese máis vulnerable as infeccións, que son más difíciles de combater. Dise que una persoa ten SIDA cando a infección por VIH está en un nivel moi avanzado. Poden pasar aos antes de que o VIH producise suficiente dano no sistema inmunolóxico e que o SIDA se desenvolva.

  11. faa-emilioabal di:

    Sífilis é unha infección de transmisión sexual ocasionada pola bacteria Treponema pallidum, un microorganismo que necesita un ambiente tibio e húmedo para sobrevivir, por exemplo, nas membranas mucosas dos genitales, na boca e no ano. Transmítese cando se entra en contacto con las feridas abiertas dunha persoa infectada. Esta enfermedad ten varias etapas: a primaria, secundaria, a latente e a terciaria (tardía). Na etapa secundaria é posible contagiarse o ter contacto coa pel de alguén que ten una erupción cutánea na pel causada pola sífilis.

  12. faa-manuelbusto di:

    Debido a que non existen ningún tipo de síntomas característicos da infección de VIH, a proba para detectar esta enfermidade lévase a cabo mediante probas de diagnóstico nun laboratorio. A proba máis habitual para detectar a presencia de VIH é a proba denominada ELISA. Con esta técnica preténdese detectar os anticorpos específicos que o organismo produce como resposta á presencia do virus.

  13. faa-manuelbusto di:

    Na actualidade, un grupo de investigación español, presentou unha posible vacina contra o VIH, a vacina MVA-B. Esta vacina atópase na fase I de desenvolvemento e presentou unha alta seguridade e eficacia. Un 90% dos voluntarios vacinados con MVA-B reaccionaron de maneira positiva contra o VIH. Malia estes resultados esperanzadores, a vacina aínda non pode ser comercializada, xa que ha de concluír con éxito todas as fases de desenvolvemento do ensaio clínico para poder saír ao mercado.

  14. faa-nereapaz di:

    A pesar dos coñecementos sobre como prever o SIDA e das precaucións que hai que levar a cabo, esta enfermidade está moi extendida por todo o mundo, principalmente nos países menos desenvolvidos xa que carecen de información e de medios como os preservativos para poder combatila.
    Nun principio,esta enfermidade afectaba a un maior número de homes que mulleres, pero actualmente, o número de mulleres infectadas polo VIH teñen unha porcentaxe do 50% ou incluso dus 60% nalgunhas rexións de África.

  15. fab-amadeoabal di:

    O virus de immunodeficiencia humano causa unha infección que destrúe as células sanguíneas brancas, producindo unha disfunción do sistema inmunolóxico.O VIH debilita o sistema inmunolóxico e dificulta o combate de certas infeccións. Un resultado positivo do VIH non significa necesariamente que unha persona ten o SIDA.
    Esta célula é o linfocitos T CD4 .
    O VIH ataca as células inmunolóxicas chamadas CD4+ T, as que debilita e mata. Estas células, tamén chamadas “células do T-auxiliador”, xogaban un papel central na resposta inmunolóxica ao alertar a outras células no sistema inmunolóxico para realizar as súas funcións especiais.

  16. faa-victorinosouto di:

    A enfermidade do VIH era asta non hai moito tempo unha das enfermidades máis preocupantes, xunto co cancro, da poboación. Oxe en día grazas a o avance médico neste aspecto permite que as persoas que contraeron a enfermidade pois poidan facer en certo modo unha vida normal. Como ben dixo algún compañeiro meu, actualmente grazas a o perservativo pódese evitar contraer a enfermidade xa que a sua eficacia e moi alta. Con todo por desgraza nos países subdesenvolvidos o porcentaxe de VIH segue sendo moi alto.

  17. fab-antiachantada di:

    Como ven si este artigo o SIDA é unha consecuencia do virus VIH; este virus o que fai é debilitar o noso sistema inmunitario, facendo que sexamos moito máis vulnerables ás enfermidades e infeccións. Fai uns anos as cifras do SIDA permaneceron máis ou menos constantes en Europa e España, os novos contaxios están estabilizados mais un terzo da poboación non é consciente que é portador do virus e un 50% dos diagnósticos son realizados tarde.

  18. faa-adrianfeijoo di:

    Algunhas persoas experimentan unha especie de gripe ou inflámenselle os ganglios durante un corto período de tempo logo de haberse infectado.Sen embargo estes son síntomas moi comúns de outros tipos de enfermidades menos importantes,e non implican que a persoa estea infectada.
    Ao non presentar síntomas, a persoa infectada de VIH pode transmitir o virus sen darse de conta.A única maneira de saber con seguridade se alguén está infectado é someterse a unha proba de detección do VIH.

  19. fab-fuensantabuceta di:

    O noso problema co sida non é tan grave coma o que sofren en África. Cada día inféctanse 7.000 persoas no mundo, pero África subsahariana é a que ten as peores cifras: 22 millóns e medio de infectados dos cales moi poucos reciben un tratamento axeitado. O SIDA cébase nos países menos avanzados e o principal foco de transmisión da enfermidade dáse de nais a fillos. A situación en África e verdadeiramente catástrófica tendo só en conta a saúde.

  20. fab-carmenrodriguez di:

    Como ben se dixo no artigo o virus VIH foi illado na saliva, nas lágrimas, na orina, o semen, o líquido preseminal, o fluxo vaxinal, o líquido omniótico, na leite materna, no sangue…Non se encontraron casos en que abrazos, besos secos ou saludos ca man fosen os causantes da infección.
    Hay tres principais formas de transmisión que son: sexual(sen protección), parental(por sangue)mediante uttensilios contaminados que se dan pola utilización de drogas intravenosas ou a través dos servicios sanitarios e por último tranmítese dun xeito vertical, de nai a fillo, nas últimas semanas do embarazo, no parto ou ó amamantar ó bebé.

  21. fab-mariaarojo di:

    Lendo este artigo lémbrome dun programa que vin con anterioridade, e a xente debatía sobre este tema. A verdade é que hay moitísima xente que non está ben informada, pois aínda a xente cree que o VIH pódese contaxiar cun bico, unha aperta ou por comer coa mesma culler. Penso que debería concienciarse máis a xente do que é en realidade o VIH, pois tamén aparecía un home que o habían despedido por ter o virus e non habelo comunicado.
    É necesario comunicarlle á xente que te rodea que tes o virus ou é algo que un se pode gardar para si mesmo?
    Eu penso que non é necesario que o sepa todo o mundo polo motivo que xa dixen antes, a xente que non sabe de que vai en realidade ten medo destas persoas.

  22. fab-raquelblanco di:

    España é o país de Europa con máis casos de persoas con VIH, ademáis esta afectada por a coinfección coa Hepatitis C en un 50% da súa poboación, calcúlase que 70000 personas están co-infectadas. Estos son datos do 2007:
    Persoas con VIH en España: 130000a 150000
    Persoas con VIH que o descoñecen: 130000 a 40000

  23. fab-isaacabal di:

    Infeccións de transmisión sexual (DSTs) (tamén enfermidades de transmisión sexual (DST),antes de enfermidades venéreas) son un conxunto de condicións médicas infecciosas que son transmitidas de persoa a persoa a través de contacto sexual que ocorre case que exclusivamente, durante o sexo.

  24. fab-isaacabal di:

    Os síntomas:
    * Febre
    * Dor de cabeza
    * Malestar,depresión
    * Infertilidade
    * vómitos
    * Diarrea

  25. fab-isaacabal di:

    O xeito máis eficaz de previr as infeccións de transmisión sexual é evitar o contacto das pezas ou fluídos corporais que poden causar-lle transmitir un microorganismo. O ideal, ambos os socios deben facer a proba de DSTs antes de iniciar o contacto sexual, independentemente de haber ou non os dous anteriores tiveron encontros sexuais con outras persoas, pero algunhas DSTs, especialmente certos virus persistentes.

  26. fab-laurarodriguez di:

    A SIDA é unha enfermidade infecciosa causada polo Virus de Inmunodefzencia Humana (VIH). Esta enfermidade ataca o sistema de defensas do humano deixándoo desprotexido ante calquer microorganismo.O virus entra no organismo e reprodúcese sen causar síntomas durante un tempo. Isto é cando se di que unha persoa é “seropositiva”, é dicir, ten o virus, pero non ten aínda a enfermidade desenvolvida.

  27. fab-laurarodriguez di:

    Esta enfermidade pódese adquirir a través de contacto sexual non protexido, ap intercambiar semen, líquido preeyaculatorio ou sangue, cunha persoa infectada; por vía sanguínea, cando se realizan transfusións de sangue infectado ou ao compartir xeringas; E finalmente por vía perinatal, é dicir, dunha nai infectada ao seu fillo ou filla, xa sexa durante o embarazo, o parto ou por medio da leite materna.

  28. faa-angelfigueiras di:

    Existe un numero amplo de enfermidades de transmisión sexual (ETS). Como poden ser a Gonorrea, Sífilis, Papiloma Humano, SIDA,Tricomoníases, Afta, A sarna, Molluscum contagiosum, As ladillas ou piollos púbicos, etc. Estas son unhas das enfermidades provocadas, digamos, por unha relación sexual sen sentido. É dicir que todo isto se pode evitar co simple uso dun profiláctico.

  29. fab-cristinabarreiro di:

    O VIH pode transmitirse de tres formas: mediante relacións sexuais, o sangue ou que unha nai llo pase ao seu fillo, que pode suceder nas últimas semanas do embarazo, no parto ou cando amamanta ao bebé. Cando unha persoa colle o VIH por circunstancias imprevistas como a penetración dunha agulla dun laboratorio, unha violación ou que o condón rompeu durante o coito, a persoa pode recibir un tratamento de fortes medicamentos contra ó VIH que poden aplicarse na hora seguinte ao accidente e segue tendo efecto durante as próximas 72 horas, aínda que con cada hora o tratamento vai perdendo efecto. Con este tratamento poderíase evitar que a persona se volva seropositiva ao VIH.

  30. faa-xosemartinez di:

    Ademais de que nalgúns casos os primeiros síntomas poden tardar en aparecer ata unha década, estes primeiros síntomas son moi habituais, xa que son moi parecidos ó da gripe común. Isto fai que a persoa non tome precaucións e pense que está san, pero en realidade é todo o contrario, xa que se non se trata, a enfermidade pode estenderse rapidamente.

  31. faa-iagogonzalez di:

    O VIH é un virus que ataca gradualmente as células do sistema inmunolóxico. Como o virus do VIH dana en forma progresiva estas células, o corpo vólvese máis vulnerable ás infeccions, as cales son máis difíciles de combatir. Dise que unha persoa ten SIDA cando a infección por VIH está nun nivel moi avanzado. Poden pasar anos antes de que o VIH producise o suficiente dano no sistema inmunolóxico e que o SIDA se desenrole.