A infancia do Sistema Solar

A observación de estrelas que conteñen sistemas planetarios en formación permite aos astrónomos obter pistas sobre as orixes do noso Sistema Solar. Un estudio publicado en The Astrophysical Journal analizou unha rexión situada a 3.000 anos luz da Terra en busca de indicios de formación de planetas.

A zona, coñecida como Cefeo OB2, ofrece aos científicos unha idea do ambiente en que se movía o Sol cando se formou hai 4.600 millóns de anos. Nela encóntranse varias estrelas rodeadas de cúmulos de gas e po, chamados discos protoplanetarios. Ditos discos desapareceron das estrelas máis vellas, polo que os científicos deducen que a formación de planetas debeu suceder en etapas intermedias.
O estudo aproveitou as diferenzas de temperatura en cada parte dos discos para poder estudalos. Como a estrela central quenta o disco protoplanetario, as partes interiores alcadan temperaturas de ata 1.200ºC, mentres que as zonas externas encóntranse a – 240ºC. Debido a isto, cada rexión do disco emite luz dunha cor, e as lonxitudes de onda maiores indican zonas máis frías. Desta forma, ao combinar observacións a distintas lonxitudes de onda é posible obter información sobre as distintas zonas do disco.

Autora: Laura González

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to A infancia do Sistema Solar

  1. Victor di:

    O PRÓXIMO DOMINGO (3 XUÑO) ÁS 24:00 HORAS REMATA O PRAZO PARA TRABALLAR NESTE BLOG.
    EVIDENTEMENTE, ALGÚNS DOS VOSOS ARTIGOS NON SERÁN PUBLICADOS PERO SI TIDOS EN CONTA NA AVALIACIÓN, SEMPRE E CANDO ESTEAN REMATADOS CON ANTERIORIDADE Á DATA SINALADA.

  2. faa-emilioabal di:

    Os científicos encontraron discos nos que hai indicios de formación de cometas e planetas similares os do noso Sistema Solar. Por exemplo, algúns discos carecen de gas e po fino en su parte más interna y podían conducir a la formación de planetas xigantes como Xúpiter. Nos discos de idades intermedias, los grans de po se aglomeraron en partículas que teñen unha composición e organización similar á observada no po de cometas do Sistema Solar.

  3. faa-iagogonzalez di:

    Un disco protoplanetario é un disco circumestelar de material estelar, que xira arredor dunha estrela xove. En ocasions coñécense tamén pola abreviatura proplyds ao producirse nestos discos os procesos físicos que levan á formación de planetas. Os discos protoplanetarios son discos de acrecemento arredor de estrelas xoves fundamentais para comprender a formación da estrela e dun posible sistema planetario.

  4. fab-martinfranco di:

    A formación estelar conleva á formación de discos que alimentan de material a estrela central en formación. Estes discos son o lugar no que se forman os planetas, actualmente dispoñemos de observacions precisas destes discos. O Sistema Solar surxiu fai uns 4500 millons de anos nun disco similar e recentemente descubriuse un gran número de planetas orbitando aredor de estrelas cercanas. Todo isto fai supoñer que o proceso de formación planetaria é común no Universo. Agora ben, as características orbitales dos planetas descubertos son moi diferentes ás que caracterizan o Sistema Solar e debemos admitir, polo tanto, que a orixen dos sistemas planetarios non foi todavía comprendida de maneira satisfactoria.

  5. fab-antiachantada di:

    Un disco protoplaneta é un planeta en estado de formación que se encontran uns discos de gases e planetesimales (obxectos sólidos que existen nos discos protoplanetarios) que se atopan arredor dunha estrela relativamente xoven.
    Este novo estudio informa de que os compostos orgánicos poden formarse en discos protoplanetarios, e poderían haber sembrado o desenvolvemento da vida no noso propio sistema planetario e outros. Os discos protoplanetarios, como os que se pense que rodeaban o sol antes de que se formaran os planetas son discos de gas e grans de polvo en rotación, e créese que se formaron a partir de escuras nubes moleculares; os científicos pensan que os discos son os precursores dos planetas e outros materiais planetarios como asteroides e cometas.

  6. fab-cristinaporto di:

    A rexión coñecida como Cefeo OB2, situado a 3 mil anos-luz, ofrece aos científicos unha idea do ambiente en que se movía o noso novo Sol cando se formou hai 4.600 millóns de anos. A devandita rexión contén varias decenas de estrelas masivas e algúns centos de estrelas moi novas similares ao noso Sol nos seus comezos a cales encóntranse en dous cúmulos (Tr 37 e NGC 7160) e teñen entre un e doce millóns de anos, idades clave para a formación de planetas. Posto que a maioría das estrelas máis novas se encontra rodeadas de discos de gas e po, chamados discos protoplanetarios, e que nas estrelas máis vellas estes discos xa desapareceron, os científicos deducen que a formación de planetas debe acontecer en etapas intermedias.

  7. faa-iriagondar di:

    A formación de sistemas planetarios similares ao noso Sistema Solar é un proceso complexo que dura varios millóns de anos. Como non é posible esperar tanto tempo para observar como se forman os planetas, os astrónomos observan sistemas planetarios con idades diferentes que se encontran en distintos estados da súa formación, para así compoñer a historia do noso propio Sistema Solar.

  8. fab-isaacabal di:

    Coas miles de contelacións que existen, coas súas respectivas estrelas, e os seus planetas, é moi fácil que observando ós demais sistemas, atopemos un como o noso.
    De feito, atreveríame a afirmar, que nalgún lugar do universo, existe vida humana.

  9. faa-josechaves di:

    Está moi ben que observen màis alá dos planetas para averiguar como se formaron estes, xa que logo poderase saber con certeza se hai ou non planetas nos que os humanos poderiamos vivir en boas condicións.

  10. fab-paulaalba di:

    O estudo sobre os discos estivo baseado na combinación de diferentes lonxitudes de onda (a distancia percorrida pola mesma) e tendo en conta variables como a luz visible, radio ou raios infravermellos. Así, conseguíronse dar con algunhas das fases do proceso de formación dos planetas. Pero antes contrastouse a información coa obtida de outros sistemas planetarios con distintas idades.

  11. fab-sandraromero di:

    Os discos protoplanetarios compóñense dos materias restantes do proceso de nacemento dunha estrela. Unha teoría, con consentimento colectivo, di que as estrelas azuis fórmanse tralo colapso entre as nubes de po e o hidróxeno. Cando isto ocorre, non todos os materiais da nube orixinal entran no novo obxecto estelar. Ditos restos vanse acumulando nun disco que xira arredor da estrela. As pequenas partículas de po agárranse fortemente unha á outra formando centros de gravidade e finalmente planetas rochosos, meteoritos, asteroides, etc.

  12. faa-antoniomrodino di:

    Os discos protoplanetarios son observables de forma directa como material nebuloso en determinadas lonxitudes de onda ou como un exceso na emisión infravermella da estrela central. O seu tamaño adoita ser de varios centenares de unidades astronómicas podendo alcanzar radios de até 1000 UA. As súas rexións centrais poden estar a altas temperaturas quentadas pola estrela central e os procesos de acreción.

  13. fab-raquelblanco di:

    Unha estrela formase con un proceso de colapso dunha nube en rotación que dará lugar a un obxecto central denso, a protoestrela, e de un disco de gas e polvo moi aplanado. Despois de pasar un longo periodo de tempo, neste disco formaránse corpos máis grandes debido a aglomerácion de particulas pequenas.
    Estos corpos alcanzarán grandes tamaños formandose en planetas, que limpiarán as zonas de disco cercanas a súa órbita. Os discos de gas e polvo que comezan a formar planetas e incluso aqueles que xa teñen planetas, definéselles como protoplanetarios.

  14. fab-isaacabal di:

    Gracias ós últimos telescopios e gracias ós coñecementos que teñen os investigadores sobre as cores das estrelas, as ondas deses ráios emitidos por estas… son capaces de saber a súa temperatura, tamaño… e sabendo todo isto, podense reflexar nelas para comparar coas nosas e así descubrir o inicio do noso sistema…

  15. faa-damianlores di:

    E fascínante como os nosos avances tecnolóxicos permítenos saber con máis exactitude o nacemento do noso sistema solar, o malo é que a formación dun sistema solar dura millóns de anos por iso é imposible estudar o desenvolvemento dunha galaxia pero si podemos comparalas entre si.

  16. fab-lauragonzalez di:

    Un disco protoplanetario é un disco circumestelar de material arredor duna estrela xoven, xeralmente do tipo T Tauri. En ocasións coñécense tamén pola abreviatura proplyds ao producirse en estes discos os procesos físicos que levan a formación de planetas. Os discos protoplanetarios son discos de acrecemento arredor de estrelasxovenes fundamentais para comprender a formación da estrela e dun posible sistema planetario.

  17. fab-amadeoabal di:

    Os astrónomos encontraron discos protoplanetarios, arredor de tres xóvenes estrelas, que teñen buracos centrais, zonas “limpas” de material, quizás pola existencia de protoplanetas.
    Non é a primera vez que as observacións suxiren a existencia de buracos ou vacios nos discos de gas e polvo arredor de estrelas recén nacidas. En este caso, presumíase que un dos tres discos estudiados debía ter un vacío grazas as observacións do Telescopio Espacial Spitzer. Pero a evidencia era indirecta, xa que o que se mideu era a ausencia de radiación de corta lonxitude de onda que debería ser emitida polo cálido polvo cercano a estrela.

  18. faa-manuelbusto di:

    Un sistema planetario está formado por unha estrela central, ou varias, e distintos obxectos orbitando ao seu redor. Na actualidade coñécense máis de catro centenares de estrelas que posúen como mínimo un planeta orbitando ó seu redor.
    Créese que os sistemas planetarios formados arredor de estrelas de tipo solar se forman mediante un mesmo proceso, a formación estelar. A formación estelar é o proceso polo cal grandes masas de gas que forman extensas nubes moleculares se transforman en estrelas.

  19. faa-juancsineiro di:

    a min gustaríame que se puidera atopar un sistema planetario coma o noso, pero antes de ir mais aló deberiamos mirar no que temos no sistema solor e ver se nalgún planeta hai algunha forma de vida ou que se establecesen bases de investigación.