Edificios indestructibles

Matemáticos da Universidade de Manchester están traballando na teoría das capas de invisibilidade para desenvolver cubertas que protexan aos edificios das vibracións e dos desastres naturais como os terremotos. Nun artígo publicado en “Proceedings of the Royal Society A”, o doutor Parnell expón, que camuflar certos compoñentes de estructuras con goma a presión permitiría que ondas sísmicas de gran magnitude non “detecten” o edificio e “pasen de longo”, de maneira que este no sufriría ningún dano.

A investigación sobre capas de invisibilidade e a posibilidade de ocultar obxectos ou persoas ás ondas de luz iniciouse hai uns seis anos,  pero traballouse moi pouco coas ondas nos corpos sólidos, tales como as ondas producidas polos terremotos, a pesar da súa importancia fundamental nunha serie de áreas, incluindo a protección dos edificios e os  seus compoñentes.

“Esta investigación demostrou que realmente temos o potencial para controlar a dirección e a velocidade das ondas elásticas. Isto é importante porque queremos dirixir esas ondas en moitos contextos, sobre todo en nano-aplicacions para a electrónica, por exemplo”, explica o profesor Parnell. “Se a teoría se poidese aplicar a obxectos máis grandes, entòn podería ser utilizada para crear capas para protexer os edificios e estructuras.”

O problema real con esta última é que normalmente é imposible o uso de materiales naturais dispoñibles como capas de invisibilidade. “Demostramos teóricamente que o pretensado dun material natural dispoñible – a goma – conduce a un efecto de invisibilidade a partir dun determinado tipo de onda elástica. O noso equipo está traballando en teorías máis xerais para entender cómo  se poden aplicar na práctica”.

Autor: Martin Franco

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.