Babuínos lectores

Científicos  franceses levaron a cabo un experimento cun grupo de babuínos. Traballaron nun recinto ó aire libre, no que había unhas cabinas a disposición dos simios. Dentro tiñan ordenadores con pantallas táctiles que mostraban unha secuencia de letras. Os babuínos tiñan que decidir se a secuencia formaba unha palabra (en inglés) ou se era unha serie de letras sen sentido. Se a palabra existía, os babuínos pulsaban un círculo verde. No caso contrario, pulsaban unha X. Ao acertar, recibían un doce como recompensa.

O experimento durou mes e medio. Durante este tempo, os babuínos distinguiron entre 7.000 as palabras que tiñan significado entre as que non. A porcentaxe de acerto foi dun 75%.

O proceso que están a realizar os simios é unha pre-lectura: identifican os patróns de formacións de palabras, ou se fixan en qué agrupación de letras ten máis posibilidades de formar unha palabra ca outra. É algo parecido ao que facemos os humanos cando comezamos a recoñecer palabras, pois tamén nos fixamos nas relacións entre as letras. Isto suxire que cando lemos estamos a usar unha antiga habilidade, anterior ao proceso evolutivo do ser humano.

Aurora: Paula Alba

Esta entrada foi publicada en Evolución, Xeral e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.