Enerxía eólica e clima

Un grupo de investigadores do departamento de Ciencias Atmosféricas e Ambientais da Universidade de Albany (EEUU), acaba de publicar unha investigación sobre o efecto dos parques eólicos no clima local. O equipo demostra no seu traballo que as áreas nas que se encontran as grandes plantas eólicas, a temperatura local aumenta ata 0,72 grados centígrados cada década.

Para chegar a esta conclusión utilizaron datos satélites tomados dende 2003 ata 2011 dunha rexión de Texas, onde se atopan catro dos maiores parques eólicos do mundo, e comparáronos con datos doutros lugares. A conclusión á que chegan  é que a superficie da  terra do arredor dos parques eólicos de nova construcción  quéntase máis cas áreas próximas. Os científicos cren que o efecto é causado polas turbinas, que levan aire cálido ó nivel do chan.

Este equipo tamén examinou outros factores que poderían haber afectado ós resultados, tales como cambios na vexetación, pero o seu impacto era demasiado pequeno para ser producido polo  cambio de temperatura observado.

Autor: Manuel Busto

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.