Marfil; a que prezo?

Elefantes do Parque Nacional de Gorongosa (Mozambique), teñen unha poboación en aumento que carece de colmillos. Este suceso débese a que máis de 12.000 paquidermos foron masacarados na guerra civil mozambiqueña e a que están sometidos a moito estrés. Agora 20 anos trás este suceso, sofren esta rara anomalía fisonómica, moitos científicos expoñen que a razón pode ser a súa memoria e a asociación desta a que o márfil fóra a causa de súa matanza indiscriminada. Os guías desta instalación afirman que ademáis aínda sinten un certo recelo hacia os seres humanos e non dubidan en atacar como aparece na reportaxe sobre este suceso de National Geographic.

Neste parque decidiron acabar con este problema adoptando, en 2009, a 6 elefantes machos con colmillos para a creación dunha nova mestura xenética. No ano 2011 o contrabando de marfil bateu records dende a súa prohibición en 1989 segundo a organización Traffic.


Autora: Rosa Millán Somoza

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Selección artificial, selección natural e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to Marfil; a que prezo?

  1. faa-iriagondar di:

    O comercio de marfil prohibiuse en 1989 para salvar estes animais da súa extinción aínda que esa práctica continuou de forma ilegal debido á enorme demanda que existe en Asia, onde cre que o marfil ten propiedades medicinais.

    Segundo algúns cálculos, o marfil estase vendendo a uns 100 dólares o quilo en orixe e o corno de rinoceronte a uns 6.000 dólares o quilo. Cando a materia chega de contrabando aos mercados negros de Asia o seu prezo multiplicase por 10. Algunhas das cifras que se barallan supoñen unha fortuna para as mafias criminais que dan caza aos animais, algunhas veces usando mesmo metralladoras para matalos.

  2. Victor di:

    Con respecto a este artigo, decídeme onde considerades que está a orixe deste problema e como se podería resolver.

    • faa-paulagondar di:

      O comercio do marfil comezou durante a colonización de África, para usarse en fabricación de obxectos, como teclas de piano. O marfil sempre foi considerado un material de gran prestixio, xa que se trata dun material exótico de gran resistencia e beleza. Dende aquí aos nosos tempos, levouse a cabo unha matanza a gran escala destos animais para conseguir ditio material. Nalgunhas zonas, como o norte de África, incluso rematou por desaparecer. Agora, estamos ante unha situación na que o tráfico de marfil é ilegal, pero en cambio este tipo de comercio non diminúe. Os elefantes corren un gran peligro por culpa da acción humana.
      É imposible que poidan controlarse a todos os elefantes do mundo para que non sexan asasinados, pero na miña opinión, debería de deixarse de fabricar obxectos de marfil, poñer unha lei de multar ou encarcelar a todo aquel que tivese algo de marfil, para que deste xeito se deteña o seu tráfico.

    • faa-breixoalonso di:

      A orixe do problema e debido a guerra civil de Mozambique xa que foi tal o ataque contra estes animais que chegaron a quedar con pouco mais de 2.200 exemplares. Unha posible solución sería cruzar a estes elefntes con outros que si tiberan colmillos e así o máis probable e que a súa descendencia teña colmillos, que de feito é o que estan facendo xa que en 2009 trouxeron seis elefantes machos de Sudáfrica, con grandes colmillos, para que haxa unha nova mezcla xenética.

    • fab-isaacabal di:

      É moi posible que os elefantes sufriran un cambio na súa evolución onde desaparecen os seus colmillos, debido as masácres que sufriron os elefente que tiñan colmillos quedando vivos os que non tiñas.

    • fab-sandraromero di:

      O comercio de marfil, a pesar de estar prohibido dende 1989, encóntrase en plena expansión, según a rede que controla e expansión dos animais salvaxes. Os principais responsables deste mercado negro parecen ser China e Filipinas. Según din certas fontes, o número de exportacións de marfil duplicouse na última década.

    • faa-luciasantos di:

      Para os elefantes, posuír uns grandes e bonitos colmillos era sinónimo de morte e, polo tanto, supoñía unha clara desvantaxe na supervivencia. Creo que este é un claro caso de selección natural, xa que esta cracterística supoñía a desaparición do individuo; polo tanto, para non chegar a ese límite e tras varios cambios evolutivos, esta especie quedou sen colmillos, para así, poder sobrevivir.

    • faa-fernandogarcia di:

      Pois creo que xurdiu pola demanda de marfil, como ben di Iria, debido ás súas propiedades, que levou a unha caza masiva por parte de xente que pretendía enriquecerse, pero ao non haber un freo, levouse á especie ao borde da extinción.
      Pero aínda que se convertese nunha especie protexida, segue existindo a caza furtiva, aínda que está gravemente penada

    • fab-alvarolopez di:

      A tasa de morte de elefantes pola caza furtiva en África é dun 8% anual según estudos recentes, o cal leva a un aumento dende hai 20 anos atrás. Actualmente, a población de elefantes africanos está por debaixo dos 470.000 exemplares, e a este ritmo non haberá máis que os elefantes dos parques zoolóxicos e os dos hábitats naturais protexidas. Incluso pode que en 2020 se extingan a maior parte dos grupos en libertade que quedan.

      A única solución que eu vexo sería rebaixar esa tasa de morte pola caza furtiva e por suposto deter ós traficantes de marfil.

    • fab-antiachantada di:

      Na miña opinión a orixe deste problema é que neses países a xente non dispón de riquezas nin de medios suficientes para levar unha boa vida polo que botan man dos bens dos que eles dispoñen, ademais tamén está o claro problema das escasas medidas de seguridade contra este comercio ilegal e a nula protección a favor dos elefantes. Eu creo que si se levaran a cabo máis medidas e se penalizaran con condenas máis grandes ista situación podería cambiar.

    • faa-adrianfeijoo di:

      Dende 1964 converteuse na área de batalla na guerra de Independencia contra Portugal,hasta que en 1974 se firmou un alto ao fogo.Aquí a poboación diminuíu de doce mil elefantes a pouco mais de setenta,xa que os lugareños veían o negocio do marfil como a forma perfecta de conseguir as armas que quixeran.Aínda que despois de lograr a súa independencia, o país seguiu vivindo o conflito ata 1992.

    • faa-iagopaz di:

      Como ben indica o artigo, a causa desta anomalía xenética podería deberse ao estrés producido pola guerra civil, pero este suceso non é a única acción humana contra estes animais, xa que apesar de ter leis en contra da caza dos paquidermos, moitos gobernos permítenlle a persoas selectas cazalos se lle dan unha recompensa económica.

    • faa-antoniomrodino di:

      Opino o mesmo que Lucía. Os elefantes que posúen grandes colmillos eran convertidos en presas máis seguras para para a posteiror compra- venta de marfil, polo que estes individuos se foron adaptando máis ó medio, polo simple feito de poder sobrevivir e pra que a súa especie non se vise en desvantaxe.
      De todos xeitos dicir que isto do comercio ilegal tanto de marfil ( coma neste caso) ou do que sexa me parece do peor, xa que o único que se consegue é acabar cun gran número destes exemplares e enriquezer a tan só uns poucos.

    • faa-victorinosouto di:

      Na miña opinión a orixe deste problema esta en nós xa que lle damos unha valor moi importante a este producto o cal faise que suba o seu prezo e por se fora pouco pois estes animais non son moi abundantes nin se reproducen moi rápido.
      Unha posible solución e usar materiais sintécticos para así evitar un uso inecesario de marfíl e polo tanto a morte inecesaria dun animal que está en perigo de extinción.

  3. faa-paulagondar di:

    Pese á lei entrada en vigor no ano 1989, as autoridades africanas incautaron máis de 23.400 kg de marfil de contrabando entre agosto de 2005 e agosto de 2006. Sen embargo, estes axentes de aduanas só logran atopar un 10% do material de contrabando, polo que se estima que, realmente, 234.000 kg de marfil foron obxecto de contrabando. Esto significa que, neste lapso de tempo, matáronse cerca de 23.000 elefantes, o 5% da poboación africana. É normal, polo tanto, que o elefante teña que adoptar esta medida de defensa de non ter colmillos, xa que aínda que lle son do máis útiles, desta maneira non serán perseguidos e asasinados.

  4. fab-paulaalba di:

    O contrabando de marfil fixo que os elefantes con maiores colmillos se visen perxudicados, xa que son mellor obxetivo para os cazadores furtivos. Pola contra, aqueles que tiñan os colmillos máis pequenos sobrevivían. Así comezaron a surxir os elefantes sen colmillos, como un mecanismo de protección otorgado pola selección natural. Como os machos con grandes colmillos tenden a desaparecer, a maioría das femias aparéanse con aqueles que non os teñen.É por iso que cada vez son máis os elefantes que non teñen colmillos.

  5. faa-emilioabal di:

    Eu penso que tubo que haber algún caso de ulgíns elefantes que naceron con esta anomalía e como os cazadores non tiñan motivos (márfil) para matalos, puideron reproducirse sen maior temor e o ser aniquilados milleiros dos que si teñen colmillos pois esta especie non é aniquilada por non telos.

  6. fab-raquelblanco di:

    A maioría do marfil ilegal africano diríxese aos mercados de China e Tailandia. A consecuencia diso existe unha preocupación de que o número de elefantes creceu ata tal punto que están dañando o medio ambiente das reservas protexidas.
    En áreas máis anárquicas a caza está desenfreada.

  7. fab-isaacabal di:

    Pareceme denigrante para o ser humano, que haxa persoas que matan a estes tipo de animais só por cartos e sobre todo de que maneira.
    Moito peor son os que os matan pagando, simplemente por diversión.

  8. faa-manuelbusto di:

    O director deste parque acepta que os elefantes perderon os seus colmillos por considerar que estes significan a morte, pero cree que isto ven de moito máis atrás, ó fin e ó cabo, a caza furtiva de elefantes polo seu marfil non se iniciou coa guerra de independencia, senón que ven de moitas xeracións atrás.

  9. fab-aldaragarcia di:

    A solución ao problema está claro que non é prohibir a comercialización do marfil, xa que isto é así, pero ao ter un gran valor séguese a comercializar. A xente e mafías, que traballan con el, non poden pensar nas grandes consecuencías que causaría seguir ca caza furtiva e comercialización deste material, xa que o seu valor é de cifras millonarías. E unha vez que o marfil abandona áfrica e chega a Asia, o seu prezo multiplícase por 10 e o marfil emprégase en distintos ámbitos, en teclas de piano, decoración da casa, elementos da roupa, xoias… Polo cal o problema é que este matería é moi caro, polo cal, cando hai cartos de por medio o interese é enorme sen ter en conta as consecuencias. A solución que se podería dar ao problema, sería comezar a investigar todos os traficantes de marfil e detelos, tamén subindo as multas que se poñen a estes traficantes.

  10. fab-antiachantada di:

    O elefante está en perigo de extinción debido ao aumento do comercio de marfil, prohibido en 1989, según expertos aseguran que se os países occidentais non toman serias medidas contra o comercio de marfil o elefante acabará desaparecendo, este ameazador que sofren os elefantes pode haber sido dado polos altos prezos nos mercados internacionais así como o crecente desenvolvemento económico chino.

  11. faa-monicagonzalez di:

    Na miña opinión o problema ven dado pola pouca seguridade que teñen os elefantes e as medidas do comercio ilegal. Creo que deberían buscar novas solucións, solucións como unha condena de máis anos.

  12. fab-lauragonzalez di:

    Convén deixar ben claro que a utilización do nome vulgar de colmillos de elefante para referirse ás defensas non é acertada, xa que en realidade os chamados colmillos, proveñen dea modificación dos incisivos. Na práctica, a palabra marfil aplícase tamén aos dentes de outros animais como o mamut ou a morsa, de carácteres físicos similares aos dos incisivos dos elefantes. Pero debe quedar claro que está ben aplicar a palabra marfil aos dentes de calquera vertebrado, inclusive o home. Ademais, ao falar de talla do marfil, pode aplicarse o seu contido á escultura realizada en outros dentes o ósos pero debemos ter presente a correcta definición da palabra marfil (Materia dura, compacta e branca de que principalmente están formados os dentes dos vertebrados, que na coroa está cuberta polo esmalte e na raíz polo cemento.), todo material que non teña estas características non poderá ser denominado marfil aínda que en aparencia externa sexa similar. Únicamente a materia que reúne ditas características é procedente das defensas do elefante ou os seus predecesores. A coincidencia de outros materiais similares ao marfil en aspecto xeral, é ter una procedencia dental ou aspecto parecido.

  13. fab-martinfranco di:

    Pareceme incrible o se esta facendo coa fauna e a flora mundial, cada vez extinguense máis especies e seguimos sen darnos conta de que é culpa nosa, de que temos que cambiar, polo noso ben. Según informa o diario británico The Observer, os investigadores atoparon, utilizado un mapa do ADN dos elefantes africanos, que as capturas máis recentes se han levado a cabo entre as fronteiras de Tanzania e Mozambique. É dicir, que o marfíl traficado actualmente en todo o mundo proven dun puñado de organizacions clandestinas. Cada ano matanse decenas de miles de elefantes africanos co único obxetivo de comercializar ilícitamente cos seus colmillos, o que supón entre un 8% e un 10% de todolos paquidermos do continente. Pese a estar prohibida a súa venta dende a década dos noventa, a reducción nas axudas aos Gobernos africanos para loitar contra o tráfico ilegal explica por qué os índices de matanza de elefantes volveron aos seus niveis de orixen tras unha leve recuperación experimentada pouco despois da prohibición internacional.

  14. fab-alekseinogueira di:

    A orixe do problema está nos seres humanos, se non atacáramos aos elefantes e non lle sacaramos os colmillos non terían ese recelo hacia nós e demostra que a naturaleza non olvida. A soluyción do problema está en capacitar con máis seguridade parque natural para que diminúan as especies que non teñan colmillos por mor do contrabando.

  15. fab-amadeoabal di:

    Eu creo que o problema como ben di o artigo está e estuvo nos seres humanos.
    Cada ano, 38 mil elefantes morren pola caza furtiva. É un número bastante elevado, e eso sumado ao seu longo período de xestación, que dura 22 meses, fai que se teñan prediciónz de que en 15 anos, o elefante africano desapareza.
    Os elefantes viven entre 50 e 70 anos, algunhs chegaron a pasar os 80 anos de vida. Esta expectativa de vida estase vendo ameazada polo comercio ilegal de marfil, do cal están formados os colmillos deste animal.
    Normalmente, os colmillos dos paquidermos miden 2 metros e pesan alrededor de 60 kilogramos cada un. Estos son procurados entre os cazadores furtivos polo gran valor económico que teñen no mercado negro, donde, en datos de 2006, podría venderse o kilo de marfil en 750 dólares. Seguramente a 6 anos distánciase, esta cifra xa pase dos 1000 dólares.Eu creo que a solución desto é deixar aos elefantes en libertade,e poñer vixilancia polos furtivos,e así tamén de paso lle sae o estrés.

  16. faa-adrianfeijoo di:

    Cada ano comercialízanse de maneira ilegal 230 toneladas de marfil,sen que as autoridades lograran tomar medidas eficaces para previr e terminar dunha vez por tadas con esta actividade.Os cazadores e os aldeáns matan a estes animais a tiros ou envelenando a froita con cianuro.

  17. fab-antiachantada di:

    A pesar da prohibición do comercio de marfil, 2011 foi o peor ano dende hai máis de dúas décadas, ademais estase comprobando que a caza furtiva en África está aumentando ano tras ano. Pero as potencias Chinas que se dedican a este comercio non están dispostas a reducir a súa demanda e en Asia, o marfil utilizase moito para adornos do fogar, xoias, polo que a maioría dos artesáns están a favor da matanza dos elefantes para conseguir marfil africano

  18. fab-amadeoabal di:

    A figura do elefante en Camboya é especial e tamén é unha figura que está en peligro de extinción, polo marfil, que sigue sendo un elemento moi apreciado polas persoas que non teñen consideración aos elefantes, tan só o gañar un bo diñerio vendendo o marfi no mercado negro, polo que a extinción da especie en Camboya pode estar máis cerca do que se pensa.Parecía que a venta de marfil e a matanza de elefantes para poder conseguilo era algo do pasado ou de terras africanas, pero en Camboya es unaé unha práctica que se está dando con moita frecuencia é e por elo que os elefantes quedan desprotexidos, porque mantelos a salvo de estas persoas, costa moito diñeiro e nadie quere facerse cargo da súa seguridade.
    Os elefantes por estas persoas van desaparecndo pouco a pouco,é tan culpable o que compra marfil como o que o vende porque deterioran o medio ambiente e a fauna.

  19. faa-paulagondar di:

    O tráfico de marfil de elefante africano sufriu un importante aumento nos últimos anos, pese as leis entradas en vigor, que parece que non se lles fai moito caso. A maior parte deste marfil ten como destino Asia, principalmente China, onde o crecemento económico xerou unha crecente demanda de obxectos de luxo. Secundadas por China, atópanse outras cidades asiáticas onde tamén é habitual o tráfico de marfil: Filipinas, Hong Kong, Taiwán e Xapón.

  20. faa-adrianfeijoo di:

    Cada ano morren o redor de 38 mil elefantes pola caza furtiva.Os elefantes viven entre 50 e 70 anos con excepción de poder chegar aos 80 anos.Esta expectativa de vida estase vendo ameazada polo comercio ilegal de marfil.
    Normalmente o marfil dos elefantes miden dous metros e pesan ao redor de 60 kilogramos cada un.Actualmente o kilogramo de marfil ten un prezo máis ou menos de 1000 dólares.

  21. fab-fuensantabuceta di:

    Creo que estamos a ser moi egoístas. A caza destes animais só polo lucrativo beneficio do márfil fainos olvidar que é una animal en pergio de extinción. A pesares das grandes extincións da antigüidade e ao peligro de extinción que na actualidade sofren moitísimos animais, os seres humanos centrámonos só no noso beneficio.

  22. fab-rosammillan di:

    Ciudad do cabo e último punto da ruta africana para desprazar o márfil a Asia,é a cidade con máis decomisións de márfil ca extraordinaria cifra máxima de 23 toneladas.Para frear esta situación estan colaborando a asociación IFAW e Interpol co proxecto Wisdom que realiza as operacións de arresto.O país donde máis se demanda este material é China debido o crecemento da súa economía e o esgotamento das existencias de marfil.Outro problema moi grave é que as rutas para transportalo cambian de forma constante.