Boas noticias

Unha investigadora da Universidade de Aukland, (Nueva Zelanda) demostrou que na última década as nubes descenderon 40 metros de altitude. Entre os anos 2000 e 2010 os científicos analizaron as medicións globais das nubes a partir da información recollida pola sonda Terra, da NASA. O resultado dese estudio foi que a altitude das nubes podería haber diminuído en esta década nun rango comprendido entre os 30 e os 40 metros. Aínda que isto sona catastrófico, en principio podería ser unha boa noticia porque tal e como explica o director da investigación, unha redución constante na altura das nubes permitiría que a Terra se arrefriarse de maneira máis eficiente, reducindo a temperatura da superficie do planeta e anulando os efectos do quentamento global. As causas aínda non están probadas pero podería ser debido a un cambio nos patróns de circulación que forman as nubes de gran altura.

Aínda que haberá que seguir observando estes cambios durante os próximos anos, de momento a conclusión é que algo importante está pasando na atmosfera.

Autora: Antía Chantada

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Boas noticias

  1. faa-nereapaz di:

    Este descubrimento é moi importante xa que nos achega os mecanismos naturais que pode estar a desenvolver o noso planeta para reducir os efectos do quentamento global.
    O descenso das nubes tamén no proporcionaría máis tempo para poder así desenvolver un protocolo de actuación máis complexo que frease o efecto invernadoiro ou polo menos reducise as súas consecuencias notablemente.

  2. fab-amadeoabal di:

    O estudo, basado en datos dos satélites da NASA, consistiu en analizar os primeros 10 anos de medicións globais de nubes a gran altura a partir do Espectrorradiómetro multiángulo da imaxen (MISR), un instrumento a bordo da nave espacial Terra da NASA.De acordo co informe, publicado na revista “Geophysical Research Letters”, o promedio de altura da nube global redúxose en aproximadamente un 1%, é dicir de 30 a 40 metros, entre o ano 2000 e 2010 como di o post.

  3. fab-antiachantada di:

    A atmosfera da Terra está moi detereriorada, tras máis de un siglo botando residuos da combustión á atmosfera, a actividade humana está causando un cambio importante no clima do planeta, cuxos efectos estamos empezando a notar.
    A estas alturas a temperatura media da superficie da terra aumentou en 0.6ºC desde finais do siglo XIX e este cambio está traendo unha serie de consecuencias como y desxeo do Ártico, e en montañas como Alpes e o Kilimanjaro así como unha intensificación de tormentas e claramente un cambios meteorolóxicos por todo o mundo. Pero si é verdade que o cambio de posición das nubes pode ser algo favorable para o cambio climático isto cambiaría moito a catastrófica situación no noso planeta que estamos a vivir.

  4. faa-luismdoval di:

    Non se sabe exactamente cal é a causa do descenso das nubes, pero é posible que se deba a un cambio nos patróns de circulación que dan lugar á formación de nubes de gran altura. Outra explicación podería ser que no espacio se reflicte máis calor ca antes. Aparentamente, este cambio podería axudar ó enfriamento do planeta e axudar a disminución do quentamento global, alo menos en certa medida. Esta evolución da nubosidade global podería representar un mecanismo de retroalimentación negativa a través do cal o planeta estaría respondendo o quentamento global.

  5. Este cambio podería contribuír ao enfriamento do planeta e axudar a mitigar o calentamento global. Esta evolución da nubosidade global podería representar un mecanismo de retroalimentación negativa a través do cal o planeta estaría respondendo ao calentamento global.
    Pero polo de agora, todo son teorías.

  6. fab-martinfranco di:

    Os investigadores australianos descubriron que o manto de nubes do noso planeta estase achegando cada vez máis á superficie da Terra. Isto pasou durante, polo menos, 10 anos e agora as nubes están un un por cento máis preto da superficie do que estaban fai unha década. As conclusions pertencen a un novo estudio baseado en varios rexistros de satélite. Aìnda que esta situación non pareza algo importante, os investigadores están moi curiosos sobre os efectos deste cambio sobre o clima mundial. Xa se sabe que as nubes desempeñan un papel extremadamente importante na forma en que a Terra organiza o seu clima, así como na evolución do calentamento global. Esta evolución da nubosidade global podería representar un mecanismo de retroalimentación negativa a través da cal o planeta estaría respondendo ao calentamento global.

  7. faa-iriagondar di:

    As nubes teñen un papel importante no clima da Terra. Non só porque levan chuvias asociadas, senón porque a súa relación coa reflexión dos raios solares ten moita importancia coa enerxía que entra no sistema climático.

    Así, determinado tipo de nubes, como as dos furacáns e tormentas, provocarían unha maior reflexión xa que a súa parte máis alta reflicte gran cantidade dos raios solares. Polo que unha maior ou menor presenza de nubes pode implicar variacións importantes no clima mundial.

  8. fab-raquelblanco di:

    A capa de nubes presentes na atmósfera do noso planeta ten importancia por varias razons.
    Son un factor determinante na enerxía solar que a Tera absorbe ou reflexa e a cantidade de enerxía que radia dende a súa superficie.
    Axuda a conservar o calor terrestre e protexenos do sol. É un factor esencial para os modeos climáticos.

  9. fab-isaacabal di:

    Isto axudará a que se relentice o cambio climático, inda que non é suficiente é débense tomar máis medidas. Isto só arrefria un pouco a temperatura terrestre, pero a día de hoxe o cambio climático é inminente.

  10. fab-sandraromero di:

    E un tanto estrano o que está a pasar na atmosfera. Espérase que as causas que modifiquen a formación de nubes de gran altura coma os cúmulos, nun principio sexan positivas e non negativas. Pero ata agora aínda se está a investigar.

  11. fab-paulaalba di:

    Gran parte deste cambio pode estar causado pola menor fomación (de razóns descoñecidas) de nubes de gran altura. Esta evolucón da nubosidade pode representar un proceso de “retroalimentación negativa”. Este proceso é un mecanismo mediante o cal o sistema reacciona ante unha situación que orixina un disturbio respondendo nunha dirección oposta a ese disturibio. Así, o descenso das nubes sería un mecanismo do planeta para contrarrestar o quentamento global.

  12. fab-lauragonzalez di:

    Este descubrimento paréceme moi importante xa que axudara a disminuír o quentamento global, que agora era un dos problemas que máis preocupaban. Pero todo isto aínda conlevará uns cantos anos máis de investigación, polo de agora son teorías.

  13. faa-antoniomrodino di:

    Paréceme de sumo interese e importancia dita comprobación por parte de científicos neocelandeses e da axuda da NASA este cambio nas nosas nubes. Como as causas sobre este descenso aínda non están descubertas nin recoñecidas como certas totalmente, as máis frecuentes e nas que todos coincidimos son que provocarán un descenso do efecto invernadoiro e do quentamento global, pero o que si sabemos é que isto foi provocado pola multitude de ataques mediante gases contaminantes á capa de ozono. De aí a retroalimentación negativa, dado que ” algo negativo que nos lle facemos á atmosfera, ela no lo paga convantendo todos eses males” .

  14. faa-paulagondar di:

    Este fenómeno que está a suceder, trae consigo boas noticias, xa que se continúa a reducción da altura das nubes, a Terra enfriaríase dunha maneeira máis eficiente cara o espacio, reducindo a temperatura da superficie do planeta e relentizaríase o esaxerado quentamento global que se está a producir. Isto pode representar un mecanismo de “retroalimentación negativa” para contrarrestar o quentamento global, pero non se sabe exactamente o que fai que a altura das nubes diminúa, aínda que é moi probable que sexa debido a uns cambios nos patróns de circulación das nubes, como di o artigo.

  15. fab-rosammillan di:

    Este fenómeno ten moitos efectos positivos xa que diminuira o quentamento global.Este estudio foi realizado polos satélites da Nasa que expón que as nubes descenderon un 1% do seu nivel é decir de 30 a 40m,esto significa que será máis facil irradiar o exceso de calor(retroacción negativa).
    Outra teoría exposta pero menos valorada foi que as nubes non estan baixando senon estanse facendo máis grosas.

  16. fab-alekseinogueira di:

    Como din os meus compañeiros este fenómeno é moi importante xa que o cambio climático non se levaría a cabo por mor da contaminación e así todos poderemos ter máis marxe para que pouco a pouco vaiamos diminuíndo as emisións de dióxido de carbono á atmosfera. O único problema que vexo posible é que as nubes baixen demasiado e que en vez de que se produza un quecemento global se prouduza un arrefriamento global que traería tamén as súas consecuencias negativas e tamén positivas.

  17. faa-manuelbusto di:

    Estou descordo, este fenómeno atmosférico podería ser un mecanismo de ralentización do cambio climático, pero non me parece nin moito menos a solución, xa que non saben como se vai desenvolver este fenómeno atmosférico nos próximos anos.

  18. fab-raquelblanco di:

    Roger Davies, director da investigación di que esto podería ser unha boa noticia, xa que permitiríalle a Terra enfriarse de maneira máis enficiente, reducindo a temperatura da superficie do planeta e realentizando os procesos do quentamento global.

  19. fab-aldaragarcia di:

    Que as na primeira década deste milenia, as nubes descendesen nun intervalo de 30 a 40 metros, en principio é algo bo, xa que as nuves son auga condensada, é ao atoparte preto da terra, axudarían a que esta se arrefriase de así ralentizar ó efecto invernadoiro. Os científicos da investigación, coinciden en que é aínda moi pronto para determinalo, que se precisan más anos para estudarlo e chegar a unha conclusión final, pero é que si esto está a pasar, debe de ser por algún motivo.
    Isto podería representar un mecanismo de retroalimentación negativa, un cambio causado polo quentamento global, pero que traballa para contrarestalo.

  20. faa-adrianfeijoo di:

    Este cambio na altitude das nubes podería axudar a combater o quentamento global producido polo cambio climático,xa que ao estar máis próximas a superficie arrefría e non son tan altas as temperaturas.Pero aínda non se sabe con exactitude canto poderían descender as nubes nin se é de maneira temporal.
    Pero aínda así esta non é a solución ao cambio climático,polo que se deben de seguir tomando medidas e buscar outras novas para poder acadar unha solución.

  21. fab-carmenrodriguez di:

    Como ben se explica no artigo, preséntase un mecanismo de “retroalimentación negativa”,isto é un cambio causado polo quentamento global, pero que “traballa” para contrarestalo ó mesmo tempo.
    O descenso por parte das nubes da un resultado favorable á Terra, xa que arrefríaa dun xeito eficiente e fai posible outro descenso por parte da temperatura da superficie do planeta, levando consigo a anulación dos efectos do susodito quentamento.

  22. fab-isaacabal di:

    O peor destas nubes, é que a contaminación esta moi cerca de nos, polo que se estaría a respirar aire contaminado que é prexudicial.
    Por outra banda, hai que ter en contra que contribúe na loita contra o cambio climático, e toda axuda e pouca neste campo.

  23. faa-victorinosouto di:

    Este estudo danos unha certa tranquilida xa que estef eito axuda a arrefiar o planeta e como consecuencia a desminuir o efecto invernadoiro. Con todo non debemos justificar este feito para contaminar a o noso antoxo xa que non se sabe con certeza se é unha medida que toma o noso planeta para regular a temperatura ou é unha cousa casual que pasa co tempo.

  24. faa-xosemartinez di:

    En principio é unha boa noticia se falamos respecto ó cambio climático, posto que podería axudar a frear os seus efectos. Aínda que, falando en xeral, creo que é unha noticia preocupante ver como se realizou un cambio demasiado repentino (nunha década) na nosa atmosfera, porque a longo prazo tamén podería ter efectos catastróficos.

  25. fab-fuensantabuceta di:

    Este descenso na altitude das nubes será de gran axuda para reducir o problema do quentamento global, pero non o vai solucionar por completo. Non debemos olvidar que está nas nosas mans protexer o planeta deste quentamento que está a surfrir. Este suceso é só unha axuda, pero inda temos moito que facer e esperar para que o problema se solucione.