Tendencias prexudiciais

Entre os máis xóvenes de hoxe en día, a tendencia á vespertinidade é algo moi común: levántanse e déitanse cada vez máis tarde. O reloxo biolóxico é o causante destes cambios. O desaxuste entre os horarios escolares matutinos e a vespertinidade de moitos adolescentes pode afectar perxudicialmente ao rendemento escolar.

En canto á realización das tarefas, todos temos a preferencia de facelas pola mañá ou pola tarde. O reloxo biolóxico pódese axustar ou retrasar en relación a outro reloxo case infatigable, o físico, e a outro reloxo máis social, aquel que nos pretende impoñer os horarios. Dous exemplos para esclarecer os dous extremos desta tendencia: sona o despertador ás 7:15 e Clara xa está esperta. Ten todo o material escolar preparado enriba da mesa do escritorio. Prepárase con calma e ten tempo suficiente para chegar ao seu colexio sen contratempo ningún; a Andrea sónalle o espertador ás 7:45 pero cóstalle erguerse. A súa nai intenta despertala e advírtea de que vai chegar tarde ao instituto. E unha vez máis non lle dá tempo a preparar todo como é debido.

A maioría da poboación non ten unha tendencia tan marcada como as dúas rapazas anteriores. Coa idade, ditas preferencias cambian: os nenos teñen unha tendencia máis matutina e os adolescentes, a partir dos 12 anos, máis vespertina. Este retraso do reloxo biolóxico respecto do físico e social é debido, na maioría dos casos, aos cambios hormonais.

Moitas investigacións afirman que os nenos vespertinos non teñen un tan bo rendemento académico. Esta asicronía, semellante ao que se recorda tras dos voos transoceánicos, denominouse jet-lag social. Pero este jet-lag social é permanente, a diferenza do jet-lag viaxeiro, que é diario. As consecuencia desta “non-sincronía” son a somnolencia a primeiras horas da mañá e un mellor rendemento físico e psicolóxico  ás últimas horas da tarde.

Autora: Sandra Romero

Esta entrada foi publicada en Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to Tendencias prexudiciais

  1. faa-antoniomrodino di:

    Na miña opinión estou totalmete dacordo con dito artigo, e me parece un tema de total actualidade moi interesante para a nosa idade.
    Si é certo que cada vez máis adolescentes se deitan máis tarde e se erguen máis tarde, mais tamén quero engadir que en moitos casos isto tampouco sempre é debido á vontade propia.
    As causas máis comúns desta son:
    – Fatiga e cansancio en xeral.
    – Problemas dixestivos.
    _ Confusións na toma de decións ou ao falar.
    – Falta de memoria.
    – Irritabilidade.
    – Apatías.

  2. fab-alekseinogueira di:

    Creo que coa idade na que estamos é difícil manter un horario regular xa que posiblemente un día apetézanos unha cousa e outro día outra. Normalmente a xente da nosa idade acóstase máis tarde polo feito de que cremos que somos maiores e non o somos, nin os adultos son maiores como para acostarse tarde pero eles fano igual. A parte do rendemento necesitamos durmir unhas oito horas diaria é aconsellable porque descancan os músculos e necesitamolas para que o noso cerebro se desenvolva correctamente.

  3. fab-amadeoabal di:

    A gran maioría da población non ten unha tendencia tan marcada: algunhas veces e para certas cosas, prefírese a mañan, mentras que para outras actividades, a tarde-noite.E ademáis, coa idade, tales preferencias cambian. Os nenos/as tenden a matutinidade en grado extremo, o que corroboran cada fin de semana aqueles pais que desean dormir un pouco máis do habitual. En cambio, os adolescentes, a partir dos 12 años, soen ser vespertinos. O que tamén constatan aqueles pais quenes desvelados, desesperan vendo luz no dormitorio dos seus fillos/as ata ben entrada a madrugada: “¿cómo podrá estudar a estas horas?, ¡tendría que estar durmindo xa!”.

  4. Á tendencia actual da mocidade é a de durmir cada vez menos. Isto afecta ao seu rendemento académico posto que necesitamos durmir un mínimo de 8 horas cada día para completar a nosa actividade ao día seguinte. Pero isto tamén afectará a súa saúde, posto que non durmir o suficiente incita ao consumo de alcol e do tabaco, e tamén incita á obesidade.

  5. faa-adrianfeijoo di:

    Estou totalmente de acordo co artigo.Co tempo as persoas tendemos a quedar ata máis tarde vendo a televisión ou facendo calquera outra cousa.Pero acostarnos máis tarde tamén leva a que o día seguinte nos sexa máis difícil levantarnos.E recomendable durmir unhas nove horas diarias para que o corpo renda polo menos o 90% o día seguinte.Como a maioría da xente non durme esas nove horas diarias o que está facendo é acumular cansancio o que supón que un día o noso corpo diga basta,e non aguantemos espertos, teñamos dor de cabeza ou outro efecto.

  6. fab-noeliafernandez di:

    Como xa temos falado noutras ocasións, o de ter este tipo de horarios afecta en moitos campos da vida cotiá pero moito máis nos estudos. Ten toda a razón este artigo xa que os xovens tenden a deitarse máis tarde e sobre todo dende que as redes sociais ocupan un tan papel importante, e cóstanos moito máis levantarnos xa que polo xeral tendemos a non cumprir todas as horas necesarias de sono. Ainda que eu penso que todo eso se vai estabilizando a partir dunha determinada idade

  7. fab-antiachantada di:

    Estou totalmente de acordo co artigo, a medida que nos facemos maiores é común ter un horario e unhas horas de descanso moi irregulares o que inflúe negativamente na vida académica da persoa xa que necesitamos como mínimo 8 horas para ter un bo rendemento.

  8. faa-iriagondar di:

    Os patróns de sono comezan a cambiar na adolescencia por cambios hormonais e un maior traballo escolar, empregos e demandas sociais. A falta de luz adecuada para restablecer o reloxo natural de sono nas mañás, pode influír nas alteracións do sono dos adolescentes. Os especialistas sinalan que moi poucos adolescentes dormen as nove horas recomendadas durante a noite, xa que polo xeral non conseguen durmir ata tarde e teñen problemas para espertar para asistir ás primeiras clases da mañá.

  9. faa-emilioabal di:

    España ten uns horarios de instituto e de colexio diferentes os de moitos países xa que temos máis tempo de vacacións pero tamén temos máis horas o día. España ten un nivel de estudos por debaixo da media europea e temos máis horas de traballo diarias, isto fai que teñamos menos tempo de ocio e se lle quite ese tempo as horas de sono recomendadas.

  10. fab-paulaalba di:

    Ademais dos cambios hormonais, as causas da vespertinidade na adolescencia son os factores psicolóxicos e sociais: o estilo de vida e as vivencias no ámbito familiar e social.
    O fracaso escolar causado pola vespertinidade ten dúas causas: unha, o jet-lag social xa citado. Consiste nun desaxuste entre o ritmo dunha persoa (vespertina) co ritmo da gran maioría do ámbito social e familiar. A outra causa é o pouco tempo de sono que non se pode recuperar ao estar esa persoa sometida a un horario fixo.

  11. fab-sandraromero di:

    Dende un punto de vista fisiolóxico, as persoas matutinas e vespertinas diferénzanse nos seus ritmos biolóxicos, sendo a temperatura corporal unhas das moitas variables fisiolóxicas máis estudada como clave destas diferencias. As persoas matutinas teñen o seu cume máximo de temperatura corporal antes que os vespertinos, de 1,5 a 3 horas.

  12. faa-luismdoval di:

    Tal e como se fala deste tema, na actualidade é moi frecuente a costume de deitarse tarde que inflúe directamente noutra costume, a de levantarse tamén tarde e ás presas.
    Este cambio prodúcenos unha alteración no noso reloxo biolÓxico que se transforma nun desaxuste nos nosos horarios.Isto é o que nos leva a problemas de estudo, entre outros.

  13. fab-rosammillan di:

    Estou de acordo completamente con este artigo xa que o noso arredor estamos sendo testigos de que os xoves cada vez mais teñen unha tendencia vespertina.Isto é un problema para realizar actividades de mañá ou para un rendemento académico optimo, agravase por exemplo con un cambio de hora.
    E por experiencia canto máis tarde concilies o sono vaste acostumbrando e cos anos vaise agravando ata non descansar totalmente e durmir cada vez menos horas.

  14. fab-raquelblanco di:

    Penso que este artigo ten moita razón, hay moitos adolescentes que quedan hasta tarde mirando programas de televisión ou no ordenador, e logo pola mañan costalles levantarse e andan durmidos toda a mañan, ata que chega unha certa hora do dia que espertan e o seu máximo rendemento é nas últimas horas do día. Pero outras persoas teñen o seu máximo rendemento as primeiras horas da mañá, xa que as últimas do día están cansos, os rapaces matutinos espertán eles sós pola mñan sen axuda de ningun despertador, son máis organizados porque ao levantarse antes dalles máis tempo de facer máis cousas pero os vespertinos son máis desorganizados porque teñen sono polo día e pola noite non.

  15. faa-fernandogarcia di:

    Pois é certo que o descanso inflúe moito no rendemento. O tempo óptimo de descanso son arredor de nove horas, e por iso convén acostarse cedo, para que o cerebro e o corpo descansen e así ter unha capacidade de atención superior polas mañás, o que é positivo para o bo rendemento académico dos estudantes, especialmente no instituto.

  16. faa-margabarreiro di:

    Temos que ter en conta que ademáis cada vez as series e programas empezan máis tarde e como consecuencia tamén rematan moito máis tarde e os adolescentes da nosa idade se os vemos enteiros(ata as doce da noite) pola mañá costanos moito máis levantarnos para ir a estudar.Ademáis agora moitos mozos e mozas saen os sábados pola noite ata as seis ou sete da mañá e o domingo non teñen maneira de recuperar o sono e asi xa empezan a semana cansados.

  17. faa-adrianfeijoo di:

    No físico, a falta de sono tamén repercute na capacidade para procesas a glicosa,o que pode provocar altos niveis de azucre na sangue e outros síntomas de diabetes.Tamén pode provocar que a glicosa se almacene como graxa o que provocaría un aumento de peso.
    Tamén provoca a diminución da temperatura corporal,o que pode provocar algunha alteración no funcionamento do metabolismo do corpo, así como a pérdida de constancia do ritmo cardíaco.

  18. faa-nereapaz di:

    O artigo achega unha realidade coa que convivimos diariamente. É certo que os nenos pequeños teñen unha tendencia a madrugar mentres que a partir dos doce anos a tendencia vólvese contraria. Isto é un problema bastante grave xa que a mocidade perde gran parte da súa concentración e diminúe o rendemento.
    Isto podería solucionarse, indo á cama mñais cedo para así non estar tan cansados pola mañán.

  19. fab-antiachantada di:

    Cada vez, os xoves acoden máis ás consultas dos especialistas con problemas de insomio, estes problemas de sono denominouse “jet lag” social, os expertos afirman que os xoves dormen menos para saír máis. Este problema solucionaríase fixando horarios para irse a durmir, que ademais de ter un maior rendemento prevé o insmonio de adultos.

  20. fab-carmenrodriguez di:

    Coincidindo co artigo a vespertinidade é un tema que nos chega de cerca, debido a que hai unha gran parte de xóvenes que padecen este fenómeno. O desaxuste no horario destaca tamén en persoas que que posúen un traballo con horas nocturnas.
    A medida que a idade aumenta isto agrávase, xa que dende nenos temos unha tendencia máis matutina, pero a medida que nos convertemos en adolescentes, habitualemnte causante polos cambios hormanais que se experimenta nesta etapa de idade, ista tendencia pasa a ser vespertina.

  21. fab-raquelblanco di:

    Un estudo realizado polo Centro Médico do Sono da Universidade Católica, di que os adolescentes debemos durmir un mínimo de 10 horas diaria porque estamos na idade de crecer e o noso organismo necesita un descanso longo. Tamén di que non é o mesmo durmir de día que de noite, xa que hai un estudo realizado que di que dende as once da noite ata as tres da mañan son fundamentais dende un punto fisiolóxico e psicolóxico , porque neses momentos o organismo require unha actividade mínima para reproducir melatonina e endomorfinas , responsables do correcto funcionamento do corpo e a mente.

  22. fab-isaacabal di:

    Eu penso que a xente se acostuma ós horarios de descanso reducidos, xente como os gardas de seguridade que traballan pola noite. Os seres humanos somos diurnos polo que esta xente tende a durmir moi poucas hora para aproveitar o día e traballar pola noite.

  23. fab-lauragonzalez di:

    A tendencia á vespertinidade permite explicar gran parte das variacións rítmicas de patróns biolóxicos e comportamentais. Constatouse que coa idade prodúcese un incremento paulatino da matutinidade. Na poboación adolescente detectouse unha maior tendencia á vespertinidade.
    Os obxectivos do estudo foron a tradución e adaptación do Morningness-Eveningness Scale for Children (MESC) a poboación adolescente, así como o análise das diferenzas de idade e sexo. No estudo participaron 600 adolescentes entre 12 e 16 anos.
    A partir dos 12 anos producíase unha disminución progresiva da matutinidade, sendo esta disminución maior para as mulleres que para os varóns en algúns elementos do cuestionario.

  24. faa-paulagondar di:

    Practicamente ninguén cumpre as 8-9 horas de sono diarias, e isto leva que o noso corpo acabe esgotado. Ao deitarnos demasiado tarde, o noso corpo non descansa o suficiente e pola mañá vémonos mortos. A isto podría haber dúas solucións, unha deitarse máis cedo, e outra, a famosa sesta. Moita máis xente opta pola segunda opción. Unha sesta dunha hora non lle fai mal a ninguén, xa que a nosa actividade cerebral e física disminúe cada 4 horas, e para renovala o corpo necesita uns minutos de descanso. Pero tampouco cómpre abusar das sestas, xa que podríase acabar por descontrolar o corpo, e logo en vez de durmir pola noite, durir pola mañá.

  25. fab-cristinabarreiro di:

    A falta de descanso tamén perxudica á nosa saúde. Mentres durmimos, renóvanse as células do corpo, da pel e vísceras. Ademais, se forman defensas contra as enfermidades, como os glóbulos vermellos, e se producen as hormonas necesarias para o crecemento.
    A falta de sono tamén repercute no carácter, xa que se non dormimos ben, prodúcese irritabilidade, mal carácter e agresividade, e no rendemento académico, como xa se menciona no artigo, o cal é moi perxudial para os adolescentes que estanse a formar.

  26. faa-antoniomrodino di:

    Anque este post pareza unha tontería, eu o consideraría dentro dos máis importantes e interesantes de todos ata o momento. Por outra banda, dicir que este tema non é unha broma para nada, e entre as súas consecuencias podemos topar:
    O famoso aumento de peso, debido á acumulación de glicosa xa que o organismo se ve limitado á hora de realizar as actividades metabólicas, ou mesmo unha desorganización rítmica do corazón. Outras das súas consecuencias, e neste caso as máis probables son os trastornos psiquiátricos, dado que foron detectados casos de ansiedade entre persoas que non respectaban as 6/ 8 horas ( mínimas), diarias de sono.
    Como xa dixen antes, non durmir tamén provoca unha alteración no centro da fala, manifestando un menor control ó falar que se presenta como balbúceo ou palabras repetitivas.
    É certo que se pode observar, con isto de durmir pouco, unha mellora da memoria a curto prazo, pero diminúe a posibilidade de recordo a longo prazo. Neste estado é casi imposible aprender unha nova actividade, de aí que sexa tan importante á hora do estudo.
    Finalmente, tamén dicir que pode provocar unha disminuición na creatividade e na capacidade para resolver problemas, xa que unha persoa afectada se volve máis lenta e menos precisa.

  27. fab-raquelblanco di:

    A falta de sono fai que o teu cerebro se durma mentres estas desperto, o cerebro opera así para poder recargar partes da tua cabeza e para que poidas seguir funcionando. Este fenómeno pódese comparar con outros estados do sono, como o sonambulismo, donde a persona pasa por estados alternados de sono e de estar despertos.

  28. faa-mariacmaquieira di:

    Cando somos pequenos temos un horario máis regular no que temos tempo a xogar, descansar etc…. e polo regular todos os nenos dormen as horas necesarias para o noso corpo debido a que os horarios na maioría dos casos son controlados polos pais cando chegamos a adolescencia perdemos estes hábitos xa que na maioría dos casos os pais deixan de controlar os horarios dos fillos e os adolescentes co paso dos anos precisan máis tempo para realizar as súas tarefas co cal o tempo de lecer que lle queda é a entrada da noite, polo tanto deciden deitarse máis tarde para aproveitar ese tempo para ver a televisión, falar cos amigos… etc, pero o problema é levantarse o día seguinte cedo xa que nos costará máis e o noso rendemento será máis baixo debido ao cansancio acumulado.

  29. fab-alekseinogueira di:

    Creo que Raquel se equivoca ao comparar a falta de sono co sonambulismo porque non te nada que ver. A falta de sono prodúcenos cansancio e que nos quedemos a durmir pero o sonambulismo son activades que se realizan cando un está durmindo, os sonámbulos soen ser adolescentes e rapaces máis pequenos que poden levantarse da cama, urinar etc. pero esta xente mentres realiza estas actividades está descansado.

  30. fab-mariaarojo di:

    Ao deitarnos tarde e levantarnos pronto fai que o corpo non chegue ao seu nivel de descanso óptimo, porque ainda que nos acostemos as 3 da noite temos un horario no que hai que madrugar e estar a unha hora no instituto. Co tempo vanse acumulando horas ata que chega un momento no que non aguantamos despertos. Ademais, durmir pouco aumenta o risco de depresión, estrés, e pode desencadear nun insomnio.

  31. faa-manuelbusto di:

    A universidade Complutense de Madrid realizou uns estudios relacionados con este tema.
    Neste estudio interrogouse a rapaces entre 12 e 14 anos que cursaban educación secundaria obrigatoria; os resultados revelaron, que a pesar das horas de sono, os adolescentes vespertinos resultaban ter peores notas.

  32. faa-luciasantos di:

    Creo que o tema que propón Sandra é moi interesante, porque ademais, nós mellor que ninguén sabemos que é certo. Cada vez máis, cada día que pasa costanos máis erguernos e desexamos que chegue a fin de semana para durmir. Ademais, sí que creo que ten efecto sobre o rendemento escolar ou a concentración, dado que ás primeiras horas se pode estar máis distraído, pero, sen embargo, ao final da tarde a persoa con vespertinidade está máis activa, e pode realizar as tarefas igualmente.

  33. faa-adrianfeijoo di:

    Tras uns estudios realizados chegaron a conclusión de que aquelas persoas que durmían menos de seis horas diarias son un doce por cento máis propensas a falecer de morte prematura..Pero polo contrario tamén deduciron que aquelas persoas que dormen demasiado se podían enfrontar no futuro a algunha enfermidade.

  34. faa-iagopaz di:

    Isto non só é perxudicial para os nosos resultados académicos, senón que afectan gravemente á nosa saude e poden xerar graves trastornos do sono que necesetarían un tratamento médico en casos extremos.

  35. faa-paulagondar di:

    O descanso é un tema no que a xente non soe prestar moita atención, pero en cambio se non se realiza dunha maneira axeitada pode traer malas consecuencias.
    Unha delas é a alteración das ganas de comer. O apetito está marcado polo organismo, e este establece as horas nas que necesitamos alimento. Ao non durmir ben prodúcese un desaxuste e o organismo require alimento noutros momentos, o que nos leva a consumir máis alimento do que o noso corpo necesita.
    Tamén hai que ter en conta que durante o sono, o corpo libera unha gran cantidade de hormonas, entre as cales está a do crecemento, polo que se non durmimos como é debido o noso corpo dificilmente podrá desenvolver os músculos de maneira axeitada.
    A atención e a concentración tamén diminúen cando hai sono, xa que non contamos con toda a enerxía necesaria para realizar as actividades. O humor, incluso, tamén se ve afectado pola falta de sono, xa que tendemos a ser menos optimistas.
    Como podemos comprobar, un bo descanso é esencial para conseguir bos resultados día a día e para que, nun longo espazo de tempo, tampouco teñamos problemas de saúde.